Arando no mar

p/Anton Lameiro

A deuda do Ministerio de Fomento ascende a 40.000 millóns de euros, unha “herdanza” que segundo Ana Pastor “limita a capacidade para operar infraestruturas”. Pola sua parte, Portos do Estado conta cunha deuda de 2.600 millóns, aos que lle hai que sumar os 800 que xa están comprometidos. O goberno de España asegura que polo momento a privatización de portos non está na sua axenda, pero casualmente xa hai un bo número de empresas dispostas a asumir os costes desta deuda co cal, sen dúbida ninguha, a cesión dos portos a mans privadas é soamente unha custión de tempo.

Picture6A pregunta é: ¿Vamos deixar que esto suceda?

Nun principio a maioría da xente non estará de acordo con este decreto, pero logo diránnos que é polo ben de todos aqueles que viven do mar xa que, unha vez en mans privadas o funcionamento dos portos será moito máis rentable. A verdade é que moitas corporacións son bastante máis eficientes que calquer goberno dos que tivemos, pero no nos deixemos enganar, o que calquera empresa privada busca ca explotación dos nosos portos non é nin a millora, nin o bienestar dos mariñeiros, senón loxicamente o seu propio lucro e expansión.

Todo esto tráeme á memoria o caso dun pesco que nunca quixo sair a probar sorte polo mundo adiante, manténdose sempre leal a sua patria, o mar. Falto en palabras e sobrado en darlle a man a quen lla pedira, gañouse a vida e o respeto dos que o trataron andando de patrón dunha lancha xeiteira a que acabou dotando dun motor, no tempo en que os diesel fondearon para sempre as lanchas de vela. Conocedor das artes e dos segredos da pesca aprendeu de seu pai que un verdadeiro mariñeiro so se sentirá seguro en tanto non perda de vista o mar. Cando se retirou, logo de que unha estenose espiñal o deixase sen poder nin sequera chicar o bote, baixaba todas as tardas ata unha tribuna* que tiña na praia, sentaba no bancadeiro, e pasaba as horas ollando cara o mar, ata que o frio ou anoite o botaban de volta para casa. O único fillo que tivo nunca quixo saber nada do mar e marchou xa de ben novo a estudiar a Santiago. Alí estudou alguha cousa, casou cunha picholeira, e acabou traballando nun banco. Unha tarde, antes de que a Ley de Costas fose aprobada, nos anos en que os primeiros especuladores campaban as suas anchas mercardo os terreos que a xente tiña a veira do mar, o fillo baixou ata a praia a facerlle unha proposta ao seu pai:

-Sabe, no banco están a facerme oferta que non podemos deixar pasar. Se vendésemos a tribuna e o campo de atar daríanos de sobra para comprar un piso máis grande. Deste xeito miña nai e “usté” poderían vir a vivir connosco a Santiago. Estarían os dous máis perto do seus netos e tamén do hospital, por si lles pasara calquer cousa. Total para o que sirve agora esta tribuna millor sacarlle algún proveito.

Picture7Siempre me pareceu terriblemente absurdo que cousas como a humildade ou a franqueza, cualidades que deberíamos admirar na xente, son hoxe en día síntomas de debilitamento social. E polo contrario, tazos despectivos da natureza humana tales como a cobiza, o egoísmo ou o interés son considerados, por unha maioria cada vez máis grande, atributos que garantizan o éxito.

-Non todos os bens neste mundo se poden comprar con diñeiro- dixolle o pai o fillo – Hai cousas que non foron feitas para lucrarse con elas, espero que algún día as descubras e as saibas apreciar. Ademais, ¿de que me serve a min un piso en Santiago se non podo ver o mar?

O longo da nosa vida, toparemos moitos momentos nos que a cobiza ou a vanidade no nos deixen ver máis alá dos nosos propios caprichos, deixarse arrastrar por eles só nos levará e perder a pouca capacidade que nos queda para traballar xuntos. Ogallá non teñamos que acordar un mal día e comprovar que xa non podemos ver o mar nin sequera dende o peirao.

*casa donde os mariñeiros gardaban os aparelhos e as velas.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A lenda da Creba

 p/Manolo de Lajo

Segundo uns documentos ben atiguos, a ría de Muros contaba con catro illas todas elas cos seus respectivos santos é ermidas. San Antón en Laxeiras, Santa Cataliña en Tal, a Creba en Esteiro e San Bartolomé na Barquiña; esta última foi asolagada e só asoma de vez en cando con mareas vivas e Lua cheia. Conta a lenda que os seus moradores seguiron vivindo baixo á auga e alimentandose de berberechos. De todas estas illas a Creba é a máis grande, encontrandose 42º 46′ 29» latitude Norte e 08º 57′ 50″ Lonxitude Oeste, a uns 240 metros de Punta Uía, na comarca esteirana de Muros. Ainda que algún día fora disputada por o concello de Outes reclamando a súa pertenza ó Freixo. Picture5Pensando friamente máis valera que pertecera ó Freixo que a un particular acaudalado que a mercou nos tempos de oir, ver e calar; por o menos sería un espazo de ben común donde todo fillo de veciño poidera disfrutala. E mágoa que só poidamos falar desta illa en termos do pasado, e lembrar que era un territorio comunal ó que se levaba o gando a pastar. Dende a Idade Media existiu unha ermida dedicada a Nosa Señora da Creba e custodiada por un ermitán onde se celebraba unha concurrida romaría con xentes vindas en barcos dos pobos veciños, hoxe está desaparecida e no seu lugar plantaron un caserón. Hai moitas lendas relacionadas coa illa, sendo a máis coñecida a que explica a construcción da ermida e que foi recollida por Vicente Risco: «Na Creba había mouros que tiñan un templo do seu falso deus. Os cristiáns matáronos deixando soio a filla do xefe. Esta invocou ó demo, que levantou unha tempestade, afogou ós cristiáns e separou a illa da terra. A moura convirtíuse nunha culebra rodeada de feras que afundía os barcos. Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendecir a illa e erguer a igrexiña da Nosa Señora da Creba». Conto ou lenda, o certo é que houbo ermida e consta a súa existencia en documentos do século XVI. Os xeiteiros e bolicheiros da bisbarra sempre foron moi devotos da Nosa Señora e cando pasaban a carón da illa cantaban: Indo polo mar abaixo o aire rifoume a vela; Nosa Señora da Creba diume o pano para ela. Era un rito que cumpria todo mariñeiro o cal permaneceu na memoria case ate os nosos días. Contaba miña avóa que vindo no Carreto, vapor de pasaxe que cubría a ruta Noia-Muros, o pasar o rente da illa as mulleres berraban «Salve á Virxe». Todo queda en lendas e recordos, pero seguiremos reclamando o que é de todos.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A autovía rápida

p/ Marcelino García Lariño

Cando Lesio de Viruta volveu ó lugar despois de catorce anos traballando coma un asacano nun arrabalo da cidade de Iucatán, toda súa teima era facer unha autovía que chegara dende o seu lugar á capitalidade da parroquia, onde está a igrexa, distante xusto, xusto, mil setecentos trinta e sete metros.
Picture3Atopouse con obstáculos dabondos: tiña que atravesar a agra dos Fedellos, que aínda estaba pro indiviso dende a morte dos seus bisavós; cos da casa da Xiada que se opuñan a que lle pasara polo herbal; con Xosé o Farrapeto, escolante en Montevideo, que non quería dar nin unha cuarta “de los bienes heredados de su difamada difunta madre” (así mesmiño lle dixera nunha carta certificada con acuse de recibo que lle escribira contestando a outra que Lesio lle enviara por avión), e moitos incontables atrancos máis.
Picture4Pero el, terque que terque, botou o peito para adiante e hoxe fala aquí, mañá acolá, reunión vai, reunión vén, xuntanza dun lado, xuntanza do outro, fala con este, logo con aquel, despois co de máis alá, viaxe para arriba, viaxe para abaixo… en fin, que non tiña solaz nin parada co seu corpo.
Un día foi co fillo do carpinteiro Pepe de Lisardo (que tiña un coche de terceira ou cuarta man, aínda que andar algo andaba maiormente polas costas abaixo) á Coruña a mercar as ferramentas necesarias para dar comezo “á obra máis grande que verán os séculos cando estea rematada” (así mesmiño o dicía) e mercou un aparello de tres patas como teñen os retratistas nos estudios, e con el púxose a “tomar medidas cheas” (outra das súas verbas preferidas) ás leiras, herbais e devesas por onde ía pasa-la autovía.
Lesio de Viruta non veu rematada a súa obra, non lle foi posible. Despois de gastar nela todo canto tiña (arruinouse) entroulle unha hipocondría que se lle agravou e que o levou á cova. Requiescant in pace.
Anos despois, ¡o que é a vida!, a parroquia agradecida rendeulle un homenaxe póstumo e popular a este home que en vida tivérono sempre por toleirón, dándolle o seu nome á corredoira que el non fora quen de rematar e que lle custou a morte, póndolle un letreiro en cada entrada da mesma que aínda di: “Autovía rápida de Lesio de Viruta”.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A parroquial de Santiago de Tal

p/Xokas Figueiras

Tipo de ben: Igrexa, Camposanto,
Concello: Muros
Parroquia: Santiago de Tal
Lugar:
Outra denominación do ben: Igrexa de Tal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,

Descrición:

Picture1Con pranta de cruz latina, trátase dunha construcción moi sinxela. O campanario foi incorporado no ano 1697 nunha fachada de corte neoclásico. No interior conta cun pequeno coro e unha sancristía engadida na parte posterior do presbiterio, de menor altura dado que o corpo da igrexa é todo da mesma altura. No esterior, nos lados e na parte traseira atópase o camposanto parroquial.
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Picture2Contan os veciños que a imaxe de Santa Catalina que se atopa no interior foi traida da ermida desaparecida da illa do mesmo nome.
Referencias bibliográficas:

Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota,Lousame,Muros,Noia,Outes e Porto do Son
Jose Ramon Soraluce Blond Xose Fernandez Fernandez

Haz clic para acceder a 22396CA011.pdf

Artigo de Xokas Figueiras,

recollido en patrimoniogalego.net

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción: Novembro-2013

Por necesidades de espacio, neste número de Novembro, non se publica a carta da redacción no seu lugar habitual. Pola aquí, donde deberá ir a referencia o colaborador, e puramente circunstancial, e as circunstancias son as que son…

ComoPicture1 moi ben saben os nosos lectores (que dito sea, pasan de 5000 o mes), The Muros Times e unha oferta cultural adicada a Muros, porque Muros nunca contou cunha revista cultural, e porque o necesitaba, nace e crece TMT, que só busca pór en valor, a historia, o arte, a cultura e os costumes das terras muradanas, e na que teñen cabida todas-las persoas que queiran colaborar nestes fins. TMT e plural, e por selo está por enriba do ben e do mal. Ninguén poderá acusar nunca a TMT de andar polos de aquí ou polos de alá.

Que TMT ten unha acollida moito mais alá das terras muradás e un feito certo e contrastable. Si alguén tuvo ocasión de ver a quen pertenecen moitos dos cerca de 800 “me gusta”, que ten a páxina de TMT no Facebook, comprobaría que un bo número deles son de xente que non e muradana. Iso honra aos muradans, que ven unha vez máis (e foron moitas o longo da súa historia), como as cousas de Muros interesan e gustan. Fumos e somos un referente cultural, do que moitos alleos queren aprender.

Que a revista TMT tivese presencia nas nosas bibliotecas, colexios e institutos, debería ser o normal, para que deste xeito, aqueles que non teñen acceso a internet, puderan consultala, e tamén para constancia dos anos que veñen… que deseguido pasan para todos e todas. Nove eran os exemplares que se imprimían en papel. Unha cantidade insignificante pero que se ve atropelada polos “recortes”. Pois quede a cousa nos “recortes”, que non sexa por outra ou outras cousas, como aquelas do libro do escritor estadounidense Ray Bradbury. (Fahrenheit 451).

E xa rematando. TMT voltará a estar a disposición de todos nas bibliotecas, colexios e institutos, tan pronto como se resolvan as impedimentas actuáis. Ó tempo¡, que todo se anda, e nós, non imos indo sós¡, que nos acompañan nesta travesía as mellores das intencions.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario