Unas notas sobre la Colegiata de Muros

(Texto del canónigo y escritor don Manuel Jesús Precedo Lafuente –licenciado en Teología y en Ciencias Bíblicas, y diplomado en Filosofía)

La parroquia de S. Pedro de Muros, noble villa situada en la ría que lleva el nombre de Muros y de Noya, tiene un buen número de edificios religiosos, Imagen11recuerdo de la prosapia de sus gentes. Desde 1504 tuvo una colegiata, creada entonces por el Papa Alejandro IV a petición de Diego de Muros III, que contó con el apoyo de los Reyes Católicos. Desapareció el título colegial, dado a algunas iglesias insignes dotadas de un cabildo, en febrero de 1843, y, en virtud del Concordato de 1851, quedó convertida en sede de la comunidad parroquial.

Se conoció el templo primitivo, anterior al actual, como de Santa María do Campo y Santa María A Nova. Había sido construido en el siglo XIII, y de él se conservan el rosetón, algunos canecillos y la bella portada principal, de arquivoltas semicirculares, sobre columnas acodilladas en las jambas. Una inscripci6n en el dintel de la puerta lateral nos recuerda que la iglesia de Santa María que existe hoy fue construida por iniciativa del arzobispo Don Lope de Mendoza, que rigió la sede compostelana de 1399 a 1445, y concluida con el patrocinio del Concejo muradano.

La iglesia tiene una sola nave, dotada de cubierta de madera a dos aguas, asentada sobre arcos transversales, que se apoyan en haces de columnas adosados a los muros. Los capiteles rezuman gustos románicos. Hay seis capillas ojivales, unas con bóveda de crucería de nervios diagonales y otras con bóveda estrellada. Destaca por su belleza la capilla mayor, que ocupa el ábside románico primitivo, posteriormente modificado, que tiene bóveda de crucería. Al fondo tiene una ventana de arco apuntado, como también es apuntado el arco triunfal. Hay interesantes sepulcros románicos y otros de los siglos XV y XVI.

Publicado en Arte e Cultura, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A voz dos nosos poetas: «Rompe o mar»

“ROMPE O MAR”

p/ Pablo Andrade.

Rompe o mar, bate nas penasImagen2

debaixo do Monte Louro.

Xa o ceo virou mouro,

Vai entrando o vendaval.

Rompe o ´´Neixon´´ dende fora,

E pola terra o ´´Congral´´

Pechalle o paso o ´´Carreiro´´

Que escomenza a retumar

As beiras tornanse brancas

Polos embates do mar

I os lóstregos no ceo, escomenzan dar sinais

Do temporal que se achega

Os patrons que ben coñecen

A falsedade deste mar

Poñen proa rumbo a terra

Non se queren arriscar

Pois o mal tempo que chega

Cada intre medra mais.

E alo pola lonxania che diviso, Monte Louro.

Erguendote esprendoroso na boca da nosa ria.

Monte Louro, Monte Louro cando che vexo o chegar

Sento a maior das ledicias

E do peito saeme un sopro

Pois xa non collo co gozo; de poder voltar a ollarche

Vexo xa o ´´Rebordiño´´doulle alabanzas a Deus

Por me traer a bon porto.

Rompe o mar bate nas penas; por fora do Monte Louro

E o longo de toda a costa non hai baixo que non rompa.

O temporai vai pra longo.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado | Deja un comentario

A cociña nas Américas

p/ Manuela Tajes.

Despois de levar tantos anos vivindo en USA, dinme de conta que querendo ou sen querer, as costumes da sociedade americana pasaron  a formar parte da  miña vida.  Xa o di o refraneiro: “alí onde estés, fai o que ves”. E tanto que oubo que faImagen1celo, pese a que os costumes eran moi diferentes. Pero a algo o que non me acostumei totalmente foi ás comidas americanas sen darlles un toque galego.

Intentar escribir sobre o cociña norteamericana e case un imposible. A multiplicidade de culturas que confluíron en USA ao longo da súa historia deron de si moreas de formas de cociñar un mesmo produto.  Hai que ter en conta que en España hai unha imaxe un pouco distorsionada da comida americana, pois non todo e “fast-food” (comida rápida).  Nas Américas tamén se cociña con calma, pero hai que darse conta que aíndaImagen2 cociñando con produtos coñecidos en España os sabores non son iguales. O americano é un ávido experimentador tal vez polo feito de que a súa propia cociña está emparentada culturalmente con tantas outras. O americano que viaxa ao exterior non vai buscar o que deixou senón que ao encontro de novas sensacións culinarias e ese aprecio ao diferente fai que nas súas cidades máis cosmopolitas o mapa de sabores sexa case infinito. Tamén lles encantan os postres que  tenden polo xeral a ser demasiado doces. Iso débese talvez a que dende o tempo das colonias a fabricación do ron significaba un exceso de residuos en forma de xaropes que non tiñan outra aplicación máis que a de adozar certos produtos alimenticiosImagen3 xa fosen cárnicos ou de repostaría.

Unha costume que se exportou a España é o brunch, (Breakfast-lunch) que consiste en facer un almorzo moi forte a iso das 12 do mediodía un domingo ou un sábado. Adoita ser un só prato que normalmente ten ovos revoltos, mashed potatoes (un puré de patacas riquísimo) ou o hash browns (que é como unha tortilla de patacas, pero sen ovo), pero pode ter tamén peixe, carne, salchichas, etc. Non é un prato moi forte, pero tampouco son os típicos revoltos con touciño entrefebrado. Quedar con amigos para tomar o brunch e logo ir ao cine é unha actividade tan habitual como en España quedar a tomar unhas tapas e logo ir a comer.

Como dicía ao principio, as comidas americanas non son do que máis abuso, pero non por discriminación, senón máis ben polo lastre cultural que levo conmigo.   Na casa facemos a comida ao estilo de Muros.  Caldeiradas, empanadas, cocido, guisos, arroces, e un longo etcétera, conforman a nosa carta  e cando temos na casa invitados americanos, a nosa comida gústalle moito, pero tampouco renunciamos a algúns pratos moi americanos, que de todo hai que probar. Bo proveito ¡¡.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Historias de Curas

p/ José Manuel Formoso Luces (Porrúa)

Coa morte no ano 1857 do último Prior da Colexiata D. Ramón Gómez de Reloba,  Muros tivo por párrocos a Don José Blanco (encargado polo Arcebispo); Don Francisco Bretal (franciscano exclaustrado); Don Pedro Antonio Rodríguez (primeiroImagen12 párroco por oposición); Don José García Hervilla (cura ecónomo); Don José Baldomero Callón (cura párroco); Don José Lamela Penela (cura ecónomo); Don José Souto Iglesias (cura párroco); Don Joaquín Malvarez Dubert (ecónomo, de abril de1922 a 1930); Don Ramón García Longo (cura párroco entre 1930 e1966, Don Casimiro Torres Pombo entre 1966-2008 (falecido en 2014), e na actualidade a Don Alfonso Mera Nogueiras, cura párroco dende o ano 2008.

Dos moitos coadxutores que pasaron pola nosa parroquia non se dispón dunha lista expresa que faga referencia aos seus nomes e o tempo que pasaron entre nós,  sen embargo as xentes de Muros gardan na súa memoria e con moi grato recordo, a moitos deles.  Un dos recordados é Don Manuel Castiñeira Rodríguez. Este home, nacido no concello de Laxe no ano 1927, foi ordenado sacerdote polo Cardeal-Arzebisbo Don Fernando Quiroga Palacios o 28 de xuño de 1953, o mesmo día en que tamén foi ordenado Don Casimiro Torres Pombo.  Don Manuel, despois de descansar uns días coa súa familia, foi nomeado como coadxutor da nosa parroquia o 15 de xullo.

A Muros chegou de noite. O baixarse do autobús dirixiuse a casa reitoral, onde o párroco Don Ramón García Longo tras invitalo a cear levouno a casa das “Picas”, que estaba enfronte da igrexa parroquial e onde era costume de aloxar aos sacerdotes que colaboraban co párroco.  O novo coadxutor sinteuse moi acollido polas tres irmás Leis Castellat, Manuela, Juana e Lola. Días despois coñeceu a  Don Manuel Fiúza (o marido de Pepita Hermosa), que era o director da Caixa de Aforros con quen entabloú unha boa amizade.

A diferenza de idade entre o cura novo e o párroco Don Ramón, fíxose notar de inmediato.  Don Ramón tiña xa 80 anos e o xoven Castiñeira, 26.  Don Ramón levaba xa cincuenta e seis anos de cura e o coadxutor, 18 días.  A xuventude de Don Manuel axudou moito a que a xente xoven de Muros estivera moi contenta co cura novo.

No pouco tempo que estivo entre nos (de xullo a decembro de 1953) uniu en matrimonio a oito parellas e escoitou a súas primeiras confesións, amais de axudar ao párroco en todo canto necesitase.  Sobre o tema das confesións foi moi sonada en Muros, anécdota que lle aconteceu con unha parroquiana; anécdota que el contaría anos despois, pero que xa era conocida na Vila.  Aconteceu que o párroco lle asignou un dos confesionarios para que namentres el celebraba misa o coadxutor escoitase en confesión a quen quixera facelo.  O caso foi que o novo cura nunca antes escoitara en confesión a persoa algunha.(apenas facía vinte días que era sacerdote). Un pouco nervioso acercouse ao confesionario asignado a alí acercouse unha muller. Unha vez rematou, e despois da misa, xa na rúa, unha veciña díxolle: ¿ves de confesarte co cura novo ?, ao que respondeu: “Si, a primeira de todas lambina eu ¡”. Don Manuel dicía: “supoño que pensaba que era a primeira confesión en Muros, o que nunca soubo foi que tamén era a primeira da miña vida”.

Don Manuel recibiu en decembro de 1953 o nomeamento de ecónomo da parroquial de Santa María de Cee e en 1955 de ecónomo de Carril. Anos despois,(en 1965), foi nomeado párroco de A Estrada, onde faleceu en 2008 aos  81 de idade, despois de exercer durante case 40 anos como pastor daquela comunidade.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Coral Agustín González, de Louro

Publicado en Videos | Etiquetado | Deja un comentario