Novas de Onte (3 de abril de 1910)

p/Manuel Lago Alvarez

Del Municipio: Sesión celebrada el 3 de abril de 1910:
Bajo la presidencia del Alcalde Señor Romaní, celebrose esta sesión, dando principio a las diez y media de la mañana. Se aprueba la anterior. Leyéronse varias instancias solicitando permiso para edificar casas; lo cual fue concedido. Dióse cuenta de una instancia de un tal García de Esteiro en la que pide que no se lleve a efecto un acuerdo del ayuntamiento ordenando retirar de la puerta de su casa una pared que estorba a la vía pública, fundándose en que la pared está en su propiedad, alzándose de tal acuerdo, cuya alzada fue admitida. Leyose otra instancia firmada por Onofre Valle pidiendo se le admita prueba contra un acuerdo del municipio por haber edificado parte de su casa en terreno que le cedió el señor Portals, manifestado además que el terreno que tiene sembrado a legumbres fue adquirido del municipio. Acordose admitir la prueba que ofrece. Se le concede a Manuel Brea, de Esteiro, el terreno que pide para edificar una casa, ordenándosele al mismo que retire unas plantas y estacas que puso en la vía pública. Diose lectura de una instancia del médico municipal D. Ramón Pais en la que pide se le expida por el municipio una relación con derecho a la beneficencia municipal. Al darse lectura de la anterior solicitud, se interó por el concejal Sr. Formoso que no tan sólo se expidiese la lista al señor Pais sino que también a los restantes médicos del municipio, quedando tal solicitud, a petición del mismo señor, sobre la mesa para estudio.
Diose cuenta de una comunicación de la Diputación Provincial en la que participa haber acordado la cantidad de quinientas pesetas para los damnificados por las últimas inundaciones. Apruebanse varias cuantas de gastos con motivo de las funciones religiosas de Semana Santa.
Aprobose una cuenta de vacuna para las parroquias de Esteiro, Tal y Abelleira, y una cuenta para pago de una rampa de un camino de Baño a la carretera. Diose lectura de las entradas por consumos durante el mes de marzo último, que dio el resultado siguiente: suma total: 5761,89 ptas. (LA Abril-1910)

Picture20

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Funcións das Escolas de Música municipais (II)

p/ ESMU– Carnota
Coma sinala a LOGSE as Escolas de Música municipais, plantéxanse nun contexo social, e ducativo e cultural máis alá da mera adiquisición de habilidades técnicas, propiciando a fomración integral da persoa en si mesma, e na relación con demáis.
Aspectos como a formación gozosa aficionada dende idades tempranas e sen límite de idade; descobrir vocacións e aptitudes para encauzalas á ensinanza profesional; formación eminentemente de práctica instrumental e danza de conxunto; foco de difusión das tradicións orais, etc, son singularidades que no seu conxunto potencia ás Escolas de Músicas ESMUs.
Picture19Pero … topámonos coa falta de recursos, sobor de todo nos pequenos concellos onde os agravios comparativos son escandalosos para satisfacer realmente as necesidades dos cidadáns. Porque non hai que esquencer que os verdadeiros impulsores das ESMUs, como case todo o referente á cultura, son as Administracións Locais.
Según datos do Ministerio de Educación, o 85% dos estudiantes dun conservatorio superior, eran na realidade do grado elemental. Desa porcentaxe só pasaba o 12 % ao grado medios, que á súa vez, só continuaba no superior o 2 %; finalmente os alumnos do grado superior só o superaban o 50%.
Polo tanto, reafírmase o fallo do sistema que estaba en conducir aos estudios reglados e profesionalizados a miles de nenos e adolescentes carentes das debidas aptitudes e actitudes ou ambas.
A educación musical experimentou un xiro radical nos últimos quince anos. Cambios lexislativos que propiciaron o nacimentos das ESMUs, a implantación de novos conservatorios, a eclosión de centros privados e a chegada de novas institucións á Xestión de centros musicales como consecuencia da descentralización e o traspaso de competencias ás Comunidades Autónomas, Diputacións e Concellos.

En España existen alrededor de mil trescentos centros de ensinanza
Musical dos cales máis de 500 son ESMUs.
O caso do noso país ten dúas características peculaires que o distinguen da maioría:
1. Están promovidas claramente dende unha reforma legal, antes da cual non existía. A Lei non vén regular un feito previo, senon que o crea “ex nihilo”.
2. O contexto de regulación é dunha reforma educativa e non de política – cultural.

As ESMUs deberían cumplir unhas normas básicas para funcionar ben e cumplir os obxectivos anteriormente citados:

1. UNHA XESTIÓN DE PERSOAL (as persoas como principal activo da Escola) que implica ás persoas no proxecto…
– Dinamizando aos diferentes equipos de traballo para que definan os seus propios obxectivos e realicen o seguimento das accións que se plantexan.
– Consolidando postos de traballo como parte da consolidación do proxecto, definindo claramente o perfil dos postos de traballo.
-Fomentando a formación do persoal en todos os seus ámbitos, dende os novos métodos da Xestión ata a actualización didáctica.
-Promocionando o desenrolo profesional no propio posto de traballo, apoiando ás iniciativas que profundizan na concepción polivalente do posto de traballo.
2. UN PROXECTO EDUCATIVO enmarcado en tres condiccións:
2.1. Que sexa pedagóxicamente atractivo actuando a través de:
-Unha oferta sen límite de idade como reflexa a evolución do alumnado.
-Unha oferta flexible en canto a tempos lectivos e materias, recollida na organización da Esmu nos seus diferentes niveis.
-Unha oferta de todas as familias instrumentais plasmada na estructura da Esmu, asi coma nos diferentes cadros de evolución do alumnado.
-Unha oferta de ensinanza grupal como eixe da ensinanza manifestada nas actividades de conxunto que realiza a Esmu a través das súas diferentes agrupacións.
-Unha apertura á ensinanza das novas tendencias musicais e innovacións contantes constatada no apartado doutras tendencias e nas de accións innovadoras.
-Unha gama de asignaturas teóricas que axudan a comprender millor o feito musical, recollidas na estructura da Esmu.
2.2. Que sexa musicalmente eficaz:
-Cunha clara definición de obxectivos para os diferentes niveis de ensinanza recollidos na organización da Esmu.
-Co traballo do profesor estimulando ao alumnado para que acade os progresos adecuados en cada nivel. Unha ensinanza non regrada, non significa vir á Esmu a pasalo rato, senon que supón ofertar ao alumno/a unha noción práctica en música adecuada ao ritmo de aprendizaxe del, debendo éste aproveitar de forma adecuada as ensinanzas recibidas, facéndolle corresponsable dos diferentes procesos de ensinanza-aprendizaxe.
-Coa presenza do alumnado nas audicións tanto fora como dentra da Esmu, tendo cada vez máis presenza na vida do noso pobo
-Coa realización de concertos periódicos, dentinados ao concello en Xeral e ao alumnado en particular, intentando potenciar o gusto pola audición dos diferentes estilos musicais e desenrrolar o espíritu crítico.
-Coa dentección de alumnado que polos seus intereses e capacidades desexe acceder á ensinanza regrada.
2.3. Que sexa economicamente viable levando a cabo:
-Polo lado dos ingresos unha definición dos principais sectores e a súa participación na financiación da Esmu.
-Polo lado dos gastos, unha definición das partidas presupostarias en función das necesidades e que se contrastan en cada exercicio.
-Polo lado dos custos, estudiar a súa estructura noutras Esmus, sexa cal sexa o titular, así coma en servizos de similares características prestados pola administración educativa, co fin de que o titular do servizo teña un punto de referencia.
-Unha Xestión e seguimento do presuposto ao servizo duns obxectivos claros.
3. UNHA MELLORA CONTINUA NOS SERVIZOS NON LECTIVOS –-Axilizando a matriculación, simplificando a documentación a tramitar
-Acurtando os prazos de entrega nos servizos prestados á administración ou conserxería.
-Cun control actualizado e planificado tanto da contabilidade coma da Xestión administrativa do alumnado.
-Prestando de forma áxil o servizo de biblioteca-fonoteca en canto ao fondo e a atención ao usuario.
-Abíndose ao pobo a través de mailings dirixidos aos posibles usuarios do servizo, audicións do alumnado nas escolas públicas, nas rúas, nas prazas etc
-Xestionando os espacios do centro para mellorar as súas condicións, optimizar a utilización das aulas disponibles e dotalas do material necesario para levar a cabo as súas función; regulamentar a súa utilización como espazo de estudo para o alumnado.
-Establecendo un sistema de bolsas e axudas ao alumnados con problemas económicos.
-Inicaindo cauces de diálogo co usuario para detectar posibles áreas de mellora dentro da Esmu.

Está máis que comprobado que nun centro de ensinanza non regrada, a dependencia das preferencias da demanda non determina o modelo do centro, senon que somos capaces de ofertar un centro planificado cunha demanda o suficientemente forte non só para manter vivo o servizo, senon para crecer ao longo dos anos.

Publicado en Música | Etiquetado , | Deja un comentario

Don Ricardo Tobío Rama (III):

p/ Amador Martín Armesto.

Unha vida de dedicación plena a su pueblo

 En los primeros años de Don Ricardo como médico de Esteiro, la minuta media de un médico por consulta en España era de 5 pesetas. El que no podía pagar, se apuntaba a la asistencia pública, o sea, a la caridad. Y si no, más fácil, se moría y punto. Ir al médico «de pago» era distintivo de clase. Datos de 1.927: El estado gastaImagen32 10.352.310 de pesetas en abonar a 7.585 médicos la asistencia de beneficencia prestada a 595.132 familias, y paga también 5.847.298 pts. del gasto farmacéutico correspondiente. Las ciudades atraían la migración forzada del mundo rural hacia cinturones industriales en franco desarrollo, formándose guetos de necesidad en torno a ellas, donde se incubaba una potencial-mente peligrosa reacción social; lo que aconsejaba derivar hacia las grandes urbes la mayor parte del presupuesto disponible; y porque en las ciudades era donde las existencias de capital circulante aseguraban la inversión estatal. Por otro lado, la «sanidad pública» era un concepto relacionado con la prevención y tratamiento de las infecciones colectivas, y las migraciones y la pobreza eran su vehículo habitual; había que proteger las ciudades. Pero si casi 15 millones de pesetas de dicho gasto se iban a capitales de provincia y otras grandes poblaciones, ¿Que quedaba para la zona rural? ¿Quién pagaba al médico de Esteiro? Pues por la ley del embudo, los respectivos ayuntamientos. La Ley Orgánica de Sanidad de 1.855, en vigor hasta los años 40, establecía la obligación del municipio de crear los puestos de asistencia sanitaria, proveerlos y mantenerlos. Este principio tan sencillo de «buscaros la vida» se mantiene en la Instrucción General de Sanidad de 12 de Enero de 1.904, por el que se crea el Cuerpo de Médicos Titulares, y se ratifica en Imagen33los Reglamentos de Sanidad Municipal de 1.925, donde se matiza que el cupo de familias pobres por médico ha de ser de trescientas. Esto hace que sea mucho más saludable económicamente ejercer la medicina en una capital que en un pueblo pequeño. El consistorio vive de las tasas e impuestos locales que le permite la ley, y el de un ayuntamiento pobre, de una zona de economía de subsistencia sin liquidez en metálico, acostumbrada al trueque, tiene que articular métodos alternativos con qué alimentar sus arcas. Las Igualas, antigua forma de pagar servicios «A escote», regulada ya por Carlos III, establecía una tarifación «oficial» para productos del sector primario y era un recurso habitual que permitía abonar servicios profesionales y otras tasas locales, derechos eclesiásticos y de-más. Y aunque el párrafo parezca extraído de una descripción medieval, estamos hablando del siglo XX. El sistema de las Igualas, un contrato de prestación de servicios médicos que ligaba al médico titular con las familias no comprendidas en el rango de beneficencia, que impedía al médico acudir a clientela libre, aún sigue vigente en algunos lugares de España, cohabitando con sus más y sus menos con el sistema de la sanidad pública actual. (Lo encontramos habitualmente en muchos países de América Latina). Este sistema, o sus pretendidas actualizaciones modernizantes, no pudo progresar en Galicia, en el mundo rural, carente de liquidez; los médicos se mantenían en su plaza por pura vocación. En 1934 se crea la figura del médico APD, asistencia pública domiciliaria, centralizando el sistema en Madrid y pasando a cubrirse las plazas por oposición; los hasta entonces llamados Médicos Titulares pasan directamente a esta nueva clasificación.Imagen34

Don Ricardo, como tantos otros profesionales rurales, seguirá dependiendo del mismo sistema económico medieval, incluso hasta mucho después de la puesta en funcionamiento de la Seguridad Social moderna.

Algunas fechas de referencia en cuanto a los seguros sociales:

1855.- Primera ley española sobre sanidad, orientada a la prevención de las epidemias. De carácter policial, persigue la salubridad y la higiene pública.

1858.- Establecimiento de las Casas de Socorro, consultorio-hospital de caridad.

1868.- Se establecen los médicos titulares para poblaciones de más de 4.000 vecinos, con la obligación de asistir gratuitamente a los pobres.

1883.- Creación de la Comisión de Reformas Sociales.

1900.- Ley de accidentes del trabajo.

1891.- Primer congreso de Médicos Titulares de España.

1904.- Se crea el Cuerpo de Médicos Titulares y se establecen sus retribuciones.

1904.- Conferencia sobre Previsión Popular.

1908.- Se funda el Instituto Nacional de Previsión.

1919.- Se establece la obligatoriedad del seguro de Retiro Obrero.

1923.- Se crea el subsidio de maternidad.

1929.- Se establece la obligatoriedad del seguro de maternidad.

1932.- Se amplía a los trabajos agrícolas la cobertura de la ley de accidentes de trabajo de 1900.

1942.- Se crea el Seguro Obligatorio de Enferme-dad, implantado el 1 de Septiembre de 1944 y vigente hasta 1978 en que se publica la vigente Ley de General de Sanidad.

Perfil del médico rural en tiempos de Don Ricardo.-

A pesar de que la estrecha relación con sus pacientes y vecinos desarrolla un sentimiento de amistad y familiaridad mutuo, y de la admiración que pueda disfrutar por parte de su clientela, el oficio de médico rural era tenido a menos entre la profesión: Su proyección profesional era nula, sus ven-tajas económicas inexistentes y las dificultades para ejercer, innumerables. El perfil típico de estos titulares era, en la primera mitad de siglo, el de un hombre, de extracción rural; hijo de terratenientes, comerciantes prósperos o profesionales farmacéuticos de la zona. En Galicia había una media de dos médicos por ayuntamiento, a mediados de siglo se contaban 700 profesionales rurales en toda la región. ElImagen35 médico rural era (Y sigue siendo) un cruce entre detective, sicólogo y bombero: La información sobre sus pacientes le llega a menudo en forma indirecta y se ve involucrado en temas de tipo social y familiar. «Ay, dotor, a ver si lle mete medo ao meu Xosé pra que non beba tanto…»

El papel de la Iglesia en la sociedad.-

En cierto modo, y como lo son también la práctica totalidad de las asociaciones humanas, la iglesia es como una empresa. Con sus objetivos, sus pre-supuestos, sus planes de implantación y desarrollo, su estrategia de imagen… Necesita definir y buscar su lugar en la sociedad y el estado, más o menos directamente y según las épocas a lo largo de la historia. Para su supervivencia, protección divina aparte, depende de sus ingresos como cada hijo de vecino. Y esta es su segunda preocupación después del asunto celestial; «Ora et labora», o en castellano «A Dios rogando y con el mazo dando». Para repartir caridad necesita recaudar de la cari-dad de los demás, apelando a la solidaridad de todos y de la administración del estado en particular. Es la aplicación activa del sentido de vida cristiana. A principios de siglo, esta constante se hacía mucho más evidente que hoy día. El contacto con el pueblo tenía que ser directo y en persona, no había otra forma, para mantener el clima de fe y el ascendente sobre sus conciencias. No juzguemos midiendo con varas actuales, entonces la gente vivía una religiosidad integrada en su cultura como algo normal y natural, encontrando en la fe mucho más apoyo que sufrimiento, aunque hubo de todo. Ya en la posguerra, en el campo que hoy ocupa parte del actual cementerio de Esteiro, tras la iglesia vieja, se reunía la gente los domingos para «La Misión». Allí acudían a pasar la tarde conducidos por los respectivos párrocos los vecinos de Esteiro, Tal y Abelleira. Como cantaba D. José, párroco de Santiago y de Santa Mariña cuando se aproximaban los de San Esteban: «Ehí veñen os de Abelleira cruzando polo barranco, dirixidos por Don Ángel no seu cabaliño blanco». Los curas solían tener a su vez sobrinos curas, con lo que «se preservaba la especie». Pero también sobrinos médicos, o maestros… Profesiones que reportaban una serie de beneficios a la sociedad, cubriendo sus carencias en educación, sanidad etc. Digamos que así se devolvía al pueblo la inversión realizada en limosnas para los santos. En el caso de D. Ricardo esta inversión fué amortizada con creces.

Otros personajes de la historia de D. Ricardo.

Don Antonio. Fue el padrino y mentor de Don Ricardo. Aunque fue bautizado con el nombre de Perfecto, al ordenarse sacerdote consideró la conveniencia de cambiárselo por el de Antonio. Destinado a Pontevedra, a la parroquia de Nuestra Señora de Los Placeres en Lourizán, conoce a D. Eugenio Montero Ríos, que coincide entre los asistentes a sus homilías y simpatiza con el sacerdote. De ahí surge una amistad que sin duda influye en la progresión social de D. Antonio, brindándole una serie de importantes relaciones sociales. La influencia de D. Antonio, canónigo, era públicamente conocida. Don Ricardo libra de la mili: En aquellos tiempos se compraba la exención del servicio y los buenos «enchufes» lo facilitaban. Cuando se produce la vacante del médico de Esteiro por jubilación del marido de Doña Delfina, se presentan dos candidatos al puesto. La promoción que realiza el padre de D. Ricardo entre los vecinos fué importante. Pero si consideramos que el otro candidato era un Romaní, la influencia de D. Antonio tuvo que ser decisiva. Don Eugenio Montero Ríos, santiagués, (13/11/1832-12/5/1914) fue un célebre jurista del XIX. Catedrático de derecho en Oviedo y Santiago, político liberal, ocupó las carteras de justicia y fomento en varias legislaturas; en 1905 fue nombra-do Presidente del Gobierno con Alfonso XIII. Co-fundador de la Institución Libre de Enseñanza en 1877, fue su primer rector. Presidió la delegación española que firmó el tratado de París, con el que se ponía fin a la guerra con los Estados Unidos por Cuba, Puerto Rico y Filipinas. Consejero privado de la reina María Cristina, por el Pazo de Lourizán, su casa familiar, solía pasar lo más granado de la alta burguesía liberal gallega. Todo un personaje; me permito apuntar el dato para recalcar que Don Ricardo pudo haber optado por otros destinos más aparentes, apoyos no le habían de faltar y cualidades humanas o técnicas tampoco. Sin embargo, se ve que consideraba a sus paisanos más merecedores de sus servicios.

Doña Mercedes, esposa de D. Ricardo, fué siempre llamada «Señorita» por todos los vecinos de Esteiro. También lo fué su hija María, en menor medida. Es de destacar su adaptación al medio rural, extraño para ella; criada en la capital de España y de clase «Pudiente», tuvo que acostumbrar-se a un medio completamente distinto y desconocido. Acompañada por una criada con una sombrilla, acudía a supervisar las labores del campo en sus propiedades y repartir «La parva». Dio a luz 14 hi-jos, uno muerto apenas nacido: María, Joaquín, Luís, Ricardo, Cándida, Mercedes… Ya en la casa nueva de Creo , Concha, Pepita, Margarita, Paco, Abelardo, Pepe y Pilar. Vivos actualmente, Mar-garita, Abelardo y Pilar. Aunque ninguno se dedicó a la profesión de D. Ricardo, un hijo de Luís, Ri-cardo Tobío Calo, ejerce como médico en Madrid.

Barro es un pueblo cercano a Noia de donde era natural Don José Rodríguez Romero, conocido por esto como Don José de Barro. Como comercial no tendría precio hoy día, su gestión económico-fiscal entre sus feligreses para obtener fondos para la construcción de la nueva iglesia es digna del mejor ministro de hacienda: La prueba física de sus esfuerzos seguirá presente por muchas generaciones: La iglesia nueva. Hombre agraciado y de buena presencia, que por ello despertaba ciertas envidias infundadas entre mozos y maridos, Don José atraía a sus fieles por su magnetismo personal, o más bien por su insistencia. Era omnipresente y pesado, nunca le valía un «No». Está claro que la «propiedad» de la iglesia nueva pertenece a todos los vecinos, pues se construyó gracias a su esfuerzo y solidaridad; pero la iniciativa del sacerdote bien merece la mención que de él se hace en la placa recuerdo colgada en las paredes del templo. En Solleiros, barrio cercano a la iglesia, se concentra-ba la gente pía de la parroquia. Por eso se ganó el mote de «O Car.. Santo.», que actualmente ostenta un equipo de fútbol de la liga de barrios.

«La farmacéutica».

María, hija mayor de D. Ricardo, contrajo matrimonio con el titular de la farmacia del pueblo, Don Román Romaní Ferrer. Sus apellidos nos aclaran perfectamente su pertenencia a la élite de origen cata-lán establecida en la zona y vinculada con actividades comerciales derivadas de la pesca. Una hija del matrimonio, Marina, llegará a licenciarse en farmacia y continuará en el pueblo con la actividad de su padre. María «La farmacéutica» enviuda joven; por esto sus hijos, muy niños todavía en ese momento, se acostumbraron a llamar «Papá» a Don Ricardo y a considerarlo como tal.

«El Estanco» era un bar regentado por Belarmino, cuya esposa, Cándida, era pariente de Don Ricardo. A este local, sito en el mismo lugar que ocupa hoy el actual «Bar Estanco», y que casual-mente regenta un sobrino nieto del médico, acudía D. Ricardo las tardes de los días de fiesta a participar de la tertulia entre amigos y a jugar una partidita a las cartas, tantas veces interrumpida por alguna urgencia médica que requería su presencia. Esta actividad de ocio era la única que se conoce que practicara D. Ricardo, aparte de las que disfrutase en su casa, con su familia. Su afición era la lectura, y cuando la ceguera se lo llegó a impedir, requería a alguno de sus nietos para que le leyesen.

«Os Moletes». De la casa matriz de Outeiro, en Solleiros, salió más de un cura. Aparte de D. Antonio y D. Serafín, sobrino de D. Ricardo, parece ser que existía un precedente en la familia. Hermanos de Joaquín, padre de D. Ricardo, eran Enrique, Pepe y Perfecto (D. Antonio). Joaquín casó para Riomaior, con María «Do Rateiro», su padre tuvo este mote por proceder de Rateira, cerca de Abelleira. La casa de «Os Moletes» fué casa pudiente de antiguo, de labradores propietarios.

Publicado en A Nosa Xente, Historia | Etiquetado , , , | Deja un comentario

Lembranzas dun vello mariñeiro (VI)

por Pedro Caamaño Lago

É de mención interesante a pesca da cabala, xa que esta pesca era a que sacaba de moitos apuros ós pescadores en inverno. Recordo o famoso dito: “Xa che pagarei cando veñan as xardas” (e moi acertado por que no inverno estábase esperando a chegada das xardas, para pagar es débedas das familias mais humildes. E ademais que era unha pesca que enchía de orgullo os bos pescadores, xa que requiría unha gran experiencia. Pescábase de dúas formas: con “balancín” e con “silgo”, para o balancín usábase como cebo o fígado de tenreira ou de porco, (ou de gato, como dicían algúns), e para o silgo sardiña ou lura. (O balancín é un trebello que consta dunha liña, chumbo, tanza anzol e unha “bulsa”) (a bulsa e unha bolsa pequena para transportar o engado ó fondo). (O silgo consta de liña, chumbo, tanza e un só anzol). A forma de pescar co balancín require unha destreza especial. Por exemplo: nunha embarcación de dous ou mais pescadores os de proa pescan co balancín e o de popa con dous silgos. Os dous de proa teñen que buscar a altura na que se encontran as cabalas para co engado facelas comer mellor. Como se presumía tanto de mellor pescador os dous de proa, unhas veces querendo, e outras sen darse conta, enganábanse mutuamente e iso que se andaba a xunta, canto máis pescabas mis gañabas. (Pero era mais Picture14forte o orgullo que a fame). Isto tamén ocorría ca pesca da merluza; enganábanse mutuamente para marcar diferencias. (Ultima mente para evitar estas cousas, a partires das corenta brazas marcábanse as liñas, en grupos de dez con cintas de colores distintos, e todos iguales, xustamente para evitar estas tolemias). Así que, o que mellor facía os utensilios de pesca, o que encontraba a profundidade axeitada, o que mellor preparaba o cebo, estes eran os que máis pescaban, e case sempre eran os mesmos por que en definitiva eran os mellores, (e ben coñecidos por todos). Podía citar algúns como fixen antes cos polbeiros. Neste caso serían: os Leóns, os Jordiños, os Carecos, os Locaos, os Papeiros, os Majachos, os Cabaceiras, pedindo desculpas por si se ofenden, tanto os que menciono como os que non.
A pesca do robalo tamén tiña a súa dose de destreza e de valentía. De destreza pola forma de preparar os “chibos” ou de lanzar a “majua”, e de risco por ter que acercarse ás rompentes cando o mar de fondo era moi forte. Nos anos cincuenta e anteriores traballaban con chibos, (feitos a man, con chumbo, pelos, e anzols), e traballaban nas rompentes ou o currican, mais no inverno traballaban con palangres que os encarnaban con “pateiros” vivos, (Cangrexos) E posteriormente nos veras xa se pescaba ca mencionada majúa, cando os robalos saían á superficie en “manchos” (diciámoslle manchos a grupos enormes que por motivos de comida, saian a superficie), estes manchos, podían aparecer desde dentro da ría ata Fisterra, por toda corredura; Toleaban os robaleiros, o mesmo lle saían cerca como mais lonxe, e os patróns rebentaban os motores dos barcos para chegar canto antes a eles, os mais expertos xa ían ca liña e a majua enganchada no anzol para lanzala canto antes mellor, ( a liña do robalo constaba tan so de unha tanza moi longa e forte, e un so anzol), o que o facía así case sempre collía algún antes de que se “calaran” outra vez, (diciamos que se calaban, cando se afundían outra vez), o que non era tan avivado, ou lle caía a majua, ou se lle enredaba a liña, a ese tocáballe se cadraba. (A majúa é un peixe alargado que vive enterrado na area en pouca profundidade), e cóllese cunha rede de arrastre non moi selectiva, denominada boliche, xa que ten unhas mallas moi pequenas e non deixan saír as crías de toda a cantidade das outras especies que se encerran dentro. Nos tempos dos nosos pais xa a prohibiron polo risco de esquilmar as demais especies. Sen embargo hoxe incomprensiblemente vólvena a utilizar.
Tamén se debe mencionar e nunca, nunca esquecer, a utilización da dinamita para estes peixes, creo que isto foi unha das razóns da súa desaparición, agora parece que se recoñece o terrible efecto que causou.
Picture15Como antes xa mencionei, a pesca da merluza, era de pescadores moi finos, eu diría a que mais, (sei que con esta afirmación levantarei polémica, pero eu sen dubida creo así). Era tan selectiva, por que se pescaba con un so anzol, e como se comprenderá cando se terminaba de pescar non quedaba nada que puidera facerlle dano a o caladoiro. Como coa cabala, o que preparaba ben as carnadas o que preparaba ben os” chismes” (Trebellos de pesca), manexaba ben a liña nas distintas profundidades, e controlaba o momento de “enferrar”, (Tirar con forza pola liña para enganchar ben o anzol na boca da merluza), ese era dos mellores. Con frecuencia comentábase na ribeira, ese sinte ben pero engancha mal, e ese non sinte ben pero e mais firme a hora de enganchar. En algunhas embarcacións, segundo versións, e por experiencia propia, algúns dedicábanse a “enfarrarlle” ós que fallaban moito, ultimamente cando as fabas eran contadas, xa non se permitía ter moitos fallos.
A este peixe empezouse a traballar alá nos anos corenta, dicían e din por que aínda están aí moitos deles, e que sigan estando por moito tempo, que pescando os ollosmoles, uns peixes rompíanlle as tanzas e pensaban que eran tiburons, ata que puideron subir unha delas, e viron que eran merluzas, a partires de aí, dedicáronse mais a elas. E con tanto éxito que chegaron a collelas dentro da ría, (aínda que o verdadeiro caladoiro foi na fanequeira do profundo, situada polo sudoeste do mesmo.).Despois xa era unha pesca fixa para tódolos anos, ata que os palangres e as volantas, segundo versións deles mesmos e nosas tamén, esquilmaron o caladoiro; logo seguiron perseguíndoas ata os cantos, onde tamén se pescaron moitas pero, tamén alí chegaron os palangres e as famosas volantas, e xa era imposible pescar, porque prendías cos anzós e perdías todos os trebellos, ademais e isto estaba ben demostrado, onde se traballaba coas volantas e cos palangres, as merluzas “embalaban”(marchábanse). Calquera e consciente de que eses trebellos non as collían todas pero sen embargo, de alí desaparecían.
O principio, cando querías tocalo fondo tiñas que ser moi rápido, por que prendías cos trebellos nos “siriales”(plantas coralinas) pero por último xa podías andar a rastro que era o mesmo, xa non había un coral no fondo, chegouse a esta conclusión por que; cando os barcos ían collendo as volantas solo sentías golpes nas cubertas, ían rompendo os corales que lle viñan enganchados nas redes, como hoxe rompen os ourizos que veñen enganchados nas “vetas”. ( Estas son redes con mallas mais pequenas que as volantas).
Como ben sabemos os pescadores de Muros, sempre lle gustou pescar ó cordel, cando tiveron que meter as redes, foi case obrigado polos que viñan de fora. Nos invernos, enchían a ría e a costa de miños e betas e cargaban de peixe. Pasou igual cas nasas do polbo, cando os de Muros se deron conta xa estaban outros portos de volta. E ben certo que a pesca de cordel, seguramente algúns armadores non se facían ricos, pero tamén e certo, que agora non teriamos que lamentar.
Picture16Este é o señor Pedro de cabaceira, (meu pai), o gran patrón.
A pesca do ollomol era xa máis de forza. Tamén a técnica marcaba diferenzas pero menos, aqueles que máis “inguadaban” (Este era o feito de transportar o fondo o peixe triturado que se introducía en unha “Bulsa” (bolsa enganchada a o chumbo de un quilo de peso) con unhas tanzas con oito ou dez anzos eran os que mais pescaban. Era traballoso por que como dixen antes había que subir e baixar todo o día un quilo de peso con unha liña delgada, as mans cheas de graxa e de picadas dos xurelos, o final da semana non se podía nin cerrar as mans coa inchazón, (dicían as vellas “méxalle meu fillo méxalle” e funcionaba). Requiría moitas horas, en ocasións desde as tres da mañá ata as tantas da noite. Procurando cebos, triturando e moendo o engado con esa máquina chouriceira, que algún dedo ten collido. Pescando e logo vendendo perdíase a noción do tempo. O cebo que se usaba, era a sardiña, lirio,ou majúa, e en raras ocasións o xurelo pequeno, cando en inverno escaseaban estas especies, era o berberecho que se collía na praia da Virxe do Picture17Camiño, en aqueles tempos nos que en esa praia podía mariscar todo o que quixera, daba gusto ver a xente cando nas mareas vivas baixaban de tódalas aldeas do entorno, e ían cargadas cos seus cestos de tódolos mariscos que podían apañar desde berberechos ata orolas pasando por ameixas e navallas; os poucos días quedaba a praia revolta e ca area branca e non tardaba nin outra lúa, para estar cargada outra vez de marisco; sen embargo agora parece que a “caparon”. Aínda que no inverno non era tan doado, víase a xente descalza empapada de auga e mortiña de frío, polas chuvascadas do noroeste, que en esa praia eran de conxelarse.
O mesmo ocorría coa pesca das rinchas e das pías. Cando en inverno tiñas que pescar polo medio da ría, con esas lestadas que baixaban e baixan polo río Tambre, capaces de deixarche sen tento e sen ideas.

A pesca das “pías” (crías de ollomol) tamén ten a súa historia. De estas crías de ollomol, nos anos dos que estamos a falar e anteriores, había tantos que estaban as pedras cheas, os pescadores cando estaban pescando a outras pescas molestábanlle e chamábanlle despectivamente” riñaso”, os peiraos estaban cheos chegaban a dentro da dársena, os rapaces que nos gustaba pescar, cando encontrabamos algo largo parecido a unha liña, poñiámoslle un anzol e a pescar as pías. E hoxe quen nas dera, canta riqueza xerarían, ¿xa nos gustaría saber por que desapareceron?.
Tiña tanta importancia, por que eran pescas do inverno, e no inverno era cando mais mal se pasaba, por que os malos tempos non che deixaban saír á costa, e esta pesca quitaba de moitos apuros. Coma hoxe fan algúns barcos, facíano antes os botes que se dedicaban a elas, e as “xulias”, saían pola maña cedo e regresaban sobre o medio día, e alí estaban as súas señoras esperando polos seus maridos para levarlle as pías e as fanecas ó mercado de pola maña, para coller a mellor venta, e si había marea, collían eles o sacho e a cavar a “papona”, (que por certo tamén controlan hoxe chamándolle “ poliqueto”), para o día seguinte continuar a faena. Había uns cantos que eran asiduos a esta pesca, como o vello do Fetoso, o vello do Pertirilleiro, o Culumbro, e algúns mais.
A pesca do congro, tamén se practicaba con frecuencia. Había familias como cas outras especies, que se dedican a eles, mais que as demais, Pero e unha especie que nunca foi alá moi de desexar, unha polo prezo e outra por que requiría traballar de noite, e isto a ninguén lle gustaba, sen embargo nos meses de Abril e Maio, estes pescadores, collían boas “caladas” como se dicía.
Os demais pescadores, salvo cando se barruntaban pescas moi abundantes, ou exemplares grandes como nos cascos, ou nos cantos e cantiles, entonces só, por que combinados con outras especies como a cherna, o ollomol e a merluza, axudaban a incrementar a marea.
Hoxe tamén se practica pero mais esporadicamente, recórrese a ela cando non barruntas nada das outras especies, ou pescadores que non coñecen ben outros recursos, xa que e unha pesca bastante fácil, con teres un palangre e “carnada”
(cebo) coñezas o groso das pedras e os peiraos xa a podes practicar, claro que, os que mais practican, mais coñecen, e polo tanto mais pescan, pero como dixen antes, a noite é para durmir.
Espero que estas versións sirvan para entender a dureza, e a valentía, destas nosas xentes, esa e a miña intención, vense libros de cultura mariñeira, referíndose o transporte de mercancías, en unhas ou outras embarcacións, a industria de conservas e a outros temas relacionados co mar, todos eles moi razoables , e do agrado de todos; Pero o pescador tamén ten a súa historia. Quizás non sexa esta a mellor maneira de expresala, nin eu o mais indicado, pero de seguro que e expresada con toda boa fe.
Así que a cultura mariñeira non debería perderse, Por que sempre foi a base da economía dos portos pesqueiros, debería quedar plasmada nos libros, e en museos marítimos por todos os pobos costeiros, por que cada pobo tubo a súa historia persoal e seguramente distinta a todas as demais. E Muros sen lugar a dubidas ten moito que contar.

Publicado en Historia, Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario

Panxoliñas

p/ Jorge Lago de Pexejo

O villancico como forma musical ten as súas orixes alá polo século XV en case todos os países de tradición cristiá coas variantes que se foron manifestando en diferentes culturas e continentes. Os diversos estilos musicais foron adaptados Imagen31doutros anteriores de estilo popular que non necesariamente estaban relacionados coa música litúrxica. Parece ser que as Panxoliñas teñen unha orixe moito máis antiga que os vilancicos e non necesariamente como canto de Nadal ata que ambas coincidiron no tempo. Según algún, a palabra panxoliña provén do himno eucarístico Pange Lingua que escribiu San Tomás de Aquino e foi alterándose co tempo as veces en pango liña ata polo que se coñece hoxe como Panxoliña que ademais adquiriu outros significados máis mundanos no dicir da xente como crer en panxoladas parvadas ou mexevadas.

Case todas as culturas celebraban con festexos deixar atrás as longas e frías noites invernais e darlle a benvida ao astro Sol. O cristianismo fixo coincidir a celebración do Nadal de tanto significado místico na conciencia colectiva co solsticio invernal. Para os pagáns o Sol era luz e a esperanza que coincidía perfectamente co sentimento dos cristiáns cara a Xesús e non é coincidencia de que sexa precisamente a luz un dos temas predominantes nesas celebracións.

Xa fose con tizóns en Galiza como nos recorda Ramón Otero Pedraio ou as súas variantes como o Yule en tantos pobos do norte de Europa ou o Caganet,  catalán.

O TIZÓN DE NADAL DE DON RAMÓN OTERO PEDRAIO

«É un cáñote grande dun árbore, que nas montañas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a meta, e o que queda gárdano pra cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios. Nalgún lado, semella que aproveitan a borralla pra botaren nos eidos, o cal sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén ten relación coa presenza das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume”.

A relixión xudéa segue co tema das luces na festa do Hanukkah tamén chamada Festa das Luces, con oito velas nun candeeiro que se chama Menorá.

Os sentimentos anticatólicos da reforma fixeron que se prohibise festexar o Nadal nalgúns países protestantes. Nos Estados Unidos os puritanos tampouco vían con bos ollos tales celebracións pero o desexo popular fixo que se fose impoñendo ata a Guerra da independencia onde se volveu tratar de prohibir non por sentimento antipapista, senón por ser demasiado inglesa. O presidente Ulysses S. Grant declarou Christmas feriado federal no ano 1870. Christmas, Christ Mass significa literalmente Misa de Cristo e non Nadal como se podería pensar, pero celébrase no mesmo día e pola mesma razón.

Sen dúbida, figuras literarias como Washingon Irving ou Charles Dickens e máis recentemente Hollywood teñen contribuído enormemente a popularizar a celebración do Nadal en case todo o mundo xa sexa polo seu significado relixioso ou porque nos sentimos inspirados para ter unha celebración común que transcenda pobos e culturas. O certo é que tanto en Santiago, Londres, Sidney ou Nova York, os Christmas Carols, Vilancicos ou Panxoliñas seguirán provocando en nós un sentimento de paz fraternal, concordia e tamén o afán de festexar.

Bo Nadal, Feliz Navidad e Merry Christmas!

Publicado en Cousas que interesan, Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario