JOHN HAPPY DRIVER

Kúber, Jesse e Torre, tres rapaces de Esteiro forman o grupo John Happy Driver. Unha banda punk que nace coa Sala Nasmo de Muros, aínda que hoxendía xa non ensaian alí por motivos de compatibilidades horarias.

Alí gravaron as maquetas de «Juevos Coljanderos» e Imagen5«Directo aos Collóns» un traballo en directo dende a praza do Concello de Muros.

Logo, e xa dun xeito máis casero e con poucos medios pero con moita ilusión, seguiron gravando, e nada menos que tres discos cheos de bos temas. Os discos son:

«Vellos, Ijlesias e outras Historias«, «Este disco é unha merda, Willkommen!» , «Vouche Apalear«.

Tocaron e tocan en sitios dispares; salas de concertos (Sala Moon en Compostela, a Sala Coliseo en Pontedeume, Super 8 en Ferrol, etc), centros sociais (Fuscalho, o Escarnio, Palavea, o Pichel…) e infinidade de bares e chiringuitos de praias.

Afirman que a súa maior arma é o bo rollo que transmiten no directo, que é o que máis lles gusta. Denominan o que fan como «happy punk”, Imagen4porque no pequeño escenario fan un ambiente cómodo e íntimo, acadando unha fórmula que inclúe a rapidez do hardcore e coa presencia sempre do bo humor e o bo rollo.

Os compoñentes desta simpática banda son: Jesse. Batería. O máis novo da banda. Kúber. Baixo e voz, e tamén a voz da experiencia no grupo. Torres. Guitarra e voz, boa voz según algún!

Máis información e vídeos:

Toda a discografía pódese escoitar e descargar gratuítamente no Bancamp:

https://johnhappydriver.bandcamp.com/

Facebook: John Happy Driver

twitter: @driver_happy

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Xocas Figueiras.

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, Concello: Muros Parroquia: Louro (Santiago) Lugar: Monte Naraio Outra denominación do ben:Imagen1 O Axito Cronoloxía: Idade do Bronce, Descrición: Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro collemos a estrada de Taxes e dende esta collemos a pista que sae á esquerda e leva ás casetas das cabras; dende alí colleremos cara o oeste durante uns 250 metros.

Consta de varias combinacións de gravados entre os cales destacan as combinacións de círculos concéntricos con cazoletas no medio e a representación de dous podomorfos.

O significado dos círculos podería ser representacións astrales, nalgúns casos con simboloxía solar pola clara orientación cara o poImagen2ñente ou o nacente, os pés poderían ser exvotos tal como se fixo en época romana nas lapidas, ou poderían representar un suposto viaxe ao alén.

Propiedade: Comunal Uso actual: Forestal Código no Catálogo da Xunta: GA15053028 Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas:

GUIA DE LOS PETROGLIFOS DE MUROS .-J.J. EIROA,PEPA REY

Haz clic para acceder a 22396CA001.pdf

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non Está cuberto de maleza: SiImagen3 Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Bo Atópase en perigo nestes momentos?:

É dificil chegar a eles debido a maleza existente na zona.

Onde está localizado

Latitude: 42.7660457904 Lonxitude: -9.09723758698

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Do blog do profesor Emilio Xosé Insua (http://ainsuadoinsua.blogspot.com.es/) recollemos este magnifico comentario sobre a novela de Luis Rei Núñez, “MONTE LOURO”. Vale a pena pasar polo blog do profesor Insua, nel atoparemos interesantes artigos sobre temas moi variados.

MONTE LOURO, DE LUÍS REI NÚÑEZ (Unha peripecia vital transoceánica)

Editouse en 2009 da man da colección de Narrativa das EdiciónsImagen1 Xerais de Galicia, a novela gañadora da vixésimo sétima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, organizada polo Concello de Burela. Trátase de Monte Louro, da autoría de Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958), presentada ao certame baixo o lema «Arcadia bis» e merecedora do citado galardón por decisión unánime do xurado.

O autor, ben coñecido xa pola súa brillante biografía do rianxeiro Rafael Dieste (A travesía dun século), por poemarios como A rolda invisible e Alma mareira e por obras narrativas como Expediente Artieda, A estrela dos polisóns, Toda a vida ou O señor Lugrís e a negra sombra e pola súa recente participación como cabeza da candidatura municipal da Marea de Pontevedra ofrece neste seu Monte Louro unha novela de enorme alento e calidade, moi ambiciosa do punto de vista estrutural e argumental, escrita nun galego rico e pulcro e, por iso mesmo, chamada a se converter nunha referencia imprescindíbel no panorama da narrativa galega da nova centuria.

Monte Louro reconstrúe en catro grandes capítulos a complicada peripecia dun individuo desde a súa infancia no Muros da inmediata posguerra a carón da súa pobre nai, «viúva de vivo», e do seu avó Domingos, que lle ensina a pescar, ata o seu internamento nun psiquiátrico bonaerense nos anos setenta, onde o acabará atopando en 1983 unha filla cuxa existencia el propio ignoraba.

Ao longo da novela, o protagonista verase impelido a fuxir en varias ocasións (de Muros a Barcelona, primeiro; de Barcelona a Bos Aires, despois) e terá que mudar mesmo de nome e apelidos varias veces (Delio, Artemio, Yago…). Irá así medrando, coñecendo os resortes máis profundos da conduta humana, gozando dalgúns grandes amores e enfrontándose a todo tipo de reptos e desafíos, sempre coa paisaxe de Monte Louro como ancoraxe espiritual necesaria para non derramar a propia identidade.

Os amantes da cultura marítima, coidamos, toparán especialmente celmosas e significativas moitas das páxinas desta grande novela, nomeadamente da súa primeira parte, «O fillo da robinsona», en que se recrea con trazo maxistral o ambiente mariñeiro do Muros de antes e despois da guerra do 36. Retrátanse aquí, efectivamente, as marcantes diferenzas sociais entre proletarias da conserva, reghateiras e fillas de patróns e armadores (os Artaza, os Romaní, etc.) e as evolucións e loitas da rillotería masculina criada na ribeira. Tamén se evocan o espertar, auxe e desfeita posterior do societarismo mariñeiro no porto muradán (representado na obra polo personaxe Xacobe), algunhas traxedias no mar e mesmo os baños nas praias da contorna das humildes «poubanas».

Páxinas brillantes, emotivas e ben escritas, que tornan máis máxico, se couber, o perfil xa de seu inesquecíbel do Monte Louro real.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

O 11 de xullo-2015, nas instalacións da antigua fábrica de Sel, tuvo lugar a presentación do especial sobre a Pesca da Baixura en Muros nos anos 50-60,presentacion pesca 50-60 traballo do que é autor o muradano D. Pedro Caamaño Lago.

O acto foi presidido pola Alcaldesa de Muros, Dona María Xosé Alfonso Torres, e xunto con ela interviron, Jorge Lago Rama, director de TMT, Juan Caamaño Cebreiro, ex-Conselleiro de Pesca, Manuel Martinez Caamaño, presidente de Xubimar, e o autor, Pedro Caamaño Lago.

Reproducimos a intervención de Juan Caamaño Cebreiro, quen fixo unha lembranza do mundo do mar en Muros nos seus anos mozos.

Estimada Sra. Alcaldesa, queridos compañeiros depresentacion revista-2 mesa: Don Jorge Lago Rama, Sr. Manuel Martínez Caamaño e Sr. Pedro Caamaño Lago.

Meus ben queridos muradáns.

Síntome verdadeiramente orgulloso de compartir con vostedes a presentación de este número da revista TMT dedicado a pesca de baixura e ao que esta supuxo para Muros alá polos anos 50 e 60, xa, do século pasado.

Penso que todos nos debemos agradecerlle o Sr Pedro (este titulo de Sr. era un tratamento que a xente nova aplicaba aos que lle precederan nas labores da mar polos seus coñecementos e anos de traballo, non era un tratamento reservado para os que traballaban noutras actividades tanto administrativas como mercantís ou de servizos en terra). Dicía, que agradecíalle ao Sr. Pedro o traballo de “memoria histórica” que supón o de poñer por escrito, en limpo poderíamos dicir, os seuspresentacion revista recordos da pesca de baixura. Sen dúbida é un documento que debe gardarse pola xente que non o viviu e tamén polos que viviron naqueles anos, xa que atoparan na súa lectura recordos esquecidos polo tempo, case que esvarados polo paso do tempo, recordos bos e menos bos pero todos eles son, sen dúbida, parte inesquecible das distintas épocas que conforman as nosas vidas.

Eu, nado nos primeiros anos cincuenta, tamén teño as miñas lembranzas, a primeira que me veu á memoria, cando estaba a gozar da lectura da revista, foi un son: eu durmía na habitación que daba ao Camiño Novo, e aquel son eran as vibracións e os seus correspondentes ecos nocturnos, que xa moi pasada a media noite, eran producidos polas botas dos mozos, da xente nova, mariñeiros eles, que a saltos e carreiras baixaban polo Camiño Novo para chegar a tempo de embarcar. Un tempo antes xa pasaran os maiores co seu camiñar máis canso pero tamén máis cheo de experiencia.

Outro son que teño eu metido na miña cabeza era o dCaptura portada pesca de baixuraa sirena da lonxa, que en certa medida marcaba a vida do pobo e tamén a da miña imaxinación.

A parte de sons teño os olores, os cheiros, entre outros, os da brea e o dos lumes no peirao onde os mariñeiros nos seus breves descansos en terra entre lance e lance aproveitaban para preparar un peixe e repoñer as súas forzas.

A nosa estancia familiar en Muros estaba chea de contidos relacionados con todas as actividades do mundo do mar. Así, teño como un forte recordo, como polas tardes ollaba para o mar desde o peirao esperando a chegada dos barcos e en concreto o de Papudita que na compaña do seu fillo Pepe (Pepe Canosa) regresaban despois dunha dura xornada de traballo no mar, o motivo de aquela vixíana era que permitíanme axudar nos traballos de desembarco do peixe e o seu traslado á lonxa. Eu coido que foi a primeira vez que me sentín orgulloso na vida que estaba a comezar. Nin que dicir ten que as veces cando baixaba a esperar a súa chegada eles xa estaban en terra, as máis das veces polo mal tempo que por unha boa pesca, entón o meu desgusto era grande pero ao día seguinte eles seguirían intentando atopar o seu sustento e eu o meu sentimento de orgullo.

De aquela época lembro as merluzas, as cales tiña que levar ao lombo para non ter que arrastralas polo chan, xa poden imaxinar meu tamaño e o da merluza por moi baixiño que eu fora. E tamén lembro o asombro que me producían os congros e a ledicia e sorpresa pola aparición dalgún novo peixe como o que se deu en chamar, creo lembrar, “gaiteiriño”

Os meus primeiros mestres pesqueiros foron Alejandro o Machacón e o mesmo Pepe Canosa, Alejandro desde terra, e xa “embarcado” Pepe Canosa. Eu na casa oía falar das fanecas da PRIMESA, do PROFUNDO, DOS BIRULLOS e

doutros sitios onde se traballaba no mar, pero eu intuía que a PRIMESA era un sitio preto de Muros e sempre pedíalle a Pepe que me levara xunto él no “Mª del Carmen” (nome da súa nai, co que seu pai bautizara o bote) coa ilusión de facer unha boa captura para levala a casa e mostrala aos meus pais.

O Profundo e outras zonas de pesca eran inalcanzables para o meu pensar, as imaxinaba moi lonxe e perigosas. Alí só ían os homes feitos a un mar duro e aquilo non estaba ao meu alcance.

Tamén lembro que o que me gustaba era pescar con a BULSA, “tecnoloxía” que moi ben nos recorda no seu traballo o Sr. Pedro, xa que dese xeito eu sentía que picaba máis o peixe, que o trouxese para enriba xa era outro cantar.

Por outra banda, meu sentimento coa xente, que traballou o está a traballar no mar, está vinculado, desde os comezos do meu entendemento, coa solidariedade tanto na terra como na mar. Ben certa é a competencia entre artes, embarcacións, caladoiros e mesmo tripulantes do mesmo barco, como moi ben nos recorda o Sr. Pedro. Pero a Solidariedade se daba ata extremos insospeitados ante calquera dos accidentes que se producía na mar. E que todos, amigos e menos amigos, acudían a prestar seus medios, seus brazos e o seu valor sen esperar recompensa algunha. Solidariedade que chegaba ata terra cos familiares que sufrían as tan sentidas perdas.

Lembro contar ao meu pai, que naqueles anos e desde sempre, no pobo observábanse as saídas das chemineas dos fogares que sufriran a perda de algún ser querido e os veciños, vendo que transcorrían uns días nos que non saía fume por elas, se acercaban e ademais de levar consolo sempre se ofrecía ao menos unha cunca de caldo.

Así, xunto con palabras que oía das bocas dos profesionais como, “a parte”, “quiñón” e “chona”, xunto co nome das artes e dos peixes, que tamén nos lembra o Sr. Pedro no seu traballo, foi como posiblemente eduquei meu primeiro coñecemento do mar e a súas xentes. Un coñecemento que a pesares de non ser un profesional do mar levo moi dentro de min, non en balde desde rapaz fun consciente dos traballos e perigos do mar xa que meu avó paterno e o irmán maior da miña nai perderon a vida en accidentes marítimos, este sabemos onde descansa meu avó non.

NUNCA UN MAR CALMO FIXO BOS MARIÑEIROS.

DE XEITO QUE A BUSCA DE UNHA VIDA, A DUREZA, O ESFORZO, O COÑECEMENTO A EXPERIENCIA E SOBRE TODO A SOLIDARIEDADE FORON A BASE SOBRE O QUE O MUNDO DO MAR SEMPRE SE MOVEU. NON IMPORTA O QUE DIGAN DE NOS, POIS NINGUEN VEU NUNCA A SACARNOS AS CASTAÑAS DO LUME

Moitas grazas por escoitarme e tamén polo que todos vostedes e a xente do mar de este pobo de Muros doume para intentar facer de min unha boa persoa.

Miña felicitación ao director e ao editor de The Muros Times polos seus esforzos por sacar adiante a revista, ao Sr. Pedro polo seu traballo como Sr. do mar e recuperador da memoria e ao Sr. Manuel pola defensa da xente do mar. E a vostede Sra. Alcaldesa grazas pola súa presenza.

E A TODOS VOSTEDES, COMO SEMPRE,

ATA SEMPRE.

Muros, 11 de Xullo de 2015.

Juan Caamaño Cebreiro.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Amado Barrera

Nome común galego: Uña de gato (pola forma das súas carnosas follas)

Hoxe traemos a esta sección unha moi interesante especie invasora,10931115_10203909123275088_7642847299212013894_n    xa definitivamente (por máis que nos pese) asentada nas nosas praias, ás que chegóu un bó día do xa lonxano ano 1900, non se sabe cómo, e gustáronlle tanto, que eiquí se quedóu e logo foise espallando polo resto das costas ibéricas, cantábrica, atlántica e mediterránea.

Tódolos seguintes datos copiámolos do “Catálogo español de especies exóticas invasoras”:

La vía de introducción en España es desconocida. Se citó por primera vez en España, en concreto en Galicia, en el año 1900. Produce gran impacto en dunas, arenales, roquedos y acantilados costeros. Su área de11150747_10203909123395091_1552683803071723849_n distribución natural está en Sudáfrica (El Cabo). Presenta un carácter invasor muy agresivo, con clara tendencia a aumentar rápidamente sus poblaciones si no se controlan

Se ha utilizado como planta ornamental encespedante y fijadora de suelos en zonas costeras. A partir de estos cultivos se ha naturalizado ampliamente en arenales, roquedos y acantilados costeros.  Florece de marzo a junio.

Los frutos maduros son devorados por gaviotas y pequeños mamíferos (conejos, ratas) contribuyendo así a su dispersión al ser expulsadas las semillas con las deyecciones. Se reproduce activamente por estolones que enraízan fácilmente 11038568_10203909123435092_7771376260256724536_nen los nudos. Necesita climas templados, no tolerando las heladas moderadas o reiteradas. Ha desaparecido por completo en algunas zonas después de un periodo de frío intenso. Soporta bien la sequía, la salinidad y los substratos arenosos, por lo cual se ha utilizado para fijar dunas y taludes en zonas litorales

Necesita exposiciones a pleno sol. Las semillas germinan abundantemente tras los incendios, pudiendo permanecer en el banco de semillas del suelo sin perder la capacidad germinativa durante varios años. No resulta palatable para los herbívoros. Vive de manera natural entre el nivel del mar y los 1.000 m de altitud. En su área de introducción ocupa zonas urbanizadas, terrenos de cultivos y zonas verdes de origen11014826_10203909123515094_8493480723488111584_n antrópico, la franja litoral halófila y acantilados costeros. En Galicia invade algunas áreas del Parque Nacional de las islas Atlánticas,

Dificulta la regeneración de especies nativas. Facilita el desarrollo de otras especies invasoras. – En el norte y noroeste de la Península, invade las zonas superiores de los acantilados, eliminando a las especies autóctonas ya que forma alfombras muy tupidas que cubren superficies considerables de terreno impidiendo el desarrollo de otras plantas

El método de control y erradicación más utilizado ha sido la retirada manual de las plantas en las zonas invadidas, seguida de una reintroducción de especies nativas. La presencia de

una vegetación natural previa densa y bien establecida es la mejor medida preventiva, ya que Carpobrotus edulis apenas prospera a la sombra (Sanz-Elorza et al, 2004). El uso del fuego no da buenos resultados con esta planta por el alto contenido en agua de hojas y tallos. – No se conocen enemigos naturales.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario