Do libro de Santi Llovo 

«MEMORIA SALGADA DUN POBO»

O sistema que utilizaron os mariñeiros para destruír as postas foi arriar grandes pedras nos areais onde tradicionalmente se botaba a arte para que unha vez no mar quedara prendida e se estragase. Cegadas as mencionadas postas de Laxeiras, do Salto e de Somorto, a lo menos uns 50 mariñeiros (con seguridade foron moitos máis, aínda que no proceso xudicial en que derivou foron procesados ese número de persoas), a maioría de Muros, acercouse a Portosín “a manera de una escuadra en batalla” dirixíndose á posta de Coira. Nembargante, alí non ía a ser tan doado, xa que os cataláns lles estaban a esperar fortemente armados.

Segundo relata Artaza, “los matriculados, con gran astucia y arrojo colocaron en una lancha un cañón con el fin de intimidar al paisanaje y a su sombra arrojar 22 lanchas de piedras en dicho punto, sufriendo por espacio de hora y cuarto un continuo fuego ….. mImagen3.pngás visto que los insultos y el tiroteo menudeaban, por sesenta fusiles y cuatro esmeriles (cañoncitos) fijos, determinaron arribar a la orilla…..”. Chegaron a prender lume ás casas e fábricas de sardiña que alí tiñan Daniel Martorell e Alexandro Gaioso. De Portosín foron ao Freixo onde queimaron propiedades do empresario catalán Miguel Jover e por último, para facer o maior estrago, acercáronse ao “sitio que llaman Puerto de Esteiro donde quemaron cuatro casas destinadas al mismo fin de salar sardina, pertenecientes a otros sujetos”. Os propietarios destes almacéns eran os cataláns José Romaní, Salvador Gelpi, José Portals e Cayetano Rutllá. A cifra de salgaduras queimadas en Esteiro pódese a elevar a cinco se temos en conta unha escritura outorgada en 1815 por don Grau Font. Este catalán veciño de Tossa de Mar, aínda que residente en Esteiro, afirmaba que a salgadura que tiña nesta localidade, e que por ese documento lle vendía ao industrial de Noia don Pelegrín Riva, tamén resultara queimada polos matriculados de Muros “ … fue incendiado y reducido a cenizas por varios vecinos de la villa de Muros …”.

Respecto aos danos causados, unha testemuña presencial asegurou que a fábrica de Gaioso en Portosín, da única da que se conserva información, “se halló incendiada enteramente a excepción de dos pedazos” . As perdas por esta fábrica foron avaliadas posteriormente por exame pericial na cantidade de 89.543 reais. Este informe enténdese que foi encargado e por tanto o valor exaxerado polo empresario, xa que un almacén en uso naquelas datas vendíase pola cuarta parte.

En calquera caso, na referida relación de perdas do Gaioso incluída na causa criminal, aparte do cereal mencionado e dos estragos estruturais nas casas e nos almacéns, sinálase que lle inutilizaron os seguintes efectos: unha artesa, sete tinajas grandes para salgar e seis pequenas . En canto aos aparellos e barcos, menciona o estrago dunha xábega, seis xeitos e un boliche, así como dunha lancha que facía de galeón, dúas lanchas para facer de enviadas e un bote.

Independentemente de cómo sucederon en realidade os feitos, xa que as versións varían segundo as fontes, o certo é que primeiro se cegaron as postas das xábegas e despois se queimaron aparellos e almacéns. Ante a aparente inactividade da xustiza, aos poucos días apareceu na bisbarra un folleto, sen datar nin asinar, no que se daba conta do que acontecera neses días de outubro de 1812, dende o punto de vista dos cataláns. En defensa da actuación dos mariñeiros, que por outra parte se correspondía co sentir xeral da cidadanía, apareceu un segundo documento, a mencionada “Carta Muradana”, dirixido a un monxe cisterciense e asinado por unha persoa que responde as iniciais de Dr. F.F.D.L. P y V. Este documento resultou a principal fonte de información, xa que Artaza, cronista da vila, practicamente transcribiuna por enteiro.

A instancia dos cataláns, a xustiza seguiu o seu curso, lenta pero inexorable. Os industriais afectados acudiron tanto ó xulgado de Muros como ao de Noia a denunciar os feitos e particularmente a uns 50 matriculados de Muros.

Por escritura outorgada ante un notario de Noia o 3 de novembro dese ano 1812, varios cataláns facultaron a un deles para iniciar as accións correspondentes . O documento titulábase “Liga y combenio entre Salvador Martorell y más que se expresan para el seguimiento de un pleito”. Nel estaban representados os seguintes cataláns: o propio Salvador Martorell de Noia; Miguel Jover Carrera e Salvador Amat, do Freixo; Alejandro Gayoso, veciño de Beluso jurisdicción de Cangas; Juan Manuel Ronquete, do “Cabalo”; Grau Font, de Boa; Salvador Gelpi y Cía, José Portals, José Romaní, Cayetano Rutllá y Cía, y Miguel Billoch de Esteiro. Todos eles “unánimemente dijeron hacer suya todos en compañía para seguir las cuestiones principiadas sobre los excesos cometidos por los vecinos de Muros el 24 de agosto y la quema de los almacenos el 2 de octubre del presente año …. facultando al Martorell y Ronquete para que elijan a un apoderado y a los procuradores que sean necesarios…”.

O 7 de novembro Alexandro Gaioso declarou no Xulgado de Noia o seguinte: “Que los causantes del incendio son los matriculados de Muros, quienes además de incendiar su fábrica y la de Salvador Martorell en Portosiño, se dirigieron a Esteiro, donde pusieron fuego a otras cuatro fábricas propiedad de catalanes”. Esixindo, ao final da súa denuncia, que: “se apliquen a esta gente foragida las penas establecidas contra los incendiarios y tumultuantes del pueblo con menosprecio de la autoridad del gobierno, pues con tales sujetos no puede haber la tranquilidad prevenida por Reales Ordenes y nadie tiene seguras su vida y hacienda”.

Produto das denuncias e como primeiro efecto, aos matriculados implicados no suceso se lles impediu faenar, agás que afianzaran cos seus bens o resultado final do litixio. Este feito materializouse na escritura outorgada o 23 de xuño de 1814 en Muros ante o notario don Joaquin Martínez Varela. Concretamente, 37 mariñeiros veciños do Concello de Muros, entre eles varios de Esteiro, tiveron que constituír ante fedatario público, por eles e por outros 12 que por enfermidade non puideron asistir e coa presenza do Axudante Militar de Marina do Distrito, D. Juan Antonio Taboada, unha fianza mancomunada para garantir cos seus bens presentes e futuros “cada uno por el todo” o resultado da causa aberta polo Comandante General do Departamento de Marina con motivo don incidentes de Portosín e Esteiro en 1812 .

A causa criminal contra os matriculados de Muros custódiase na actualidade no Arquivo de Reino de Galicia. Nos fondos da Real Audiencia atópanse varios autos con dilixencias preliminares dos xulgados de Muros e de Noia con informes periciais e outros documentos de especial relevancia, por exemplo un escrito do xulgado de Muros, datado o 1 de abril de 1816, en resposta doutro da Audiencia que reflicte: “… la causa que formó el Ayuntamiento Constitucional de la villa de Muros en el año pasado de 1812 y quedó suspensa en 1813, sin que por resultas de dicha causa se huviere hallado ni halle reo alguno arrestado”.

Non está claro o resultado do xuízo, se é que o houbo, xa que non aparece a sentencia e o apunte final da documentación conservada, datada en 1820, indica o seguinte: “Se archiva la causa mientras los interesados no reclamen sus derechos”.

En calquera caso, o litixio cos matriculados supuxo un custo adicional para os cataláns, xa que tiveron que facerse cargo dos custos dun longo proceso nos tribunais. Resulta especialmente ilustrativa unha escritura outorgada o 7 de novembro de 1827 en Muros, polo fomentador do Freixo Miguel Jover Carreras, que apoderaba a un familiar seu en Barcelona, para tentar de cobrar unha débeda contraída con Juan Poch, fomentador que fora da ría pero de volta en Cataluña, por mor da causa xudicial iniciada en 1812 contra os matriculados . Desta escritura parece deducirse que outros cataláns, aparte dos directamente prexudicados, apoiaron a causa, e probablemente compartindo os gastos do proceso.

Independentemente do custo directo da defensa dos seus intereses perante os tribunais, os industriais cataláns, a partir destas revoltas, tiveron que afrontar importantes investimentos para reforzar os sistemas de seguridade dos seus almacéns, por unha banda, elevando notablemente os muros de peche das súas fábricas, e por outra, armando aos seus asalariados. Outro sistema utilizado daquela e que aínda se pode ver hoxe, son os furados feitos nas paredes das vivendas para introducir por eles armas de fogo. A casa almacén primixenia da familia Roig en Portosín ten na fachada varios destes “disparaderos”.

Moitos anos despois, o 19 de marzo de 1831, un grupo de industriais cataláns composto por Ventura Pérez Batista (probablemente mercou a propiedade de Alexandro Gaioso) e Daniel Martorell, de Portosín; Miguel Jover do Freixo e José Romaní, Salvador Gelpi, José Portals e Cayetano Rutllá, de Esteiro, protocolizaron o perdón que Dona Rita Gomez lles pediu para o seu home, José Gallego, para poder gobernar a súa vida. O documento notarial di: “Se les presentó para que tuvieran a bien perdonarles por su parte al citado marido por ser cómplice en la causa que los mencionados catalanes siguen contra los individuos del gremio del mar de esta villa por los delitos y atentados cometidos contra sus bienes” .

O contido desta escritura fainos pensar que o proceso xudicial levou moitos anos, xa que nese ano 1831, 19 anos despois do suceso, aínda estaba inconcluso. Outro feito que parece revelar o documento son as posibles consecuencias persoais para os implicados que, con antecedentes penais, incapacitáballes para moitas actividades. Unha saída máis que probable era a emigración.Imagen4.png

Independentemente do resultado da causa, a problemática co uso e prohibición de determinados aparellos de pesca continuou ó longo de todo o século XIX e unha boa parte do XX. Tal e como aparece nunha escritura de apoderamento outorgada en Muros en febreiro de 1861 por José Portals, de Esteiro, xunto cos veciños de Muros Jacobo Bermúdez e José Castellá, mediante a cal facultaban a un veciño e do comercio de Ferrol a fin de “…que les represente y defienda ante el Tribunal de Justicia del Departamento del dicho puerto de Ferrol en la causa que se instruye contra Simón Fernández y otros por uso de aparejos prohibidos, en la que los comparecientes han declarado como testigos….” .

Un documento moi ilustrativo sobre a propiedade e uso da xábega é o convenio outorgado en Muros polos fomentadores de pesca da ría o día do Apóstolo do ano 1866 . Este documento foi asinado pola maioría dos industriais da salgadura de Ría, un total de 13, e entre eles José Romaní Cruz, Benancio e José Portals Costa e Adelino Portals Boris, veciños de Esteiro, e de Muros, entre outros, Félix e Benancio Romaní Cruz. Do mesmo cabe destacar, pola súa singularidade, o seguinte contido:

1º Todos los firmantes se hallan al frente de fábricas de salazón en este distrito, empleando para la pesca los aparejos necesarios”

2º Para evitar problemas con los matriculados (ao meu xuízo asinouse fundamentalmente para evitar problemas entre eles) acuerdan:

Que cada red o aparejo de arrastre irá al mar por el turno que tienen establecido los aquí otorgantes.

Que en la posta o traito conocido como el El Salto, todo aparejo tendrá que largar y venir a tierra por dentro de la piedra conocida como Bolteira.

Que para cada posta no podrá emplearse más tiempo que cinco cuartos de hora y tres cabos por banda.

Un sistema de turnos una vez largado.

Que pueden trabajar los aparejos de arrastre en las postas o puntos conocidos de la Baila y Lageiras.

Cuanto aquí queda indicado no solo se observará en los puntos arriba designados, sino también en las demás postas pertenecientes a este distrito Municipal.

Aquel de los firmantes o sus representantes que contraríe directamente cuanto aquí está expuesto será objeto de multa de 200 escudos en metálico.

Todo verdadero patrón que asalariado ofrezca las funciones de tal, de cualquier clase o condición que sea, sin orden de su amo, no cumpla todas o algunas de las condiciones será despedido por el mismo, sin poder ser admitido por ningún otro”.

Ao igual que noutros puntos da costa galega, os conflitos sobre o uso de determinados aparellos de pesca na ría continuaron ata finais deste século XIX e primeiros do XX, aínda que por diferentes artes. A problemática mudou dos aparellos de arrastre aos de cerco. Como queira que cada vez había menos pesca cerca da costa, ás xábegas e os boliches deixaron de ser rendibles e os conflitos dos xeiteiros, que seguiron faenando ata mediados do século XX, foron en primeiro lugar coas traíñas e a continuación coas xaretas.

Neste sentido, resulta de interés unha escritura outorgada no ano 1898 en Muros polos fomentadores Alejandro Portals Boris e Ricardo Romaní Ferrer, veciños nese momento de Muros aínda que nados en Esteiro. No documento solicitaban a un notario da localidade, que levantara acta sobre a detención que fixo a canoneira da Armada “Diamante”, de dúas traíñas das que eran copropietarios, as chamadas “Anido” e “Arrogante” .

Deixando o tema da conflitividade sobre o uso dos aparellos de pesca, volvemos ao que supuxo socialmente, nos primeiros anos do século XIX, a aterraxe na bisbarra destes chamados fomentadores xunto coas súas familias. Para iso, aparte doutras fontes de información puntual, vaise reproducir o máis salientable de diversos documentos documentos notariais, outorgados en Muros e Noia aínda que referidos a Esteiro ou aos seus veciños.

Un primeiro documento que nos da unha idea da maneira de pensar destes novos veciños é o testamento outorgado en 1815 polo fomentador establecido en Esteiro, José Villoch . Este catalán, tamén de Blanes, debeu ter unha salgadura na parroquia nos primeiros anos do século XIX, pero non apareceu ningún dato que facilitase a súa localización. Na referida disposición testamentaria deixaba todo a súa muller, dona María Antonia Urgell y Villoch, coa condición de que “si toma a otro hombre pasaría todo, a partes iguales, a sus hermanos también vecinos de Esteiro, Ramón, Agustín y Juan”. Foron testemuñas os irmáns Salvador e Thomas Gelpi e Jaime Rollá.

A problemática da sal foi un motivo máis de unión entre os fomentadores cataláns das Rías Baixas. En 1817 un grupo de cataláns de Portosín, Freixo, Esteiro, Caramiñal e Puebla del Deán solicitaron formalmente permiso para adquirir sal a navíos portugueses. (continuará)

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Foron moitos os políticos que en diferentes momentos da nosa historia visitaron Muros para dar a coñecer as súas ideas.  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un deles.   Visitou Muros no Nadal de imagen11935, onde participou nun mitin do Partido Galeguista que se celebrou no Teatro Mercedes.

RECENSION DO MITIN EN MUROS DO PARTIDO GALEGUISTA

Teatro Mercedes, Muros,  Nadal de 1935

<<Castelao é acollido con grandes aprausos  e vivas. Comenza  facendo un saúdo ao púbrico para seguidameme facer uns fermosos párrafos ateigados de lirismo encol do seu amor á Terra. Di que os galegos levan enraizado na alma o amor a Galicia e que el quere a súa terra tanto que si ao morrer e para ganar a eternidade tivera que voar tan outo que non poidera  contemprar a terra  onde nasceu, renunciaría a ela, preferindo ser enterrado debaixo  dunha laxe e convertirse en herba ou calquer outro prodoito natural da terra galega.

Lembra a súa aituación nas Cortes Constituíntes cos demais diputados  galeguistas e di como contra a oposición de Indalecio Prieto poideron conquerir que o ferrocarril galego non se Imagen2.pngparalizase. e tamén a non aprobación do tratado co Uruguai. En troques, os diputados aituantes, que tanto exprotaron aquelo, permitiron co seu silencio sepulcral que o ferrocarril se paralizase case definitivamente, e os tratados foron aprobados. Do único que se lembraron foi de tratar de conquerir a escola de xordo-mudos en Santiago, seguramente pensando en atopar unha celda para eles.

Analiza un por un os ofrecimentos que fixeran as dereitas para demostrar rotundamente que non cumpiron nin un sólo. Fálalle ás mulleres decíndolles que non se deixen engaiolar por esa campña das dereitas, fundada nunha suposta persecución relixiosa. En forma de preguntas, vai destruíndo esa campaña, para demostrar que é falsa e conducente somentes a facer da relixión unha bandeira política inmoral e anticristián. Defende tamén as autonomías e o federalismo, decindo que non pode ser bon repubricán quen non sexa autonomista e viceversa. Califica de divorciados da monarquía e casados en segundas nupcias coa Repúbrica aos que, chamándose repubricáns, fan canto poden porque a Repúbrica non troque a súa estructura centralista. Remata tamén con unhas verbas vibrantes encamiñadas á xuntanza de tódolos bos galegos e repubricáns. Constantemente o discurso de Castelao foi ovacionado e ao final os aprausos e vivas duraron longo tempo>>.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

 En séculos pasados, para a autoridade diocesana  a figura do “visitador” era un instrumento necesario para a vixiancia e control das parroquias.Imagen2.png   O seu nomeamento facíase por escrito e de forma solemne, otorgándolle ao nomeado unhas amplas competencias para que fixera o seu traballo de forma moi rigorosa, tal coma si fora o mesmo bispo quen fixera as visitas.  As parroquias estaban obrigadas a escoitar e facilitar ao “visitador” canto precisase. E non só iso, senón tamén,seguir estritamente as ordes e instrucións que daba para o mellor facer da vida parroquial.  O incumprimentos das súas ordes podía ser causa de ex-comunión para aqueles que non seguiran as súas instrucións, foran ou non clérigos. Da visita pastoral, -e pastoral, porque o visitador era o representante do bispo-, deixábase constancia na correspondente acta. Tamén chamadas <autos de visitas>, estas chegaron aos nosos días e ofrécennos unha fonte inmensa de información Imagen3.pngsobre o patrimonio relixioso das comunidades parroquiais.  Libros de fábrica e actas de visitas pastorais fan historia certa dun pasado xa lonxano, e dan luz sobre aspectos, ata o de agora descoñecidos, da vida de parroquias e vilas.

Muros, ao ter dependencia directa do bispo de Santiago, foi obxeto destas visitas ao longo de séculos.  As actas das visitas que están depositadas no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, xunto coas coas “capitulares” que se conservan no arquivo do Concello de Muros, por ser parte ao ser padroeiro da Colexiata, ademais de constituír unha rica fonte para o coñecemento de antigos costumes, ofrecen ampla información sobre as riquezas artísticas que as nosas igrexas posuían. Nos chamados <autos de visitas>, con máis ou menos extensión, adoitaba describirse canto de mérito e valor naquelas igrexas se gardaba.

Unha das visitas célebres foi a do Licenciado Alfonso de Velasco, nos últimos días do mes de abril de 1547.  Este visitador, que a vez era clérigo e reitor Imagen4.pngde San Xoán de Mazaricos, era un home moi rigoroso co seu traballo. De feito, ao facer relación de obxetos litúrxicos, fai mención ao seu peso, cousa que outros visitadores non facían.

Afonso de Velasco foi nomeado visitador polo bispo D. Pedro Manuel, no ano 1547, i exerceu o seu cargo os anos 1547 e 1548, a plena satisfacción do bispo, aínda que éste nunca visitou a Diocese de Santiago, de feito, tomou posesión do seu cargo por poder cometido ao Licenciado Alonso de la Peña o 25 de xuño de 1546. Antes de ocupar o cargo de visitador, Velasco foi tesoureiro e contador do bispo D. Gaspar de Abalos predecesor do bispo D. Pedro Manuel.

O visitador Velasco debía ser un home de “posibles”, xa que ai abondosa documentación que así o acredita. (Poder del señor licenciado Alonso de Velasco, clérigo y rector de la iglesia parroquial de San Xoán de Mazaricos, sito en la diócesis compostelana, a sus procuradores: don Francisco de Ribera, scriptor apostólico; Cosme de Barreda, notario de Rota; Luis de Antequera, licenciado; todos residentes en la curia romana, para que en su nombre, consientan, en manos de Su Santidad o de su Vicechanciller, la entrega de cuatro mil maravedís de pensión anual sobre los frutos y rentas del dicho beneficio de San Xoán de Mazaricos, a favor del licenciado Pedro López de Salvatierra, capellán de la capilla real de Granada y clérigo de la diócesis de Sevilla)

<Foro de Alonso de Velasco, tesorero y contador del arzobispo Gaspar de Ábalos, a favor de Lope de Losada,Imagen5.png escribano y a su mujer, del casal de Rubín, sito en la feligresía de Santa María de Rubín, por sus vidas, la del postrimero, y dos voces y renta de ocho celemines de pan (1544)->

Na súa visita a Muros, en abril de 1547, a primeira inspección fixoa ao altar maior da Colexiata, onde comprobou que: <<el qual alló que es de piedra, consagrado; tiene un retablo de alabastro blanco de cinco historias y otras dos imágenes demás dellas, y entre las dos luces de la ventana, una imagen nuestra Señora de bulto, en una caxa con sus puertas>>.  Logo de ver outros altares, e vendo o que neles había, relaciona ao escribán os obxetos de valor esistentes:  <<Una cruz de plata grande con su pié, toda dorada y el crucifixo de bulto bien dorado; el pié es macizo de plata y la cruz clavada sobre madera, que pesó con la madera treinta y cinco marcos menos una honça.

Otra cruz de plata con su pié, toda dorada y el cru­cifixo de bulto todo blanco; dorados la corona, cabellos y el paño, y el pié torreado con ciertas ystorias de talla y dos escudos esmaltados con las armas de Landeira porque la mandó su mujer y él la hizo; tiene colgando seis cascabeles a manera de bellotas, que pesó trece marcos y cinco honças y medía.

Otra cruz de plata clavada sobre madera con su crucifixo de bulto y los quatro evangelistas de la una parte y de laImagen6.pngotra un Dios Padre con unas veneras y con su pié de plata; lo uno y lo otro en, ciertas partes dorado; que pesó seis marcos y cinco honças..

Una custodia de plata dorada que tiene en el pié seis torrejoncicos de plata, el uno dellos despegado, el cha­pitel con su pié y mançana, todo labrado de follajes y la custodia seisavada con seis pilares y seis bentanas y seis campanillas colgando y otros pinjantes pequeños y dentro una media luna de plata en que se pone el Ssmo. Sacramento y su chapitel con una cruz en lo alto con su crucifixo y la imagen de Nuestra Snñora de la otra parte de la cruz todo de plata dorada; pesó se­senta e tres honças.>>

Entre os cálices, <uno de plata todo dorado, el pié seisavado, con tres escudos en los tres campos en que están esmaltadas tres ymágenes; pesó dos marcos y dos honças y dos reales>.

<Visitó la capilla de Sant Spíritus e de San Sebastián que está dentro de la iglesia de Sta. María del Campo, la qual es de los mareantes y pescadores, y ella existía <una cruz de plata grande que tiene en el primero asiento del pié ocho cubos y encima de cada cubo un tabernáculo y en cada tabernáculo una ymágen de bulto de plata todo dorado y otras cosas con un pelícano encima que da de comer a sus hijos; pesa todo quarenta y seis marcos de plata>.

Hácese relación de los cálices que dicha capilla po­seía, y era uno de ellos, de plata dorada, seisavado, labrado de follaje; tiene en la mançana seis esmaltes verdes e azules e la patena dorada y en medio della un escudo con cinco estrellas; pesa dos marcos e medio>.

Faise inventario de ricas vestiduras: <una capa de carmesí, bordada de oro con unos peces y veneras e la cenefa de oro fino viejo, y en la capilla (capillo o capu­cho) bordada la trenidad; una casulla de brocado de tres altos, con una cenefa bordada de oro fino con cin­co apóstoles; otra de damasco blanco con la cenefa bordada deImagen7.png oro con ciertas ymágenes».

Tamén visitou a igrexa de San Pedro, que foi a primitiva parroquial de Muros, (visitada  o 26 de Abril de 1547) relatando:  «el altar mayor es de piedra, grande, consagrado; tiene un retablo de mármol con ciertas ystorias de bulto y encima dél una ymagen de San Pedro con una ropa de seda verde morisca.,

Ao falar dos bens da capela do Hospital relata que nel había nove camas de madeira coa súa correspondien­tes roupa), e deixa constancia de que o altar maior era tamén de pedra, composto por: <un retablo de cinco ystorias de mármol blanco, pequeñas, de bulto; la principal es la de la Trinidad, y encima del retablo un crucifixo de madera, grande, y otras imágenes. Tamén sinala que na capela do hospitalillo había: <un misal compostelano de Molde bien encadernado en cuero>.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Xurden

p/ Pablo Andrade.

 

Xurden, sopran e mergullanseImagen1.png

Brincan no ar en albricias

Nadan dun outro costado

Pasan por baixo da quilla.

 

Como querendo amosar,

A esencia mesma da vida,

Dende o fondo da salina.

 

Pareceume oilos falar

Ollandome con ledicia

Como querendome dar

Amizade coa sonrisa.

 

Xurden, brincan e mergullanse

Guian no seu peito as crias

Cequais para lles amosar

O sabor da travesia,

O longo do inmenso mar.

 

Envoltos na estela

Que o barco deixa

Xogan coa espuma mareira.

 

Golfiños na liberdade

Donos do seu elemento

Amosando a ollos ver

Crases de comportamento

En entornos naturais.

 

Seres de gran sentemento

Valor de valores feito

Quen vos poidera falar

E chegar a entendimento

 

Cantas cousas ian trocar

Se entendervos eu pudera

Imaxinalo namais,

Quen poidera quen me dera

 

Libre xunto a vos nadar

E sentirme coa marea

Arroupado polo mar.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario