Cousas de antes

p/ Neves Formoso Vidal

 As xentes da miña xeración, aínda que anos non temos moitos, sí que temos os suficientes para lembrar como cambiaron os usos e costumes das xentes ao longo do tempo.

Eu, que tiven a sorte de nacer na aldea, (á onde as novidades chegaban a última hora), nunca botei de menos o que os novos tempos e o aumento do poder adquisitivo iña traendo.

Na casa onde eu nacín e criei oubo dende sempre unha tenda, que era moi coñecida en Louro. A tenda era de miña nai e de miña aboa, e estaba situada no Rueiro de Arriba. Alí ían moitas xentes de Louro a facer as súas compras. Compraban, mais que nada, os artigos mais imprescindibles, pero entrados nos anos sesenta, a radio e a televisión, (o igual que agora), fixeron estragos, e a xente empezou a pedir cousas que para nós eran do mais raro.

Pasouse do chocolate Raposo ao Colacao; do xabón de sosa a a granel ao ”Persil” ; do papel de periódico (para aquelas cousas) ó papel en rollo “Elefante”; da auga da fonte, a beber “La Casera”, e así con un montón de outros produtos, como o pedramol, o estropallo de esparto, a pedra pómez, os “Celtas” e “Penínsulares”, etc, etc, que o aumentar o nivel económico das xentes, pasaron a mellor vida.

Son cousas de tempos pasados, pero non e malo recordalas, porque forman parte da pequena historia de cada un de nos e das nosas familias. Agora os nosos fillos están con outras cousas. Eles xa se criaron de outra maneira, rodeados de certas comodidades que nos nosos tempos parecíannos a nós que eran cousas das películas…

Aquí deixo unhas poucas fotos de algúns dos produtos de todo tipo, que empezaron a conocerse nos anos sesenta.

Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen13 Imagen14 Imagen15 Imagen16

Publicado en Vivencias | Etiquetado , , | Deja un comentario

“Os Japistas de Muros”

p/ Manuel Lago Alvarez

Acción Popular foi un partido político español confesional católico fundado recen proclamada a Segunda República co nome de Acción Nacional e que cambiou de nome un ano despois. Este partido foi o núcleo aglutinante da “Confederación Española de Derechas Autónomas” (CEDA).

As xuventudes deste partido chamábanse “Juventudes de Acción Popular” e foron creadas no ano 1933. Tamén se lles coñecía popularmente por “japistas” ou “camisas verdes”.

En Muros e as súas terras, tiveron bastantes adeptos. Foi moi sonado o miting que se celebrou en Muros en setembro de 1935, co que se inaugurou a “Academia de Oratoria y Círculos de estudio”, e que contou con unha afluencia masiva de afiliados e simpatizantes, e no que, segun as crónicas, predominaban “el bello sexo y el elemento marinero”.

Neste miting tomou a palabra o ex-presidente de Acción Popular don Felix Tomé Lourido, que desenrolou o tema: “Necesidad de la Academia de Oratoria y Círculos de estudio”. O orador rematou dicindo: “a Acción Popular le preocupa grandemente la formación moral, cultural y política de la juventud, para que éstos estén convenientemente preparados a fin de extender por todos los pueblos, villas y ciudades, las ideas salvadoras del partido”.

Na foto, un grupo de xóvenes muradanos membros da JAP, cos seus uniformes. Pasado o tempo, un deles, foi ordenado sacerdote, chegando a ocupar a praza de párroco dunha importante freguesía da contorna.

Imagen2

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción: Decembro-2014

Carta da Redacción:

Chegamos ao mes de decembro, e en TMT non podemos menos que alegrarnos de case cumprir un ano mais de vida nas redes. Un ano no que a difusión das nosas “cousas”,(arte, cultura, historia, tradicións), alcanzou a un maior número de xentes, i é que TMT está acadandoPicture1 recuperar i anunciar a todos, propios e alleos, que Muros é distinto pero non distante.

Cando fai uns días soubemos que Revista de outubro alcanzara as 22.200 entradas, non puidemos menos que aledarnos ao ver o interese que alcanza a revista entre os seus moitos lectores.

Levar adiante a revista non e unha tarefa fácil, pero con tesón e sorteando cento e unha dificultades, seguimos aquí facendo un pouco de historia; historia para Muros e as súas terras. Poucos concellos poden presumir de ter unha revista dixital como a nosa; poucos teñen xente disposta e comprometida, aquí e na diáspora, capaces de dar o mellor de si, para disfrute de todos.

Seguiremos adiante coa axuda de todos, e seguiremos porque estamos dispostos, mentres teñamos o apoio dos nosos lectores, a seguir a labor de divulgación cultural que nos propuxemos un grupo de muradáns comprometidos coa seu pobo e as súas xentes.

Este 2014 que remata non foi precisamente un ano de ledicias, pero foise superando; con dificultades i esforzos, pero a vida sigue e seguirá. Dende TMT desexamos a todos que no vindeiro 2015 se cumpran todos os bos desexos de cantos, homes e mulleres, saben desprenderse de un pouco de si, para compartir cos demais e que veña cargado de bens, ilusións i esperanzas para todos, cargado de ventos de liberdade en todos os ordes; cheo de novas ideas que sexan capaces de devolvernos mais e mais as ilusións que nos faltan.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario

Estatísticas de Muros

p/ Alianza Uhía Patiño

Nos primeiros meses do ano as Administracións soen facer públicas estatísticas referentes a todo tipo de datos que fan referencia aos Concellos, e fano comparando o ano vencido cos anos anteriores, co obxetivo de analizar as situacións de Imagen1crecemento ou decrecemento que inciden no andar económico ou social da poboación afectada. No caso de Muros, as facilitadas ata o de agora non son precisamente moi boas.

Todos os analistas coinciden sempre en que resulta básico para calquera tipo de crecemento económico que, ao menos a fixación da poboación se encadre na estabilidade; argumento que se sustenta na necesidade de que para que se produza un crecemento cómpre que a poboación creza ou, no mellor dos casos, non diminúa.

Os datos que paso a ofrecer son oficiais, recollidos dos publicados por diferentes administracións, e non pretenden mais que dar a coñecer unha situación real, que pode ser boa ou mala, segundo os ollos que os miren.

Poboación:

A 31 de decembro de 2014 o censo de habitantes de Muros é de 9117 persoas, das que 4402 son homes e 4715 mulleres. A 31-12-2013 a poboación era de 9281 Imagen2persoas. No ano 1900 a poboación do noso Concello era de 9130 habitantes. Comparado coa veciña vila de Noia, no ano 1900 tiña unha poboación de 9761 habitantes e agora en 2014, son 14571.

Censo Electoral de muradanos residentes no estranxeiro (CERA) Segundo as estatísticas ofrecidas polo INE a 1/9/2014 había censados no extranxeiro 1730 emigrantes cuxa orixe ou residencia é o municipio de Muros.

Paro:

A 31 de decembro-2014, o número de parados é de Imagen12674 persoas (332 homes e 342 mulleres). A variación relativa con respecto ao mes anterior é de -6, e a absoluta, con referencia ao ano anterior, a -59. A 30 de xaneiro, o paro era de 686 persoas, o supón un incremento do 1,78 % sobre o mes anterior.

Débeda:

Según o Ministerio de Economía e Facenda, o Concello de Muros, a 31-12-2013 tiña unha débeda de 2.399.000 euros. A débeda viva a 31-12-2012 era de 2.655.000 euros. No 2013 reduciuse en 256.000 euros.

Protección e promoción social:

En 2013 o Concello de Muros, cunha débeda por habitante de 36,38 euros, gastou en protección social por habitante, 7,44 euros e en servizos públicos básicos 160 euros por habitante. No mesmo período Carnota, cunha débeda por habitante de 43,61 euros, gastou 65,20 e 286,80 euros respectivamente. No caso de Noia, cunha débeda por habitante de 66,91 euros, o gasto foi de 73,42 e 274,20 euros respectivamente.

Gastos de persoal:

Dos datos da liquidación do orzamento de 2012, os gastos de persoal do concello de Muros supuxeron a cantidade de 2.646.106,88 euros, que representan o 42,8 %Imagen13 do presuposto dese ano (6.181.902,96 euros), resultando ser o concello con mais gasto de persoal de toda a Costa da Morte.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Os anos da escola

p/ Nieves Formoso Vidal.

Lembro sempre con moito agarimo os meus tempos escolares en Louro e Muros. Foi unha época bonita da miña vida na que aprendín e fixen amigos que aínda hoxe conservo.

En Louro, as primeiras letras aprendinas na escola de Dona Mari-Carmen e Dona Dolores. Mais tarde tamén acudín as clases particulares que daba o P. Agustín, do que gardo un gran recordo. Xa en Muros, para estudar o bacharelato fun a academia de Dona Katy, na rúa Axesta, e a Academia que había nos baixos do Concello.

A escola de antes pouco ten que ver coa de agora. O sistema de estudo agora e mais levadeiro e pouco ten que ver cos moitos medios dos que dispoñen agora as novas xeracións. Cando pensamos que kilos de libros puideran serImagen5 sustituídos por unha tablet?. Agora os métodos son mais modernos e se acompañan dun profesorado mais especializado na materia que imparten e dunha maior conciencia de que o alumno é, por enriba de todo, unha persoa a que hai que respetar. Do mesmo xeito, os alumnos na súa inmensa maioría, ven aos mestres como os seus preceptores e non como a persoas das que hai que escapar.

De antes para agora hai cousas que non cambiaron. E refírome aos moitos disparates que se dicían nas respostas ás preguntas dos profesores. Eu teño escoitado uns poucos e atrevinme a recopiar uns mais, e como a miña memoria non me alcanzaba a todos, engadinlle outros que fun recollendo de aquí e de acolá. Espero, que como a min, vos lembren o imaxin que tiñamos, que nunca era maldade; era… como era.

RELIXIÓN:

A Santa Trindade: Son o Pai, o Fillo e unha Palomica que vive con eles.

Onde foi bautizado Xesucristo: En Río Janeiro. Imagen6

A soberbia: É un apetito desordenado de comer e beber, que se corrixe practicando a luxuria. Fe: É o que nos dá Deus para poder entender os curas.

Relixión: Caín matou a Abel cunha molleja de burro. (Custoulle, pero ao final conseguiuno)

MATEMÁTICAS

Polígono: Home con moitas mulleres. Área do triángulo: É igual á cuarta parte da metade do seu lado pola semisuma da raíz cadrada de tres. Que é un paralelogramo?: Un aparato que serve para pesar en gramos. Que é un ángulo recto?: O que non se desvía nunca. Que son números primos?: Os que teñen os mesmos avós. Quen era Pitágoras?: Un director de colexio que inventou moitas cousas e que non sabía escribir. Profesor: Un pintor tarda dúas horas en pintar unha parede e outro pintor faino en tres horas, canto tardarán en pintar a parede se o fan os dous xuntos? Alumno: Cinco horas. Ponme un exemplo de pentágono: A Casa Branca. Quen foi Enrique Octavo?: O que inventou as fraccións. Barroco: Estilo de casas feitas de barro. (como o seu propio nome indica)

Cal é o pico máis alto da península e onde se encontra?: O Aneto, que está nos Pireneos, en Francia. CIENCIAS NATURAIS: Movementos do corazón: De rotación arredor de se mesmo e de translación arredor do corpo. O corazón sempre está en movemento, só está parado nos cadáveres. Esqueleto do papo da perna: Está formado polo óso máis longo do corpo, que é o fémur que vai dende o omoplato ata a rótula. Terremotos: Son problemas internos que ten a Terra. Que significa leucocito?: Leu, animal, e cocito, pequeno. Partes do insecto: Son tres: in-sec-to. O sal común: Ten un curioso sabor salgado. Coñeces algún vexetal sen flores?: Coñezo. Glaciar alpino: Chámase así porque arrastra moitos piñeiros. Froitos secos: Entre eles está a laranxa, que se divide Imagen4en varias partes chamados «grallas». Arterias: Son uns tubiños de plástico flexibles. Pediatra: Médico dos pés. Estimulantes do sistema nervioso: O café, o tabaco e as mulleres. Animais polares: Son a Osa maior e a Osa menor. A medula espiñal: É un tubo de 10 a 12 metros onde dicían os antigos que residía a alma. (e que o temos gardado moi enrolladito para que nos caiba ben dentro da columna vertebral). Minerais: Son animais sen vida. Fases da Lúa: Lúa chea, lúa nova e menos cuarto. Músculos do colo: Electrocleidomésticos.

Parasitismo: É a acción de parar unha cousa. Ósos do cranio: Son un frontal, dous parietais, dous orientais… (- Non home, os orientais son os chineses!) – Ah, si señor! Un frontal, dous parietais, dous chineses… Exemplo de fera salvaxe: O porco.

Derivados do leite: O arroz con leite. O mercurio: O mercurio serve para medir a temperatura e chámase termómetro clínico. Os vivíparos: Os vivíparos son o contrario dos ovíparos, entre eles está o home, que ten memoria, entendemento e vontade. Os mamíferos: Os mamíferos maman as substancias da nai. As eirugas: Non coñezo ningunha eiruga prexudicial, ou sinxelamente ao mellor vin algunha e ao meu modo de ver non era prexudicial. Traballo e enerxía: Traballo é se collemos unha cadeira e a poñemos noutro sitio, enerxía é cando a cadeira se levanta soa. (E forza é cando rompe a cadeira). Volcáns: En Mallorca está o Teide. A auga de mar solidifícase e sae polo cráter. (Si, ese que está ao lado dos Pireneos. Saen ata polbos nas erupcións). Terremotos: Son movementos bruscos que tragan as persoas. (Non me gustaría encontrarme pola rúa cun movemento brusco deses). O voltio: Foi inventado por Voltaire. (Voltaire é Deus) O cerebro: As ideas, despois de falar, vanse ao cerebro.

Aves prensoras: Son as aves que viven nas «prensas», sitos onde hai moita auga. Exemplo de galinácea que non sexa a galiña: O polo. Réptiles: Son animais que se disolven na auga. Anfibios: A ra ten unha fenda cloacal, pola cal lanza o típico son «cloac, cloac». Exemplo de parasito interno: As vísceras. Produtos volcánicos: As bombas atómicas. Glaciares: Poden ser por erosión e por defunción.

Prehistoria: A prehistoria comezou cando se extinguiron os dinosauros e rematou cando se inventou a imprenta. Paleolítico: Significa Idade de Pedra,Imagen10 porque os primeiros restos humanos eran de pedra. Un cadro de Velázquez: As xemelgas. Quen inventou o pararraios: Frankenstein. Barroco: Estilo de casas feitas de barro. Onde está o río San Lorenzo: No escorial. Que río pasa por Viena: O Vesubio azul. Afluentes do Douro pola dereita: Son os mesmos que pola esquerda. O Cid: Quixo armarse cabaleiro e buscouse un aldeán chamado Sancho Panza e foise por eses mundos. O home primitivo: Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas. O nome de América: non se debe a Colón senón a Américo «Bespúdrico». LINGUA: Linguas vernáculas: As que se falan nas tabernas. Quen foi Vicente Espinel?: O inventor da Capela Sixtina. (E o co-fundador da falanxe). Quevedo: Era coxo, pero dun só pé.

Publicado en Educación, Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario