TMT.

Cada vez estase volvendo máis fácil atopar documentación acerca da historia de Muros. Os buscadores de Internet e un pouco de paciencia ofrecemnos a posibilidade de acceder aos fondos dixitalizados de diferentes arquivos.  Fronte a idea extendida de que o saqueo de Muros polas tropas francesas o 26 de marzo de 1809, levara ao lume a totalidade dos arquivos municipais e os dos escribáns e notarios da Vila, agora sabemos que non foi así.  De feito, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago están dispoñibles os protocolos dos escribáns e notarios do distrito de Muros, dende o ano 1600 ata o 1904.  Estos protocolos foron cedidos polo colexio Notarial de A Coruña ao AHUS, no ano 1993, e conforman unha fonte inmensa de información histórica de todo tipo relativa a unhas épocas nas que todo se documentaba.   Ofrecemos en TMT, a relación de escribáns e notarios do distrito de Muros dende o ano 1600 ao 1904.

 

ARDELEIROS, MARCOS DE 1627-1631Imagen2.png

BARRAL, ALBERTO 1606-1620

BARRAL, ALBERTO DE 1630-1637

BARREIRO, CARLOS 1756-1775

BARREIRO, DOMINGO 1721-1758

BAZARRA DE CAAMAÑO, G. 1600

BROCOS CARRILLO RAMON 1849-1881

CAMPELO, TOMAS 1758-1808

CAPELO Y PARDIÑAS 1809-1832Imagen3.png

CEREYJO, LUIS CAYETANO 1797-1832

CEREIJO FDEZ, JOSE MARÍA 1856-1896

CEREIJO VAZQUEZ, JUAN 1819-1859

DUARTE DE BARROS, ANTONIO 1620-1632

FERNANDEZ, JOSE 1626-1629

FERNANDEZ, JUAN 1609-1610

FERNANDEZ, LORENZO 1589

FERNANDEZ DE VALLADARES, P 1591-1631Imagen4.png

GARCIA, FELIPE 1777-1799

GARCIA DE CAAMAÑO, MANUEL 1648-1687

GARCIA CARANTOÑA MANUEL Mª 1831-1842

GARCIA DE CASTRO, FRANCISCO 1696-1740

GARCIA FEIJOO, ANTONIO 1690

GARCIA GAYOSO, PABLO 1699-1737

GONZALEZ PIÑEIRO, JOSE MARIA 1832-1863

GONZALEZ SEÑORANS, BENITO 1762-1804

GRANERO, FRANCISCO 1809-1814

ILLANES ALBORES, JACOBO 1798-1832Imagen5

INSUA GARCIA, DOMINGO 1880-1889

LAXE, JOAQUIN PEDRO 1819-1836

LAXE Y LUACES, F. PABLO 1764-1796

LAXE Y OREIRO DIEGO DE 1707-1764

LEIS Y CAAMAÑO, DOMINGO DE 1680-1693

LOPEZ DE FAXIN, BARTOLOME 1695-1746

LUACES PAZOS Y FIGUEROA , J. 1741-1785

LUACES PAZOS Y FIGUEROA, J. 1635-1675

MANEIRO MORALES, JOSE 1890-1893

MARTINEZ, JOSE 1778-1791

MARTINEZ VARELA, JOAQUIN 1814-1854

MEIRANES, ANTONIO 1635-1644

NOVO DE VALLADARES, JUAN 1560-1594

OJEA Y CISNEROS PABLO F. 1747-1757

OTERO, FAUSTINO 1742-1761

PAIS LUCES, MANUEL 1893-1904

RAMOS, MARTIN 1756-1782

RELOBA QUIROS, ANTONIO 1738

REY, PEDRO ANTONIO 1801-1817

RODRIGUEZ DE OREIRO, A. 1695-1716

RODRIGUEZ DE OUTEIRO, D. 1890-1904

RODRIGUEZ PEQUEÑO, J. 1890-1904

RGUEZ DE SOTO, B. 1676-1682

TEIJEIRO YAÑEZ 1884-1889

TRILLO BERMUDEZ, FCO. 1735-1739

VAAMAONDE FIG, RAMON 1780-1797

VALLADARES, J. FRANCISCO1 1655-1666

VARELA, JOSE LORENZO 1812-1855

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/  Alianza Uhía Patiño.

5 compoñentes:

Lalo (31, guitarra)

Tucho (26, baixo e coros)

Pablo (21, guitarra e coros)

Carlos (25, batería)

Dani( 27, voz).

Todos eles sen formación previa, autodidactas e de bo oído.

Zeros comezou como unha forma de diversión entre 5 de amigos de Louro (Muros), que compartían o gusto musical e que se xuntaban  para ensaiar e tocar, versionando aos seus grupos favoritos;  Rosendo, Barricada, Los Suaves, Platero y tú…   Pouco a pouco convertiuse en costume, ata que no verán do 2013 lle deron  a oportunidade de amosar o que estaban a facer e que tanto lles gustaba. Á xente que acudiu gustoulle o que escoitaba e así llo transmitía a eles, así que foron aumentando o repertorio e comenzaron a traballar en temas propios, no que se notan as referencias citadas anteriormente.

Imagen1.png

Nese mesmo verán tocaron no Asaghieiras Máster Festival, compartindo escenario con grupos xa consolidados. Foi una experiencia increíble para eles, e a partir de aí, abríronse algunhas portas nos pobos veciños e non tanto… Concertos en Carnota, Corcubión, Santiago de Compostela…e Muros. Tocar no Castelo Rock 2014, compartinco escea con Terbutalina, o Caimán do Río Teo e Los Suaves, foi para eles o evento máis importante e máis lembrado ata o día de hoxe, pero seguen a traballar nos propios temas (gravados nunha maqueta na que se identifica o noso estilo, que é o que nos gusta facer, e o camino que queremos seguir).

As expectativas destes mozos é seguir e avanzar, mover a maqueta e seguir tocando en festivais, salas, pubs … ao longo da Comunidade, e porqué non, mais alá.

Agradecen este artigo e aproveitan para mencionar a certas persoas sen as que sería imposible que este proxecto saíse adiante, entre eles, Naso do Xeixo, Jaime de Cacho, Marcos, Javi, familias e parexas, e como non, a Juan da Nasmo polo seu tempo, coñecementos e paciencia.

Déixovos o seu enlace de facebook, www.facebook.com/ZEROS , onde poderedes ver fotos do grupo e videos dalgúns concertos.

No  twitter: @info_zeros

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Muros  –  Parroquia: Santiago de Louro—Lugar: Louro  –  Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:  O Lugar de Interés Comunitario está formado por unha fronte costeira de mar aberto, de perto de 15 km. de lonxitude, limitada por Carnota e o extremo noroccidental da ría de Noia e Muros, no que alternan tramos de costa rochosa e baixíos como Os Forcados, Anguieiro e A Insua, parte dos cales están propostos como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro . Tamén ten grandes praias de coios e areais, incluíndo sistemas dunares ben conservados, unha lagoa litoral e unha impresionante elevación rochosa. Todos estos elementos conforman unha área de gran beleza paisaxística e natural, en particular o complexo de barra litoral e as dunas. O Monte Louro é un “inselberg” ou afloramento rochoso illado constituído por granito de dúas micas, situado no extremo sur do LIC, que se eleva abruptamente sobre unha plataforma de abrasión ou rasa, ata unha altura de 239 m. A área, foi cualificada Punto de Interese Xeolóxico (PIG C-116). Na punta desta península Imagen2está o Faro de monte Louro, e nos dous cumes máis altos os restos da Capela da Madalena e un punto de vixilancia, “A Garita”, que dan nomes os seus respectivos outeiros . O pxom de Muros contempla dous petróglifos e un concheiro na zona de “Os Mouros”, e a referencia de Rey Castiñeiras dunha zona que pola toponimia (Os Profundos, Eira dos Mouros…) podería albergar algún tipo de asentamento ou abrigo. Tamén Imagen3.pngestivo en outro tempo, no entorno do Faro, o Forte de Monte Louro, que fora construído no ano 1520 por orden do arcebispo D. Alonso III de Fonseca para defender a enseada de Louro dos ataques de piratas e invasores, e que estaba considerado como o punto defensivo máis importante de Muros, chegando a contar en algún tempo con dezaseis canóns.
Uso actual: Forestal
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Tradición oral:  O folclore de Louro garda lembranza dunha vila afundida da que se escoitan as campás e ademais sinala un grande burato na aba do monte, coñecido como “Os profundos de Monte Louro”, no que habería un tesouro custodiado por un boi que brúa nas noites de temporal.
Neste conxunto dáse a dualidade que se repite no imaxinario do pobo galego: lagoa-monte . Tamén a construción da ermida da Madalena nun dos cumios do monte, tendo ao pé os vestixios do asentamento dos Abrigos de Monte Louro, poderían responder á cristianización dun lugar de lendas ou rituais pagáns.   Un refrán:  A xente da zona sabía cando ía  chover polo  tipo de sombreiro de néboa que se lle poñía a Montelouro.  “Cando Montelouro ten touca, chuvia, ..moita ou pouca”
Referencias bibliográficas:

Imagen4.png

As Montañas De Galicia, Enrique Vélez Barrio. Mª Carme Pereiro  Edicións Xerais de Galicia,S.A. ISBN: 84-7507-763-5  –  Webs

http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8711/1/CC39art3ocr.pdf  –  pax 3

Haz clic para acceder a 22396CA004.pdf

(pax 13 e 15 para os petróglifos)

Haz clic para acceder a 22396CA008.pdf

(pax 9 e 11 para concheiros e abrigos)

Afeccións: 

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Onde está localizado: Latitude: 42.7453103278
Lonxitude: -9.08629417419

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Alianza Uhía Patiño.

TRAPOS SUCIOS

Falar de TRAPOS SUCIOS xa son palabras maiores, posto que estes muradáns chegaron e están a chegar moi alto. Grupo de rock por excelencia.

Comezan  xuntándose no ano 2002 nun piso vacío dun dos componentes, Juno, que máis tarde, por motivos laborais e persoais ten que deixar o grupo. Na actualidade segue o resto xa con estudio propio e moito traballo ao lombo.

Son Germán Mosqueira  (canta),  Ricardo Mayo, Kaio (guitarra), Denís Lamela (guitarra); Manolo Romero, Tararo (baixo) e Pedro A. Lago (batería).

A ilusión compensou a falta de experiencia e, despois de moito traballo, logran gravar, no ano 2006, a súa primera maqueta: “En un lugar olvidado”.

Pechados no estudio, enfráscanse na gravación dos 12 temas que formarían o seu primeiro disco, en xuño de 2007, “¿Y tú qué opinas?”, que contou coa colaboración dun número un da música en Galicia, Javi Maneiro (O fillo da necha), cantante de Heredeiros da Crus e Jabon Blue.

A mediados de 2008 gravan unha maqueta de 4 cancións da que se regalaron 1000 copias en adianto do que sería o seu segundo disco en estudio, “Con el agua al cuello”, sacado á venda en xullo de 2009 e distribuido en toda Galicia.

Trapos Sucios compartiron cartel con grupos da talla de Rosendo, Barricada, Barón Rojo, Porretas, Gatillazo ou The Lokos e colaboraron no seu directo artistas da talla de Charlie (baixista de Los Suaves).

Imagen1

No ano 2008 quedan 4º clasificados no concurso «A polo ghit» que organizou a Radio Galega e proclámanse campeóns do «I concurso de rock da deputación da Coruña».

En 2013, despois de moito tempo preparando o seu seguinte traballo e apartados dos escenarios, presentan «Idiocracia», 12 novas cancións coas que iniciaron un novo período de concertos.

Pensando no novo proxecto, non deixan de tocar e mostrar as súas gañas e a súa ilusión alá por onde van.

Teñen páxina web propia http://www.trapossucios.com  onde se pode consultar todo o relacionado co grupo: noticias, concertos, fotografías, videos, letras, escoitar a súa música… e incluso descargar gratis os discos e maquetas.

Déixovos este enlace que é dunha entrevista sonora bastante recente nos últimos minutos do programa do festival rock in río tea http://www.ivoox.com/4077616

E estoutro que é dunha entrevista algo máis antiga, escrita pero moi completa http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/10/entrevista-trapos-sucios.html?m=1

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

 Céltiga foi unha revista de temática galega que se publicou en Bos Aires entre 1924 e 1932. De periodicidade quincenal converteuse no punto Imagen3.pngde encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina. Eduardo Blanco-Amor, Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo foron os directores literarios dunha publicación pola que desfilaron Castelao, Maside, Suárez Couto, Francisco Asorey, Luis Ksado e outros ilustres galegos.

No ano 1925 a revista convocou un concurso fotográfico con fotos enviadas dende Galicia, anunciando que ademais de publicalas premiaríanse con valiosos obxetos i en efectivo.

No número 17 da revista, (10-Setembro-1925) publicouse unha fermosa foto do faro de ReImagen4.pngbordiño, que foi remitida por F. Iglesias, quen posteriormente debeu mandar para a súa publicación algunha outra foto. O Sr. Iglesias o non velas publicadas presentou unha queixa aos responsables da revista.  No número 20 da revista, na sección “Buzón y Canasto”, a revista contestou:  “No se impaciente; ni Muros es tan desgraciado, ni Finisterre y Noia tan crueles.  Las otras fotografías irán en próximos números.  Sosieguen los ánimos en vez de avivar los odios.  Mire que una guerra entre eses tres hermosos pueblos sería espantosa”.

A revista publicou as fotos no nº 21 (10-11-1925) e quedou así a cousa.  Reproducimos as fotos da polémica.Imagen8 Non teñen moita calidade debido a que foron escaneadas sobre o exemplar tamén escaneado da revista pero aí quedan para facer historia da queixa dun muradán diante de tan importante revista.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario