p/ Manuel  Lago Álvarez.

 O actual altar maior data do ano 1660, e fóra mandado construír polo rexedor de Vila, Domingo Xiance de Caamaño e a súa esposa, María de Patiño, quen custeou integramente a súa construción. Deste feito hai constancia por unha inscrición situada detrás do sagrario, que di:

“ESTE RETABLO SE HIZO Y PINTO

POR DEVOCIÓN Y A COSTA DEL REGIDOR

 DOMINGO XIANCE DE CAAMAÑO Y DE

MARIA PATIÑO, SU MUGER. —AÑO DE 1660”

 Realizado en madeira policromada en tons dourados apagados, o seu estilo é visiblemente barroco e consta de varios camaríns que aloxan diferentes imaxes relixiosas, Imagen5.pngdestacando no centro, sobre o sagrario, unha representación da Virxe do Tránsito, recostada nun leito de finas almofadas. A imaxe foi esculpida e alabastro e conserva as súas pinturas orixinais. En tempos pasados o camarín da Virxe tapábase cunhas finisímas teas de seda, descubríndose só cando o Cabido da Colexiata muradá celebraba misas maiores no Santuario. Neste camarín, á esquerda, hai un óleo sobre táboa, que representa a unha muller chorando cun pano nas súas mans. A construción do retablo forzou que se tapiara a ventá da fachada este, debaixo do cal hai unha imaxe gravada en pedra, que semella a un sacerdote con roupa tallar.

No alto do retablo, hai un escudo antigo da Vila que é reprodución do que está impreso nun documento do ano 1571, polo que o Rei Felipe II confirma uns privilexios outorgados á Vila, polo Rei  D. Sancho IV, no ano 1280.

O escudo en forma de “Losange” (figura romboidal na que o rombo está colocado de xeito que un dos ángulos agudos quede por pé e o seu oposto por cabeza.), contén, sobre fondo azur, un castelo de ouro con tres torres do mesmo metal, e apoiándose no castelo, á súa dereita, en actitude rampante (agarrándoo), un león tamén en ouro, e a ambos os dous lados do castelo e do león, a palabra MUROS, dividida en dúas sílabas (MU-ROS), e todo dentro do citado rombo.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

AL PUEBLO DE MUROS

No ano seguinte de proclamarse en España a Segunda República, en Muros organizouse o partido “Unión Regional de Derechas”, que lideraba Gil Casares. De ámbito galego, en marzo de 1933 integrouse na CEDA.  En agosto de 1932, o grupo muradano fixo pública una proclama, que foi publicada no diario “El Compostelano”, o luns 8 de agosto de 1932.   A nota de prensa decía:Imagen2.png

<<La actividad y movimiento que se nota en esta villa, desde que se organizaron las derechas, patentizase en una hoja, que se repartió al público, y que los vecinos de esta villa acogieron con todo entusiasmo.

La hoja dice así: << AL PUEBLO DE MUROS>>

<<En los afanes de esta hora no es dable contemplar indiferentes o desunidos el paso de ciertos ideales a la categoría de inservibles equivocaciones. Imagen3.pngReligión, orden, familia, propiedad y concepto verdadero del trabajo están en grave y próximo peligro,  y cuantos sentimos esos ideales como verdades fundamentales, que son una necesidad del espirito y el más firme sostén del progreso de la patria, tenemos el deber de coincidir, formando unidos en torno de ellos para su defensa y su triunfo.

Queremos mantener viva y respetada nuestra fe católica, la fe heredada de nuestros mayores, que penetra en lo más íntimo de la Historia de España, dando explicación a sus páginas y sentido a su grandeza; la fe, que en el dolor consuela, en la alegría eleva, y en la lucha fortalece, asegurándonos compensación en todos losImagen1.png sinsabores, reparación en todas las faltas, premio a todas las virtudes y descanso en brazos de una justicia y de una misericordia  que se hermanan en la majestad de lo infinito. Queremos el orden mantenido, no por el temor a la fuerza, sino por el imperio de lo justo, que al dar a cada uno satisfacción de su derecho le afirme en la seguridad de reciproco respeto y en el honesto cumplimiento de las leyes, que son los más firmes soportes de la libertad en régimen democrático. Queremos la familia sobre bases de igualdad y permanencia, sostenida por el amor, que no es pasajero capricho de unas horas que busca facilidades de mudanza en la puerta sin cerrar del divorcio.  Queremos propiedad sometida a Dios y a fuero, sin abusos, llenando fines del común progreso, cumpliendo exigencias de la social convivencia, que no son engañoso traslado de titular para esclavizar al hombre en régimen de comunismo.  Y queremos trabajo, trabajo para todos, en el que lleguen a compenetrarse íntimamente, el capital, el obrero y el estudioso que dedica sus afanes a los grandes problemas de la Ética o al mayor perfeccionamiento de la materia por ser todos cooperadores de la obra de la producción;  llegando por este medio a la armonía de las diversas clases sociales, como principio necesario para un bienestar económico de los elementos que componen la sociedad.

Nuestro pueblo de Muros siente vivamente esos ideales, y al sentirlos quedan a un lado viejas diferencias, pasadas disparidades para fundirse en una nueva vocación de lucha por el triunfo de lo que por más esencial tiene que sobreponerse a nombres, matices y detalles, a colores y perfiles que nada son cuando la hora es de más graves y profundos empeños. Del ayer queda el fondo tradicional de La historia Imagen4.pngpara anudarlo al progreso y a las orientaciones del mañana, cegando la brecha que el sectarismo quiere abrir en las conciencias.  Y así no han de existir en pugna los grupos de antes, porque los afanes de hoy, los esfuerzan a colaborar, a sostenerse firmes en una UNION REGIONAL DE DERECHAS, que en todo caso pueda ser el lastre salvador de la España UNA e INMORTAL que le haga navegar con firmeza por sanos derroteros. No es la colaboración rompimiento total con el pasado para fundir sus restos en un nuevo partido. Es declaración de apego a nuestras más caras conquistas de la civilización cristiana que ofrece, incluso a los de un profundo sentir liberal, las luces orientadoras de la fe de la familia, de la piedad y del trabajo. que muestran el camino a seguir sin peligros de perdida que harían desembocar en turbulenta corriente demagógica. Y llamamos a todos a militar en nuestras filas. La cruzada responde al deber. Aquel tesoro heredado de nuestros mayores, que es patrimonio común, no puede derrochare en punible abandono, para que los sustituya la ruina moral, la esclavitud miserable  y el despotismo brutal que soplan desde Rusia. Muradanos, a enrolarte, que es necesidad y es honor figurar con los que luchan por la patria en bien de la Religión, de la familia, de la propiedad, del orden y del trabajo>>.

—X—

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Do libro de Santi Llovo  «MEMORIA SALGADA DUN POBO»

Luis Alonso Álvarez apunta como factores determinantes da problemática chegada masiva de cataláns os seguintes: o excedente de mariñeiros e pescadores sen traballo no Principado de Cataluña e o establecemento en 1748 da chamada “Matrícula do mar” en Galicia, segundo a cal se concedía o monopolio da pesca nas costas galegas a aqueles mareantes ou pescadores que se acolleran aos beneficios da “Matrícula”, eliminando deste xeito a posible competencia ocasional dos labregos. Como contrapartida, levaba aparellada un compromiso de alistamento na Armada “siempre que ésta la necesitase”, compromiso que chegaba dende os 16 ata os 60 anos. Este deber coa Armada dos mariñeiros galegos sempre supuxo un agravio e, por tanto, un motivo de conflito cos mariñeiros cataláns que chegaron neses tempos, porque estes últimos aínda que matriculados e por tanto tamén suxeitos ó compromiso de alistamento ao servizo da Armada, na práctica estaban exentos das prestacións persoais da Matrícula xa que estas só se cumprían no departamento marítimo correspondente, no seu caso o de Cataluña, e por cuestións de distancia nunca cumprían.

Esta problemática do obrigado alistamento na Armada reflíctese nunha escritura outorgada polos contadores do Gremio do Mar desta localidade ante un notario de Muros en xaneiro de 1799. Neste documento se daba conta do conflitoImagen2.png xurdido por mor da reclamación feita polo Cabildo da Colexiata da localidade, que dende abril do ano 1798 lles estaba amenazando con una rigurosa ejecución, pola débeda atrasada que mantiñan os pescadores na cantidade de 4.000 reais de vellón (compre lembrar as ancestrais e sempre conflitivas prebendas da igrexa fronte os diferentes produtores económicos, que no caso dos pescadores materializábanse en diezmos ou portazgos que regularmente debían abonar directamente ás parroquias ou ben ás confrarías delas dependentes). Os representantes do gremio do mar de Muros alegaron como motivos dos retrasos no pagamento os seguintes: a escaseza neses últimos anos na colleita de sardiña, ramo principal de subsistencia dos matriculados e, segundo e principal, que os barcos dos debedores atopábanse amarrados porque segundo eles non podían navegar pola guerra con Inglaterra .

Compre lembrar, respecto aos diezmos da igrexa, a importancia que tivo no enfrontamento dos mariñeiros galegos cos industriais cataláns a negativa destes a facer fronte a esas ancestrais prebendas. Hai historiadores que afirman que, sen dar a cara, foron precisamente eles, a burguesía e a igrexa, quen “encerellou” aos mariñeiros contra os cataláns.

Outro factor que citan varios escritores como específico da Ría de Muros e determinante no conflito cos cataláns, foi o acopio que estes facían de trigo, millo, fabas e outras legumes. Este acopio traía como consecuencia o encarecemento extraordinario  dos produtos da terra para o resto dos veciños. Artaza no seu libro “Recuerdos de la muy noble, muy leal y muy humanitaria Villa de Muros” cita varias anécdotas a este respecto. Especialmente ilustrativo é o caso dun veciño de Ferrol, capitán dun bergantín, que describe o que aconteceu nun porto de levante, logo de cargar supostamente sardiña nun almacén da Ría de Noia: “al tiempo de la descarga se desgració un casco, relajándose dos duelas, e inmediatamente empezó a derramar habichuela blanca”. Este autor tamén menciona “el enorme acopio de trigo y maíz que había depositado en Portosín, y que varios curiosos habían observado que todas las semanas venía un barco que entraba y salía de noche”.

Tamén resulta determinante a este respecto a relación de bens queimados ou saqueados que fixo Alejandro Gaioso logo dos incidentes de 1812. Este industrial de salgadura de Portosín recolle nese documento que perdeu “44 ferrados de maíz viejo en espiga, 8 de habichuelas y 2 de trigo”, que ven en certa maneira a corroborar o abasto de cereais polos industriais da salgadura.

Segundo apunta Luis Alonso Álvarez, outra importante fonte de problemas, tamén específica da Ría de Muros, foi a seguinte: segundo parece os matriculados de Muros tiñan nos arredores da vila, cara afora da ría, un pequeno peirao destinado a fondeadoiro das embarcacións de pesca onde, sen previo aviso, os cataláns empezaron a construír outro almacén de salgadura. Os matriculados decidiron actuar pola súa conta e tras destruír os cimentos da “fábrica”, pasaron a inutilizar as redes da xábega que estaban tendidas polos arredores “eludiendo los fuegos que les hacían desde tierra, casi a quemarropa, los asalariados armados por los catalanes” .

En calquera caso, o factor determinante para o “levantamento” dos mariñeiros galegos contra os cataláns foi a implantación das novas técnicas de pesca, Imagen3.pngfundamentalmente a arte da xávega. Os sistemas usados tradicionalmente na pesca na ría respondían a unha forma particular de concibir o aproveitamento dos recursos pesqueiros, forma recollida nas ordenanzas gremiais e avaladas por unha práctica secular. Os mariñeiros queixábanse de que non se empregaban cercos naturais e outras redes usadas antigamente, senón que, primeiro co “bou” que foi rapidamente prohibido polas ordenanzas e despois coa xávega, a pesca era moi nociva xa que con estes aparellos tamén se pescaba as crías da sardiña.

Neste sentido, don Francisco Javier Sarmiento, Ministro principal de Marina na antiga provincia de Pontevedra, dicía en documento oficial de mediados do século XVIII, que “el XEITO era el mejor y más útil instrumento de cuantos se conocen para la pesca de la sardina«. Non obstante, os fomentadores cataláns pola maior produtividade da xávega, foron incorporando esta arte en toda a costa. Incluso chegou a circular un texto anónimo, que dicía respecto ó xeito o seguinte: “Una clase de red grande usada en Galicia para recoger sardina y otros peces. Es muy dañina porque maltrata la pesca que coge y ahuyenta la que no cae, por ponerse perpendicularmente a la embocadura de las rías, para que se enrede en sus hoyos la primera riolada de peces que topa en ella, que aunque se entrapa en la red, se maltrata e irrita pugnando por escapar, y espanta a la que viene en seguida. En voz prov. Se pronuncia sheito”. Evidentemente este texto tiña como fin a defensa do xábega como método de pesca, pero visiblemente resultaba entre tendencioso e esperpéntico.

O certo foi que xurdiron unha morea de motíns en moitas partes da costa galega. Por exemplo, o de Corcubión , onde xa en 1757 os mariñeiros e a súas mulleres levantáronse, acaudillados polo xuíz e polo cura párroco, contra os cataláns e as persoas que traballaban coas xávegas, rompéndoas. En Cee no mesmo ano, as mulleres da vila tocaron as campás para convocar ao pobo, ían armadas de paus, pedras e furcos, pedindo aos cataláns que pescaran co mesmo trato e termos que antano tiñan os veciños.

A partires de 1760 xa se empezan a tomar medidas por parte das autoridades sobre o uso deste tipo de artes. En Francia primeiro se prohibiu o “boeu”, que era unha rede de arrastre do que os cataláns tomaron a xávega e despois, en 1766, prohibiron a propia xávega a menos dunha legua da costa. En España xa en 1761, por Real Orden, prohibiuse o arrastre de bou en parella en todo o pais. En 1865 reproducíronse os conflitos contra os cataláns en Cangas. En 1768 prohíbese o uso da xábega polas Ordenanzas de Pontevedra e en Muros publícanse outras Ordenanzas nas que restrinxen o seu uso fora de determinadas zonas; prohíbense: “en los recodos y sitios donde abriga, apasta, cría, y desova la sardina”. Os cataláns recorren estas ordenanzas co argumento de que a sardiña desova fora da ría.

O 5 de xullo de 1769 asínanse, precisamente en Esteiro, unhas novas Ordenanzas de pesca para Muros. Nas mesmas regúlanse os chamados “gorentes”, as nasas…etc, e prohíbese novamente a xábega .

En 1770 novamente Sarmiento defende a pesca tradicional do xeito manifestándose publicamente en contra dos fomentadores cataláns que: “…arrasan las semillas de la pesca y algunos gallegos espúreos se han puesto de parte de los tiranos…”.

Nos anos seguintes foise alternando a prohibición e o permiso para o uso da xábega, pero en ningún caso foi pacífica a relación dos mariñeiros locais que usaban o xeito cos empresarios cataláns impulsores do uso da xábega.

En 1799 liberalizouse case que definitivamente en Galicia o uso de todas as artes, non obstante, o comandante militar de Marina de Muros prohibiu particularmente o seu uso dentro da ría, aínda que segundo parece a orde non tivo efectos.

Resultan especialmente significativas dúas escrituras outorgadas en 1807 ante un notario de Muros por representantes do “Gremio del Mar” da vila. Imagen4.pngNa primeira, a xunta de goberno do citado gremio daba conta da reunión celebrada o 28 de novembro de 1807 polos matriculados con don Baltasar Rodríguez de Tapia, “Alférez de fragata de la real Armada y Ayudante Militar de Marina de este puerto y su partido”. Nesta xuntanza o representante da autoridade informaba, en primeiro lugar, de que o día 23 do mesmo mes recibiu “Orden del Capitán General de Marina en este departamento, relativa a que los aparejos de pesca llamados la Jábega pudieran andar a la pesca en el mes de diciembre próximo…”, en segundo lugar,  manifestaba o seu malestar porque os carteis postos nos lugares de costume comunicando á cidadanía a citada orde foron arrincados todos. Esta orde da autoridade de Marina viña a confirmar que estaba permitido o uso da xábega de xuño a decembro, por iso se informaba de que no seguinte mes podíase botar o aparello. Pola súa parte, os matriculados manifestáronlle que esa arte era nociva todo o ano, non só de xaneiro a xuño.

A seguinte escritura asinouse o día seguinte ante o mesmo notario. Nela, a xunta de goberno do gremio apoderaba ao tamén individuo matriculado D. Joaquin Malvárez para lles representar nas súas reclamacións.

Os conflitos foron constantes ata que, nos últimos días de setembro de 1812, a tensión era tal na ría que os cataláns armaron aos seus empregados e se encerraron nas súas factorías dispostos a se defender como fora, e calquera incidente era respondido cun nutrido fogo. Segundo relata Artaza, reproducindo o reflectido na “Carta Muradana”, incluso no mar os barcos dos cataláns atacaban as lanchas dos matriculados que, sen contar con armamento, chegaron a fuxir abandonando o seus propios aparellos. Este autor tamén relata o caso de Roque Romero, patrón dunha lancha do xeito, que “regresando del Son a las once de la noche, un recio temporal despues de haberle roto el mástil con la maior exposición de sus vidas le obligó a refugiarse en la ensenada de Esteiro, y la recibieron a balazos dirigidos desde los almacenes de los catalanes, que aún no contentos destacaron una lancha a perseguirlos; en este compromiso les socorrió la providencia, deparándoles una pinaza que estaba guarnecida de la Isla de la Quiebra por la misma razón. Algunas armas de fuego de la dotación de dicha embarcación y en fin, la reunión de ambas tripulaciones, les impusieron respeto, y así han salvado. Esta pinaza desde la que se hizo fuego, pertenecía al armador Juan do Sil y su patrón era Santiago Campelo”.

En calquera caso, en outubro dese ano 1812 os mariñeiros matriculados en Muros decidiron tomar a xustiza polo súa man e pasar á ofensiva. Empezaron por “cegar” as postas da xábega, ou postas reais, que había no lado norte da ría: a de Laxeiras, a do Salto e a de Somorto en Esteiro. As postas reais chamábanse así porque, segundo parece, para poderen botar alí a xábega había que tributar ó Rei, dándolles este, a través da autoridade correspondente, a exclusiva de pesca neses lugares. Segundo os escritos de Meijide Pardo, este era un dos argumentos que utilizaban os cataláns para se defender do uso da xábega ante o capitán xeneral: “que en atención al hecho de haber contribuído con la mayor prontitud con cuantos impuestos dispuso la Corona para sus precisas y justas urgencias, Carlos IV les había concedido la franquicia, entre otras cosas, de emplear Jábegas y Xeitos para capturar la sardina y que pudiesen usar de las redes y clase de embarcaciones que más les acomode en todas las costas de Galicia”.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ César Lorenzo Gil

 O outro día recibín un whatsapp inquietante: “Teño un rato morto”. Nos 30 segundos que pasaron até a chegada da segunda mensaxe pensei: Como puido coarse un rato nun coche? Por que o ten consigo? A mensaxe era dun amigo meu que viña de Vigo co que quedara unha hora e media despois para parolar. Aínda sen desvelar o Imagen1misterio do rato morto, chegou a conclusión da frase: “Podes quedar antes?” Nin roedor nin funeral. O tal rato morto era simplemente un anaco de tempo libre imprevisto.

A palabra rato en galego ten varias acepcións. A máis común é a de substantivo que define un pequeno roedor da familia dos múridos de rabo longo e delgado. A partir do animal hai significados metafóricos como rato de biblioteca ou rato de sacristía. Por semellanza co animal, rato tamén define na lingua común varias especies de peixes e coñécese como rato de muíño ou rata de auga un roedor cuxo nome científico pode ser arvicola terrestris ou arvicola amphibius, semellante ao castor e que nalgúns lugares recibe o nome de aguaneira.

Para quen teña curiosidade enciclopédico, recoméndolle que lea a definición de rato do Eladio, o único dicionario con esa vocación que de momento existe na nosa lingua.

Rato ou punteiro é o dispositivo electrónico que ligado a unha computadora permite o desprazamento análogo dos nosos movementos sobre el mediante un cursor na pantalla. En orixe o nome de mouse en inglés tivo a ver pola semellanza coa forma do animal. Hoxe en día tamén recibe tal nome incluso o trackpad, a superficie situada polo xeral na parte máis próxima ao usuario nun ordenador portátil que permite dirixir co movemento dos dedos o devandito cursor. Na lingua mariñeira, un rato é unha pedra afiada que corta as amarras.

Como adxectivo, un rato pode definir unha persoa que rouba mais en tempos tamén definiu persoas con dentamia prominente ou pequeno tamaño, no físico, ou esguías e pouco sociables, no psicosociolóxico. É posible que algún destes significados, a través de alcumes, se convertese en apelido. A día de hoxe lévano 18 persoas en Galicia, repartidas entre Verín e Vigo.

Un matrimonio rato é aquel non foi consumado. Parece ser que provén dunha acepción do adxectivo rato (hoxe en desuso) equivalente a confirmado. Nesa figura legal do dereito civil buscábase subliñar que ese matrimonio fora celebrado con garantías legais e de xeito lexítimo pero que ao non se dar sexo entre os contraentes podía ser anulado pola xustiza canónica.

O que non é en galego un rato é un espazo de tempo, polo xeral curto aínda que indeterminado. Ese castelanismo, cada vez máis estendido, substitúe formas propias como pedazo, anaco, intre, momento, bocado, tempo, tempiño… “Teño un tempiño morto”, debeu dicirme o meu amigo para non crear en min tanto misterio co conto do rato.

Sobre o uso de rato en castelán e galego (neste caso mellor dito, brasileiro) aínda me pasou unha anécdota. Eu teño familia en São Paulo. Cando a fun visitar por primeira vez, no 1998, aínda vivía un primo meu que se chamaba Rodrigo e que vivira unha tempada longa en Andalucía. Como quería recordar comigo aqueles tempos, sempre me falaba en andaluz, con moita graza. E claro, o rato saía na conversa ás veces. En canto falaba comigo, os seus amigos paulistas intentaban comprender que me falaba. Un deles meteuse no medio do parrafeo e dixo moi incomodado: “Rato, rato, rato. Quem é rato cá, quem? Ratos vocês que tão aí com esse papo furado que nem os ratos, fru-fru, fru-fru”. O Rodrigo explicoulle que era un rato en Málaga pero aínda así o home non quedou conforme de todo.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Dr. Ricardo Castillo

A muchas personas les preocupa la relación entre el estrés y la enfermedad cardíaca. Se sabe que el estrés contribuye a la manifestación deImagen3.png problemas cardíacos y el riesgo de muerte. La perturbación emocional, especialmente el enojo, es el «disparador» que se informa con más frecuencia en los casos de ataque cardíaco. Las personas sometidas a un mayor estrés y más preocupaciones también tienen más problemas después de un ataque cardíaco. La depresión es otro factor de riesgo de enfermedad cardíaca. De hecho, las mujeres que están deprimidas tiene el doble de posibilidades de manifestar enfermedad cardíaca que las que no lo están. La depresión es común en hombres y mujeres por igual después de un ataque cardíaco.

¿Qué es el estrés?
El estrés se refiere a la respuesta del cuerpo a los cambios. No todas las situaciones de estrés son malas. Lo más importante es poder controlar el estrés de la manera adecuada. Las personas se sienten a menudo estresadas como consecuencia de problemas laborales, discusiones con familiares o amigos o aislamiento social. Todas las personas se sienten estresadas en algún momento, pero reaccionan al estrés de formas diversas. Por ejemplo, algunas personas podrían sentir mucho estrés cuando conducen, mientras que otras podrían considerar que es una actividad relajante
¿Cómo afecta el estrés mi corazón?
El estrés puede producir varios efectos en el cuerpo. Cuando está bajo presión, los músculos se ponen tensos, la presión sanguínea aumenta y el corazón late más rápido, lo que hace que el corazón trabaje más. Hay una relación entre el desarrollo de la enfermedad cardíaca y los factores que a menudo producen estrés. Se desconoce si el estrés es causa directa de enfermedad cardíaca, pero sí se sabe que puede modificar las sustancias químicas del organismo que contribuyen a la enfermedad. El estrés puede también contribuir a la presión arterial alta, colesterol alto, tabaquismo, ingesta excesiva de alimentos y falta de ejercicio, que pueden derivar en enfermedad cardíaca. Sin embargo, el estrés constituye una preocupación aún mayor para las personas que ya han sufrido enfermedad cardíaca. Las personas con enfermedad cardíaca pueden experimentar dolor de pecho cuando están bajo presión. Además, si sus arterias están tapadas, es probable que el corazón no reciba la sangre extra que necesita durante la situación de estrés. Esto puede ocasionar que los niveles de oxígeno en el corazón sean inadecuados

¿Cómo puedo controlar el estrés o la depresión?
Los buenos hábitos de salud pueden tener un efecto protector contra el estrés y la depresión. La actividad física regular alivia el estrés y la depresión y reduce las posibilidad de manifestar enfermedad cardíaca. Participar en un programa de control de estrés podrá disminuir las posibilidades de manifestar más problemas cardíacos para aquellas personas que ya hayan sufrido enfermedad cardíaca. Asistiendo a los programas de control de estrés, puede encontrar nuevas formas de enfrentar los desafíos diarios. Entre otras formas de reducir el estrés se incluyen:
Respirar profundamente: esto ayuda a la relajación de los músculos
Cerrar los ojos y descansar
Pensar en cosas relajantes
Hacer ejercicio o salir a caminar
Comer bien: limitar los alimentos con grasas, azúcar y sal
Conversar con un amigo sobre los problemas
Modificar las cosas que lo estresan
¡Concentrarse en las cosas buenas que la vida le regala!

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario