p/ Amado  Barrera.
Este marzo a bubela non me veú á miña leira Boteina moito de menos, tan bonita como era. Estase acabando maio, a bubela xa non chega, polo campo vexo outras, voulles preguntar por ela.Imagen1.png

A bubela éche coma un mazarico, pero de monte. Dígoo polo seu pico, o seu xeito de comer e os seus áxiles movementos, aínda que non voan parecido nin polos mesmos lugares e comen diferentes manxares. Tampoco non teñen parentesco biolóxico, pois nin tan sequera están na mesma Orde taxonómica.

Malia ter o tamaño dun tordo parecen meirandes. Miden de media 28 cm entre a punta do bico, longo e curvo, e a da cola. As alas teñen un debuxo característico de bandas brancas e negras. A crista da cabeza, que poden abrir pero adoitan levar recollida, mide uns 6 cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado ferruxento.

Os dous sexos son moi semellantes: as femias son se cadra algo máis pequenas e de cor máis mate.

O seu voo ondulante lembra o dunha bolboreta. A golpes de á longos seguen outros curtos, o que dá a impresión de inestabilidade e desequilibrio.

O canto típico dos machos, composto en xeral de tres sílabas, é inconfundible e podería describirse coma u pu, pu, pu, repetido a intervalos non máis longos de 5 segundos. Ademais deste e outros sons utilizados como sinal de alarma ou cando están no niño, usan tamén o bico ó xeito dunhas castañolas para producir sons cando están excitados.

A Bubela (Upupa epops) inverna en África e suben cando empeza a primavera. Volven sempre ao mesmo lugar, por iso temo pola que sempre viña a Agrocovo en Esteiro. Como vedes na foto, xa me coñecía e podiame acercar para lle tomar fotos.

Có seu peteiro curvo localiza e come sen parar larvas e escarabellos que se coidaban a salvo baixo das herbas. Praguicida vivo a Bubela é. ¡¡¡Dí a wikipedia que nas zonas de pinares a súa presencia é esencial para acabar coa terrible «procesionaria»!!!.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Curiosidades de Facebook.

p/ Nieves Formoso Vidal.

 Facebook xurdiu logo de que Mark Zuckerberg crease unha rede social para alumnos exclusivos da Universidade de Harvard, aos poucos foron Imagen3.pngestendéndoo a outras universidades ata poñelo a todo o publico.

  1. Facebook ía ser adquirido por unha empresa en 2006, por 750 millóns de dólares, cifra que foi declinada
  2. Máis da metade dos usuarios de Facebook son mulleres
  3. O país con máis membros é Estados Unidos
  4. O grupo de idade onde máis se utiliza Facebook está na xente entre 18 e 25 anos
  5. O país suramericano con maior participación dentro da Rede Social é Colombia, seguido de Chile e Arxentina
  6. Arxentina é a nación suramericana que experimentou un maior crecemento en número de usuarios dentro do último ano
  7. Menos do 1% dos membros de Facebook en Sudamérica ten máis de 65 anos
  8. México éImagen5.png a maior potencia de fala hispana dentro de Facebook
  9. Case o 16% dos arxentinos en Facebook é menor de 18 anos
  10. Só o 3% dos usuarios de Facebook en Arxentina están por sobre os 55 anos
  11. O sitio de Facebook está dispoñible en máis de 70 idiomas
  12. Máis dun millón de desarrolladores e programadores traballan en páxinas e aplicacións para Facebook
  13. O 70% dos usuarios de Facebook interésase mensualmente nalgunha plataforma diferente de aplicacións
  14. 80 mil sitios web teñen dispoñible a opción Facebook Connect

16.A metade dos sitios máis visitados a nivel mundial utilizan Facebook Connect

  1. Cen millóns de usuarios acceden a Facebook desde os seus teléfonos móbiles
  2. 200 operadoras de telefonía móbil teñen dispoñible aplicacións para que os seus clientes accedan a Facebook
  3. Máis de 400 millóns de usuarios activos
  4. A metade entra diariamente ao sitio
  5. Cada día máis de 35 millóns de usuarios actualizan o seu estado
  6. Diariamente realízanse 60 millóns de actualizacións de estado
  7. Cada usuario ten en media 130 amigos
  8. Os usuarios pasan 55 minutos ao día en Facebook
  9. Cada usuario realiza en media 25 comentariosImagen4.png ao mes
  10. Os usuarios pulsan sobre algún “Gústame” polo menos 9 veces mensualmente
  11. Cada membro de Facebook recibe 8 peticións de amizade por mes
  12. Estados Unidos é o país con máis usuarios de Facebook (111 millóns)
  13. O 70% dos usuarios vive fóra dos Estados Unidos
  14. Cada mes créanse tres millóns e medio de eventos
  15. Existen máis de 3 millóns de páxinas activas en Facebook. A metade delas pertencen a algún tipo de negocio
  16. 20 millóns de usuarios fanse fans dalgunha páxina diariamente
  17. Cada usuario é fan de 4 páxinas de media
  18. O usuario común recibe invitacións a 3 eventos por mes.
  19. Cada usuarios é membro de ao redor de 13 grupos diferentes.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ José Mª García Rodríguez

I

Vimos ao voso rueiro,

nosa esmola demandar,Imagen1.png

e coma somos ceguiños,

imos collidos das mans.

¡Dáde, xente, a caridade,

aos cegos, vosos irmáns!

 

Coitados de nós, ceguiños,

que nin ren podemos ver.

Moito penada é ista vida.

Do serán ao amaecer,

a oscuridade da noite.

E polo día, tamén.

 

Nosa Señora das Dóres,

ela nos queira acudir,

nos perigos que pasamos

da nosa casa ao saír.

Santa esmola, no seu nome,

vimos a todos pidir.

 

O noso patrón San Pedro,

pescador e pecador,

a quén nos dé un netiño

de viño, délle favor;Imagen2.png

e alonxe da súa casa

ao Demo embarullador.

 

San Roque das Campaíñas,

válenos nista ocasión,

que a xente non feche aos cegos,

as portas do curazón.

Nós só podemos outér

o que nos dé voso amor.

 

Santa Ana, a quen nos dóe

una anaquiño de pán,

pregue por il a súa filla,

que é filla de Deus e nai.

Dos homes compadecida,

sempre nos libre de mal.

 

Óleo, viandas e peixe,

manteiga, froita ou freixáns,

calquer cousa que ofertedes,

nona imos rexeitar.

E as Animas do Purgadoiro,

por vós, temos que pregar.

 

II

—Canta, meu ceguiño, canta,

canta tí, que cantas ben,

xa vas de volta coa esmola,

semellas un carabel.

¡Deus llo pague aos que che deron,

niste día, de comer!

 

—Iste ceguiño que ves,

cantóu coma un paxariño,

mais, agora, canta e chora,

canta e chora, ¡meu probiño!,

que a zanfoña lle roubaron,

uns roubóns, polo camiño.

 

Calquer ceguiño que canta,

sin consolo e afrixido,

inda que semelle ledo,

tén o curazón ferido.

 

¡Deus lle dé amparo aos cegos,

e tamén santa Lucía,

pechan os ollos de noite,

abren os ollos de día,

e até, si as pedras falasen,

moita xente sabería,

que hai cegos que se namoran,

de que non verán na vida!

 

¡Lévanme ao meu queridiño,

lévanme a vista dos ollos!

¡Ai, quén me dera un ceguirio,

pra cantar os meus enxóos!

 

Canta e axúdame, ceguiño,

tí que sabes cantar ben,

que por cantar e bailar,

xamáis se perdéu ninguén.

¡Pérdense os malmuradores,

da vida de cada quén!

 

Vóuche cantar, con amor,

anque co peito ferido,

tamén ollos que non vén,

poden perdelo o sentido.

¡Inda é millor que unha esmola,

un curazón compartido!

 

¡Santo Antonio de Amaranto,

santo dos ollos bonitos,

o que está cego de amor,

máis cego está que un ceguiño!

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Coloradiña d’a cara

eu non cha quixera serImagen1.png

ca mazá que é colorada

todos la queren comer.

 

Unha vella dixo a outra

polo burato da porta:

gobernade a vosa vida

ca miña non vos importa.

 

Eu ben a vira na feira

eu ben a vira feirar

unha nena muradana

que vive na veira mar.

 

Compraches unha parlamenta

coidando que te casabas,

ibas comprala de seda,

e quedache como estabas.

 

Miña santa Madanela

miña Madanela santa,

tende la casa no monte

onde os paxariños cantan.

 

Dentro da porta da Vila

hai dúas pedras de asento,

unha é a de marmurar

outra a de perder o tempo.

 

Alá arriba na CostiñaImagen2.png

ai un home pequeniño

que lle chaman vendabal

vendabal, vendabaliño.

 

Nosa Señora do Carme

vela aí vai pola ribeira,

agarrando cuncha e cuncha

que mete na faltriqueira.

 

Hoxe tócame de leva

e mañá vou para riba,

y adeus campo de San Roque

para toda miña vida.

 

Adeus Virxe do CamiñoImagen3.png

cantos paseos me debes

cantas veces arrimei

a sombra das túas paredes.

 

Adeus Muros, adeus Muros,

Muros de tanta alegría

que se marchan os do rei

con rumbo a Vilagarcía.

 

Adeus Muros, adeus Muros,

a popa che vou virando,

non sei que me queda nel

co corazón vai penando.

 

Os solteiros valen ouro,

os casados valen prata,

os viudos calderilla,

os vellos folla de lata.

 

0 lugar de Miraflores

de lonxe parece a Vila,

ten un carabel na entrada
unha rosa na salida.

 

Non ai forasteiro ningún

Que en Muros non esté un día

co despedirse deixe

un suspiro na, baía.

 

Santa Cruz de Maio

víndenos buscar

que ei veñen os mouros

para nos levar.

 

Miña cuñadiña é nova

meu irmán eche pequeno,

si queres que cresca logo

dalle o almorciño cedo.

 

isca d’ahí rapiña maldita

isca d’ahí, non me mate la pita,

isca d’ahí, rapiña ladrona

isca d’ahí, pra cas túa dona.

 

Heiche de tocal-as cunchas

Miña carrapucheiriña

Heiche de tocal-as cunchas

n’aquela corredoiriña.

 

Heiche de dar para un manto,

heiche de dar para un velo,

pero non quero que durmas

na miña cama de ferro,

n’aquela camiña nova,

n’aquela nova camiña

qu’está sembrada d’amores

e d’amores sembradiña.

 

Eu si canto e por que quero,

eu si canto fago ben

canto coa miña garganta

non canto coa de ninguén.

 

Son de Muros, son de Muros

miña señora Luísa,

Son de Muros, son de Muros,

sonlle da fror de Galicia.

Son de Muros, son de Muros,

miña nai unha muradana,

Son de Muros, son de Muros

sonlle das da fror da España.

A calle ancha e un Dique,

a Fonte Vella e un Doque,

camiño de San José

que vai dereito a San Roque.

 

Nosa. Señora da Creba;

¡Señora!, si eu fora rico

reerixirache a capela

que xa eisisteu n’outro siglo:

oíndo unha misa nela,

eu morrería tranquilo.

Nosa Señora da Creba;

¡fai qu’eu poida conseguilo!

 

Imagen2.png

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

En el año 1833 España se vio sacudida por una epidemia de cólera que también afecto a Galicia donde  el Ministro de Fomento, Conde de Ofelia, establece un lazareto en Salvaterra do Miño y prohíbe relaciones con Portugal, por cualquier vía de comunicación, o medio de transporte, como lanchas, que no pase a través del lazareto Imagen4.png(Meijide Pardo, 1985; Barreiro Fernández XR., 1991). La Junta Suprema de Sanidad decretó una serie de disposiciones tendentes a evitar la entrada de la enfermedad por mar; estas medidas preventivas sobre los puertos estaban muy lejos de cumplirse y el contagio se produce con la llegada del buque London Marchand con reclutas polacos y belgas camino de la ciudad de Oporto, cuyodestino era participar en la guerra civil portuguesa. España en esta contienda se declaró neutral. Era frecuente que los barcos de ambos bandos, del liberal Don Pedro, Duque de Braganza, y del absolutista Don Miguel, procedieran a tareas de avituallamiento o reparación en las islas Cíes, por lo tanto entraban en contacto con personas de tierra, ignorando las diversas medidas preventivas decretadas por la Junta. Nicolás Taboada narra como el día 19 de enero de 1833 atiende a un calefateador, Francisco Conde, del barrio del Arenal de la ciudad de Vigo, primer afectado de cólera en España, y a su esposa, María Manuela Brun, que acaba falleciendo a causa de la enfermedad. Al cabo de unos días aparecen nuevos casos de marineros y mujeres que habían entrado en contacto con el barco afectado.

Describe como se extendió por el Arenal, Santiago de Vigo, Calzada y Teis. Los marineros de otros buques comenzaron a verse afectados. La epidemia duró unos dos meses y se mantuvo muy localizada en parroquias de la costa, salvo algunos casos que se detectaron en Pontevedra, el Viso y Soutomaior a dónde, según Taboada, llegaron por carretera. La descripción de Taboada, coincide con la nota que Pablo León y Luque incluye sobre la penetración y extensión del cólera en la traducción de la obra de Ambrosio Tardieu (1883, p.31-33). El otro punto que sufrió contagio fue el puerto de Muros en la provincia de A Coruña, afectado de la misma manera a través del buque Argos, que llegó a Muros procedente de las Cíes. Durante la travesía fallecieron varios tripulantes víctimas del cólera; a su llegada a puerto desembarcaron a uno de los enfermos y no tardaron en aparecer las primeras víctimas en la villa de Muros. En unos días había 16 personas afectadas, de las que fallecieron 13. La epidemia apenas rebasó los límites de Muros y sólo se identificaron casos en la parroquia de San Juan de Serres y en el vecino lugar de Carnota, todos ellos habían estado en Muros. (Fuente: Carlos González Guitián).

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario