Carta da Redacción: XANEIRO—2014

TMT Nº 9 – XANEIRO—2014
Carta da Redacción:

Picture1Neste número de xaneiro-2014, faltounos espazo para publicar moitos mais artigos dos colaboradores de TMT, pero como tempo hai, nos vindeiros meses iremos dándolle saída a un bo lote de interesantes temas, que de seguro que gustaran a todos os nosos lectores.
E xa postos en xaneiro, estamos en tempo de reises; en tempo de escribir a carta os reis, pero nós, que xa somos un pouco grandiños, non o vamos a facer, aínda que ganas non nos faltaron, pero o que podiamos pedir, creemos que xa está concedido. TMT volve ás bibliotecas dos Colexios e Institutos, grazas o denodado esforzo da colaboradora María Nieves Formoso Vidal. Grazas a ela, e a súa porfía, TMT está xa a disposición de escolares e mestres, como tamén está a disposición de todos, na biblioteca municipal de Muros, un tomo composto de mais de duascentas fotocopias en tamaño A3, de xornais muradáns de principios do século anterior, que TMT regalou o Concello de Muros co propósito de que a súa presenza na biblioteca sirva para que poda ser consultado por cantos queiran profundizar na nosa historia recente.
O fío do anterior, e falando da biblioteca, e de resaltar que son moitos os autores muradáns que teñen publicadas obras, e son tamén moi moitas as obras publicadas, que dunha ou outra maneira fan referencia a Muros, por elo non sería mala idea que a nosa biblioteca municipal contase con espazo que aglutinase estes traballos. O labor non e moi complicado, xa que a biblioteca da Universidade de Santiago conta entre os seus fondos coa práctica totalidade dos libros publicados por muradanos, ou que fan referencia a Muros.
E así, mes a mes, TMT síntese orgullo de pór na rede, a disposición de todos, a súa revista cultural, e o fai coa ilusión que da sentir que esta iniciativa cultural e amplamente respaldada por propios e alleos. Namentres forzas teñamos seguiremos adiante. O noso facer non será como unha cantiga perdida na vento. Lembrando o cantar… (Brila no ceo unha estrela, para iluminar o camiño…), a nós tamén non guía unha grande estrela: o noso pobo e a nosa xente ¡¡¡.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente na Diáspora: Ramona León Caamaño

Son Ramona León Caamaño filla de Pedro Platero e Avelina de Brecha . No año 1975 vin para Madrid. De alí a Alicante donde vivo hoxe en día … Casada con Imagen14Rafael Mora. Temos catro filos e dous netos. Traballei de cosiñeira nun hotel e ahora xa non traballo, coido dos netos para que traballen os filos. A pesar de levar tantos años fora, Muros siempre esta presente. Desde aquí mando un abraso moi forte a toda miña xente que son moitos e querovos a todos. Pero en especial a meus país …

O día que salín de Muros era un 24 de Xulio, cando subín a o tren en Santiago e estaban botando foguetes, doume a risa porque penséi que era unha boa despedida. Nos primeros días en Madrid todo era novedad, pero pronto empesou a morriña e botaba de menos eso de abrir a ventana e ver os mexilloeiros, o olor a mar e a os pinos que tanto me justa, hasta o cheiro e da fábrica de Daniel botaba de menos jajaja …. Pero bueno; tamen tiña claro que en Muros non tiña futuro, e pouco a pouco funme fasendo a idea e acostumbreime a un xeito de vida distinto. Caséime, naceron os fillos e depois os netos. Así que ahora xa estou dividida entre Muros e Pilar de la Horadada, na provincia de Alicante que así se chama o pobo donde vivo que tamén ten praias e pinos. Pero nunca como o noso Muros.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado | Deja un comentario

Os Castros de Muros

p/ Quin Caamaño

De todos é sabido que Muros conta con importantes xacimentos arqueóloxicos. Os petroglifos da Laxe das Rodas, Cova da Bruxa e os de Naraio, son unha boa mostra. Tamén hai constancia de varias mámoas catalogadas, por exemplo unha no Imagen12curso alto do “Río do Catalán”, e dunha cista na parroquia de Abelleira, á beira da desembocadura do río Rateira. Pero pouco se ten prestado atención ou comentado entre nós, a existencia de castros.

Un castro é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade do Bronce e a do Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa.

Por toda Galiza quedan mostras destes asentamentos castrexos. Castros como os de Santa Tegra, Baroña ou Vidalonga son unha boa mostra. Pero aínda que non nos decatáramos da súa existencia, Muros contou con este tipo de construccións. O paso do tempo, a forestación e a utilización das pedras para construcción de balados e cortes, foron quen de que chegáramos a descoñecer que os nosos ancestros utilizaron esas antigas construcción como as súas moradas, mesmo como fortificacións para defenderse de outras tribus. Alghún de nós aínda vive perto de restos castrexos e non o sabe.

Os Castriños Imagen13e Ventín (Louro);  Miraflores (Muros); Santa Catalina (illa de Santa Catalina-Tal); Punta Castriño (Tal de Abaixo-Tal); Rimao (Torea), son os lugares donde se documentou a existencia destes poboamentos.

Miraflores: Emprazado no medio dunha ladeira. Conserva un só recinto e parte das defensas artificiais só verificadas en parte da acrópole.

Rimao: Nun outeiro que domina a parroquia de Torea. Presenta un recinto circular defendido por un parapeito.

Santa Catalina: Castro costeiro emprazado nunha península, defendido por fortes cantís e dúas liñas de parapeitos paralelos na parte máis desprotexida.

Ventín: Situado no medio dunha ladeira. De forma alongada, presenta un só recinto defendido por dous parapeitos paralelos.

Na relación dos Castros da provincia da Coruña, faise mención os castros de Miraflores e Riomao.

Fontes: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castros_da_provincia_da_Coru%C3%B1a

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

A Testemuña

p/ Marcelino García Lariño

 A xente non é tola, que sabe moi ben o que di e o que fala. Non é tan tola como moitos coidan. O que pasa é que moitos fanse os tolos para non vogar; e hai outros tamén que o son algo, ou moito asegundo a debilidade cranial, aínda que o queiran disimular, pero ben que se lle nota.Imagen11

Tolos tenos que haber que os houbo sempre; pero non tantos como di a xente, Hai máis tolos de aparencia que de enfermidade, que son ós que lle acae moi ben que lle chamen tolos, sendo aquela conta máis tolos que eles os que lle chaman. Hai quen se fai o tolo, hai que pasa por tolo, hai que coida que está tolo, hai quen presume de tolo, sen estaren tolos. E hai tamén, que os hai e non hai por que negalo, quen se ten por cordo e está toliño de ves.

Non quero dicir con esto que o ser tolo sexa unha carreira. Pero que é un oficio, eso si que non o dubido. Cantos hai que exercen a profesión de tolos, e comen de balde porque din que están tolos, e teñen papeis de tolos, e cobran por tolos sen selo. Eso pasa tanto nas cidades como nas aldeas. Nas cidades hai máis tolos, aquela conta, porque hai máis xente e correspóndenlle máis pola renda per capita.

Venme agora mesmo ó caletre este caso verídico, que non é un conto, que pasou no xulgado de primeira instancia:

Había un preito por unha finca, e a unha muller que chamaron a declarar, que non tiña a sona diante dos fregueses de ser moi capacitada –eso coidaban eles–, preguntoulle o xuíz:

–Vostede pode precisar onde se atopa a leira obxecto deste preito?

E a boa da mulleriña, pensou ben o que ía a contestar, que de tola tiña pouco e de aproveitada moito máis, e con moita educación, eso si, contestoulle:

–Señor xuíz. Precisar, o que se di precisar, non porque o finado de meu pai cando morreu deixoume leiras abondas; pero, se ma dan…

Eso si que é falar, e o demais son contos. Que me deixen a min de tolos e de toladas.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: José Manuel Pan Lago

Nació en Muros el 26 de abril de 1936. Fueron sus padres Nicolás Pan y Antonia Lago, y tuvo solamente una hermana, que en esta fecha vive exactamente junto a mi casa, llamada Olga.Imagen10

De niño ya destacaba por el gran interés que tenía por el estudio. Terminó los de primaria y secundaria en el Colegio de los P.P. Franciscanos en Herbón-Padrón.

De allí se traslada al Noviciado franciscano, instalado en el convento de Santiago, en donde permanece un año. Seguidamente pasa a estudiar Filosofía en el Convento de Canedo (Ponteareas) donde cursa otros dos , para pasar a rematar el tercero en el Convento de Santiago, también llamado Seminario de Misioneros (Custodia) para Tierra Santa y Marruecos.

Aquí hace también los cuatro cursos reglamentarios de Teología, ordenándose sacerdote en el año 1.960. Durante su permanencia en Santiago, estudiando Teología, participa en la «Schola Cantorum» del Seminario franciscano, llegando a dirigirla en los últimos cursos. Al llegar al Ministerio sacerdotal ejerce en Galicia durante dos años, para luego ser destinado a las Misiones en Venezuela.

En el año 1962 es destinado a Venezuela, país que amó tanto como a su patria. Llegó a Caracas en unos momentos de plena convulsión política, cuando se libraban grandes batallas en el derrocamiento de la última dictadura sufrida por los venezolanos, (luego vendía alguna más), El Padre Pan cuenta con una gran capacidad de escuchar, dialogar y con una única arma que es la Palabra de Dios. Su carácter pacífico consigue que la comunidad se sienta segura y arropada y les devuelve la tranquilidad. El no se para. Construye la Iglesia de San Pedro Claver, de la que fue párroco e, igualmente construye la Iglesia Parroquial en La Planicie de Caracas.

En 1965 recibe el título de Maestro Normalista en Educación Primaria y es trasladado a Soledad, en el estado de Anzoátegui. Allí remodeló la Iglesia y fundó el grupo juvenil “Todo Volumen”.

En el año1970 es enviado a tierras aragüeñas, nombrado Párroco de la Iglesia de san José de Cagua. Su afán por la formación de los jóvenes le lleva a formar aquí ocho grupos juveniles en la zona de la periferia de la ciudad, e igualmente funda la “Escuela Taller La Carpintería”, teniendo una gran difusión entre las gentes de aquella zona durante los cinco años que, como servidor de Dios, estuvo en aquel destino.

En 1975 es enviado como Párroco de San Casimiro, donde ejerce su ministerio hasta 1977. En este tiempo funda un nuevo grupo juvenil parroquial y junto a este grupo y para tener mejor informada a la comunidad, funda un periódico de circulación mensual al que llama “Prohibido”. Y nuevamente, en este mismo año lo trasladan a Cagua por corto tiempo, pues le esperan otros destinos, pero antes de irse logra remodelar la Iglesia y construye la Casa Parroquial. Se incorpora al Grupo Scout, como buen ecologista y preocupado por el problema de las drogas da su apoyo a la “Asociación Mundial de Boxeo” (AMB) en su campaña “NO A LAS DROGAS”.

En el año 1979 es destinado a las costas aragüeñas, concretamente a Ocumare. Como desconoce el tiempo que va a estar en cada sitio, en seguida pone manos a la obra y abre caminos a los jóvenes. Donde llega actúa con brevedad. En Ocumare instituye la Misa de los Niños y debuta como guionista de las obras teatrales. “La Pasión, Muerte y Resurrección de Jesús”; “San Sebastián” y “Rescate de la Juventud”. Esta obras fueron representadas con gran éxito en Ocumare de la Costa y luego en el Teatro de la Ópera de Maracay.

Llega a Turmero como Párroco de la Parroquia de Ntra. Sra. de la Candelaria, desde el 26 de octubre de 1980 hasta el 17 de diciembre del 2005, cuando pasa a descansar en la paz del Señor y sus restos descansan a los pies de la Santa Patrona la Virgen de la Candelaria. Aquí, inmediatamente de llegar funda el “Grupo Juvenil Parroquial”; reactiva la “Sociedad de San Vicente de Paul”, a través de la cual distribuye cuarenta bolsas de comida mensualmente.

El Padre Pan no tenía horarios, siempre estaba disponible. En sus homilías hay reflexiones sobre los problemas de la actualidad del país, siempre hay una alerta, una solución.   En el año 1986 funda el “Liceo Experimental La Candelaria”, para, en 1988 y bajo el lema: “Antes de maldecir la oscuridad trata de encender una vela”, funda el “Consejo Médico Parroquial” en el que laboran 35 médicos; 17 especialistas, servicio de Rayos X, eco-nosografía, laboratorio y odontología. En este centro se han atendido a más de dos millones de pacientes locales.   De entre sus grupos juveniles surgieron vocaciones que hoy regentan distintas parroquias. Todos agradecen su entrega total en los proyectos, su carisma de misionero y evangelizador, su dedicación incansable y el cariño con que a todos sirvió hasta sus últimos días.

Desde aquí mi más caluroso aplauso y sincero homenaje sintiéndome orgulloso de saber que un muradano y vecino ha llevado la ilusión y la Palabra de Dios a otras tierras con la entrega total de su vida, sin condiciones, como un verdadero hijo de San Francisco.

(p/ Malú Pérez Quintela)

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario