A importancia das ensinanzas musicais a todos os niveis, incluso na universidade

p/ ESMU—Carnota
Está máis que demostrado que a práctica musical axuda ao desenvolvemento das capacidades de aprendizaxe na infancia (como explicamos nas anteriores edicións de The Picture26Muros Times), polo que a súa presenza faise imprescindible no proceso de formación.
Moitos profesionais da música consideramos que a nivel académico tense avanzado moito e que hai que continuar na procura de sinerxías entre os conservatorios superiores e as universidades galegas para que a formación musical se acabe consolidando. Resaltamos a importancia do eido musical na educación, non tanto no aspecto relacionado coa adquisición da habilidade de tocar un instrumento, senón nos valores e actitudes que transmite aos máis pequenos. Un rapaz ou unha rapaza que toca un instrumento desenvolve un hábito de traballo moi relacionado coa disciplina, parécese moito a un atleta de alto rendemento, ata que sube o nivel con constancia e superación. Deste xeito destaca a transversalidade do exercicio musical porque estanse a aprender actitudes válidas para calquera ámbito do mundo laboral. Así mesmo, consideramos que potencia a capacidade de socialización, pois tocan en grupo e desenvolven un círculo de colaboración, de respecto e consideración polo traballo do outro, aspecto importante a ter en conta nestes tempos que corren. Os estudos musicais impulsan o proceso educativo o que é unha cuestión totalmente probada e demostrada porque ademais de todos os valores positivos que transmite, os rapaces que fan música teñen mellor rendemento académico porque a través da práctica musical potencian capacidades como as matemáticas ou a coordinación. Estes aspectos máis transversais son os que se tentan potenciar tanto nas materias de música nos graos de Educación Infantil e Primaria, como no Máster para o Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria.

Publicado en Educación, Música | Etiquetado | Deja un comentario

Entrevista a Antonio Rey

p./Jorge Lago de Pexejo,
Antonio Rey é porteño nacido en Bos Aires. ¿Por qué esta entrevista a un Arxentino? Ben, a resposta é clara e dá  él no seu libro «Son Galego».
Antonio Rey: _Conxuro
Crecín e aprendín a descodificar o mundo en clave galega. Coexistiron na miña mente dúas paisaxes: a cidade na que moraba e maila aldea, feita carne na presencia inefable do meu avó.
Picture23Bos Aires na chaira, San Xián no val.
Foi natural para min escoitar dos beizos do meu avó expresións propias do lugar da súa nenez: » ferve o pote», «mata o candil»…
Non necesitei ver a figueira na que aganchaban os rapaces de alá, nin ver os porcos e demais animais. Tampouco as hortas, lugar das patacas e o millo.
Cada palabra galega foi un concepto, a garantía da existencia doutro universo alén do mar.
Agora é a miña ocasión: son un elo máis na cadea. Rexistra-la historia dos meus é unha doce obriga.  Picture25Face-lo na nosa língua, un verdadeiro honor.  Ben sei que a memoria é o conxuro da morte.
» Son galego» Antonio J. F. Rey
J.L. _ Antonio, ten que haber algo máis que unhas simples frases que escoitaches en galego do teu avó como o de «ferve o pote» ou «mata o candil» “A qué se debe que alguén separado por dúas xeracións da súa terra ancestral siga sentindo nas súas veas correr sangue galego?
Antonio Rey: _ Cando tiña seis anos morreu a miña avoa (nada en Asturias) e o meu avó, Juan Antonio, veu vivir connosco. Dende ese momento e por máis de vinte anos vivimos na mesma casa.
A miña nai morreu cando eu tiña once anos e por iso a súa figura foi central na miña vida.
El foi máis que un avó polas características persoais. Foi un home bo, traballador, honrado, doce, agarimoso.
Crecín a carón do seu consello e escoitei marabillado as historias da súa Galicia, que fixen miña cando morreu.
J.L. :_ Naciches e creciches en Arxentina e o teu galleguismo foi inspirado polo teu avó na súa maior parte, pero falas e escribes en galego coa soltura dun nativo e iso non é o habitual nunha terra que a pesar de albergar o maior número de galegos na diáspora do mundo, o castelán foi sempre o modo normal de comunicación. Ademais dende os anos 60 non houbo practicamente novas remesas de emigrantes de Galicia a Arxentina, polo tanto e á forza, o galego como lingua non ten a puxanza de antano. ¿Cómo aprendiches a falar e escribir en Galego?
Antonio Rey: _No meu fogar, a oralidade foi natural entre o meu avó e min.  Cando morreu fiquei orfo de galeguidade. Ninguén na casa agora falaba galego.  Necesitei facer a viaxe a Galicia e descubrín o mundo desexado, a realidade que preanunciaban as testemuñas do avó.  Despois desa viaxe podo decir que non fun a mesma persoa.
Fixen dous cursos de lingua galega no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.
Participei na Asociación Cultural Fillos de Galicia, e ata fun o seu Delegado en Sudamérica por varios anos.
Escribín e publiquei un libriño: “Son galego”. Necesitaba expresar o meu sentimento de pertenza ao pobo galego e á cultura galega. Despois comecei facer os ciclos dos Lectores Galegos en Bos Aires.
http://www.blogoteca.com/lectoresenbosaires/index.php
Unha das cousas máis interesantes que fai o home é nomear as cousas, e facelo na lingua dos ancestros foi para min unha obriga.
Por outra banda, tiven a sorte de vivir na “Quinta Provincia Galega” onde puiden atopar elementos para “exercer” a miña galeguidade.
J.L. _ Non deixa de fascinarme o feito de que mantiveses inalterable a tua galleguidá pois  aínda vivindo como tí dis na “quinta provincia galega”, na túa casa xa nin siquera se falaba galego despois da morte de teu avó. Dígoo por que a falta de emigración cara ao teu país decaeu e só algúns como ti poden ou queren manter esa chama cultural viva. Ademais da inquietude individual, ¿ Cres que os centros galegos, casas Galicia e outras institucións culturais foron a pedra angular que mantivo o edificio da galleguidá? Se é así; ¿Seguen sendo importantes ou están a sufrir o efecto da distancia sendo cada vez menos relevantes?
Antonio Rey: _Os centros galegos fixeron o seu. Eu puiden participar de eventos culturais neles. Conferencias, xuntanzas gastronómicas, musicais. Mesmo fixen cursos de lingua galega e consultei bibliotecas.
O meu avó e o meu pai foron atendidos no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.
Penso que aínda son importantes porque permiten desenrolar moitas actividades para os que están lonxe da terra.
J.L. : _ Eu penso que Arxentina beneficiouse enormemente da emigración galega en particular e a do resto de Europa en xeral; italianos, alemáns, galeses, escoceses ,armenios…Teño a sospeita de que o comportamento dos galegos foi diferente a doutros grupos étnicos en canto á súa obstinación por manter vínculos coa súa terra ancestral. Dende Tucuman ata a Patagonia, onde residisen máis de dous galegos xa nacía a necesidade de crear algún tipo de asociación benéfica ou cultural. ¿ Pódesnos dar a túa opinión sobre o porqué dese comportamento que ademais non é único en Arxentina senón que se repite en todas as cidades do mundo onde o galego puxese pé?
Antonio Rey: _ Non son sociólogo, mais penso que os emigrantes galegos non perderon a súa identidade e por iso celebraron a súa galeguidade nos centros.
A estabilidade emocional que da saber quen é un e de onde vén permitiu a moitos progresar na adversidade e emprender negocios comezando dende os postos máis baixos da escala social.
J.L. : _ Ti es “criollo” se os hai, ¿Chamáronche algunha vez despectiva ou amablemente «Galego”, “Gaita” ou algún termo parecido?
Antonio Rey: _ Cando estudaba, algúns chamábanme “gallego” que foi o alcume que levou o meu pai ata a morte, mais nunca sentín a descualificación, quizáis porque eu mesmo sentía que levaba un tesouro comigo que ninguén te pode roubar (refírome á nosa cultura milenaria).
JL:_ Supoño que cando creciches na túa casa se celebraban de cando en vez as excelencias da gastronomía galega. ¿Aínda alternas comer “criollo” con comer galego?
Antonio Rey :_ Na miña casa non xantábamos a miúdo a cocina galega.
Agora aproveito as xuntanzas que facemos entre fillos e netos de galegos para disfrutar dos seus pratos.
Gustanme moitisemo os mariscos e en especial o polbo.
Aínda que fóra do tema, quero que saibas que «consumo» con moita ledicia as «nutricias» páxinas da literatura galega. O xantar alimenta o corpo e a lectura a alma.
JL:_ Segundo me contas, o teu irmán e ti levastes ao voso pai a coñecer a terra dos seus antepasados e o e que foi un encontro con primos, familiares e a casa de pedra da aldea. Cóntanos o que significou para él e para vós esa experiencia.
Antonio Rey:_ Eu viaxei a Galicia por primeira vez no ano 2000, mais a viaxe do ano pasado foi moi especial porque fun co meu pai e o meu irmán. Ningún deles coñecía a terra.
A ledicia do meu pai levouno ata as bágoas. Coñecer á familia e camiñar polos currunchos onde naceran os seus foi moi emocionante.
Foi unha sorte facer a viaxe porque aos cinco meses dela o meu pai morreu.
Penso que levou no seu corazón os sons, imaxes e cheiros da terra das súas orixes.
JL: _ Tamén mencionas que no arquivo da Parroquia de San Estevo de Abelleira te encontraches con que xa os teus bisavós e tataravós vivían naquelas terras, polo tanto non é de estrañar moito que a estirpe galega se siga manifestando en ti. Tes catro fillos que supoño naceron en Arxentina. ¿É posible que neles, xa separados por tres xeracións de Galicia conserven algo desa galeguidade que tí mantés?
Antonio Rey:_ Direiche que os meus están naquelas terras dende finais dos 1700, é dicir dende os bisavós dos meus tataravós.
Os meus catro fillos son arxentinos e saben que Galicia ten moito que ver con eles (de feito os máis pequenos son tamén españois) , claro que a sinten máis lonxana ca min.
J.L. _ Case que para rematar che deixo estas preguntas de Bernard Pivot.
1. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita? ledicia
2. J.L._ ¿Cal é a menos favorita? odio
3. J.L._ ¿Que emociónate? un son de gaita
4. J.L._ ¿Que son ou ruído gústache? o das ondas do mar
5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas? o ruído dos coches no centro da cidade
6. J.L._ ¿Cal é a túa imprecación favorita? me cago no demo
7. J.L._ ¿Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer? gaiteiro
8. J.L._ ¿Qué profesión rexeitarías facer? enterrador
9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? «pasa, Antón, vai ver a Ría…»
J.L: _Antón: Foi un pracer ter este encontro virtual contigo. Muros e Galicia pódense sentir orgullosos de que os sigas mantendo como algo teu.
Para min, a experiencia foi gratificante e reveladora pois reafirma que ese algo que seguimos sentindo pola nosa terra non é un sentimento pasaxeiro e que pode seguir contigo a pesar do tempo e a distancia. O teu relato fixo tamén que me remontase aos anos dunha adolescencia que pasei ao outro lado do “Rio de La Plata” e que recordo con agarimo. Un sincero agradecemento e unha fraternal aperta dende os E.U.A.
Antonio Rey:_ Tamén foi un pracer para min, Jorge. ¿Sabes? o meu pai naceu no Uruguai porque os primeiros tempos os meus avós tiñan un almacén en Montevideo
Unha aperta.

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

Natura muradán

p/Amado Barrera

PODALIRIO:
Iphiclides feisthamelii
Nos campos e montes muradáns non é raro ver esta fermosura nos días máis soleados de Xulio, aínda que o máis fácil é voltar do paseo sen vela, que é unha especie con escasa poboación.
Picture20Ten un elegante voo tipo “parapente”, por eso os días de moita calor son os máis apropiados: as correntes térmicas axudan a planear á súa elegante mais pesada figura.
O nome “común” que máis ben me parece a min para esta preciosa volvoreta é o de “PODALIRIO”, fermosa palabra de musical resonancia, moi acorde cá do galego e con reminiscencias e significados mitolóxicos tamén moi suxerentes. Dito sexa coa reserva que hai que ter para os nomes “comúns” de Picture21tantos animáis e prantas: o común é que o común dos mortáis ignore os nomes comúns dos animáis e prantas máis comúns da súa propia localidade, ¿ou non?
Ben, négome a describir o aspecto deste maravilla da Natureza, porque máis vale unha imaxe que mil palabras.
Si procede dicir que é a máis grande das volvoretas muradáns e unha das maiores de toda Europa, chegando a femia aos 8 cm de Picture22envergadura.
E tamén dicir que o macho ten o comportamento “hilltopping” (¡toma palabro!): voan ó alto da “colina” e alí compiten por voar por riba de todos, á espera das femias, que escollerán aos que máis alto voen, seguras de que terán os mellares xens. O que non se sabe é ónde estudian Xenética elas, eu non as vin na facultade e o catedrático de Artrópodos dicía que os bichos non saben Bioloxía, polo que hai que contar con velos facer cousas moi raras. Pero vese que saber, ben saben o que fan.
A eiruga, grande e verde, gusta das follas do abruñeiro, cereixeira, pereira, mazanceira e outras rosáceas, tanto cultivadas coma silvestres.
Ten dúas xeneracións ao ano: a que nace en outono hiverna en forma de “pupa” deica a primavera seguinte e no verán voa a súa descendencia. Eso leín, o certo é que só as vexo no verán.
Pertence a Podalirio ao grupo dos Lepidópteros “ditrisios”: as femias teñen dúas aberturas sexuais: unha para se aparear e outra para realiza-la posta. O certo é que non é unha rareza: case que o 98% das especies de lepidópteros son ditrisios. (se nós fósemos lepidópteros, non seríamos ditrisios)

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

Anorexia nerviosa (I) Criterio diagnóstico y tipos

p/Dra. Castiñeira
Con el correr del tiempo se ha ido acentuando el interés por el cuidado de la salud en general y por el cuidado del cuerpo en particular.
La ADOLESCENCIA, constituye una etapa donde prevalece la preocupación por la imagen corporal, principalmente en la población femenina
Las formas curvas que antes eran consideradas atractivas en una mujer, fueron reemplazadas por una delgadez extrema como sinónimo de belleza.
Picture19Las pautas culturales han determinado que la delgadez sea un sinónimo de éxito social. Muchos creen sinceramente que “el mundo es de los delgados”.
Este modelo actual mencionado, le otorga a la apariencia física el valor supremo.
Se vive en función de la imagen y del cuerpo
Lo que vale es estar bien y el bienestar se traduce en la apariencia.
“SE VALORA MÁS EL ENVASE QUE EL CONTENIDO”.
Otros, cuyo peso natural excede el estándar de delgadez que la sociedad impone, se deprimen, se autocritican y se sienten perdedores y desvalorizados.
“Ser delgado es sinónimo de éxito” o “ si soy delgado todo será más fácil”, es lo que la mayoría cree firmemente y esto hace que todos los esfuerzos se centren en una dieta mágica.
En su etimología, ANOREXIA deriva del griego An: privado y Orexis: apetito. Significa sin apetito, sin deseo.
Aparece una imagen distorsionada del cuerpo, con un temor mórbido a engordar.
No se pierde el apetito, pero se niega la sensación de hambre. La controlan voluntariamente, ingiriendo menor cantidad de alimentos que los necesarios para cubrir sus necesidades nutricionales, con lo cual pierden peso progresivamente.
1.- CRITERIO DE DIAGNOSTICO SEGÚN DSM IV:
A.- Negativa a mantener el peso corporal en el peso mínimo normal o mayor para la edad y la altura.
B.- Miedo intenso a aumentar de peso, aún pesando por debajo del peso esperable.
C.- Disturbio en la forma de experimentar su propio cuerpo o figura.
D.- Amenorrea (falta de regla) por lo menos tres ciclos menstruales.

BIOLOGICAMENE PRESENTAN:
AMENORREA (por hipogonadismo hipotalámico)
OSTEOPOROSIS (por hipercortisolismo)
BRADICARDIA
LANUGO
CARACTERÍSTICAS DE LA ANOREXIA NERVIOSA
Alteración del esquema corporal.
Obsesión por el cuerpo y la comida.
Restricción severa de alimentos.
Cumplidores y obedientes.
Elevada inteligencia.
Desconcentración y fracaso escolar.
Hiperactivos pero ineficaces.
Mayor dedicación a la limpieza
Rechazo a la vida sexual
Insomnio.
Depresión.
Aislamiento.
2.- TIPOS DE ANOREXIA NERVIOSA:
RESTRICTIVA: Constituye el cuadro clásico de la enfermedad. La paciente para lograr la delgadez extrema, limita su alimentación hasta un mínimo por debajo de lo indispensable para subsistir. Tiene un control total de la situación.

NO RESTRICTIVA: Son las anoréxicas que, en determinados momentos de su enfermedad, presentan síntomas bulímicos.
Estos pacientes no pueden refrenar sus deseos de comer y pierden el control, realizando comilonas y mecanismos compensatorios.
Todos comienzan con la restricción alimentaria y eso es lo que posteriormente lo lleva al atracón.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

Moluscos e bivalvos da nosa ría (I)

p/ José Manuel Formoso Luces
Que a riqueza das aguas da nosa ría fai que peixes e mariscos sexan dunha calidade excelsa é unha realidade para propios e alléos; e no capítulo dos mariscos, os moluscos e bivalvos conforman un dos grandes grupos do reino animal. Falar de bivalvos e falar de de ameixas, Picture12navallas, vieiras ostras, mexilóns, etc. Prescindindo da parte comestible… en Muros, temos a sorte de contar con varios coleccionistas de moluscos e bivalvos. Un deles, José Manuel Formoso Luces (Porrúa), ten clasificados arredor de dous mil exemplares. Unha parte deles foron mostrados en diferentes exposicions ao longo de toda Galicia, e incluso a Federación de Empresarios do Barbanza editou un libro no que se recollían os propios da nosa bisbarra.
En “The Muros Times”, non podemos menos que dar a coñecer a colección de Porrúa. Por elo, comenzamos con este número unha serie artigos nos que amosaremos os moluscos e bivalvos propios das augas da nosa ría.

moluscos1moluscos2moluscos3moluscos4moluscos5moluscos6

Publicado en Cousas que interesan, Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario