p/ Cintia París
Son moitos os casos de persoas maiores que teñen que trasladarse a unha residencia deixando atrás a súa casa, pertenzas e amizades. Cada vez danse máis casos, pois os estilos de vida tornaron e os fillos e familiares desas persoas maiore
s non se poden facer cargo deles e das súas necesidades específicas, xa que traballan e realizan diferentes tarefas ao longo do día. Que pasa se unha desas “pertenzas”, unha desas cousas que deixas atrás, e que tanto che doe, é unha mascota? Que fas con ela cando te mudas á residencia xa que nela non te deixan ter un animal de compañía?
Existen moitos casos de anciáns que por ingresar nun centro entran alí cunha tristeza enorme de non poder levar aos seus fieis amigos con eles, é un duro trago e unha separación moi importante que fai que moitas persoas acaben inmersas nunha depresión ou nunha debilitación da súa saúde. Hai residencias que admiten animais de compañía , mais son moi poucas e non todos se poden permitir desprazarse a unha delas en exclusiva.
Fai xa algúns anos, demostrouse que a compañía de animais afectaba positivamente na saúde dos máis maiores facendo que a súa vida encamiñárase a unha mellora de saúde, tanto física como mental. A convivencia cun animal axúdalles a sentirse útiles xa que teñen que estar pendentes deles e teñen a alguén co que o amor é recíproco e as mostras de cariño son continuas. A calidade de vida das persoas maiores que conviven con cans, por exemplo, mellora moito e obsérvase unha redución do estrés e séntense máis felices e menos sós. Os cans son ideais para os anciáns xa que lles obrigan a moverse, a saír, a relacionarse e a ter unha aptitude máis voluntaria e activa.
Aínda que a maioría de residencias non admitan as mascotas dos seus residentes, si que poñen en práctica, cada vez máis, as Terapias Asistidas con Animais de Compañía (TAAC) xa que, como
se di anteriormente, demostráronse moi boas para a saúde dos pacientes. A TAAC é unha modalidade de tratamento terapéutico na que un animal, que compre determinados criterios, forma parte integral dun proceso. Esta terapia está dirixida por un profesional e ten como obxectivo fomentar a melloría do funcionamento físico, social, emocional e cognitivo das persoas. Nunha enquisa realizada en EE.UU observouse que, as persoas maiores de 65 anos que tiñan un can, sufrían depresión con moita menor frecuencia que os que non o tiñan. Nesta enquisa conclúeuse que o can podería actuar como soporte das emocións, converténdose, desta forma, nun ser no que se poder confiar e a quen se lle fala, dándolle ao ancián un apoio fronte ao aillamento e a soidade. Outro estudo nunha residencia de persoas maiores, observouse que os animais melloran psicoloxicamente a eses anciáns e devólvenlles o sentido de humor debido ao entretemento que producen. O contacto cos animais tamén aporta beneficios na memoria a curto e longo prazo e nas estimulacións multisensoriais. É por este motivo polo que as residencias inclúen cada vez máis as terapias con animais.
Nas residencias atopámonos con moitas persoas cunha gran necesidade de afecto e de contacto físico que un animal coma o can ou o gato pode axudar a saciala. Algúns residentes péchanse aos demais e somérxense nun estado de apatía e tristura e o contacto cos animais fan que esas persoas falen, rían e se mostren máis activas. Como xa apuntabamos con anterioridade, existen moitos beneficios para as persoas cando se poñen en marcha as Terapias Asistidas con Animais de Compañía mais, en resumo, poderíanse destacar as seguintes:
Fai sentir ben.
Transmiten relaxación, tranquilidade, seguridade e calma.
Mellora a autoestima e a satisfacción emocional.
Mellora a calidade de vida.
Dan alegría, fidelidade, humanizan e melloran o entorno vital.
Facilitan a comunicación co propio animal e cas demais persoas.
Trabállase a memoria remota.
Diminúe a tensión arterial.
Mellora a responsabilidade de tarefas e estimula a actividade.
Reduce a agresividade.
Aporta unha maior capacidade de atención.
Contribúe a un maior e mellor uso da lingua tanto verbal como de signos.
Palian o sentimento de soidade.
Preveñen e axudan a recuperación de enfermidades cardiovasculares.
Pódese observar que os beneficios que os animais teñen sobre as persoas son moi grandes. As persoas de larga idade precisan dun motivo que lles axude
activarse, a estar felices, a seguir adiante cas súas enfermidades xa sexan físicas ou psicolóxicas. As residencias non poden parar de levar a cabo as terapias con animais xa que aportan un sopro de vida aos que xa lles queda pouca. As regulacións no ámbito da xeriatría deberían de ofrecer a oportunidade de levar a súa mascota xunto con eles cando se muden á residencia porque xa é duro dabondo tornar de vida.
As protectoras de animais atópanse con casos de persoas nestas situacións, nas que teñen que buscarlles unha nova familia a súa mascota sen eles mesmos querer separarse dela, só porque non llo permiten. Está claro e máis que demostrado que os animais son unha fonte de vitalidade e enerxía, polo tanto, non os afastemos de nós.
que naqueles meses asolaba varias rexións de Europa e reclamaba medidas para que este mal non chegase a Muros.
edios de saneamiento y desinfección les presentan sus presupuestos; y como quiera que nadie ignora que aquí, en Muros, tenemos innumerables focos de infección, capaces de propagar el mortífero microbio del Ganges, a las más remotas aldeas, persistimos de nuevo en dar el toque de atención para que los encargados de velar por la salud pública, cumplan con la importante misión que lee está encomendada.
mano de la naturaleza más sencilla y soberbia, que como él mismo dice es la otra cara de la humildad de los inseguros. Y la polla por mecenas, habrase visto, va y viene, con gusto, a complacerle con unas letras de falsa modestia, si tiene por bien cogerlas, pese a la máscara ridícula con la que uno escribe, vista desde la distancia, como el 
elevada, insuficiencia cardíaca y un aumento en las calorías que se ingieren. (Ingerir demasiadas calorías puede provocar obesidad y un mayor riesgo de llegar a tener diabetes). Beber en exceso y embriagarse puede provocar un ataque al cerebro. Otros problemas serios incluyen el síndrome alcohólico fetal, miocardiopatía, arritmia cardíaca y muerte cardíaca súbita.
qué beber alcohol pudiera relacionarse con una reducción de la mortalidad por enfermedades del corazón en algunos grupos demográficos. Algunos investigadores han sugerido que el beneficio pudiera deberse al vino, en especial al vino tinto. Otros están estudiando los beneficios potenciales de los componentes del vino tinto, como los flavonoides y otros antioxidantes, para reducir el riesgo de aparición de enfermedades del corazón. Algunos de estos componentes pueden encontrarse en otros alimentos como las uvas y el jugo de uvas rojas. El vínculo que señalan estos estudios puede deberse a otros factores del estilo de vida, no relacionados con el alcohol. Estos factores pueden incluir un aumento en la actividad física y una alimentación con alto contenido de frutas y verduras, y con un bajo consumo de grasas saturadas. No se han realizado estudios de comparación directa para determinar el efecto específico del vino u otros licores en el riesgo de adquirir una enfermedad del corazón o ataque al cerebro.
ia puede descender repentinamente. Se han documentado entre los grandes bebedores, subidas de tensión arterial y aumentos de derrames cerebrales (sangramientos o hemorragias en el cerebro). Pueden existir aumentos tanto en la tensión sistólica (cifras altas) como en la diastólica (cifras bajas) y tanto como 10 mm.Hg.(mercurio) por encima de los valores normales, en aquellos que toman más de dos tragos o copas diarias
adornos en forma de semicírculos e unha cruz gravada no medio. Deste corpo saen dous canos con abundante auga, que cae nunha pía de pedra. Ten un pequeno espazo que a encadra, feito de muros de mampostería e chan de lousas, con un pousadeiro para para os recipientes de carretar a auga.
