Xeito de vivir.
_____________

p/ Domingo J. Barreiros Lago

Polos campos azuis do Mar de Lira
O mar pásalle o ferro a branca area;
Cada seis badaladas, a marea
Repite decotío o vira-vira.Imagen2

Eolo apurra ó mar, para que fira
Co aceirado coitelo a rexa vea
Dos Miñarzos, facendo que unha grea
De cabalos de escuma se erga en pira.

Ó abrigo do peirao, a Confraría
Instalou o seu lar, onde un milleiro
De ideas xurden co seu propio selo.

Alí amánsase o mar non sendo ría;
Alí amósase o xeito mariñeiro
De vivir. Alí é Portocubelo.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

A súa man no teu peito.

p/ Manuel Mª Pena Silva.

 Vive o traidor de tal xeito,
resentido, enrabechado,
coma alacrán, infectado
dun Xudas insatisfeito.

Campa, malandro, maltreito,Imagen1

deglutindo vilanía:
como ha cobrar plusvalía,
recargo do seu despeito.

Rega, malvado, esa espiña,

e relambe ese desgusto;
proba no humilde e no xusto
as propiedades da tiña.

Fogo de inferno, de feito,

a súa man no teu peito.

(Rioderradeiro)

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Fotografías: Nieves Formoso Vidal.

A toponimia é a ciencia que estuda os nomes con que identificamos determinados espazos do territorio. É, sen dúbida, un dos campos máis enriquecedores e apaixonantes para quen estude a lingua e a cultura de calquera país. Os nosos antepasados foron bautizando en diversos momentos da historia os lugares que habitaban e cultivaban. Ademais, a maior parte dos topónimos tiñan, e moitos aínda teñen, un significado axeitado á realidade xeográfica en que naceron. Co tempo, esta realidade foi mudando e hoxe en día xa hai centos e centos de topónimos opacos, é dicir, que non nos dan pistas reais sobre o que denominan. Pero, grazas ao seu estudo, podemos coñecer mellor a nosa lingua e a nosa historia.

A toponimia forma parte dos elementos culturais que a Unesco denomina patrimonio inmaterial dos pobos. O carácter permanente dos topónimos fainos monumentos históricos, que se manteñen en pé a través dos séculos e que funcionan como referentes compartidos da comunidade, como sinais da identidade colectiva.

Sobre a riqueza de nomes de lugar en Galicia téñense feito moitas estimacións, que van desde os «cien mil nombres geográficos, separados, aunque no distintos» de que falaba o padre Sarmiento, aos «treinta millones de fincas, cada una con su nombre» que calculaba Filgueira Valverde. O que sabemos con certeza é que vivimos nun país que ten un terzo dos nomes de lugar de toda España.

Esta abundancia de topónimos viuse favorecida pola dispersión das entidades de poboación; pola enorme repartición da terra (minifundismo); pola orografía irregular e dificultosa do terreo; pola secular explotación dos recursos agrícolas, gandeiros e mariñeiros; pola abundante e variada flora e fauna; e, ao cabo, pola vontade de querer nomear cada anaco de terra.

Por esta urxente necesidade de salvar un patrimonio tan valioso, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, unha vez rematada a fase de fixación da toponimia de entidades de poboación (Nomenclátor de Galicia), promoveu a posta en marcha do Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), que constitúe un plan orientado á recolleita, introdución nunha base de datos, normativización e dixitalización de toda a microtoponimia galega.

No caso concreto do noso concello de Muros, foron catalogados un total de 3567 nomes.  Grande foi o esforzo para realizar este traballo, pero os froitos xa están ao noso dispor e xa podemos facer memoria de moitos nomes xa esquecidos.  Nestas páxinas de TMT poñemos uns poucos.  A relación total (3567) pódense consultar no seguinte enlace

http://toponimia.xunta.es/gl/descargas

A Arrucheira, Imagen2

A Atalaia

A Badaqueira

A Badaqueira

A Baleiroa

A Barranca

A Barreira

A Barrosa

A Bautireira

A Bicuda

A Boca do Río

A Boia

A Boltireira

A Borouteira

A Bouceta

A Bouza

A Bouza Vella

A Bragada

A Braña

A Braña da CadelaImagen3

A Braña da Laxe Negra

A Braña da Retorta

A Braña de Riba

A Braña do Corveiro

A Braña do Oroso

A Braña do Prado

A Braña Redonda

A Brañiña

A Brea

A Cabaceira

A Cabeza do Guardia

A Cachada

A Cachadiña

A Cacharola

A Cacharrola

A Cachola

A Cachola de Cecilio

A Cachola do Pino

A Cacholiña

A Cachueira

A Cadrosa

A Calcerada

A Calzada Romana

A Calzadiña

A Cambusa

A Campana

A Camposa

A Canavala

A Canaveira

A Cancela

A Cancela da Agra

A Cancela de Baixo

A Cancela de Urís

A Cancela do Pino

A Cancela Vella

A Cancelada

A Candeira

A Caniceira

A Canle

A Canle das Areas

A Cansela

A Cantadoira

A Canteira

A Cañeiriña

A Capela

A Carabeira

A Carabela

A Carballeira

A Carballeira do Cura

A Carroucheira

A Casa de Eduardo

A Casa de Riba

A Casa do Home

A Casa Vella

A Caseta

A Caseta de Beluso

A Caseta de Jabira

A Castiñeira

A Cavada

A Cazola

A Cazola

A Cazoliña

A Cebreira

A Chabola

A Chaínza

A Charrasqueira

A Chimenea

A Chousa

Brasal

Bruallos

Burleo

Burreiros

Burreiros

Cabanas

Cabanas

Cabanas

Cabanelas

Cabaniña

Cabazais

Cabido

Cachubeiras

Cagou Fóra

Calancha

Calcadoiro

Calzada do Picho

Camiño da Agra Boa

Camiño da Agra das Pedras

Camiño da Agra de Riba

Camiño da Agra do Barreiro

Camiño da Agra do Medio

Camiño da Agreira

Camiño da Cachadiña

Camiño da Cacharrola

Camiño da Capela

Camiño da Correduira

Camiño da Costa

Camiño da Cova do Lobo

Camiño da Devesa

Camiño da Estibada de Estevo

Camiño da Fonte da Corredoira

Camiño da Fonte de Espiño

Camiño da Fontiña

Camiño da Granda

Camiño da Igrexa

Camiño da Infesta

Camiño da Leirada

Camiño da Merda

Camiño da Moreira

Cornes

Corredoira do Barreiro

Corredoira da Fonte

Corredoira de Lamas

Corredoira de Liñares

Corredoira do Formigueiro

Corredoira do Mestre

Corredoira do Picho

Corredoira do Tallo

Corte Currelos

Corte de Caamaño

Corte Devesa

Cortes de Maceira

Cortiñas Figueiras

Coruxo de Baixo

Coruxo de Riba

Corvachiña

Costa de Bo Nome

Costa de Sía

Costa de Villariño

Costán dos Teixóns

Costaneiras

Costiñas

Cova Carril

Cova de Brisas

Cova de Gatos

Cova de Lapas

Cova de Raposo

Cova de Xamonte

Cova de Xerpe

Cova de Xoaniña

Cova do Agro

Covas

Covas de Carril

Covas Durmidas

Creo

Cruceiro

Cruceiro da Virxe

Cruceiro das Dolores

Cruceiro das Neviñas

Cruceiro de Santa Cruz

Cruceiro de Valdexería

Cruceiro do Baleirón

Cruz

Cruz da Vella

Cruz de Pelos

Cuchariños

Currás

Currelos

Curro da Praza

Curros

Debaixo da Cabaceira

Debaixo da Casa

Detrás da Agra

Devesas da Rañoa

Devesas de Va de Ferreiros

Devesas do Rego da Laxe Negra

Do Lombo Abaixo

Do Lombo Arriba

Doades

Eira Piñeira

Enseada de Sorribos

Entre as Hortas

Entre as Morosas

 

Publicado el por themurostimes | 2 comentarios

p/ Alianza Uhía Patiño

SoZios a la Fuerza  (Tributo a La Polla Records)

SoZios a la Fuerza son unha banda que versiona ao mítico grupo Punk dos oitenta “La Polla Records”. Todos de Muros:
Luis (36 anos) – Batería
Moi (37 anos) – Guitarra e coros
Pedro (29 anos) – Guitarra solista
Ángel (28 anos) – Voz

Pedro «Txokobo» (24 anos) -Baixo e coros

A formación musical de cada un é escasa, son autodidactas e tocan de oído, agás Txocobo, que se preparou na Escola de Música de Muros algún ano.

SoZios a la Fuerza comeza no 2010. O consello dun colega (Germán dos TPSC) e a apertura da Sala Nasmo foron os detonantes para que este proxecto saíra adiante.

Amigos de sempre (Luis, Moi, Pedro e Ángel) cunhas guitarras e un baixo comezan quedando e tocando un par de cancións da súa banda fetiche, e cada vez, a cousa sona millor e os temas fanse máis numerosos. E entra Txokobo co seu baixo, para que Luis se dedique á batería.

O tempo xa se lle quedaba escaso, e coa colaboración de amigos conseguen “facer” o seu local de ensaio, e así, pouco a pouco … van cinco anos de alegrías.Imagen1

Agora, 30 anos dispois de que Evaristo Páramos (cantante de La Polla Records) gritara verdades que non gustaban, estes muradáns seguen enviando a súa mensaxe a todos/as os que a queiran escoitar.

Levan 5 anos xuntos e non teñen pensado calar, pero recoñecen que hai moitas dificultades para manterse xuntos, primeiro pola escasa axuda (que a pouca que hai, vén de parte de particulares coma os membros de Trapos Sucios, Juan, Jorge, Alterkado, Consuelo, a Sala Nasmo e Juan especialmente e moitos outros …) e logo porque xa todos teñen unha vida encamiñada e con obligacións de familia, traballo e parella … Isto é un hobbie, pero un dos que enche moito!

Non hai maquetas nin discos grabados porque fan versión, pero o que sí hai é unha grabación na Nasmo coa que se fixo o vídeo “Así es la vida”, que máis abaixo  poño o enlace.

Concertos??? Moitos, máis dos que pensaban eles cando empezaron … O primeiro foi nun organizado pola Nasmo no 2010, e logo subiron a escenarios variados por toda a xeografía galega: Carnota (Bar Praia), Gures (festas patronais), Muros( carnavais, CasteloRock, festival Sala Nasmo, Festas de San Roque, Pozo do Cachón, A casa da churra), Louro( Praia San Francisco),  Lariño (Asaghieiras Master Festival), Carballo( Sala A Reserva), Redondela (Festival VentoRock), Goián, Tuy (Festival Taiña), Xinzo de Limia( Sala Urban Place), etc.

As aspiración destes chavales non son moitas como músicos, pero sí reivindican que se valore o traballo dos músicos tanto profesionais coma non profesionais. Que botan moito tempo nos ensaios, moitos cartos no material e moitas ilusións nos concertos. Que o fan por gusto pero que hai moitos locais que se aproveitan dos que empezan e que ninguén traballa polo amor á arte, nin sequera os artistas.

E para rematar, déixovos unhas fotos e uns enlaces para que os poidades ver en plena acción.

Facebook, https://m.facebook.com/SoziosalaFuerza?__user=1329931162

Youtube, http://youtu.be/Izscmk-rC_w
http://youtu.be/WoeFwUz_4R0

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Pablo Andrade.

Entramos tantas veces que non lle damos importancia, e sin darnos conta, ao noso arredor, -a vista dos nosos ollos- temos un tesouro.  Séculos de historia, tradición, arte, cultura, que os nosos devanceiros nos legaron para que agora, no presente, sexan para disfrute de propios e alleos.  Están na nosa igrexa parroquial.  Están en Muros. Aqui vos deixo unhas fotos, pero hai moito máis que ver.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario