Un texto poético ignorado en galego de Rosalía de Castro

p/ Henrique Monteagudo

― Dinche o corazón na man
Dincho queridiña inteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nace
De ilusións brancas cuberto Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.

― En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivia
E de ti lonxe muchaba.

Rosalía de Castro

Picture19No Arquivo Municipal da Coruña consérvase un monllo de folios autógrafos de Rosalía de Castro, que segundo Juan Naya (Inéditos de Rosalía, pp. 16 e 25) foran doados polas fillas da poeta atendendo a solicitude do alcalde Manuel Casás Fernández (1925-27), quen, anos máis tarde sería Presidente da Real Academia Galega. Algúns deses folios recollen cantares populares, entre os cales se atopan varios dos glosados en Cantares Gallegos, o que suxire unha datación temperá da súa recolla (arredor de 1860). Entre estes, figura un folio que contén un poema (máis ben, esbozo ou fragmento de poema) en galego da nosa autora, que, por razóns que descoñecemos, pasou desapercibido aos distintos investigadores que manexaron eses papeis. Comezando por Manuel Murguía, quen debeu de ser o seu propietario orixinal e quen, xa viúvo, deu ao prelo un feixe considerable de poemas inéditos da súa finada esposa. E rematando polos estudosos que, máis recentemente, deron noticia ou publicaron textos procedentes dese interesantísimo fondo. Só o profesor Ramón Torrado se referiu a el, nun artigo publicado nunha revista de moito mérito pero de difusión exclusivamente local (do instituto da veciña vila de Noia) e sen atreverse a dar por segura a autoría de Rosalía: “Poema moi descoñecido, posiblemente inédito, que probablemente é obra de Rosalía na época de compoñer os Cantares Gallegos” (“Negra ausencia de contento. reflexións sobre Cantares Gallegos”, en Casa da Gramática, nº 39, 2013). Foi mágoa que Torrado non dixese en que arquivo se atopaba este texto nin solicitase autorización deste para publicalo. Isto tería aforrado algún equívoco.
Picture20O fermoso texto, que demos a coñecer na Real Academia Galega hai pouco tempo, é probablemente un esbozo, composto por 16 versos, que requiriría un luído posterior e acabaría formando parte dun poema máis extenso. Así e todo, pode ser lido como texto completo, dunha evidente calidade poética (absolutamente digna da xenial inspiración da autora), que presenta un diálogo entre dous namorados: un mozo que fala na primeira estrofa e unha moza que responde na segunda. O estilo, o xeito, o tema lembran fortemente os poemas de feitío ‘popular’ de Cantares Gallegos. Pola estrutura dialogada lembra en particular a composición “Cantan os galos pr’ó día”; o esquema estrófico (coplas de catro versos con rima consoante dos versos pares) é similar ao das primeiras estrofas de “Adios, rios, adios, fontes” e ao do poema “Miña santa Margarida”.
Para apreciar o valor da descuberta deste texto, cómpre ter en conta que son moi escasos os textos poéticos en galego orixinais de Rosalía que se deron a coñecer con carácter póstumo, e non conservamos o orixinal autógrafo de case ningún deles. Como se pode apreciar coa súa lectura, trátase dunha deliciosa mostra da marabillosa inspiración da poeta que abriu o noso Rexurdimento, a universal cantora do Sar, a nosa Rosalía.

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario

Lembranzas dun vello mariñeiro (II)

p/ Pedro Caamaño Lago

Cando as embarcacións chegaban tarde levaban o peixe ós sotos. Alí ían a maioría das señoras dos pescadores cargadiñas cos seus cestos a cabeza, que pola súa estrutura debían pesar polo menos uns 30 quilos. E cando o peixe abundaba un pouco, e as peixeiras empezaban a eructar coa fartura, habíallo que pedir por favor, e coller o que che daban.
Picture17O día seguinte as peixeiras, pola mañá levaban o peixe para a pescadería onde o expoñían encima daquelas mesas, que estaban situadas ó longo da mesma, por un lado e polo outro, deixando un pasillo polo medio, por onde circulaba a xente que ía a comprar, e polo exterior das mesas, uns bancos, e por encima de todo isto un tellado aguantado por unhas columnas de pedra. E en eses bancos sentábanse as peixeiras todas fachendosas, a venderen o seu produto o mais caro que podían. As mais coñecidas eran, as señoras, Rita Trillo, Tina de Roque, Lela de Roque María de Tina, A Leriñana, e outras. Isto chegaba ata a fonte e para alá da fonte tamén había algúns cerrados, onde había carnicerías. Ata que se fixo a praza nova, a que funcionou hasta que deixou de funcionar, agora esta intentando funcionar outra vez.
Incomprensiblemente ata fai moi pouco tempo, o traballo do pescador estaba tan desprestixiado que mesmo daba reparo recoñecer que eras home de mar, e menos presumir del. Cando se falaba de profesións o que mais e o que menos dáballe volta o tema para despistar a conversación. Cando en realidade eran os verdadeiros protagonistas, non se podía comer peixe fresco si o pescador non expoñía a vida tódolos días, especialmente no inverno, pero isto non se quería recoñecer.
Picture18Sen embargo a forza de traballo e tenacidade foron saíndo, emprendendo unha carreira lenta pero ascendente, con moi poucos recursos, o que tiña unha canoa ou un bote polbeiro podía considerarse afortunado. So había unhas cantas familias con eses privilexios.
Pero o que en realidade fallou foi a parte industrial, xa que peixe estes homes conseguíano a barullo, pudrían nos muelles por non haber quen o comercializara. Estes comerciantes, foron caendo lenta pero irremisiblemente. Daquela aínda había varias fábricas de salazón, outras tantas de conserva, unha boa flota de lanchas e de galeóns, uns cantos asteleiros, que entre todos empregaban a unha boa cantidade de xente; Eu creo que non souberon adaptarse as novas tecnoloxías, deixáronse ir e cando se deron conta, non eran capaces de aguantarse no mercado, nin con calidade nin con cantidade.
Seguindo co tema da pesca, dicía que nos en esa carreira de relevos, recollémolo testigo e tamén o levamos con bastante dignidade.
Agora parece que hai unha porcentaxe moi importante de xente, que empeza a recoñecer un pouco a verdadeira valía do pescador, e de toda a xente que de unha forma ou de outra vive do mar. Dicía a miña aboa, nunca e tarde cando a dicha e boa. Esto é un orgullo para os que levamos uns 17 anos na asociación Xubimar, loitando pola honorabilidade dos xubilados do mar, e por añadidura de todos os mariñeiros, tendo en conta que uns mais cedo e outros mais tarde, todos íamos ser xubilados, aínda que por desgraza moitos dos que hoxe practican a pesca de recreo, antes non o entendían, de calquera forma gañamos a partida, e uns e outros disfrutamos do que nos gusta, e do que mellor sabemos facer, que é pescar. Con moitos atrancos e con moitas zancadillas, iso sí, pero coa confianza de loitar por algo que nos parecía xusto.
A pesares de todos estes avatares en contra, esta forma tradicional de pescar ó cordel, solía marcar diferenzas entre os pescadores. Diferenzas ou categorías, deixámolo para que o denominen como mellor lles veña. Os pescadores de merluza, de besugo, de cabala, de robalo e de badeixo en aquela época eran os mellor considerados. Recordo que nas súas tertulias, seleccionaban os mellores pescadores e o mesmo tempo os mellores remeiros, estes eran imprescindibles, cando se trataba de traballar nas canoas. Aínda que en esta foto tamén hai representantes da baka), non se podía desligar unha cousa da outra, porque as dúas eran as fontes de ingreso mais importantes do noso porto.
Aínda que a pesca de arrastre, por aquela época non estaba alá moi ben considerada, e non pretendo con isto desprestixiala, pero no traxecto deses anos foi bastante perseguida polo sector de mais baixura, ata o extremo de teren conflitos serios; O que pasaba era que daquela na baka, ganábase bastante menos. Por iso, solo se enrolaban nas bakas, aqueles ós que os patróns de cordel non lles parecían o suficiente expertos, e polo tanto non os enrolaban hasta ver as súas características, ou a” fasquia”, que era así como se denominaba a un bo pescador o a un menos bo. Porque, como se traballaba a parte e se repartía a todos por igual, ó que non pescaba ben era una carga para os demais. Sen embargo uns anos mais tarde, a pesca de arrastre foi collendo bastante auxe, naquela época das cigalas, dos rapes, dos rapantes, hasta o extremo de que no censo do arrastre de Muros contáronse ata 22 bakas, os xurelos e a as xardas, os que agora se lles da tanto valor daquela non se querían. E a partires de eses tempos empezaron a facturar bastante mais que os pescadores. Na lonxa de Muros non se volveron a ver tantos ollomoles nin tantas merluzas como en aqueles tempos.
A razón foi a evolución das artes de pesca, As bakas ampliaron os aparellos, nos pescadores apareceron os palangres, as volantas, volantillas, betas, nasas dos pulpos, e por descontado, os conflitos entre pescadores de cordel, e os de todas estas artes, o meu entender (que tamén son de antes),”esquilmadoras dos recursos”

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Entrevista a Caridad González Cerviño

por Jorge Lago de Pexejo
Esta é unha entrevista dobre, ou polo menos espero que o sexa. É dobre por que non só entrevisto a Caridade González pero por engadido entrevisto tamén á primeira alcaldesa na historia de Muros.
Tratarei de facer honra ás dúas.
Picture15Caridad González Cerviño, viúva, nai de dous fillos, de profesión Procuradora dos Tribunais, e filla do avogado muradano Don Manuel González Gil, e da tamén muradana Dona Caridad Cerviño Luces, foi elixida concelleira en Muros nas eleccións do 25 de maio de 2003 polo PSdeG-PSOE, sendo alcalde Celestino Formoso. Tras a morte deste en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa de Muros e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG ata xuño de 2006, cando rompe o acordo cos nacionalistas e continúa o goberno en minoría ata o final da lexislautra en 2007.
O 27 de maio de 2007 foi cabeza de lista do seu partido nas eleccións municipais, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta; pero isto non significou a súa reelección como alcaldesa, xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co Partido Popular para a súa investidura como alcalde.
Elixida Deputada provincial en 2007, ostentou o cargo de Presidenta da Comisión de Cultura e Deportes da Deputación Provincial da Coruña ata o ano 2011.
Nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 volveu presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo resultados similares aos de 2007, pero nesta ocasión si puido ser investida alcaldesa, xa que o BNG e o PPdG non uniron os seus votos.
Foi a primeira muller que alcanzou o cargo de alcaldesa en toda a historia de Muros, e antes de exercer como procuradora, foi profesora de matemáticas, física e química. Estudante de Dereito, está en posesión da medalla do Colexio de Procuradores de Santiago, de cuxo consello é vocal e tamén miembro da executiva da FEGAMP y da FEM. na Comisión de Igualdades, asi como miembro da executiva provincial do PSdeG-Picture16PSOE.
J.L. Caridad, non sei se me esquecín de algo, pero non cabe dúbida de que o teu curriculum é polo menos notable.
Que se sente sendo a primeira alcaldesa na historia de Muros?
Caridad._ Nunca o pensei desde o punto de vista de ser muller dende logo o ser alcaldesa do teu pobo e algo moy bonito e gratificante porque quer decir que os teus veciños confían e esperan algo de ti.
J.L._ Dende logo que ser a alcaldesa do teu pobo ten que ser gratificante, pero non necesariamente fácil. Queres decir que houbeses atopado as mesmas gratificacións ou dificultades se foses un home? Cres que avanzamos o suficiente como para que algúns sectores da poboación non resintan implícita ou explicitamente o feito de ser liderados por unha muller?
Caridad._ Non creo que avanzáramos o suficiente, de feito eu teño fama de mal carácter solo por ser muller si fora home sería un home de carácter pero pódoche asegurar que para ser alcaldesa hay que ter temple e moito carácter porque detrás de un político hay unha persoa con todo o que eso significa; familia, amigos sentimientos etc. e esto queda totalmente eclipsado co cargo político.
J.L._ A seguridade, carácter, auto estima e ser consciente do que vales espérase e respétase nun mundo tradicionalmente rexido por e para homes, pero non podemos poñer en dúbida de que unha muller con tales talentos ou virtudes crea actitudes regresivas mesmo e lamentablemente nas do teu propio xénero. Dígoo porque a pesar de estar xa en pleno século XXI ese tipo de actitude non diminuíu moito.
Queres seguir comentando sobre o antedito ou cambiamos de tema?
Caridad._ Efectivamente tamén as mulleres son as primeras en criticar as que creemos capaces de abordar proyectos que eran exclusivos dos homes pero a min non me gusta falar si do meu señero xa temos no outro lado abondo, ou non?
J.L. Ben, aínda que non é fácil separar a persoa da política e do cargo que ostenta, imos tratar de levar a entrevista por diversos rumbos.
Recentemente publicamos aquí sobre a túa viaxe aos EUA e o teu contacto os muradanos residentes alí. Ademais diso, que impresión che causou a visita á Gran Mazá? Imaxinábaste a Nova York tal e como o experimentaches?
Caridad._ Eu sabia que era unha inmensidad pero é moy distinto estar alí, non solo a sua lonxitude ou o se perímetro senon a sua GRANDEZA con maiúsculas, sentir a xente, outra forma de vida, otras costumes. Nada se para, e acabas formando parte de ese anonimato que se respira.
J.L._ É curioso, así tamén é como o ve moita xente: multitudes indubidablemente, pero certo anonimato, iso é parte da cultura americana mesmo vivindo en zonas de pouca densidade poboacional. Os americanos temos, teñen, unha enorme tendencia a respetar a privacidade individual. Esa actitude vela positiva ou prefires esa certa dosis de  morbosidade inquisitiva que existe nos nosos pobos?
Caridad._ A privacidade e importante pero os que vivimos en pobos pequeños a parte de ese morbo somos fámiliares , de porta aberta, e decir colaboramos cos vecinos pero acabamonos metendo mais do que nos deixan, eu prefiero a privacidade no me gusta molestar.
J.L._ Os muradanos residentes nos tres estados limítrofes recibíronte con moito entusiasmo a pesar de ser unha viaxe de índole privada. Cando nos vas dar outra visita?
Caridad._ Gustaríame volver pronto pero estamos moi lonxe e o meu tempo esta muy limitado pero dende logo volvo a vervos a todos.
J.L._ O tempo case nunca é o mellor aliado para aqueles que queremos facer moito e o teu posiblemente telo que administrar moi ben. A propósito e falando de tempo, o teu programa de actividades diarias ten que ser considerable. Poderíanos dicir como é un día calquera na vida da alcaldesa de Muros dende que te ergues ata que dis: Ben, mañá é outro día.
Caridad._ Pois levantome as 7:30h bueno, poño o despartador para as 7:45 dou outra volta levántome, aséome, o almorzo é fundamental, recollo mais ou menos a mina casa e as 8,30-9 marcho para o Concello a alcaldía, vexo todo o que entrou porque todo o que chega o Concello pasa previamente pola mesa da alcaldesa. Alí repártese por departamentos e pasamos a firmar o que fixemos o dia anterior, despois chamadas, despachar cos funcionarios y recibir xente. Sobre as 12,30h tomar café pero non sempre, depende de si hay salídas a ver obras ou calquer reclamación ou asunto dos vecinos que requieren a miña presencia alí, ademais gústame sair a calle e o contacto coa xente. As tres ou tres e nedia a casa a facer de comer, e comer porque os meus fillos estan na coruña e cando non me apetece cocinar chamo a Flora e sempre ten algo para min. Trinta minutos de siesta !muy español! Jajaja, e logo as 5:30 da tarde aproximadamente a traballar o meu despacho profesional hasta as 9:00. Procuro non pasarme pero hoxe cheguei a casa as 10:30, falar cos meus fillos todas as noites, cear algo moi suave , ler, repasar a prensa e boas noites, pero  non antes da media noite. A verdade e que non teño moito tempo libre, pero cando o teño aproveito como cando fun ahí , que desconectei e disfrutei.
J.L._ Pois si que tes unha xornada intensa e larga. O da sesta compártoo totalmente e aínda que non é un costume moi americano, eu tamen procuro favorecer o instinto latino sempre que podo. Dime que te impulsou a meterte na política e porqué polo partido socialista. Supoño que terá sido un proceso evolutivo e non espontáneo.
Caridad._ Efectivamente eu sempre fun un pouco rebelde e a miña loita pola igualdade foi o que me levou a arrimarne a esquerda. Fun criada entre homes con moitas desigualdades eu non tiña dereitos, tiña RESPONSABILIDADES e si e certo que as asumín do cal estou orgullosa pero sempre creín que eu era unha persoa capaz, que non era unha «segundona».
Entrei en politica porque o meu compañeiro alcalde falecido CELESTINO FORMOSO VIDAL pideumo e díxome que era un momento en que eu podía facer algo polo noso Concello, despois de pensalo moito porque eu estaba moi ocupada díxenlle que si pero que debería considerar o meu traballo e pouco tempo lle podía dedicar . Aparecín en politica como independente como número 2 da lista do PSdeG-PSOE e hasta aqui cheguei sobre todo polo apoio dos meus compañeiros de partido.
J.L. _ Pensas presentarte as próximas elecións?
Caridad._ Penso presentarme nas proximas eleccions porque o noso proxecto non está finalizado. Catro anos non chegan para executar o programa electoral e ademais tanto os meus compañeiros de partido como os meus veciños eso esperan de min.
J.L._ Qué mensaxe compartirías cos muradáns para convencelos de que a túa é a mellor candidatura?
Caridad._ Para convencer a os meus vecinos aválame a miña traxectoria e o meu facer xunto co meu grupo. E si algo cambiou no Concello de Muros foi a igualdade dos vecinos, a cercanía a sua casa que e o Concello, e a paz que se respira.
J.L._ Só me queda darche as grazas por dispoñer xenerosamente do teu limitado tempo para ter esta conversación. Moita sorte e ata a próxima.
Para rematar aí vai o cuestionario de Bernard Pivot para que o contestes coa máxima espontaneidade posible.
1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Caridad._Lealtade
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
Caridad._ Dor
3. J.L._ Qué te emociona?
Caridad._ Felicidade
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Caridad._ O ruido do mar
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Caridad._ Os golpes
6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
Caridad._ Cajoendiola
7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Caridad._ Piloto de aviación
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
Caridad._ Médico
9. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
Caridad._ Non creo no ceo. Falamos?

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

The Muros Times cumpre un ano

Jorge Lago de Pexejo:
Picture8Hai un ano que se me ocorreu a feliz idea de participar cuns cantos amigos a creación de The Muros Times e as miñas propias dúbidas se disiparon inmediatamente ante a entusiasmada acollida a tal proposta. Non hai nada máis gratificante que sementar en terreo fértil.
Así nacemos e aquí estamos un ano máis tarde seguindo coa premisa inicial de dar a coñecer a cultura muradana a través da súa xente e apreciando dun xeito indiscriminado o que cada individuo poida achegar ao enriquecemento común.
Nas páxinas de TMT outorgóuseme a honra de entrivistar a mulleres e homes exemplares tanto no persoal como no artístico. Todos eles cheos dunha creatividade que expón claramente ese potencial humano que está aí a convivir entre nós pero que é necesario valorar e dar a coñecer.
Grazas a todos os colaboradores por facer prosperar unha simple idea no que é hoxe a nosa revista: Unha ponte onde todos nos podemos reencontrar sen máis lastre que o de ser muradanos.
TMT reafirma sen ningún lugar a dúbidas que non hai empresa que se poida levar a cabo se non conta cun bo equipo e sen máis pretensións que tratar de facer o mellor posible o que estamos a facer.
Manuel M. Caamaño:
Picture9Xa temos un ano de vida!
Un proxecto que naceu sen moitas pretensións, só empurrado pola ilusión duns cuantos amigos de poñer en valor a cultura, a historia, o arte e as tradicións muradás; e de paso xuntar nunha soa revista e cunha cabeceira común o que xa moitos faciamos nos nosos blogs e nas nosas páxinas.
Pouco tempo é un ano, pero nese pouco fixemos moito! O TMT ten unha difusión inaudita para ser unha publicación de ámbito local grazas ao apoio das redes sociais e ao traballo de todos os colaboradores/as. Tamén patrocinados pola revista, comezamos a realizar e promover eventos culturais e sociais, como a recente presentación do libro de Antón Rey “SON GALEGO”; e agora estamos a argallar xeitos para que a revista impresa en papel poida chegar ás máns do maior número de xente posible.
Nacemos sen moitas pretensións, sen fixarnos meta ningunha, mais aquí estamos, e temos pensado seguir.
Parabéns polo teu ano de vida TMT!

ESMU-CARNOTA:
Picture5Animámonos a participar neste proxecto que cumpre un ano de vida, porque nos pareceu moi interesante a idea de que un grupo de xente, interesada na diversidade da cultura e na súa difusión, se xuntase nun espazo común dunha rede social para idear un punto de partida, un comezo de diversidade cultural/histórico/social da nosa vila, da zona.
Nós somos un colectivo do pobo veciño, pero dirixidos por unha persoa de Muros, amante do seu pobo, e foi ela quen nos animou a todos a participar. A mostrarlle á xente que nos le, as miles de cousas positivas que a MÚSICA (a nosa vida) nos aporta. E así o fixemos, por iso a nosa colaboración con algún artigo mensual relacionado coa música en The Muros Times. Moito ánimo e que dure moitos anos.
Quin Caamaño da Santera:
Picture11Fai xa un ano que nos miolos dun muradán na diáspora agromou una idea. Organizar un punto de encontro entre os muradáns de aquí e de alá, que servirá para mostrar todo aquelo do que somos capaces de facer, tanto a nivel individual e colectivo. Con tal fin se creou a páxina do Facebook The Muros Times e aí dou comezo esta andadura. Pero o formato no chegaba a convencer plenamente e houbo a quen se lle ocorreu a idea de montar una revista dixital para dar cabida a todos os colaboradores que se quixeran achegar a The Muros times e mostrar os seus traballos.
The Muros Times naceu como unha fiestra na rede para mostrar ao mundo o que os muradáns teñen feito e o que aínda teñen por facer. Unha fiestra aberta ao mundo para que nos miren e o mesmo tempo para que por ela poida saír a nosa historia, as lendas, a arte, e a cultura . Todo canto de interesante teñamos para mostrar. Con modestia e dedicación de uns poucos a revista The Muros Times cumpre un ano nas redes e mes a mes a revista saíu puntualmente. Chegados ate aquí, xa hai xente interesada que non lle chega con ler a revista na rede, quere tela fisicamente entre as súas mans e gardala na súa biblioteca. Déronse pasos nese senso; dende o Concello se imprimiron varios números para distribuílos nas bibliotecas, tanto municipal como dos centros escolares. O último número de Xaneiro houbo particulares que aportaron una pequena achega para poder contar coa revista en papel. En proxecto está conseguir patrocinadores que paguen a súa revista para tela e mostrala nos seus negocios ou establecementos, así a disfrutarían os seus clientes e non só os que poden entrar en internet.
O grupo de colaboradores está a crecer pero todos somos poucos, así que aquel que teña algo que aportar a este desinteresado pero ilusionante proxecto ten as portas abertas. Agardamos que este aniversario sexa o comezo dunha larga traxectoria.

Manolo de Lajo:
Picture12Boas tardes miña xente, permìtome escribir estas catro letras para agradecer o voso apoio a THE MUROS TIMES durante este primeiro ano de vida, e ver que cada nova revista que saie tén màis siareiros que à anterior.
Agradezo de corazòn os moitos LIKE que recibiron os méus contos, o cal significa que se tomaron a molestia de leelos.
Como vostedes poden ter decatado, a mina pequena aportaciòn a revista son contos e lendas basados en feitos acontecidos en tempos pasados na bisbarra, engadindolle un punto de imaxinaciòn. Parte da informaciòn recòlloa de libros que teño ou do internet, pero a maior parte dela proven de meu pai e mina avòa, que nos deleitaban coas sùas historias.
Unha forte aperta do voso amigo
Nieves Formoso Vidal:
Picture13THE MUROS TIMES, un soño feito realidade, dos muradans das duas beiras (como dixo Jorge Lago no número 0 da revista).Os de alá, e os da acolá. Un proxecto vivo, donde esa fiestra segue aberta a ilusión, a amizade, a cultura, a libertade, donde cabemos todos e todas. Parabéns por este ano de THE MUROS TIMES, a seguir por ese camiño cheo de entusiasmo, de traballo e de ideas, e sobre todo cheo de amor por Muros.
Dra. Castiñeira:
Picture1Parece que fue ayer pero ya pasó un año desde que comenzamos este proyecto con mucha ilusión y muy pocos medios.
Para mi personalmente fue muy productivo pues conocí historias y gente muy interesantes que me hicieron revivir mi niñez y aprendí a valorar todo lo que tenemos en este pueblo (eso también debe ser por la edad).
Con respecto a mis colaboraciones espero que hayan podido contribuir a difundir estilos de vida saludables y a dar a conocer un poco la prevención de las enfermedades más habituales en la actualidad.
Quiero dar las gracias a todos nuestros seguidores sin los cuales este proyecto no saldría adelante, a todos los colaboradores que con sus historias hicieron que esta revista sea cada vez mejor, y a la directiva de la revista, con una mención especial a Manolo de América por su trabajo incansable que hace que la revista salga perfectamente maquetada y a tiempo todos los meses.
Marisé Luces Tajes:
Picture4¡¡ Un año ya ¡! . ¡ Cómo vamos creciendo ¡. Recuerdo el día que Jorge me dijo que pensaba en hacer una revista y que le gustaría que colaborara; pensé y le dije “ si yo no sé escribir, solo conozco de educación “, pues ya está, de eso – me dijo él-. Ahora me siento orgullosa de formar parte de este proyecto que mes a mes se consolida.
¡ Larga vida a TMT ¡

Henrique Monteagudo:
Picture2A verdade é que para min foi toda unha sorpresa a inciativa de publicar The Muros Times. Trátase dunha iniciativa de auténtica vangarda, unha novidade que asombra a moita xente a quen lla teño comentado (sempre con indisimulable orgullo), entre a que se contan persoas das máis informadas no que se refire aos medios de comunicación que están aparecen no mundo das novas tecnoloxías. Todos sabemos que estas son imprescindibles para as necesidades e intereses das grandes corporacións, das finanzas internacionais, para o comercio e a comunicación intercontinental. Do que moitas veces non nos decatamos é de que tamén poden servir para as comunidades locais, as iniciativas de base, o contacto entre as xentes comúns. E que poden ser especialmente útiles para grupos humanos, como o galego, caracterizados pola diáspora masiva, que leva á emigración a unha boa parte das súas xentes.
Sempre pensei que Muros se caracterizaba por ter unha marcadísima personalidade, tanto polo inmenso apego que sentimos pola propia terra (á vila, á comarca, a cada un dos lugares e paisaxes; as nosas xentes, costumes, festas… ) como pola amplitude dos nosos horizontes. Somos localistas, pero somos cosmpolitas. A nosa casa é Galicia, pero tamén é o mundo enteiro, incluíndo os mares todos. Así, The Muros Times demostra acaidamente como somos: amantes do noso e dos nosos, pero abertos a todos; amantes das boas tradicións, pero dispostos ás novidades máis proveitosas. TMT fai comunidade traspasando fronteiras, achegando veciños separados por milleiros de quilómetros, atravesando océanos. Moitísimos parabéns a Jorge Lago, Manolo de América, Manolo do Chuvasco e todas as outras persoas que fan posible este pequeno grande milagre!
José Manuel Formoso Luces:
Picture5Colaborar coa revista muradana The Muros TImes, para mín e unha honra que me enche de ledicia. O longo de moitos anos teño colaborado en múltiples actividades culturais de Muros e agora esta última de TMT na que aporto a miña colaboración fotográfica. Eu, que falo con moita xente sei que TMT xa se coñece porque se fala dela, pero moitos botan de menos que non se publique en papel, porque moita xente da miña idade non ten o recurso de poder acceder a revista en internet. Estou seguro que co tempo TMT imprimirase en papel e poderá estar o alcance de todos. E por último, un desexo: que TMT dure e dure por moitos anos¡.
Manuel Lago Álvarez:
Picture3Celebrar o primeiro aniversario de TMT, e mais que unha boa noticia: e unha noticia impresionante. Chegar a cumprir un ano e ter previsto cumprir moitísimos mais e unha mostra de que, creador e colaboradores somos positivos e tan positivos somos… que nos embarcamos nesta tarefa sen chegar a pensar o alcance e interese que a revista ia ter entre propios e alleos. Pero bueno, o feito… peito, e como o que facemos gusta, mentres as dioptrías nos deixen, seguiremos adiante.
A mín, en TMT, tócame ser o que anda apurando a todos para que traballen, para que entreguen as súas colaboracións a tempo, etc., pero iso non quer dicir que sexa eu o malo, pero sí, o que está sempre protestando, e isto polo de pór en práctica esa teoría miña de que canto mais <<roña, roña>>, mais se dura.
Pero, con todo, o importante e seguir adiante, e mes a mes poder ofrecer a todos os lectores unhas páxinas de historia, arte, cultura, tradicións; unhas paxinas que falan dun pobo que aínda con centos de anos as súas costas, sigue vivo.
Os meus parabéns aos lectores de TMT, polo seu cariño a revista e tamén os meus parabéns os colaboradores que mes a mes fan posible que TMT siga adiante. Que a ilusión perdure e con ela este anaquiño do noso ser.
Manuel María Pena silva:

Manuel María¡Longa vida ao mensual!
Acaso sexa cimento,
para argamasa, ben duro;
acaso sexa, no muro,
recalcitrante e sedento
do noso idioma, argumento
para edificio seguro.

Talvez fecunde o fermento
reconfortante alimento;
talvez floreza o futuro
tan prodixioso e tan puro,
The Muros Times, con/tento,
tras doce meses, maduro.

¡Longa vida ao mensual
de anglicismos liberado!,
¿por que non, rebautizado
recurrindo ao santoral,
de socate, liberado
do pecado orixinal?

Publicado en Cartas da Redacción, Cousas que interesan | Etiquetado | Deja un comentario

A Nosa Xente: Don Antonio Novo Campelo

Picture6El profesor Don Antonio Novo Campelo nació en 1878 en la villa de Muros, se licenció en Medicina en la Universidad de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario en el año 1901 y ese mismo año, cuando contaba 23 años de edad, se doctoró en la Facultad de Medicina de Madrid. En 1904 ingresó con el número uno en el Cuerpo de Médicos de Baños y dirigió los Balnearios de La Toja, Verín, Baños de Molgas, Retortillo, Ledesma y otros, preferentemente de termas sulfuradas y carbogaseadas, dedicadas en especial al reumatismo y su experiencia clínica en esta enfermedad llegó a ser tan grande que dispuso de unas 50.000 fichas de reumáticos tratados durante varios años, encomendándole el profesor Bañuelos de Valladolid el Capítulo de Hidrología Médica de la obra Terapéutica Clínica que se escribió
En 1907 obtuvo, por oposición celebrada en Madrid, la plaza de Profesor Auxiliar (hoy equivalente a la de Profesor Titular) de la Facultad de Medicina de Santiago, encargándose entonces de la Cátedra de Terapéutica que estaba vacante.
En 1909 gana la Cátedra de Terapéutica de la Facultad de Medicina de Zaragoza, que no llegó a desempeñar, pues fue pensionado por la llamada Junta de Ampliación de Estudios y se trasladó a Francfort y Berlín, donde trabajó junto a los profesores Ehrlich, padre de la Quimioterapia antiinfecciosa, Wassermann quien contribuyó de forma preponderante al desarrollo científico de la inmunidad y de las reacciones del suero y Hoffmann con quien también trabajaron otros ilustres maestros nuestros y con el que mantuvo unas amistosas relaciones que se prolongaron hasta la Universidad de Santiago. En alguna ocasión más, fue pensionado para asistir a Congresos Internacionales, como los celebrados en Lyon y Budapest, llevando la representación de España o para realizar visitas a Universidades e Instituciones farmacológicas extranjeras, teniendo la oportunidad de tratar a figuras de tanto relieve como fueron Meyer, Marfori o Gottlieb. De su regreso de Alemania, en 1910, gana las oposiciones a la Cátedra de » Terapéutica, Materia Médica y Arte de recetar», (que así se llamaba entonces la asignatura de Farmacología) de la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela, cuando solo tenía poco más de 30 años. Muy cerca de medio siglo estuvo trabajando en dicha Facultad y, tanto como Catedrático como Decano, su labor y actuación dejaron huellas imborrables por su ejemplaridad, dedicación y eficacia. De él se dijo que amaba tanto a la Universidad que prefirió morirse a los 69 años antes que abandonarla por su próxima jubilación reglamentaria. Desarrolló varios Cursos de Hidrología Médica y de Terapéutica Física y su labor de extensión Universitaria fue muy grande, pronunciando conferencias en varias Universidades, Congresos y Academias españolas y portuguesas.
Como profesor Universitario le correspondió vivir el momento histórico y fundamental, para el desarrollo de la asignatura, que fue el cambio de denominación y de orientación de «Terapéutica, Materia Médica y Arte de recetar» por el de Farmacología Experimental y Terapéutica, a propuesta del profesor D. Teófilo Hernando (1881-1976), discípulo de Schmiedeberg, primer farmacólogo científico que merece tal nombre en nuestro país, nombrado catedrático de Farmacología de Madrid en 1912, coetáneo de Novo Campelo, creó el primer Departamento de Farmacología Experimental y fue maestro de muchos maestros. Con este cambio se pasaba de una Farmacolgía principalmente descriptiva a otra más científica y como decía De Jongh «la Farmacología ya no era solo la base de la Terapéutica, sino una ciencia en su propio derecho». Fue un excelente profesor, admirado y querido por sus alumnos, él mismo contaba como todas las tardes dedicaba varias horas a la preparación y actualización de sus clases, lecciones inolvidables, casi siempre retóricas, como cuando decía «abran las ventanas, penetre el aroma de la primavera, porque hoy vamos a hablar nada menos que de la digital». Precisamente, como él reconoce en el prólogo de su libro, la recopilación minuciosa de los apuntes de sus clases, fue el origen de la 1ª edición, en 1917, de su libro sobre Farmacología Experimental y Terapéutica, la 2ª edición tuvo lugar en 1935 y agotadas éstas, publicó la 3ª edición en 1943, ya en colaboración con su discípulo predilecto, el profesor Villarino Ulloa, y con un prólogo elogioso a cargo del profesor García Valdecasas. Publicó, además, numerosos trabajos y artículos científicos en múltiples revistas nacionales y extranjeras y sus muchos merecimientos fueron reconocidos y premiados en diferentes ocasiones, concediéndole los nombramientos de Comisario Regio de la Escuela de Veterinaria, Comendador de la Orden de Medahvia de Marruecos, Comendador de Instrucción Pública de Portugal y Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio. Siendo alcalde de Muros Don Fernando Rey Hermida, el Ayuntamiento le dedicó una plaza de la Villa como recuerdo y reconocimiento al distinguido y preclaro universitario muradano. En 1957 al Departamento de Farmacología de la Facultad de Medicina se le denominó «Novo Campelo» y se colocó una gran fotografía suya para perpetuar su memoria.
En su vida universitaria, que prácticamente fue toda su vida, destaca su periodo como Decano de la Facultad de Medicina, que abarca dos épocas distintas, la primera corresponde al periodo de la República, transcurre entre 1931 y 1936, la segunda desde 1941 hasta su fallecimiento en 1948, casi doce años plenos de actividad y proyectos, entre los que destacaron su preocupación por mejorar la docencia, la biblioteca, la construcción de laboratorios y quirófanos, los conciertos hospitalarios para mejorar la enseñanza clínica, la construcción de la Residencia Universitaria » Rodriguez Cadarso» y sus gestiones para construir un Hospital Clínico que sustituyera al antiguo Hospital Real, hoy convertido en el Hostal de los Reyes Católicos.

Su gestión al frente del Decanato fue tan importante, que de él se dijo que era el » Decano por excelencia». Su intensa vida universitaria y académica no murieron con él, pues además de dejar un gran recuerdo, su obra fue continuada por su discípulo profesor Villarino Ulloa, así como por su hijo Alejandro Novo González, que fue Catedrático de Obstetricia y Ginecología, Decano también de la Facultad de Medicina, Vicerrector de la Universidad y, actualmente, por su nieto profesor Alejandro Novo Domínguez, Catedrático, también, de Obstetricia y Ginecología en la Universidad de Santiago.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | 1 comentario