p/ Manuel Mª Pena Silva

Fotografía: Benigno do RoxoImagen2.png

Ollo que le na paisaxe
azul salientando armiño;
ollo que imparte aloumiño
a indomable personaxe.

Ollo que non ten paraxe

albisca no alén aliño;
ollo, avarento, adiviño,
ávido de reportaxe.

O mar alzado en beleza

sobrancea marabilla;
vagas subliñan braveza
de combater contra quilla.

Ollo!, o visor pon presteza

onde a rompente máis brilla.

      (Rioderradeiro)

   http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ José María García Rodriguez

O millor periplo mariñeiro de Muros, disque foi o de Zafacoquiña, alcume que non séi o qué quer dicir. 0 caso e que se fixo patrón de’costa.Imagen1 Encomendáronlle un barco de dous paus pra facer unha viaxe a Vigo. Marcóu a data. Era no inverno. Resultóu un serán de todo los demos, con -chuvia, treboadas e unha borralleira que nin o lume do faro se vía. Pidíronlle que non embarcara. Non fixo caso. Era o patrón, ¿ou non? Estaba graduado. Sabía o que tiña que facer. Chegarónlle os mariñeiros cubertos con roupas de auga que nonas poideron sacar de enriba.

Mandóu rubir ancoras, izar velas. Púxose ao timon. A xente Ile dicía: «Deus che guíe» e il engadía: «Amén». Os salseiros entraban no barco. Barríano. O home que iba na proa, amarrouse ao pau maior, non fora que o levase o mar. O barco fendía as ondas, escorado pola banda de estribor. Runxía. Bruaba o vento. E Zafacoquiña de pe, no timón. Unha volta, outra. Imos en bulina. Agora un largo. ¡Mar aberto!

—Trincade os foques, mandóu Zafacoquiña.

Non faltaba máis. De sócato berróu o patron:

—¡Ancoras embaixo! ¡Fondo que estamos en Vigo! Todo o mundo a durmir até mañán…

E durmiron e despertaron. Estaban…

—Isto e igualiño a Muros, dixo Manoliño o grumete.

—Non e igualiño… ¡E Muros!

Zafacoquiña puxo unha tenda na Praza do Cristo, onde cando eu era meniño comprábamos soldadiños de chumbo.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

Dende os primeiros anos do cristianismo foi sempre de piadosa costume soterrar aos fieis defuntos en sagrado, sendo o interior dos  templos o lugar escollido como o máis apropiado.   Co paso dos séculos e co aumento da poboación os Imagen1.pngtemplos quedáronse pequenos pasando a usarse como necrópoles os adros das igrexas.   O soterramentos dentro dos templos quedaron exclusivamente reservados para aquelas familias que podían pagar a beneficio da “´fabrica” das igrexas as cantidades que establecesen as parroquias.

No caso de Muros ao ser o Concello patrono da Colexiata e da parroquial, era este quen dispuña o prezo da ocupación.  Así, en documento municipal de 1º de abril de 1780, recollese  o seguinte:

“Copia del arreglo que Su Merced la Justicia y Regimiento de la Villa de Muros –como patrono de ambas iglesias Parroquial y colegial- hizo de las sepulturas de ellas en 1º de abril de 1780:

<Adviértese de que en la Parroquial se hallavan siete filas de sepulturas hasta llegar al arco de la Capilla Mayor, y que,  por la primera fila que se hallase al bajar las escaleras de la puerta principal, se deberá pagar, reales 8

Por la segunda 10

Por la tercera 12

Por la cuarta 14

Por la quinta 16

Por la sesta 18

Por la septima, junto al arco principal, 20.  Y las de la Capilla Mayor, aunque sea con licencia de la Sra. Justicia y Regimiento, deberá pagar cada una, 44 reales.>

<<Del propio modo se hallavan en la Colegiata que llaman de cajón y moda hasta llegar al rejado de piedra que está debajo del arco principal de la Capilla Mayor, siendo la primera fila de dichas sepulturas la que se encontrase primero al entrar por cualesquiera de las dos puertas, que por ella se deberá pagar, reales, 12.

Por la segunda 12

Por la tercera 14

Por la cuarta 16

Por la quinta de junto al rejado de piedra 20

Y por las de la Capilla Mayor, con la referida licencia de la Justicia, 44.

Advirtiendo que en la dicha Colegiata y quasi debajo del arco de la Capilla de las Animas, que mira al cuerpo de dicha Iglesia, se hallarán algunas sepulturas para Párvulos y por cada una de ellas se deberán pagar Rs. 8 >>.

Ademais destas sepulturas –chamemos de “común”, pero de pago– había outras especialmente ubicadas e que eran destinadas a albergar os restos mortais de persoas de certa relevancia social.  Polos anos de 1560, Dona Inés Imagen4.pngRodríguez, viúva de Sancho López de Ozconez andaba en preito co Concello. A lea viña de que esta viúva consideraba que a sepultura onde fora soterrado o seu defunto marido, (dentro da Colexiata) era da súa propiedade.  O sempre lembrado muradán, Don Manuel Fabeiro Gómez, no seu libro “Páxinas Históricas de Muros”, ao transcribir as actas capitulares do ano 1560, fai referencia a estes feitos, sinalando a intervención decisiva para a resolución do litixio, do Visitador e Provisor da cidade e Arcebispado de Santiago, Dr. Carriazo, que na súa visita inspectora a Muros do 16 de abril de 1560, estando na Colexiata, comprobou  (“bisitó e bido por vista de ojos”), que a sepultura onde estaba soterrado o citado Sancho López de Ozconez, estaba situada enrriba “de las trades del altar al pie del Evangelio debajo de la lámpara”, e que fora soterrado naquel sitio de privilexio debido a que Sancho López de Ozconez fora xuíz da Vila, e que por tal honra, os herdeiros non pagaran cantidade algunha.  O Dr. Carriazo dispuxo que o lugar que ocupaba a sepultura era propiedade da Igrexa, e que os ósos do defunto continuaran alí, sen que nin viúva nin fillos nin descendentes tiveran dereito á posesión do espazo ocupado.

De datos extraíados dos libros de difuntos, aparece como a última persoa soterrada dentro da Colexiata de Muros, en data de 9 de agosto de 1830, o prior da mesma, Ldo. D. Juan Antonio Calderón, falecido aos 85 anos de idade.  A anotación de defunción recolle que foi sepultado na Colegiata, a “duelo”.

A día de hoxe, na Colexiata só se conserva un sartego que conten os restos de D.Lourenzo Afonso, falecido no ano 1410, e que fora “procurador” Imagen2.pngda obra da Colexiata.  O sartego atópase baixo o arco gótico dereito do altar maior e conservase en moi bo estado. (NB.: Lourenzo Afonso, mercader, aparece citado nun documento de  data 22 de novembro de 1407, que se atopa entre os que forman parte do libro da “Luminaria de San Pedro e Santa María de Muros”, e no que como executor dos bens de Pero Yanes Neto, manda que coas rentas dunha horta propiedade do finado Pedro Yanes, se alimente a luz da igrexa de San Pedro).

O enterramentos dentro das igrexas traían consigo o problema da insalubridade dos templos, debido a descomposición dos cadáveres, que aínda soterrados, provocaban o que en séculos anteriores denominaban “miasmas” (vapores procedentes de cadáveres que corrompían a atmosfera e provocaban enfermidades nas persoas que os inspiraban).

Foi durante o reinado do Rei Carlos III e debido a unha progresión de epidemias, entre elas unha na Vila de Pasaxes no ano 1781, da que morreron 83 das 120 persoas que alí vivían, epidemia que se atribuíu ao “fetor intolerable que exhalaba la parroquia de aquel pueblo por los muchos cadáveres allí sepultados”, por elo, e vistos outros moitos casos noutros pobos de España, o Rei, por Real Cédula de 3 de abril de 1787, dispuxo que se prohibise os enterramentos dentro das igrexas, dando instrucións para que se construísen cementerios lonxe das poboacións e que estes estiveran abicados en lugares ben ventilados, e de contrario as poboacións en relación aos ventos dominantes, para libralas canto se pudese das perigrosas “miasmas”.

As autoridades locais, lonxe de obedecer as ordenes do rei, fixeron caso omiso, e seguiuse enterrando nos templos, co consentimento de párrocos e priores que querían seguir conservando o dereito a ofrecer “sepulturas de dignidade” para aqueles que puderan comprar este dereito. No ano 1857, de novo unha Real Orden insistía na creación de cemiterios nos 2655 pobos que carecían deles. En 1888, aínda que xa existían en España 10091 cemiterios, decidiuse a clausura de 7186 debido as súas malas condicións hixiénicas.

Foi despois do ano 1857 cando en Muros se reorganizou o cemiterio de San Pedro.  Xa en moi mal estado o corpo principal da anterga parroquial deImagen6.png San Pedro, aproveitáronse parte dos seus sillares para construír o muro que sirveu de cimentación aos primeiros panteóns que se fixeron, que son os que dan ao barrio da Fonte Vella.  O primeiro panteón edificado foino de orden de Don Domingo Malvares y Guiance, no ano 1874, aínda que hai un túmulo no que aparece inscrita a data de 1869.

No muro que sustenta estes panteóns hai un bo número de sillares nos que hai incripcións románicas, que seguramente fan referencia a persoas e feitos relacionados coa construción e reformas da primitiva igrexa de San Pedro que data de finais do século X, e que dou nome a parroquia trala visita do Bispo Pedro de Mezonzo a Muros, no ano 998, ano despois de que o caudillo árabe Almanzor, arrasase Compostela.

Os soterramentos fora da Colexiata facíanse no adro da parroquial de San Pedro, que estaba en plano coa Imagen5.pngplanta da igrexa.  As reformas posteriores a 1857, supuxeron a elevación do terreo, co soporte do muro novo, deixando un bo número de laudas baixo o recheo feito, xunto co cambio no acceso ao adro, que de antes da obra se facía ao remate das escaleiras da rúa da Fonte Vella.

A finais dos anos vinte do século anterior, acometeuse a obra de ampliación do cemiterio, ganando espazo coa construción dun novo muro baixo para salvar o desplome do terreo, e retraendo o muro existente ao que se apegaron panteóns que se construíron en diferentes etapas.  A nova porta de entrada, Imagen7.pngdeseñada e construída polo meritorio mestre canteiro muradán Don Francisco Iglesias, sustitueu a anterior que polo seu oeste daba ao camiño que conduce ao barrio do Carme.  Tamén nesta ocasión volveron a aproveitarse os poucos sillares que quedaban do corpo da igrexa de San Pedro.

Como curiosidade, das miñas pesquisas so puden atopar un sillar- neste caso algo irregular- que ten unha inscrición de difícil lectura.  Está a media altura do muro, a esquerda, baixando a escaleira interior do cemiterio.Imagen8.png

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Cintia París

Poderíamos dicir que Anajata foi a creación dunha asociación para o coidado e protección dos animais do Concello de Muros e comarca, mais quedaríasenos corta esta descrición porque Anajata é sinónimo de esperanza, ilusión, Imagen9esforzo, traballo e moito carisma.

En novembro do ano pasado un grupo de persoas reunímonos para poñer en práctica unha acción, unha acción que intentaría dar voz aos que están fartos de gritar e que ninguén escoita, aos que están presentes no noso día a día e que son tan queridos como tamén sofren de ser infravalorados por moitos de nós: os animais ou, como nos gusta chamarlles, os peludos. Naquela mesa respirábase aire fresco, un golpe de enerxía vital que nos impulsaba a todos a sorrir, a ter forza e ganas para loitar por unha sociedade un pouco máis xusta cun sector que estaba ahí, que nunca deixou de estar mais nunca foi mirado con lupa. Tras falar e falar sobre o tema, Anajata púxose en marcha, era hora de botarse adiante aínda sabendo que non ía ser a gusto de todos esta iniciativa e que habería moitas fochancas na nosa vida como grupo.

Os obxectivos principais da asociación son a educación e información  do concepto animalista e ecoloxista da sociedade dun modo gradual e positivo, o cumprimento da lei de protección animal, e, sobre todo, darlle unha oportunidade a todos aqueles animais que sofren a violencia e o abandono do humano e que, ao mesmo tempo, estes e os veciños do Concello e comarca puideramos levar a cabo unha convivencia saudable, limpa e respetuosa.

O noso primeiro foco de atención foron os gatos da rúa, os mesmos que se seguen a reproducir sen ningún tipo de control e que sofren as consecuencias de vivir á intemperie. Puxemos en práctica o método CES (Capturar, Esterilizar e Soltar), facilitando así a vida deles e a nosa. Ao esterilizar aos gatos, estamos conseguindo que non exista un número elevado de camadas á vez que evitamos os malos olores das rúas, xa que non se senten ca necesidade de marcar o territorio deixando un cheiro desagradable para os veciños. Esta práctica é levada a cabo dende fai moitos anos en moitos paises e cada vez máis polos concellos e asociacións animalistas e está considerado o único modo eficaz para o control de colonias e mellora da convivencia cos humanos.

Outro dos métodos para que a convivencia sexa agradable, é poñer casetas para os gatos nas zonas con maior urxencia conseguindo, así, que lles sirvan de refuxio nos días de choiva. Dentro das casetas poranse o comedeiro e o bebedoiro que serán repostados únicamente por persoas previamente autorizadas polo concello. Como moitos sabemos, xa existe unha caseta na Academia de San Xosé que, entre todos, deberemos de respectala. Todo aquel que se sinta ca curiosidade pode ir a botarlle unha ollada, pero sen enturbiar a tranquilidade dos animais.

Mais como o camiño faise ca suma de pasos pequenos e firmes, e como só a ilusión non paga os grandes gastos que supón a nosa labor, puxemos en marcha unha serie de iniciativas onde os cartos recadados destínanse integramente ao coidado e mantemento dos peludos que chegan as nosas mans. Porén, comezamos ca venta dos famosos laciños laranxas que inundaron os establecementos muradáns e Imagen10.pngque incluso chegaron máis lonxe da nosa vila, poñendo un toque de color á vez que se mostraba unha certa solidariedade ca nosa causa. Seguimos ca participación no concurso realizado polo Concello que tiña como obxectivo alumar o pobo cun toque de orixinalidade e, aproveitando a imaxinación dos nosos integrantes, puxémonos mans á obra para crear un mural que reflectira a esencia de Anajata. Como non se nos pasa unha e para nós todo é unha oportunidade máis para darnos a coñecer, tamén aproveitamos algún que outro día de mercado para poñernos co noso posto vendendo todo tipo de artigos, moitos deles feitos a man. Contamos cun posto no Mercado de Muros que utilizamos para crear eventos tan soados como da Mostra de Respostería ou EmpanadArte, onde participaron activamente moitos establecementos do Concello como tamén o fixeron moitos artistas que colaboraron con nós para crear concertos e darlle o toque musical as noites de troula.

Porque, xa que estamos, ¿Por qué non aproveitar e promocionar o noso Concello, e darlle mais vida ao mesmo interactuando co comercio e a hostelería e ampliando a proposta cultural e de ocio?

Tamén temos presenza nas redes sociais e calquera que lle preste coñecernos mellor poderá visitar o noso Facebook: Anajata Asociación animalista. Neste perfil tentamos ser amenos e ter conexión directa ca xente interesada no que facemos e todo o que nos traemos entre mans. O fin desta presencia na rede é conectar dunha forma orixinal e divertida animando a todos aqueles lectores que nos aportan uns minutos de atención a colaborar con nós e cos nosos queridos peludos. Durante os poucos meses de existencia da asociación xa son varios os casos que nos chegaron de abandono e que precisaron da boa vontade das persoas preocupadas por estes animais. Podemos dicir que o balance é positivo xa que conseguimos darlles un fogar a moitos deles e, respecto aos que quedan esperando, non dubidamos que encontrarán pronto a súa segunda oportunidade. Grazas tamén aos socios que colaboran mensualmente e de  forma puntual ca nosa asociación polo aporte económico e desinteresado que tanto nos da a vida.

Se todo ser humano ten un soño, o noso é poder crear un refuxio para ter un espazo onde poder levar a cabo as nosas labores de adopción e non depender totalmente das casas de acollida, as cales son o noso sustento diario a día de hoxe. Normalmente, toda persoa que loita pola súa ilusión acaba conseguindo o proposto e nós non imos ser menos porque contamos, non só cun espírito loitador, senón con moitas persoas valentes, dispostas a dalo todo. Somos un equipo en crecemento onde os ánimos son constantes e as nosas forzas únense para seguir adiante. Somos conscientes de que o noso camiño é dos longos mais o bo dos camiños con moito percorrido son as experiencias que vas obtendo no tramo e, no noso caso, sabemos que serán moitas e estaremos dispostos a aprender de todas elas. A boa vontade, o respecto e a ilusión son uns bos ingredientes para elaborar a receita do progreso, un progreso para o Concello de Muros e comarca, para os seus veciños, para os seus animais e para o seu entorno. Somos unha gran familia e esperamos seguir crecendo abríndolle as portas a máis persoas dispostas a axudarnos neste gran ser humano que estamos a construír, onde o corazón bombea a ritmo de loita e onde o noso oxíxeno non é outro que as ganas de seguir adiante. Por eles e por nós.

 

 

Publicado el por themurostimes | 1 comentario

Resulta inmensamente encomiable comprobar como os novos profesionais formados nas universidades galegas para os seus traballos de fin de carreira escollen como asuntos de referencia temas relacionados con carencias de infraestruturas, melloras no hábitat, solucións á melloras de servizos, etc, e case sempre para as poboacións e bisbarras que mellor coñecen, que non outras que aquelas nas que viven.  É o caso da recentemente Licenciada pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños,Imagen3.png Canais e Portos  da Universidade da Coruña, a outéense Lidia Caamaño Caamaño, quen no seu traballo de fin de carreira ven de plantexar unha solución perfectamente aceptable ao problema de comunicación e tráfico entre as localidades de O Freixo e Muros.

A nova profesional, no seu anteproxecto prantexa unha solución real e posible para enlazar Muros coa nova estrada a Santiago, vía variante de Outes, corredor e autovía, o que sacaría a Muros da súa secular falta de comunicacións rápidas coas principais redes viarias galegas.

A solución  proposta por Lidia Caamaño, supón a construción dun vial polo interior, que preservandoImagen2.png o roteiro da costa, evita o paso polas travesías das poboacións costeiras, o que suporía un menor número de kilometros a percorrer e unha ganancia en tempo para achegarnos as estradas de alta capacidade, xunto con unha maior comodidade e seguridade na condución.

O anteproxecto e moi coidadoso e respetuoso co medio  ambiente, concretando de forma moi clara as necesarias medidas de correción de impacto medioambiental.  Con todo, si algún día este proxecto se levaraImagen1.png adiante viría a sacar a Muros da súa eterna falta de comunicacións, póndonos a altura doutras moitas vilas galegas que dende fai tempo viron  solucionado este problema.  Non sería máis que facer efectiva unha das moitas débedas históricas que as administracións teñen con Muros. Por historia, necesidade, razón e dereito, Muros necesita dunha nova estrada que nos saque do illamento actual.

Co permiso da autora, publicamos en TMT texto e ortofotos contidos no meritorio traballo de fin de carreira da outense Lidia Caamaño Caamaño.

Anteproyecto de una variante a la carretera comarcal AC-550

Este anteproyecto consiste en la definición de las obras necesarias para la construcción del primer tramo de una variante a la AC-550 que servirá para conectar Muros con la nueva AC-554, y así reducir el tiempo de recorrido entre dicha población y Noia. El siguiente tramo será abordado en un proyecto distinto. Lo que se pretende con este anteproyecto, es reducir el tiempo de viaje entre ambas poblaciones, y mejorar la comodidad y seguridad en la circulación, así como el despeje de las poblaciones costeras de la mayor parte del tráfico y, como consecuencia, de las retenciones y de la contaminación acústica y atmosférica que este genera. Para ello, se plantearán tres alternativas, y se establecerá un análisis comparativo entre ellas con el fin de elegir la más adecuada. Los criterios que se han tenido en cuenta en el análisis son: trazado geométrico, impacto ambiental,Imagen4 coste económico y funcionalidad. Finalmente la opción elegida ha sido la alternativa 2. La variante proyectada tiene una longitud de 7.771,39 metros y cuenta con un viaducto de 470 metros sobre el río Maior en Esteiro. Además, al discurrir por un terreno accidentado, se vio necesaria la colocación de carriles adicionales de circulación lenta en parte del trazado. Los enlaces elegidos han sido para Bornalle un enlace de trompeta, y para Esteiro, unas pesas formadas por dos glorietas situadas a ambos lados de la variante, sobre la DP-5305, y un paso superior sobre la carretera anterior. Ambos enlaces están justificados por la “Instrucción de accesos en las carreteras convencionales de titularidad de la comunidad autónoma de Galicia”, ya que nuestra IMD supera los 5000 vehículos.

ANTECEDENTES Y SITUACIÓN ACTUAL

El presente anteproyecto constituye una asignatura necesaria para finalizar el Grado en Tecnología en la Ingeniería Civil impartido en la Escuela Técnica Superior de ingenieros de Caminos Canales y Puertos de la Universidad de la Coruña.

Al tratarse de un anteproyecto de tipo académico, se llevaran a cabo una serie de simplificaciones y limitaciones que no podrían admitirse en un proyecto real, tales como estudios geológicos y geotécnicos, campañas de sondeos y ensayos, disposición de material cartográfico y topográfico real y adaptado al proyecto en cuestión.

Este anteproyecto consiste en la definición de las obras necesarias para la construcción del primer tramo de una variante a la AC-550 que servirá para conectar Muros con la nueva AC-554, y así reducir el tiempo de recorrido entre dicha población y Noia. Dicho tramo comienza en Bornalle (Abelleira), sobre el PK 48+500 de la AC-550 y termina en Catasueiro (Sabardes), en la glorieta que enlaza con la AC-554.Imagen7.png El siguiente tramo, Bornalle-Muros, quedaría para ser analizado en un proyecto independiente. La obra afectará a los municipios de Outes y Muros, ambos pertenecientes a la provincia de A Coruña.

La AC-550 está integrada en la red primaria básica de la RAEGA (Rede de Autonómica de Estradas de Galicia), y une Noia con Muros bordeando toda la costa y atravesando todos los núcleos de población allí situados, lo que genera retenciones y una disminución de la velocidad. Los principales tramos en travesía de esta carretera en el tramo Catasueiro-Bornalle son: Sabardes, Esteiro y Tal, donde la velocidad permitida es de 50 km/h. En el resto del recorrido podemos encontrar velocidades entre 60 y 80 km/h, aunque son tramos cortos, de transición entre los de poblado. También cuenta con múltiples intersecciones, que generan atascos y, en alguna ocasión, accidentes. Destacando, la intersección de la AC-550 con la DP-5305 y una vía que conduce a la playa de Parameán, en Esteiro.  Las retenciones en este punto son importantes, especialmente en verano.

En cuanto a las características del trazado, la AC-550 destaca por sus numerosas curvas de bajo radio, lo que hace que la conducción sea incómoda y peligrosa. También existen algunas rectas demasiado largas que favorecen el aumento de la velocidad por parte del  conductor, y por lo tanto, del riego de accidente. Además, abundan las zonas con mala visibilidad debidas tanto a los cambios de rasante como a curvas demasiado cerradas, y el estado del firme es deficiente en parte del tramo. Por último, decir que la IMD del tramo de estudio de la AC-550, es de 6790  vehículos/día, con un porcentaje de pesados del 5%, y un nivel de servicio E.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario