O velorio

p/ Jorge Lago de Pexejo

Vou a contar unha das cousas que pasan cando un vive nun país donde a fala e as costumbres son diferentes as nosas. Esto pasoume a min.
Recién chegado o pobo donde resido actualmente, xa fai uns trinta e tres anos, doume por coller clases de piano con unha profesora local e a pesar de que eu non era particularmente moi listo cas teclas eso non impideu que se establecera unha amistade con ela que ainda dura hoxe.
Un día, a tal mestra invitoume a un ´´wake´´. O meu inglés por aquel entonces era bastante aceptable pero a palabra wake non me resultaba familiar e pregunteille de que se trataba e ela díxome que era como un homenaxe ou un ´´party´´ en honor a alguén, en este caso, o seu marido.
A min a palabra party sonoume lamar de ben e cando cheguei a casa díxenlle a miña muller que estávamos invitados a un ´´cocktail party´´ e que debíamos de ir.
Puxémonos todos guapos, compramos unha botella de champán de boa marca para causar boa impresión e alá fomos.
Picture32Cando chegamos xa había moita xente, recibeunos a miña profesora vestida como para un ´´cocktail party´´, presentounos o resto dos comensales, falamos e reímonos dos chistes que se contaban e hasta me fixo tocar a miña peza favorita en honor o seu marido o cual non vimos en toda a noite. Como eu non son moi preguntón, o detalle da ausencia do marido pasóuseme.
O caso é que uns días despois topeime con un dos que estuveran no ´´wake´´, saludámonos e díxome en castellano; ´´hola, te conocí en el velorio del marido de tu profesora´´, e díxenlle eu; ¿en qué velorio?

Publicado en Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario

Así funciona o 061 de Galicia

Francisco Javier Mayo Veloso

Operador na Central de Coordinación do 061, Técnico en Transporte Sanitario, Instructor de Soporte Vital Básico por SEMES-AHA

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi creada o día Imagen394 de decembro do ano 1995 polo Goberno de Galicia, ante a necesidade de desenvolver unha estratexia de resposta ás urxencias sanitarias.

Ten por obxecto a realización de actividades de xestión, coordinación, consultoría, asistencia e transporte de pacientes, docencia e investigación, prioritariamente, en materia de atención extrahospitalaria no caso de emerxencia e urxencia sanitaria; no campo dos coidados críticos e na atención sociosanitaria, promove a eficacia, eficiencia e seguridade do sistema sanitario. Para tal fin, xestiona a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias, regulada pola Orde do 9 de outubro de 1995.

A CENTRAL DE COORDINACIÓN do 061 (CCUS 061) está ubicada en San Marcos (Santiago de Compostela). No ano 2012 dispón dos seguintes recursos:

No ano 2012 atendéu un total de 1.064.153 chamadas (que veñen sendo unha media de 2.915 por día). Básicamente está composta polo seguinte personal:

Médicos coordinadores: encargados de dar a resposta sanitaria máis axeitada a cada unha das demandas que entran na Central de Coordinación, mediante a súa análise e resolución, optimizando a xestión dos recursos dispoñibles.

Teleoperadores: reciben a chamada e realizan a clasificación.

Locutores:Imagen38 mobilizan os recursos que lle indican os médicos e fan o seu seguimento. Así mesmo, fan o seguimento do localizador/GPS.

Non tódalas chamadas rematan en mobilización de recursos. No 2012 un 39 % non se mobilizóu recurso fronte a un 65 % onde se mobiliza recurso.

¿Qué percorrido fai unha chamada ó 061?

O servizo 061 ponse en marcha cando un cidadán, en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, algunha testemuña desta urxencia ou un membro dun servizo público ( policía, bombeiros, etc.) marca o teléfono do 0 6 1 para solicitar axuda.

A chamada entra na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia, e é atendida por un teleoperador que lle pregunta ao alertante en primeiro lugar polo motivo da chamada e, posteriormente, polos datos de localización do doente. Unha vez confirmado o motivo e contido da demanda, solicítanselle ao alertante (se procede) os datos de filiación do doente. Simultaneamente, o teleoperador traspasará a chamada ao médico (consultor, MER ou xefe de sala en función da clasificación realizada). Tódo este proceso está protocolizado.

O médico coordinador identificarase e comezará a interrogar ao alertante en función do motivo da chamada para obter información ao respecto e parImagen40a facer a anamnese. En función da valoración realizada polo médico da Central tralo interrrogatorio telefónico, este asigna unha resposta á demanda que pode ser con ou sen mobilización de recursos.

Ao mesmo tempo que se asigna a resposta o médico coordinador informa o doente da forma na que considera se debe resolver a demanda, indicandolle ao alertante as recomendacións que ha de seguir co doente e, no caso de requirirse a intervención dalgún tipo de recurso asistencial, o recurso enviado.

Nos casos nos que a demanda se resolve con mobilización de recurso o médico ordenalle ao locutor a activación do recurso seleccionado.

Gracias a unha potente plataforma informática todo este proceso é simultáneo para tódolos membros da sala polo que a frase «mentres falamos a axuda xa vai de camiño» é realmente certa.

Fontes:

Memoria anual do 061 ano 2005, Memoria anual do 061 ano 2012, Elaboración propia

Publicado en Cousas que interesan, Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

Cruceiros de Muros (V)

Textos: Don Ramón de Artaza Malvarez
Fotografías: Esteban Lago Martínez
Xokas Figueiras

CRUCERO DE BAÑO. En el lugar de Baño, Serres, alzase un hermoso Crucero por su Picture27trabajo y su antigüedad.
La Cruz esta primorosamente tallada, terminando florezada en sus extremos; es octogonal y delineada hermosamente. De un lado ostenta la imagen del Redentor y de la otra la Virgen del Carmen con el Niño en brazos y extendidos a lo largo de los brazos de la Cruz, dos ángeles que sostienen una corona real cerrada sobre la cabeza de la Virgen. El fuste es cilíndrico y extendidos a lo largo de el, tallados, los atributos de la Pasión en relieve. El capitel muy bello, ostenta en tres de sus lados cabezas aladas de ángeles y en la del frente y a los pies del Cristo, una calavera y dos tibias cruzadas Es prolijo en follajes, molduras y florones de delicada talla.
La imagen de la Virgen descansa sobre la cabeza de un ángel a modo de ménsula. La basa es cuadrada sobre dos escalones. El conjunto, de formas bellas y de relativo merito en sus adornos, da idea de que se procuró dejar a la veneración, un Crucero que llamase la atención, si bien lo escondido y apartado del lugar en que lo situaron no sea para ello a propósito.
EL DE VALDEGERIA. En el lugar de su nombre, parroquia de Serres, alzase una Cruz, sin Picture28imágenes, octogonal; el capitel cuadrado y el fuste también octogonal, todo ello sobre una piedra circular.

CRUCEROS DE LA PARROQUIA
DE ABELLEIRA

EL CRUCERO DE PRIEGUE. En el lugar de su nombre, al lado S.E. de la iglesia parroquial, fuera del atrio, alzase un Crucero de fuste octogonal, capitel y basa cuadrada. La cruz es cilíndrica con puntos Picture29salientes a modo de espinas o nudos. En ella la imagen del Señor. Se asienta sobre dos escalones cuadrados.
CRUCERO DEL LUGAR DE ABELLEIRA. En dicho lugar alzase un Crucero de fuste cilíndrico, capitel a cuadros y círculos, basa cuadrada con molduras sobre cinco filas de escalones. Cruz octogonal florenzada. A un lado, sobre una ménsula, la imagen de una Virgen con los brazos cruzados, al otro lado la del Redentor con las iniciales I. N. R. I. Está situado a un lado del camino del citado lugar.
UNA HORNACINA. Sobre la puerta principal de la parroquial de Abelleira y sobre la cornisa que corre a lo largo de la fachada, destacase la imagen de San Esteban, patrón de la parroquia en piedra, revestido de dalmática, estola, etc., de unos cincuenta centímetros de alto.
CRUCEROS DE LAS PARROQUIAS DE TAL Y DE ESTEIRO
Al frente de la iglesia parroquial de SANTIAGO DE TAL, fuera del atrio, alzase un Crucero de piedra de fuste octogonal, capitel con cuatro esquinas, con molduras en forma de concha y en las partes medias cuatro cabezas de ángeles alados. La basa cuadrangular sobre tres escalones, en cuyos dos más altos, se asienta una mesa de piedra. En un lado de la cruz, que es espinosa y cilíndrica, aparece la imagen del Salvador y por el otro lado la de la Dolorosa sobre una ménsula que forma una cabeza de ángel. Tiene al pie la inscripción siguiente: .
EN EL LUGAR DE SOLLEIROS. En Esteiro, lugar citado, en el recodo que a modo de Picture30plazoleta forman unas casas, alzase sobre un bloque de piedra un Crucero de gran antigüedad, pues ostenta grabada en la mitad de su fuste la fecha 1580; es de forma cilíndrica, capitel cuadrado. La cruz es octogonal, muy gruesa, cuadrada en sus extremos. Tiene la imagen de Jesús por un lado y por el otro la de la Virgen, estando modelados en la misma piedra que la cruz, siendo todo ello de una pieza. La Virgen descansa sobre una ménsula.

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , , | Deja un comentario

Entrevista a Rosario Piñeiro.

p/Jorge Lago de Pexejo

Rosario Piñeiro é unha muradá de Esteiro, unha persoa que pertence a ese conxunto de mulleres que renegan ser encadradas en ningún pre-concepto. Autodidacta, inqueda e decidida a involucrarse, mellorarse e mellorar o mundo no que lle toca vivir. Aínda que a coñecín brevemente, impactoume o seu xeito directo, a súa desenvoltura e espontaneidade. Se as primeiras impresións son as que contan, axiña me decatei de que a nosa conversación sería digna de continuala e compartila cos nosos lectores.

J.L._Rosario, é un pracer falar contigo outra vez. Dixéchesme Imagen35que eras a maior de cinco irmáns aínda que fuches criada como «filla única». Pódesme aclarar tal contradición?

Rosario Piñeiro._ Tiven a sorte ou desgraza (según se mire) de que me criaran meus avós maternos, sorte porque nunca me faltou de nada, vivía entre «algodóns», desgraza por non disfrutar da convivencia cos meus irmans. Recordo con sete, oito anos, cando preguntaban na escola polos irmans e dicia que eu tamen os tiña os compañeiros non me creían…, a pesares de que vivian no Freixo (o ladiño) a finais dos sesenta non era tan cerca como hoxe…

J.L._ Ben, o de contradición solteino por ser inquisitivo, pero esa realidade deuse en moitos casos de familias numerosas e os avós adoitaban ser polo xeral candidatos moi voluntariosos para adoptar algún da prole. Cóntanos algo da túa nenez, das túas inquietudes ao crecer.

Rosario Piñeiro:_Fun una nena feliz, o que mais recordo e boto de menos é os xogos na rúa, cánto non temos xogado… o churro, arranca pinos, as canicas, as chapas, a goma, a corda, a estornela (hoxe en día xogamos de vez en cando). Fun sempre un cú inquedo, dende que recordo xa sempre andaba metida en todo, a escola non me gustaba moito,( pero polo contrario, SABER é o meu), Ricardo Regueiro, o meu mestre de ximnasia, fixo que amase o deportes de base e en verdade era boa deportista, con él fixen atletismo, voleibol, baloncesto… Pepe Agrelo, meu MESTRE de todo, foi una das persoas que mais me ensinou, mais me marcou nos camiños que despois cos anos fun seguindo.

J.L._ Ás veces non é o que che ensinan nas escolas, é o que se aprende dalgúns mestres. Non es a primeira esteirá que nomea ao mestre Agrelo nestas páxinas e do seu efecto en moitos dImagen36s seus alumnos. Tamén fuches a estudar coas monxas a Noia, supoño que terá sido unha experiencia diferente á de Esteiro.

Rosario Piñeiro._ Agrelo foi unha persoa moi importante para a gran maioría dos seus alumnos e dos veciños. Soubo ser mestre e compañeiro.

O paso polas monxas, a verdade é que si foi unha experiencia moi diferente, alí seguían crendo que vivía Franco, a pesares de levar dous anos enterrado… tamén tiñamos profes «laicos» que estaban máis na realidade que se vivía neses momentos de transición… (falamos que era o ano 1977). Estando en Noia (con catorce anos) entramos en contacto con ERGA (estudantes revolucionarios galegos) e con un mundo novo para nos, daquela non nos «quixeron» en ERGA, hoxe podo dicir que foi unha sorte, a pesar diso, ese contacto fixo que prendera a semente nacionalista que xa tiña gardada

J.L._ !Ah! Eses anos de curiosidade e experimentación foron tan decisivos na nosa formación. Tí e os da túa xeración tivestes polo menos a sorte de deixar atrás unha época que chegaba á súa fin e participar no futuro doutra máis prometedora. Xa pronto decidiches que non querías someterte máis á rutina escolar e de bastante nova quiseches manifestar o teu dereito a decidir casándote aos 17 anos. Se fose hoxe e coa experiencia que nos dan os anos ¿Houbéraste decidido por casarte tan xoven?

Rosario Piñeiro._ PARA NADA… os tempos eran outros, como ben dís é moi diferente aos de hoxe en día. Non me arrepinto de habelo feito, de tódalas maneiras non lle recomendo a ninguén que o faga tan cedo, con eses anos quedan moitas cousas por facer, moito que vivir sem ataduras e despois xa non é o mesmo. Unha ventaxa que si teño que recoñecer, é cando as miñas amigas empezaban a criar os fillos, nos xa eramos «libres», pero auga pasada non move muiño…

J.L._ É verdade, auga pasada non move muíños, pero tamén é verdade que o pan de onte e o viño dun ano a ninguén fai dano. Mentras que os requisitos de parentesco foron cumpridos sendo aínda moza e o teu interese por outros mesteres seguiu inalterable, involucrácheste i estás “metida” en todo. Fainos coñecer un pouco dese todo no que estás envolta.

Rosario Piñeiro._ Pertenzo dende fai dez anos a un grupo de axuda mútua de país que perdemos fillos, RENACER-BARCELONA.ORG, son a presidenta da A.A.V.V. Parameán de Esteiro dende fai case oito , dende fai ano e medio a secretaria da CMVMC Sta Mariña de Esteiro. Como representante de calquera das tres asociacións son totalmente APOLITICA.Imagen37 Agora bén como Rosario estóu COMPROMETIDA con CxG, teño moita ilusión neste novo proxecto político, creo nel, creo que se pode facer política honradamente, CxG ven a encher ese oco que os partidos existentes foron facendo o irse esquecendo da cidadanía e tan só pensar nos seus propios intereses.

J.L._ Viviches a vida temperán, pero tamén ésta te azoutou cruelmente a temperá idade. Sen querer pecar de insensible, ¿Podería pedirche que nos falases de como che beneficiou persoalmente pertencer ao grupo RENACER-BARCELONA.ORG?

Rosario Piñeiro._ Pertencer e participar no grupo renacer-barcelona.com , para min foi unha tabla de salvación, entender e ver a VIDA, dado que cando pasamos por esta experiencia a vida acabase, queres que o mundo se pare!!! pero non o fai, a vida o noso arredor SIGUE… Falar con pais sen medo a que lle dera magoa, que estiveran pensando que a dor me volvia tola, que «eles» non serían capaces a soportalo… se non que todo o contrario ENTENDIANME sabían perfectamente do que falaba e polo que pasaba, foi a mellor terapia. Temos que ter en conta que estamos «preparados» para enterrar os avós, os país,(os nosos ascendentes),a nosa parella, pero enterrar a un fillo/a eso non entra na nosa cabeza!!!! eso no é posible!!! E por desgraza somos moitos os pais que o temos que facer.Sentimonos tan perdidos que nin temos unha palabra para definirnos, cando che more un pai es orfo, se é a parella viuvo…E CANDO E UN FILLO QUE ES?? Neste grupo non importa por ou como perdeste o teu fillo, aquí o importante é que os pais quedamos sen eles… Toda a axuda que recibes no grupo acabas devolvéndoa.

http://renacer-barcelona.com

J.L._ É indubidable que te axudaron a enfrontarte á vida con valor renovado, a proba é que estás metida noutras actividades de carácter comunitario. Presidenta dunha asociación de veciños, secretaria da comunidade de montes… e tamén comprometida coas ideas políticas de CxG.

Déixame aproveitar para darche a noraboa pola tua valentía . Eres a segunda muller entrevistada en esta revista e teño que decir que Muros pódese sentir moi orgulloso por estar tan ben representado.

Rosario Piñeiro._ Podo decir ben alto que o valor humano que atopei en RENACER-BARCELONA.com volvín a atopalo en CxG , eu que estaba asqueada da política e dos políticos en xeral, non me podía crer que me houbera atopado con quen se atrevera a formar un partido político cunha base na honestidade e no valor sinceiro e comprometido coa cidadanía …e esto non son palabras que digo eu ,son feitos que vemos diariamente o longo do noso País .

J.L._ Dános tamén unha idea de que se trata a tua labor como secretaria dá comunidade de montes.

Rosario Piñeiro._O mellor de estar ahí, é o traballo no monte cos animais a sensación de liberdade que che da estar alí arriba… a miña labor dentro da Comunidade de Montes é a mesma ca de calquera dos meus compañeiros, según o noso tempo libre no lo permite, subimos uns ou outros o monte, pois temos vacas cachenas e cabalos de pura raza galega, os cales necesitan que se «visiten» de vez en cando. A parte «deronme» o titulo de secretaria, para que ningún deles tivera que andar con papelo (jajajaja) esta labor consiste en buscar subencións, prepara as asembleas, escribir as actas, levar os rexistros dos animais… o que che dicía: papeleo.

J.L. Xa me queda pouco espazo para seguir esta charla tan amena que sinceramente me doe ter que ir dándolle fin, pero as esixencias do editor son incuestionables. Cédoche a última palabra antes de someterte ao habitual cuestionario co que sempre remato as miñas entrevistas.

Rosario Piñeiro._ Foi un pracer esta «charla», quedan moitas cousas no tinteiro, moito que decirnos, pero teremos tempo!!! Grazas a TMT e as persoas que o fan posible, co tempo (pouco) TMT será un referente do noso concello, das nosas xentes dentro e fora. Un saúdo.

J.L._ Grazas a ti Rosario por compartir connosco un pouco dá túa vida e ás túas inquietudes. Estou seguro que moitas persoas se sentirán identificadas contigo e  outras veranche como un exemplo a seguir.

Aí che vai a primeira pregunta dun cuestionario que a pesar de ser xenérico, di moito do individuo que as responde.

J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?

Rosario Piñeiro._ VIDA

J.L._ ¿Cal é a menos favorita?

Rosario Piñeiro._ Pasividade

J.L._ ¿Que te emociona?

Rosario Piñeiro._ Todo ,ata as cousas mais pequenas da vida.

J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta?

Rosario Piñeiro._ As risas.

  1. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?

Rosario Piñeiro._ Cando se lle grita a un neno ou a un vello

  1. J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito?

Rosario Piñeiro_ ¡!cajonamarequeosfixo,carallo!!!

  1. J.L._ ¿Que profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

Rosario Piñeiro._ A dicir verdade creo que non boto en falta ninguna, como «ama de casa» pasei       por todas e co inqueda que son fago todo o que me gusta…

  1. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?

Rosario Piñeiro._ Verdugo.

  1. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

Rosario Piñeiro._ Non me gustaría que me recibise Deus, gustaríame que estiveran esperándome os meus e me dixeran : Sabíamos que volverías a nos !!!

Publicado en Entrevistas | Etiquetado | Deja un comentario

A Nosa Xente na Diápora: María Caamaño Paris

O Nadal:

Hola amigos! Son Maria Angeles Caamaño Paris. Xa escribin a miña biografia para contar un pouquiño da miña vida fora de Muros. Agora como se acerca o Nadal vou relatar o meu primeiro lexos da miña terra e da miña xente. Foi moi triste. Foi o Imagen31Nadal do 2009. Na miña casiña o 24 xuntabamonos todos na casa de meus pais para cenar. Meus irmans, meus avos, algun tio…. pola contra cando cheguei a este pais empecei a traballar nun restaurante e o 24 traballei!!!!! Na miña vida!!!! Como un dia de noiteboa podes ir cenar fora? Co bonito que e o calorciño da tua casa? Pois aqui, si. Paseino traballando ata as 11:30 da noite. O 25 por sorte o restaurante cerraba pero daba igual para min porque o dia de xuntanza era o 24. O dia de Nadal paseino con xente que non coñecia practicamente. A comida, totalmente diferente. Fixose un coctel de gambas e unha fondue chinoise que por certo me sentou fatal. Non ai nada de aqui que se asemelle as nosas costumbres muradanas. O 31 de novo traballei. Cando deron as 12 campanadas eu estaba fregando o suelo daImagen30 cociña do restaurante!!!!! Aqui e tradicion que a esa hora a xente se vai toda a catedral da cidade a recibilo novo ano e brindar co champan. E eu que o fin de ano levaba o dia pensando na salida da noite!!!! Jajaja. Para min esas navidades pasaron…. como dias normales. E logo falar cos teus… conectar en internet e velos xuntos… E moi triste estar lexos!!!! O dia 1 paseino durmindo. E de reis nada de nada. Aqui so existe o Papa Noel!!!! Non vou dicir que aqui non so curren, claro que si.

A cidade esta preciosa, a xente anda coma tola pero as nosas xuntanzas e as nosas costumbres son especiais. E este e o meu relato. Mandovos un grande abrazo e desexovos Moi Boas Festas na nosa terra e os que estades fora coma min tamen e que o novo ano traiga saude para todos, paz e traballo para sair adiante!!!!!

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario