Novas de onte: o comedor de inverno

p/Manuel Lago Alvarez

O domingo 23 de maio de 1937, en plena guerra civil, inaugurábase en Muros o “comedor de Auxilio de Invierno”. Da nova faciase eco o xornal “El Pueblo Gallego”, na súa edición do 25 de maio, sinalando que no comedor se atenden a “cien niños de los muchos necesitados que hay allí y que hasta ahora habían estado en el más completo estado de abandono”.
Picture2O xornalista,na súa crónica, non desperdiciou a ocasión para lanzar unha advertencia aos “tirios”, ao escribir: “No es Muros, sin embargo, un pueblo donde los vecinos correspondan con entusiasmo, pues aún existen muchos pudientes que no contribuyen en la Ficha Azul”.
A bendición do local correu a cargo do párroco de Muros, Don Ramón García Longo, asistindo unha morea de autoridades locasi, entre elas o xefe da Falanxe local, Don Alejandro Goyanes, e as delegadas provinciales de “Auxilio de Invierno” e de prensa e propaganda e a xefa local da Sección Femenina de Pontedeume.
O párroco, na súa intervención tivo palabras de eloxio “para esta maravillosa obra de la F.E.T.”, e ao empezar os nenos a comer, tódolos asistentes cantaron co brazo en alto o himno da Falanxe.
Continuaba o cronista invitando aos veciños de Muros a visitar o comedor e asegurando que: “aún los más reacios contribuirán a esto, que quizás por no conocer no atienden con el entusiasmo debido”.
Pese aos intentos, non fun quen de coñecer en que rúa estaba ubicado este “Comedor de Invierno”. Parece que os mais vellos son reacios a lembrar estas efemérides.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A presenza dos franciscanos en Louro e Muros (I)

p/ Manuel Lago Álvarez

Muros e as súas terras, atesouran historia, e como parte importante dela, é a existencia do convento dos PP. franciscanos, que coa súa presenza ao longo dos séculos foi capaz de dar contido e vida, e vida abundante, non só o fermoso enclave de Louro, senón tamén a Muros e as súas terras.

Picture25Para empezar, hei de dicir que non se pode desvincular a presenza deste convento da peregrinación do Santo de Asís as terras de Compostela aló polo ano 1214. Certamente non está moi documentada a presenza de San Francisco, para render culto ao Santo Apóstolo, pero os datos que se teñen son máis que suficientes para saber que a súa visita as terras do Finisterre, deixaron unha pegada que perdura no tempo.
Lembro a letra dunha canción, que di: . E non se borraron nin se borrarán; as palabras de Francisco foron palabras de Vida Eterna, e como tales, seguirán no tempo; pasaremos nós, mais as verbas non.
Aos poucos anos da visita do Santo a Compostela, comezáronse as obras de construción do Convento de San Francisco de Santiago. Moi concretamente no ano 1222. Pero he aquí, que un ano despois foi fundado o heremitorio de Louro. Feliz foi a iniciativa e feliz foi a coincidencia. Os Eremitorios eran pequenas ermidas onde vivían un o mais frades, ao estilo dos Pais do Deserto do Cristianismo. Vivían en oración e recollemento, o que lles permitía aos frades ou ermitaños, poder cultivar en paz a su propia vocación particular.
Unha das preguntas que se nos impón, e a de porqué este convento neste lugar e non en outro. A resposta a da a nosa fermosa ría e a súa porta de entrada: MONTELOURO, que, cos seus 241 metros de altura, conforma un enclave único, tanto para gardar as embarcacións coma para vixiar a presenza doutras naves.
Picture26Durante séculos as nosas costas foron asoladas por innumerables pobos estranxeiros que con afán claro de roubar chegaban as nosas terras deixando un rastro de sangue e fogo. Estes actos de piratería están ben documentados e foron moitos. Durante séculos, centos de piratas e corsarios pasaron polas nosas terras asolando todo canto encontraban. A última delas foi a invasión dos franceses en marzo de 1809.
Temos noticias de que os Normandos, nos seus intentos de atacar Santiago de Compostela, elixían o camiño das Rías de Arousa e Muros. Como consecuencia destas incursións os pobos da costa quedaban bacíos entre marzo e novembro (época de mellor tempo climatolóxico), para así evitar ser vítimas mortais de tan crueis ataques.
Os ataque normandos foron moitos e variados. No ano 844 despois dun falido desembarco na Coruña, asolaron as nosas costas. En 856 e 861 volveron a asolar as rias baixas. No ano 968, unha expedición danesa (os famosos vikingos) con mais de cen barcos e varios miles de soldados, ao mando de Gunderedo, entrou nas nosas rías, permanecendo aquí por espazo de dous anos, mentres preparaban o asalto definitivo a Compostela que se produxo en marzo do 970. Esta invasión de Gunderedo foi o detonante para que se construísen as Torres do Oeste de Catoira, como fortificacións que fixeran fronte os ataques. As fortificacións de Montelouro virían mais tarde, nos tempos do bispo Gelmirez, e foron destruídas no ano 1589, pola flota de corsario Drake, que logo do seu intento falido de tomar a Coruña, refuxiou a súa flota o amparo de Montelouro, antes de dirixirse a Vigo.
Reinando en Galicia Bermudo II, no ano 997, Almanzor asolou Compostela despois de que o bispo Pedro de Mezonzo evacuara a cidade. Na súa campaña Almanzor mandou as súa cabalería por terra, e a infantería por mar. Está perfectamente documentado que os jabeques do caudillo árabe, bordeando a costa, saquearon Oporto, Tui, para logo xuntas (infantería e cabalería) tomar Santiago que foi saqueada durante días. Podémonos preguntar ata onde chegaron os jabeques mouros: Pois a… Montelouro. E aquí foi embarcado parte do tesouro apresado.
O Bispo Pedro de Mezonzo tras este terrible torrente de destrución, adicou unha intensa e rápida labor de restauración das súas cidades e vilas, visitando algunas delas, entres elas a de Muros, onde consagrou a parroquial de San Pedro, chamada así, precisamente na honra do santo do bispo, que logo, en tempo foi recoñecido como Santo.
A pesares de todo, os actos de piratería continuaron. Entre 1048 e 1066 o danés Ulf, a que se lle coñecía por , pola súa prolongada actividade de saqueo no solo galaico,. volveu a traer o terror as vilas costeiras.
Volvemos a Louro. Como vimos, saqueos constantes ás vilas da costa, e presenza dos invasores durante tempo nas terras que estaban a saquear. E como dixemos, barcos de todo tipo ao amparo de Montelouro, coa presenza de xentes doutras terras e doutras culturas, coa influencia que iso supoñía para os lugareños, provocou que as autoridades eclesiásticas viran a necesidade de RECRISTIANIZAR as xentes. Ista maneira de proceder de fai 800 anos non e nova. Hoxe en día a Igrexa sigue facéndoo, enviando misioneiros a terras e pobos non moi lonxanos de nos. Esa recristianización, téñase en conta que non ia dirixida aos de Louro, senón aos de Muros. No século XVI Louro tiña unha poboación de 57 habitantes, namentres en Muros era de 460.
Así aparecen os franciscanos nestas terras de Louro. No punto xusto onde era necesario actuar, e pouco despois de que Francisco de Asís estivese en Compostela (1214), e meses despois de que se comezaran as obras do convento de San Francisco de Santiago (1222). ¿Podemos considerar a este Convento de Louro como a segunda comunidade franciscana de España, despois da de Santiago?. Pois caseque me atrevo a dicir que si. E tamén podemos dicir que foron os franciscanos os fundadores da parroquia de Louro. Vindo os franciscanos de Compostela, o mais normal, (e así foi), que a parroquia se puxera baixo a advocación de Santiago Apóstolo. (continuará)

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

O escudo de Muros

p/ Manuela Tajes

O actual escudo de Muros foi aprobado pola corporación municipal en sesión de 11 de outubro de 1957. A proposta fíxoa Don Ramón de Artaza Malvarez, en base a un detallado e rigoroso estudio histórico. As referencias mais antigas sobre o escudo de armas de Muros lévannos a diferentes documentos, entre outros un pergameo de confirmación de privilexios dados á Vila polo Rei D. Sancho IV en 1280, feito por Felipe II, no 1571, no que aparece como distintivo da Vila, un rombo no que no fondo destacase un castelo de ouro con tres torres e apoiándose no castelo, a esquerda, e en actitude rampante, un león, tamén en ouro, e a ambos lados dividida a palabra MUROS, e todo dentro do citado rombo. Como curiosidade e de destacar que ao longo dos séculos, o rabo do león sufriu dunha mobilidade non xustificada. Así, nunhas reproducións o rabo aparece mirando a esquerda e noutras a dereita.
Picture24Nunha copia do ano 1616 da Bula de creación da Colexiata de Muros, que fora otorgada polo Papa Alenjando VI no ano 1500, colócase a un lado da orla que a rodea, unha carabela. Este signo da carabela ten unha procedencia coñecida, xa que o usaba a Vila por concesión dos Reis Católicos, como premio aos muradáns por haber contribuído os seus habitantes con dúas carabelas á conquista de Málaga, no ano 1492.
Postos na actualidade, o escudo oficial consta de tres cuarteis. No dereito, un castelo con tres torres de ouro, sobre campo vermello; no esquerdo, un león rampante coroado en ouro en campo de prata, e no inferior, en fondo azul, unha carabela sobre o mar. No alto, sobre os cuarteis, duas cunchas peregrinas, como simbolo de pertenza do dominio particular do Señorío do Apóstolo sobre a Vila, e rodeando o brasón os títulos de Muy Noble, Muy Leal e Muy Humanitaria, que dende antergo ostenta a Vila, coroando o todo a Corona Real española, como signo de pertenza a España.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Campaniñas timbradoiras

p/ Nieves Formoso Vidal
Fotos de Quín Caamaño, Nieves Formoso Vidal, Antón Rey e Beniroxo.
Durante séculos, as campás das nosas igrexas convocaron, celebraron, recordaron e conmemoraron. Nun principio, servían ás nosas xentes como unha ferramenta de comunicación masiva para os asuntos espirituais e seculares. Hoxe en día, a pesar da aparición da comunicación moderna masiva como a radio, a televisión e Internet reduciuse a envergadura do papel comunicativo das campás das igrexas, que non obstante conservan gran parte do seu significado orixinal.
Picture22As campás chaman e anuncian as celebracions relixiosas. Chaman a oración, repinican ao gozo de groria, anuncían o inicio da novena ou da misa e tamén se utilizan para anunciar as vodas ou os funerais. O toque de defuntos faise a primeira horiña da mañá, logo as tres da tarde, e durante o funeral. Nalgunha das parroquias de Muros conservanse diferentes , así, para tocar a o toque é moito máis lento que o timbre normal, e acontece nove veces se un home morreu e seis veces se é muller quen morreu. Nalgún tempo tócabase a idade dos falecidos. Por exemplo, se o falecido tiña 65 anos, a campá soaria 65 veces ou seis veces cunha pausa e logo cinco veces. Nunha voda, a forma exacta da chamada era moi variable, aínda que sempre vigorosa e chea de vida e na conclusión da cerimonia, pero agora xa non se toca a voda. Todo se vai perdendo.
Picture23Na Idade Media, a cidade europea típica era construída en torno á súa igrexa. As campás anunciaban certos eventos sociais da comunidade e tamén chamaban á xente do pobo á oración e á misa e incluso anunciaban de perigos. (invasions, lume, epidemias, etc). Nas igrexas medievais, as diferentes badaladas indicaban os días de festa, o tipo de servizo da igrexa e se se predicaría un sermón. Según un coñecido teólogo, as campás estaban destinadas a simbolizar a voz de Deus chamando a xente á oración, aos servizos da igrexa e a Cristo. Pero, para ben ou para mal, todo pasa. Non tardarán os tempos en que as campás soarán non móviles ¡¡.
Acompaño a este pequeño artigo unhas fotos das campás das igrexas do noso Concello.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Paquita e os presos

p/ Manuel M. Caamaño

P.G.C. «Paquita», unha veciña de Muros tiña once anos no 1937. Movida pola súa curiosidade e pola compaixón, visitaba asiduamente os prisioneiros de guerra do campo de concentración de Vieta. Grazas a que o seu tío era brigada de carabineiros, a nena podía visitar os presos e levarlles algo de comida e de paso satisfacer a súa curiosidade de meniña charlando con eles.
Contaba Paquita que un dia mentres observaba os cautivos a través da reixa que os separaba da liberdade, acercóuselle un e díxolle…
-¿A que vienes, neniña?
– A ver a los rojos. Vengo de la escuela y vengo a mirar a los rojos.
– Mira, díxome abrindo a camisa e ensinandome o peito, somos blancos también. ¿Y porqué me hablas a mi? Te doy pena, ¿verdad?
– Si, mi madre tiene una tienda y mi padre está en EE. UU.
Era ó medico leonés, D. Carlos Mingote Eguiegaray . que exercía o seu oficio entre os seus compañeiros presos na enfermería  do campo de concentración de Vieta. Este médico pasado o tempo morrería durante a construción do «Valle de los Caidos» como traballador forzado.
Picture21Xunto a D. Carlos, na enfermería traballaba como axudante seu ó xornalista D. Eduardo Echevarría Santos, que lle dedicou a Paquita esta fermosa poesía a cal gardou aquela, de entón nena, durante toda a súa vida.
Corazones infantiles
llenos de pura bondad
hacen que vuestros sentires
sean heraldos de paz.
Yo guardo un grato recuerdo
que mi corazón no oculta,
un pueblo que puso en alto
la bondad de sus conducta.

Vi mujeres que a sus ojos
las lágrimas asomaban,
vi penas que por despojos
en sus rostros se marcaban.

Vi corazones de oro
que dulzuras derramaban,
consuelo de prisioneros
que libertad añoraban.

Que encontraron en un pueblo
la santa hermandad humana,
el alivio y el consuelo
que sus penas le causaban.

Muros, rincón de Galicia,
Tu nombre en mi corazón
Guardaré toda mi vida
Porque allí sufrí prisión.

Mas mi memoria no olvida,
el pueblo puso su amor,
su cariño y su ternura
en mitigar mi dolor.

Y allí donde yo resida
pondré toda mi pasión
en decir como una niña
brotó de capullo en flor,
poniendo con su sonrisa
llegar a mi corazón
al llenarlo de alegría
de esperanza y de perdón.
Eu ben sei quen é Paquita, pero vou a respectar, como ela houbese querido, o seu anonimato.
Carlos Mingote Eguiagaray. Condena: reclusión perpetua. De Carreño, León, hijo de Policarpo y Petra, 46 años, casado, médico. Dirigente de IR; jefe de los servicios sanitarios del campo de aviación de Carreño; director del Hospital de Granada con la graduación de capitán de Sanidad y presidente del Tribunal Médico Popular con la categoría de comandante.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario