p/ César Lorenzo Gil

(do seu blog  https://dubidasdogalego.wordpress.com/

 Pasarrúa é un calco do castelán pasacalle. Alertados pola presenza desa calle inequivocamente castelá hai quen decide “galeguizar” a palabra traducindo ese termo por rúa. En realidade, esta forma é unha castrapada que debemos evitar.

O dicionario da Academia Galega recomenda adoptar o castelanismo pasacalle coa seguinte definición: “Marcha popular de ritmo moi vivo tocada nas rúas por unha banda ou charanga”. Deben considerar os académicos que ese ritmo é relativamente moderno nas nosas celebracións de rúa e polo tanto cómpre adoptar unha palabra estranxeira para definir tal práctica. Mais a pouco que investiguemos decatarémonos de que Galicia non era precisamente un lugar silencioso e inimigo das festas. Hai varias delas moi ben documentadas desde a Idade Media, celebracións urbanas nas que se cantaba e se bailaba. As rúas sempre foron escenario de música e alegría.

E turrando da palabra rúa chegamos á ruada. E lemos a definición do propio dicionario da RAG: “1. Reunión de xente, polo xeral pola noite, Imagen2.pngpara divertirse con cántigas, bailes etc. 2. Percorrido que fan os mozos polas rúas bailando e botando serenatas”. Tamén aparece a palabra no Estraviz; velaquí unha das acepcións: “Diversión de xente que se reúne na rúa para cantar, bailar, etc.”

Se recorremos aos dicionarios históricos, vemos que a forma pasacalle non aparece en ningún deles. Pola contra, ruada co significado de festa, si, practicamente en todos os volumes publicados nos séculos XIX e XX. Coma case sempre, o Eladio é o máis “enciclopédico”. Amais de referir unha posible orixe prehistórica da ruada, reproduce unhas estrofas dunha sonata popular e subliña, como foi costume noutros lexicógrafos, o carácter aldeán da ruada.

Podemos concluír que nas acepcións de pasacalle e ruada coinciden o ambiente de festa, a presenza de música e o ritmo alegre que invita ao baile. Cal é a diferenza? Principalmente a presenza dunha banda ou charanga, que non se fai precisa na ruada mais si no pasacalle. É que as charangas ou bandas non participan do clima espontáneo de festa? Non son a meirande parte das veces grupos non profesionais conformados por veciños?

Entón, por que non estender un tantiño namais o campo léxico da ruada e evitarmos así ter que empregar un castelanismo? Coido que a palabra ruada, claramente galega e amplamente implantada na fala viva e literaria debería utilizarse en todos os contextos e deixarmos a un lado o castelanismo pasacalle.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Do libro de Santi Llovo 

«MEMORIA SALGADA DUN POBO»

Aínda que os industriais cataláns se estableceron definitivamente na ría a primeiros deste século XIX, non foi ata 1838 cando por vez primeira un catalán participou na constitución da corporación municipal muradá. Concretamente, os daquela veciños de Muros Salvador Oliver y José Castellá foron os primeiros fomentadores que entraron en política na bisbarra de Muros.

En 1871 coincidiron de concelleiros na corporación muradá os irmáns José e Félix Romaní e Venancio Portals, os tres nados en Esteiro aínda que Félix, nese momento, xa era veciño de Muros. Este dato sabémolo porque o 14 de maio de 1871, sendo alcalde de Muros Manuel Vaamonde Campelo, protocolízouse ante fedatario público un adianto, por importe de 12.710,20 reais de vellón, que os mencionados tres concelleiros fixeron ao propio concello ante o apremo que se lles facía aos veciños por mor dunha débeda amortizable .

En canto á entrega de cantidades de diñeiro aos menos favorecidos, de seguido menciónanse sendas disposicións testamentarias de dúas veciñas de Esteiro, ambas da familia Portals da Ribeira do Maio. A primeira foi o testamento outorgado en 1895 no sitio coñecido como os almacéns en Esteiro por Teresa Portals Boris . Do documento destácase, pola súa singularidade, o seguinte: “….quiere que su entierro sea muy modesto, que se apliquen por su alma 200 misas reservadas por el estipendio ordinario y las 30 llamadas gregorianas y que se reparta en limosna a los pobres la cantidad de 2.800 reales, a la voluntad que sea de sus albaceas, que nombra a sus hermanos Alejandro y Adelino …”.

Pola súa parte, Venancia Portals Romaní, natural da Ribeira de Creo en Esteiro aínda que veciña de Muros, e casada co tamén natural de Esteiro Adelino Portals Boris, outorgou testamento en 1896 . No documento nomea como herdeiro universal ao seu esposo Adelino, e lega 500 pesetas para os probes. Cómpre salientar que Venancia e Adelino faleceron sen descendencia e o resto da herdanza de ambos acabou na súa maior parte en mans dos sobriños de Esteiro, os fillos de José e Balbina Portals.

Outro aspecto relevante que pode mencionarse aquí é a evolución e distribución da poboación na parroquia durante este século XIX. Aparte dunhas poucas referencias concretas que foron publicándose nalgún dicionario ou acta municipal espallada, non hai unha estatística completa ao respecto. Unha aproximación á realidade pódese extraer dos arquivos sacramentais de bautismos e defuntos, xunto coas relacións de nenos confirmados que tamén aparecen na documentación parroquial.

No primeiro cuarto deste século XIX hai un notable incremento de poboación en Esteiro, a pesares dos falecementos “extraordinarios”, produto da guerra da independencia, chegando aproximadamente aos 800 habitantes. Os lugares onde maioritariamente se localizaba a veciñanza era, en primeiro lugar, no Maio, cun 32% da poboación, e despois en Solleiros e Creo, ambos cun 21%. O seguinte lugar con máis habitantes na parroquia era a Silvosa, cun 12%. O resto da poboación repártese fundamentalmente entre Reboredo, Riomaior e Uhía. Chama a atención o caso da Silvosa, non só polo numerosos veciños que tiña daquela, preto de 100, senón pola procedencia dalgún deles. No libro de bautismos aparecen varias inscricións de nenos co apelido Smith. O pai era un irlandés, de Belfast, que tal vez fuxiu do seu país por mor da persecución dos protestantes ingleses contra os católicos. O que non se sabe é como veu a parar este irlandés a unha aldea tan remota e incomunicada como a Silvosa .

Segundo unha acta do pleno do Concello de Muros do 12 de febreiro do ano 1842, neses momentos en Esteiro había 211 veciños e 1.017 almas e na parroquia de Tal, 57 veciños e 310 almas. Cómpre lembrar a diferente evolución poboacional da parroquia matriz, que lembremos era Santiago de Tal, e do seu anexo, Esteiro. Así como en Tal a poboación estancouse dende o século XVIII, en Esteiro incrementouse notablemente dende a chegada e establecemento dos cataláns.

Á metade dese século XIX, a poboación de Esteiro, a pesar de haber unha media de 30 nacementos ao ano, era practicamente a mesma. Tal e como xa se indicou, a fame e as epidemias provocaron practicamente o mesmo número de falecementos. En canto á súa distribución, a poboación estaba máis repartida. A aldea do Maio, aínda sendo a máis poboada, baixaba do 32% ao 19%, mesma porcentaxe que tiña Creo, por 18% de Solleiros. A Silvosa tamén baixaba un pouco, o mesmo que Reboredo, Riomaior  e Uhía, e aparecen con forza a Ribeira e Trasdacosta, incorporándose nesta estatística Trión, con cerca dun 5%, e a Laxe e Marselle.

No terceiro cuarto do século, unha vez superada a mortaldade da década dos 50 e 60, a poboación empezou a incrementarse, aínda que non substancialmente pola sangría da emigración. O Maio continúa a ser o lugar máis poboado da parroquia, seguindo a curta distancia por Creo. A Silvosa pasa a ser superada tanto por Uhía como por Reboredo, e aparece a Pendente.

O último cuarto do século XIX foi o do despegue poboacional da parroquia, ligado á ausencia de epidemias, agás un breve episodio de lepra, e ao desenvolvemento económico asociado á pesca. Respecto ao brote de lepra, o diario de Madrid “La Correspondencia de España” publicaba o día 13 de maio de 1889 a inquietante noticia:Imagen1.png

Pola súa parte, o “Diario Oficial de Avisos de Madrid” publicaba o 31 do mesmo mes de maio o seguinte: “Son graves las noticias que se reciben de Esteiro (Coruña), donde aumenta día a día el número de los enfermos de lepra. El día 24 había 15 atacados de tan terrible dolencia, y de ellos cinco de suma gravedad. El Gobernador Civil de la Provincia ha dispuesto que sean trasladados todos a Santiago, en cuyo hospital se ha habilitado al efecto un pabellón independiente”.

En calquera caso, a media de nacementos por ano neste final de século era de aproximadamente 65 nenos e o de defuncións non superaba os 25. Polo que respecta á distribución da poboación, por vez primeira Solleiros, cun 21%,  superaba ao Maio, cun 19%, seguido a curta distancia por Creo.

Cómpre precisar que, tal e como se apuntou con anterioridade, as anteriores distribucións non deixan de ser aproximadas, xa que non proceden dunha estatística oficial como o “Padrón de habitantes”, senón que se extrapolaron os datos obtidos dos libros sacramentais de bautizados e defuntos, así como das relacións de nenos que foron confirmados nas visitas pastorais que os bispos ou arcebispos de Santiago fixeron á parroquia nas seguintes datas: 2/08/1826, 1/08/1850, 22/06/1853, 30/05/1876 e 23/09/1895.

 

—O—

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

O apelido CAAMAÑO, é o terceiro máis extendido en Muros.  Un total de  913 persoas levan este apelido, (9,51 % de Galicia).

Toponimia:

Posible orixe toponímica: en Galicia atopamos os seguintes lugares coa grafía Caamaño:  – na parroquia de Santa María de Caamaño, no concello de Porto do Son.

Heráldica

Apelido galego que, segundo unha antiga lenda, procede do príncipe Sicambre, bisneto do último Rei dos troiáns, que desembarcou en Galiza e deu orixe a este apelido.
A sua antiguedade é tan evidente que xa en tempos dos reis Imagen2.pngsuevos aparece un camaño como gobernador de Galiza, presidendo un concílio no 453. Nos tempos do Rei Teodomiro, Talasio Camaño, casado con Indegunda, sobriña do Rei godo Atanaxildo, era Señor do Promontório de Neiro e das illas Licas, que son actualmente as de Baiona; ao ficar viuvo foi nomeado Bispo de Astorga, figurando, co seu irmán Pantardo Camaño, Bispo de Braga, no terceiro Concílio de Toledo. Asemade, Anserico Camaño, Bispo de Segóvia, interveu moi activamente nos IV, V, VI e VII Concílios toledáns. Sandia de Camaño, Gran Señor da Galiza, axudou ao Rei Paio (Pelayo) na Reconquista, e Pedro e Fruela Alonso de Camaño fundaron, nas proximidades de Noia, o mosteiro de Toxosoutos, no1129, e ficaron nel de monxes. O devandito mosteiro pertencia á Xurisdicción da abadia de Sobrado, fundada a sua vez polo conde Hermenexildo e a sua muller Paterna de Camaño., e na sua igrexa tiveron xacemento os señores desta família. A primitiva casa solarenga, que se chamou castelo de Castro Camaño, redicou na vila de Noia, e a ela pertenceu Sancho Garcia de Caamaño, que tomou parte, como capitán, no sítio de Almeria no 1147, e finou na conquista de Andújar no 1155; Garci Fernández de Caamaño, Señor da Casa de Noia, que acompañou ao Rei Fernando III, O Santo, nas conquistas de Córdova e Sevilla, e Vasco Fernández de Caamaño, que tomou partido por Pedro I, O Cruel, pasando logo a Portugal, onde deu orixe aos Camões de aquela nación.
Tiveron casas solarengas en Vista Alegre e Barrantes, dos cuais procedian Garcia de Caamaño Mendoza Sotomayor, que foi cardeal arzobispo de Santiago de Compostela, e Fernando Caamaño de Andrade e Sotomayor, Bispo de Paléncia e de Sigüenza, despois Arzobispo de Burgos e Compostela e várias veces Capitán Xeneral do Reino de Galiza en Rubiáns (Vilagarcia), a que pertenceu Fernando de Caamaño e Figueroa, que tamén foi Cardeal Arzobispo da Sé Compostelá; na freguesia do concello de Vilanova de Arousa, en Caldas de Reis, en Romelle (Samos) e en Rianxo.
EspellImagen3.pngaronse a Castela, Andalucia, Extremadura, Cataluña, Valéncia, Portugal e América.
Armas:
1.- En campo de ouro, un brazo alado, vestido de sinople, movente do franco sinestro, coas ás de prata e sostendo na man unha coroa de azur. (Da primitica Casa solarenga de Noia).
2.- En campo de goles, un piñeiro de sinople, terresado do mesmo, perfilado de ouro e deitado de 10 lanzas, 5 a cada carón, coa asta de prata e o ferro de ouro. (Usado por algúns en Galiza, Castela e polo Marqueses de Vilagarcia).
3.- En campo de prata, un piñeiro de sinople, terresado do mesmo, perfilado de ouro e deitado de 10 lanzas, 5 a cada carón, coa asta de prata e o ferro de ouro.
4.- Brasón cortinado, 1º, en campo de goles, un piñeiro de sinople, terresado do mesmo, perfilado de ouro e deitado de 10 lanzas, 5 a cada carón, coa asta de prata e o ferro de ouro; 2º, en campo de prata, 6 roeis de azur, postos en 2 paus. A capa, en campo de goles, un león rampante de ouro, que sotén nas suas máns un escudete faxado en ondas de azur e prata.

Nobiliaria

1.- Mauro de Mendoza Sotomayor e Caamaño se lle concedeu o título de Vizconde de Barrantes en 1654 e o de Marqués de Villagarcia, no 1655.
2.- Orde de Santiago: Fernando José Caamaño de Mendoza
3.- Orde de Alcántara: Rodrigo Caamaño de Mendoza e Moscoso, tamén das Casas de Vista Alegre e Barrantes.
4.- Orde de Montesa: Jacobo Caamaño e Gayoso, natural de Compostela, no 1791.
5.- Orde de San Xoán de Xerusalén: Vicente Caamaño Gayoso, no 1726. Ramón Caamaño, natural de Compostela, no 1747. José Caamaño, de Compostela, no 1775.
6.- Real Compañia de Gardas Mariñas: António Caamaño Gayoso, de Compostela, no 1752.
7.- Fixeron provisión de fidalguia na Sala de Fillosdalgos da Real Chancelaria de Valladolid:
– Alvaro de Caamaño, viciño de S. Estevo de Landeira, no 1530.
– Rodrigo de Caamaño e Francisco de Caamaño, viciños de Santiesteban de Hirines, en 1575.
– Gregorio Camaño, viciño de San Miguel (Laceana, ¿Laciana-León?), no 1649.
– Diego e José Caamaño, viciños de Vilanova, Xurisdicción do Couto Vello, en 1737.
– Domingo Antonio Caamaño Sotomayor e Figueroa, viciño de Rianxo, en 1758.
– Francisco Andrés Caamaño e Sotomayor, viciño de S. Estevo de Aranqueiro, en 1786.
– Juan Miguel Caamaño, viciño de Madrid, no 1787.

Persoeiros

A Enciclopédia Galega cita, entre outros, a Juan José Caamaño e Pardo, que foi Conde de Maceda e Grande de España. Naceu en Ferrol no 1761 e morreu en Madrid no 1819.

Fontes-bibliografía

· Espinosa Rodríguez, J., Apuntes gráficos sobre heráldica gallega,, Talleres del Faro de Vigo, 1954.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez.

 A composición territorial actual do noso concello ten os seus referentes históricos no Real Decreto de 23 de xullo de 1835, que dispoñía as normas polas cales se deberían rexer as poboacións para a formación dos concellos.  A circular nº 30 Imagen1.pngdo Goberno Civil da provincia, publicada no BOP nº 109 de 9 de abril de 1836, amais de regular a forma de elección de alcaldes, tenentes e pedáneos, supeditaba todo o proceso electoral a necesaria proposta que a  Deputación Provincial debía formular sobre a distribución e situación de tódolos concellos da provincia. O artigo 6º da referida circular dispoñía:  “Que la Diputación provincial designe la distribución y situación de los ayuntamientos conforme a la base propuesta, y con aprobación del Gobernador Civil se lleve desde luego a efecto sin perjuicio de la Resolución de S.M. a quien se elevará cuenta de todo por el Ministerio de Gobernación del Reino”.

De forma moi rápida, no BOP de 25 de abril de 1836, apareceu publicada a proposta feita pola Deputación provincial con respecto a configuración territorial do concello de Muros.  Dita proposta recollía que o concello de Muros estaría composto polas parroquias de Muros, Serres, Louro, Sestaio, Abelleira, Torea e Tal, xunto coas de Lariño, Lira, Carnota e San Mamede.  A parroquia de Esteiro aparecía formando parte do concello de Outes.

A circular citada (de 9 de abril de 1836), no mesmo artigo recollía a posibilidade de que “os pobos e as persoas máis prácticas e ilustradas dos mesmos”, puderan dirixir ao Gobernador Civil as noticias e observacións “que les sugiera su celo y sean conducentes al buen éxito de una resolución de tan decisivo beneficio público”.

A Resolución recaída foi moi rápida e tivo en conta as alegacións presentadas, que deron contido á configuración territorial que hoxe temos.

No Boletín Oficial da Provincia de 18 de xuño de 1836, fíxose pública a resolución definitiva, que configuraba territorialmente o concello de Muros composto polas parroquias de Muros, Serres, Louro, Sestaio, Abelleira, Torea, Tal e Esteiro, creando o concello de Carnota, composto polas parroquias de Lariño, Lira, Carnota e San Mamede.

O mesmo Boletín da conta do número de habitantes de cada unha das parroquias, sendo a de Muros a máis poboada con 788 veciños e 3958 almas, Serres con 270 veciños e 1173 almas; Sestaio con 19 veciños e 89 almas; Louro con 106 veciños e 550 almas; Abelleira con 200 veciños e 506 almas; Torea con 94 veciños e 498 almas; Tal con 50 veciños e 256 almas, e Esteiro con 202 veciños e 826 almas.  A poboación total era de 1729 veciños e 7856 almas.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Javier, é o seu nome de pila, pero entre nós coñecémolo mellor por “Javier o redero” ou “Javier de Lusia”, aínda que, os que xa temos algúns anos, lembramos que de pequeno chamabámoslle CHAPI, e se lle chamaba así por algo…

Javier naceu en Muros, un frío mes de febreiro do ano 1964, sendo o quinto de seis irmás (catro homes e dúas mulleres: Manolo, Tono, Mingos, Engracia e Imagen4.pngLolita).  Estudou en Muros, na escola de Don Manolo, na Academia de Doña Katy e no Colexio D. Ramón de Artaza.  O servizo militar fixo en Ferrol, no Museo Naval, do que di ter moi bos recordos, salvo o de un tenente chamado Celestino que era coma a súa sombra e que non lle daba tódolos permisos que el quería, e non porque se portara mal, senón porque Javier pedía permisos especiais, e o tenente ben sabía para que eran…  Felizmente casado con unha guapa moza de Baño, ten unha filla que se chama Lidia, que éo seu orgullo, e que con vinte dous anos  rematou os seus estudos superiores con unhas notas máis que notables.

De familia de mariñeiros, a súa vida tamén está ligada ao mar. Comezou a aprender o oficio de redeiro aos catorce anos. Hoxe é un experto profesional, Imagen3.pngamante do seu traballo e moi cumpridor.  Con bo ou mal tempo, chova ou vente, il esta reparando redes para que os barcos non perdan día de pesca, e non só no peirao de Muros, senón que tamén se despraza a outros portos de España e Portugal para atender as embarcacións muradanas.

A súa fama como profesional rebasou as nosas fronteiras, sendo solicitado para asesorar a patróns muradanos nos EE.UU.  no armado de grandes aparellos.  Un deles, Suso Caamaño,  non cansa de repetir que o saber de Javier fai -como se ve na  foto- que os copes veñan cheos de peixes.

Javier ten outra faceta moi a ter en conta: é un gran embaixador de Muros.  Cada vez que as cámaras de televisión filman no peirao de Muros, dedícanlle tomas a Javier, e non só iso, que tamén é entrevistado e nas súas respostas sempre contesta con coñecemento pleno as preguntas que se lle fan. En definitiva:  todo un “crac”.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario