A Nosa Xente: David Lariño Nieto

David, que naceú en Tal no ano 1989, e un gran mestre do axedrez español. Foi campeón de España no ano 2008 superando o xogador Julen Arizmendi. Así mesmo ganou o VIII Campeonato de España individual aberto, en Logroño no ano 2008.Imagen9

Ganou tamén outros campeonatos nacionales: no 1999 campeón de España sub-10, no 2000 e 2001 campeón de España sub-12, e no 2003 campeón de España sub-14, en 2004 e 2005 campeón de España sub-16; no 2006 subcampeón de España de axedrez rápido, disputado en Pontevedra. No 2009 participou en Arxentina nun campeonato a cegas que consiste en xogar as partidas sin ver o taboeiro.

David aprendeú a xogar os 6-7 na casa da súa aboa. Ensinoulle súa tia Manola e logo seu pai. Os seus comenzos deronse da man de Manuel Barros, entrenador do clube Mercantil de Riveira. O curioso foi que os primeiros entrenamentos facianse por correo postal xa que Riveira queda lonxe de Esteiro, e so acudía os fins de semana o seu domicilio, pero o esforzó valeu a pena.

David recomenda o axedrez a todo o mundo porque e un deporte moi divertido onde se pode crear. Ademais, o podes practicar en calquer parte do mundo, e aos nenos pódelles vir moi ben para os estudos porque axuda a concentrarse.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario

A Nosa Xente: Juan José Martínez Fernández

Juan José Martínez Fernández naceú en Muros no ano 1937. Casoú ós 17 anos coa muradana María do Carmen Puente Chouza ca que tuvo cinco fillos, e destos, once netos e dous bisnetos. Fixo estudos primarios na escola de Serres, sendo o seu mestre Don Antonio Otero PeónImagen8. Ós catorce anos entroú a traballar como aprendiz de mecánico no taller do Charango. Cumplido o servicio militar, ós vinte anos empezou a súa andaina como marino mercante, na que o longo de mais de trinta e cinco anos, e sempre en barcos españoles, navegou por todo-los océanos do mundo. O último dos barcos no que navegou foi o petrolero de 275.000 toneladas, “Tarragona”. Do seu navegar ten moitas lembranzas. As mais recordadas: os fortes temporais os que se enfrentaron os barcos nos que navegaba, como o ciclón Hortensia que o colleú na travesía do Golfo de México a Cartagena.

Ahora, xa xubilado, dedica o seu tempo a múltiples tarefas. E membro da Coral Don Diego de Muros, da asociación de xubilados do mar “Xubimar”; asiste a cursos de manualidades, e da asistencia a cursos descubreu unhas dotes que lle eran descoñecidas: a de pintor de paixases, que pinta con notable pericia. Tamén cultiva a súa horta con gran acerto, e como non podía ser doutra maneira, e como home de mar, Juan José e un experto pescador ocasional. Ten gañado varios premios nos concursos de pesca que se celebran en Muros, durante as Xornadas “Muros Mira ó Mar”.

Vaia por diante a nosa felicitación a este inquieto muradán, e o noso dexeso dunha longa vida chea de actividade.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario

Los tres “Don Diego de Muros” (III)

 p/ ELENA BARRERA CERNADAS

(Extracto de un trabajo realizado por ELENA BARRERA CERNADAS en 2002, alguno de cuyos ejemplares fueron donados por la autora a la BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MUROS) Imagen5

RECAPITULACION.

Después de tantos datos dudosos podemos hacer las siguientes afirmaciones de los tres obispos objeto de nuestro estudio:

DIEGO DE MUROS l. Fue Obispo de Tuy entre los años 1472- 1487, y de Ciudad Rodrigo entre 1487-1493. Fue uno de los impulsores del Estudio Viejo. Tío de Diego de Muros III.

DIEGO DE MUROS II. Fue el obispo de Canarias entre los años 1496-1505, y quizás el que mas paso desapercibido, pero no deja de ser merecedor de una gran importancia.

DIEGO DE MUROS III. Natural de la Villa de Muros. Hijo de N. Miguez de Bendaña y de ClaraImagen4 Eans. Sobrino de D. Diego de Muros, arzobispo de Tuy· Nombrado por el arzobispo D. Alonso de Fonseca cabildo de la catedral compostelana el 10 de agosto de 1474?. Nombrado chantre de la catedral compostelana en 1491? por orden de los Reyes Católicos. Poco tiempo después fue nombrado Deán de Santiago (1494) y en 1505 obispo de Mondoñedo. Además de ocupar posteriormente varias dignidades importantes en las grandes diócesis de la península (entre ellas de Sevilla), finalmente es nombrado obispo de Oviedo y Presidente del Real Consejo.

AFAN CIENTÍFICO:

  1. Diego destacó en el estudio y en la ciencia. Aventajado en los estudios de Artes y Teología, obtuvo los grados de Bachiller y Maestro. Fue enviado a Roma a estudiar y allí fue secretario personal del cardenal D. Pedro González de Imagen6Mendoza. Su afán en la propagación de la Ciencia fue impresionante:
  2. Fundo el colegio de Santa Cruz de Valladolid
  3. Fundo el «Estudio Viejo» de Santiago
  4. Levanto en la catedral compostelana la «Lectoralía de Derecho»
  5. Fundo el colegio «Oviedo» en la ciudad de Salamanca. (intelectuales formados es este colegio asistieron al Concilio de Trento dejando una impresión de admirada sabiduría y formación)
  6. Fue instituido por los Reyes Católicos par dirigir la edificación y fundación del Gran Hospital de Santiago. Manda levantar la colegiata de Muros (Santa Maria do Campo), con prebendas ( «Becas») destinadas a fomentar el amor al estudio. Escribió algunos libros, entre ellos Historia de la guerra de Granada

CONCLUSIÓN GENERAL

La conclusión de este trabajo es la injusticia que se le esta haciendo a estos tres personajes en el ayuntamiento de Muros, al cual pertenezco, y me hace sentir avergonzada, ante la evidencia que muestra ·que en la villa natal de un personaje como Diego de Muros III no haya nada que recuerde a el, ni ningún homenaje, cuando te encuentras con calles con nombres como Calle de Venus» pero no ves ni calle; ni estatua, ni plaza, ni placa a DIEGO DE MUROS III.

Peor que todo esto, puesto que los nombres de las calles son muy antiguas y puede que aun no se apreciase suficientemente la labor de este eclesiástico, es que hace tres años se inauguro un instituto, y a la hora de elegir el nombre que se le pondría, el teólogo Xoan Neira, propuso animadamente el nombre de Diego de Muros III, pero la propuesta fue rápidamente rechazada con argumentos vanales.

Esto prueba el desconocimiento y la ignorancia en la cual me incluyo que padecemos los habitantes de este ayuntamiento a cerca de los personajes que llevaron por España el nombre de nuestra tierra, y no sabemos honrarles como se merecen.

BIBLIOGRAFÍA:

COMPOSTELANUM Volúmenes IV (1959), VII (1962) e 1999

HISTORIA DE LA SANTA APOSTÓLICA METROPOLITANA IGLESIA DE SANTIAGO. Antonio López Ferreiro, Vol VII, Santiago 1904

MEMORIAS DEL ARZOBISPO DE SANTIAGO, CardenalJerónimo del Hoyo, Tomo 2º, Santiago de Compostela, 1606

Notas: Concierto de amistad y alianza entre D. Alonso de Fonseca, Arzobispo de Santiago y D. Diego de Muros, Obispo de Tuy, Año 14574 (10 de abril) Inédito, Documentos del Archivo arzobispal

AGRADECIMIENTO A Xoán Manuel Neira Pérez, Teólogo por la Universidad Pontificia de Salamanca, pola bibliografía aportada, algunha dela inédita, e polas súas orientacións.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

«Mover os marcos»

By: Manolo De Lajo

Antigamente na Galicia rural e campesiña, as vacas eran todo menos zooloxía. Eran carne, traballo, leite e soporte económico do fogar. A riqueza mediase ate fai pouco segundo as vacas que tiñan nas cortes e as terras que había para labrar.Imagen3

Debido a ambición de cada vez querer abarcar máis terras, o labrego da Galicia profunda (e da non tan profunda), inventou o deporte de «movelos marcos». Deporte que consistía en mover un pouco ás pedras colocadas nos cabeseiros das leiras e que servian para dividir as propiedades dos distintos veciños, sin que estes chegaran a decatarse delo. Soía facerse nas leiras máis alexadas da poboación.

Contábame miña avoa Ramona que o que move o marco dunha leira, roubándolle ós veciños, queda en débeda sagrada; ou sexa que si morre sin volver ó marco o seu sitio, non pode entrar no ceo nin no inferno, ate que repoña o marco no seu lugar orixinal. Convértese entón nunha ánima en pena e aparécese polas noites, na maioría dos casos cargando o marco e un farol.

Soe aparecérselle a algún familiar ou amigo para convencelos de que vaian a mover o marco de volta, xa que él non pode facelo. Algúns cargan a pedra ate á eternidade.

Dibuxo de Antón Lameiro

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Un anaco de historia

p/ Antonio Rey

(páx 48-49-50 do seu libro “Son Galego”

 Hai moito tempo, alá polo ano 1906, meu bisavó Francisco Rey Santiago mercou no lugar de Sestaio unha vaca pequena e máis duas femias cativas que non se Imagen1tiñan en pé. As puchas medraron gracias aos rezos a San Antonio de miña tataravoa Xoana, mais a vaca vella non tiña forza nin para tira-lo carro xunto a vaca parda; entón Francisco determinou levala a vender a Feira da Choupana.

Chegou o día da feira; Francisco e máis o seu fillo maior Manuel Antonio, erguéronse ben cedo.

O pai preparou a vaca e unha puchiña. Lavóullelas pernas e o traseiro. Púxolle buceira a pucha para que non mamara e asi a vaca chegara a feira coa ubre ben chea. Antes de sair da casa fregoulles o fociño e o lombo a vaca e a becerriña cun dente de allo, para escorrenta-las bruxas.

Manuel, daquela un rapaz de 13 anos, levou polas dúbidas colgado do pescozo un escapulario que mercara sua nai Antonia Vara por un patacón na Misión de Abelleira.

Sairon da casa ben cedo, recendendo a allo, e subiron ata Cornes pola corredoira da Agra. Logo beberon auga na fonte de Vistavós e despois chegaron a Virxe do Monte. Seguiron camiño pola Legua da Beba. Ao rapaz parecíalle impoñente o Monte Pindo que se erguía tras un prado de xestas, a man esquerda. Tiña escoitado que nese prado habia porcos bravos… Cruzaron un rio grande, o Xallas, e ao fin chegaron a feira.

Ali habia mulleres con cestas cheas de moletes e homes bebendo en escudelas e comendo pantrigo.Imagen2

A Manuel facíaselle auga a boca, acostumado a comer boroa. Estiveron todo o dia na feira, mais non tiveron sorte. Dous chaláns ollaron os seus animais, contaron os dentes da vaca e ofreceron: un quince duros e o outro catorce. Mais Francisco pedia vinte duros. Un chalán díxolle: “Vostede está tolo. Eu aproveito o coiro e a pucha; ningún cristián pode come-la carne desta vaca vella”

De volta da Feira coa vaca e a becerra, Francisco e Manuel volveron doidos. O pai, sen falar palabra en todo o camiño, pensaba: “Adeus a Contribución e o tabaco…”. O rapaz pensaba: “Adeus a roupa e aos zapatos”. Chegaron a San Xián cando era noite pechada e comezaban a voa-los morcegos.

En canto entraron na casa, dixo Xoana: “iAi meu fillo! eu xa cho dixen, Francisco, que chamaras ao cura para bendici-la casa, que o demo non dorme…” A miña tataravoa estaba convencida de que a casa estaba embruxada. Manuel quixo sair da miseria e marchou a América. Tivo tres tendas en Montevideo, onde morreu sen deixar fillos, sesenta anos despois desta historia.

Á memoria de meu tio avó, Manuel Antonio Rey Vara.

As outrora famosas Feiras de Romaxe, O Santo de Insua e A Choupana, no Concello de Mazaricos (Provincia de A Coruña), foron absorbidas pola Feira da Picota, que aínda se celebra na actualidade.

Publicado en Contos e Lendas, Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario