Novas de Onte: O Pósito de Pescadores de Muros

p/ Manuel Lago Álvarez

Picture1A mediados do ano 1919 creouse en Muros o “Pósito de Pescadores”. Din as crónicas que esta asociación foi constituída grazas a influencia das “prédicas” do sociólogo D. Alfredo Saralegui, capitán de corveta da Armada, e que o Pósito alcanzou, pese o pouco tempo que contaba de existencia, con gran florecemento. Tiña esta asociación unha Sección Cooperativa que facía aos seus asociados vendas de artículos de primeira necesidade e de efectos pesqueiros por mais de oitenta mil pesetas. Contaba nos seus inicios con uns catrocentos asociados e dende o ano 1921, estableceu unha Sección Cultural co funcionamento da Ensinanza primaria para a infancia, labor que foi encomendada o xoven licenciado en Dereito e mestre nacional D. Joaquín Fabeiro Fernández, a que auxiliaba, dado o considerable número de alumnos inscritos, o xóven D. Domingo Antonio Lojo Bori, Bacheller e alumno de Maxisterio.
A xunta inspectora estaba presidida polo Axudante de Marina D. Angel Alvariño Saavedra, alférez de fragata da Escala de Reserva, auxiliar do Corpo Xeneral da Armada.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A presenza dos franciscanos en Louro e Muros (II)

p/ Manuel Lago Álvarez

A construción do edificio propio do convento, dátase no ano 1432. Esta data a aporta o Cronista franciscano Gonzaga, apoiadonse nunha Bula do Papa Eugenio IV que concede indulxencias aos que visitaran a igrexa en certos días do ano.
Nembergantes o ilustre franciscano P. Atanasio López di: antes do ano 1407. O convento, e sen dubida o que se menciona na bula do antipapa Benedicto XIII, que e chamado Santa María da Rale, na diócesis de Santiago>.
Picture39O analista Wadingo refuta a opinión dos que afirmaron que se debeu a fundación a D. Pedro Álvarez Mariño, opinión que tamén comparten os ilustres cronistas franciscanos Gonzaga, e o P. Jacobo de Castro, atribuíndo a fundación aos fieis da Vila de Muros, sumamente afectos a Orde Franciscana.
Sexa coma fora hai un documento municipal do ano 1820 (24 de febreiro), no que o concello de Muros contestando a un oficio do concello de Santiago, relativo a unha petición que se lle facía a Muros para que describirá a Vila, para unir o expedente para solicitar que voltase a Audiencia Nacional do Reino de Galicia a Santiago, o concello de Muros, ao referirse o convento dos franciscanos di: .
Picture40Anos antes, noutro documento municipal aparece o Concello da Vila como Patrono da capela maior do convento, asegún consta nun documento do ano 1725 sobre a renuncia feita polo P Gardián Frei Jacinto Rey, de unha pensión que por razón de padroado lle pagaba o concello, e tamén nunha acta municipal de 15 de abril de 1810, a Xustiza e Rexemento da Vila invitou os Excmos Sres. D. Gaspar Melchor de Jovellanos, ministro que fora de Gracia e Xusticia e o Marqués de Campo Sagrado, desterrados políticos que naquelas datas estaban en Muros, para que levasen na procesión do Vernes Santo as chaves dos Sagrarios da Colexiata e do convento, que ambas, dí a acta,
Tamén nas da Vila de Muros do Catastro do Marqués de la Ensenada do ano 1753. E aparte de que é un precioso documento que detalla nas súas cuarenta respostas o que era a Vila, como era a súa economía, os seus lindes, os nomes dos rexedores e propietarios, as medidas usadas para as terras, os tipos e o valor en Reais de Vellón dos froitos que daban; e as industrias, tipos e cantidade de embarcacións (pataches, pinazas e lanchas de falca e pesca) cos seus respectivos donos e rutas máis correntes, e actividades máis cotiás dos vecinos, etc… pois…na resposta 25 falase do convento de Louro, reafirmandose, unha vez mais, que o Patrono do convento era o Concello de Muros. A pregunta fíxose así:   25. Que gastos debe satisfacer el común, como salario de Justicia y Regidores, fiestas de Corpus u otras; empedrado, fuentes, sirvientes, etc., de que se deberá pedir individual razón.
25ª A la Veinte y cinco …………………………(pag12) Estos documentos aseveran de forma certa que o convento de Louro tiña por patrono o Concello da Vila, por razón de <fundación>.
Cando falamos dunha <fundación> estámolo a facer, non só do feito propio de articular a forma de construir o edificio e con qué medios económicos, senón tamén de cómo se fan as , esto é: que a través da institución de misas, aniversarios, e outros actos relixiosos a celebrar durante o ano, se dotase económicamente con esmolas e legados, ó convento para a súa permanencia.
En diferentes arquivos de Muros existen documentos da fundación de capelas como a de San Xosé, Santa Isabel e outras, pero non aparecen os relacionados coa fundación do convento de Louro. Nembergantes, sí que aparece mencionado o convento de Louro en multitude de documentos, nos que diferentes fieis dispoñen a súa vontade de deixar cartos para o convento en diferentes .
Así, entre outras, atopamos estas:
Nun tumbillo de pergaminos do ano 1435 se lles deixa un legado
.
En Outro: Nunha manda de Fernán Boon morador que foi da Vila no ano 1421, se lle deixa. <…metade das ditas rrendas de quarto de casa a os frayres doratorio de san francisco de Muros, que me digan misas…>.
No testamento de Juan Gill, no ano 1563, dice: E así en moitos dos testamentos desas épocas.
E o tempo pasaba, e a vida no convento trascorría como o Santo de Asís o dispuxera: como un concurso e encontró de irmáns, coa práctica das virtudes franciscanas – humildade, obediencia e pobreza- que sempre foron o fio conductor cotidiano nas casas da Orden. Os frades adicabanse a oración e a cura de almas; e adicados tamén a extender por toda a bisbarra a palabra de Deus. Pero había mais. Os frades, que vivían da caridade, tamén facían caridade, atendendo aos mais necesitados. (continuará)

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

A voz dos nosos Poetas: «No teu colo»

p/Manuel María Pena Silva

No teu colo outra vez. Sinto morriña.
Triste… Alegre… Francas velas ao vento.
Alerta, capitán, que zarpa o teu navío.
Ataca temporal. Campa o bravío.
Encirra vendaval de barlovento.

Triste… Alegre… Cambiante o movemento.
Imaxes: debruzando en mar o río,
o tempo derramando no vacío,
a vida regalando o seu talento.

Alegre… Triste… Infancia que foi miña.
A pedra lar. A man que me acariña.
Abrazos paternais e protectores.

Abeiro familiar. Seráns. Solpores.
Bálsamo, por favor, para esta espiña;
penso nos bicos, nai; sempre os mellores.
No teu colo outra vez. Sinto morriña.
(Rioderradeiro)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Un «drone» en Muros

Foi toda unha novidade e longamente esperada. Este verán un “dron” voou polos ceos das terras de Muros, da man dun muradán da parroquia de Tal; da man de Manuel Lariño, emigrante en New York e un namorado das súa terra, das súas xentes e das súas paisaxes.
Para todos ver o “dron” sobrevoar as nosas rúas e lugares, foi unha auténtica novidade. Moitos tiñan oído falar destes aparellos pero para a gran maioría era un gran descoñecido.
Manuel chámalle o seu “dron”, o “Bicho”. Mercouno nas “Américas” e non dubidou en que fora parte da súa equipaxe e traelo consigo co obxetivo de gravar dende os ceos, todas as cores das nosas fermosas terras.
O seu “dron” pode alcanzar unha altura de 1000 metros, que resultan mais que suficientes para otear unhas vistas impresionantes. O “dron” de Manuel está equipado con un estabilizador de alta precisión, que lle permite gravar sen que o aparato vibre, o que nos ofrece unha calidade única.
Para deleite de todos, Manuel publicou no Facebook, as imaxes gravadas polo seu “bicho”. Impresionantes ¡. Fomos quen de ver o todo Muros dende os ceos e con todo luxo de detalles, como nunca antes o habíamos visto. Graciñas, Manuel, polo teu traballo ¡.

Picture35 Picture36 Picture37 Picture38

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

ANISAKIS: en la prevención está la clave

Dra. Castiñeira.
Este parásito únicamente afecta a las personas que no sigan unas pautas de prevención específicas a la hora de consumir pescado.
El ANISAKIS, es un pequeño parásito escondido en el interior del pescado que puede provocar en las personas trastornos digestivos o intestinales e incluso alergias.
España es el segundo país con mayor número de infecciones de este tipo después de Japón.
Picture34El 90% de ellas se producen tras ingerir boquerones no cocinados y en esta categoría, los macerados en vinagre, si no se han congelado antes.
Estos gusanos solo pueden contaminar si el pescado se come crudo. Tras la captura, la limpieza y evisceración inmediata del pescado es fundamental, así como lo es el congelarlo y cocinarlo a temperaturas adecuadas para matar el parásito. Siempre que se sigan estas recomendaciones, es posible consumir pescado sin ningún riesgo y con total seguridad todo el año.
El ANISAKIS puede afectar a cualquier persona que consuma pescado contaminado con este parásito. En ese caso, se pueden producir dos tipos de dolencias
El primero, la ANISAKIASIS, una INFECCION provocada por la ingesta de pescado con larvas vivas de anisakis. Puede ser leve o grave y suele producir: dolor abdominal, náuseas e incluso vómitos. Los síntomas aparecen con un margen de una hora a dos semanas después de haberlo consumido.
Generalmente, el parásito se elimina de forma espontánea a través del tracto digestivo en unas tres semanas o muere en el interior de los tejidos que han invadido.
El según tipo de dolencia que podría aparecer es la ALERGIA AL ANISAKIS. En la mayoría de los casos, antes se han producido sucesivas infecciones, después una sensibilización del organismo y, por último, la reacción alérgica.
Si se confirma la alergia, los especialistas aconsejan extremar las precauciones y evitar el consumo de pescado crudo o poco cocinado, incluidos los ahumados. Las reacciones van desde una urticaria o una hinchazón a, en los casos más graves, un choque anafiláctico.
FORMULAS DE PREVENCIÓN.
Evitar el anisakis en casa empieza en el momento de la compra de pescado. Estas son algunas de las medidas de prevención:
Evitar el consumo de pescado o marisco crudo o mal cocinado.
Adquirir el pescado limpio y sin vísceras. En caso contrario, deberán limpiarse en el momento de llegar al hogar.
Congelar el pescado a -20ºC durante 24 – 48 horas destruye el parásito (en neveras industriales). En el caso de neveras domésticas, que suelen tener menos potencia, el tiempo de congelación debería llegar a los 5 días.
Cocinar bien todo el pescado a temperaturas superiores a 60ºC o más altas, mata las larvas de anisakis en 10 minutos. El pescado está bien hecho cuando al pinchar la pieza con un tenedor o cuchillo, la carne se desprende fácilmente de la espina y tiene un color opaco. En general, son 10 minutos para piezas de unos 2,5 cm. de grosor, dando la vuelta a los 5 minutos. La cocción completa y la fritura sueles ser más seguros que la plancha y el microondas.
Debe prestarse especial atención a los boquerones en vinagre, el sashimi, al sushi, al carpaccio y otras preparaciones con pescado crudo, ceviches, huevas de pescado crudas o semicrudadas, arenques y otros pescados crudos preparados en salmuera y pescados sometidos a ahumados en frío. En estos casos, deberán congelarse previamente al consumo.
No hay riesgo en el caso de los moluscos bivalvos(ostras, mejillones o almejas), aunque se consumen crudos. Tampoco son peligrosas las conservas en aceite, ya que en su elaboración se aplica tratamiento térmico que elimina el parásito.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario