Remeiros

p/ Manuel M. Caamaño

A voga xa se facía insoportable e ninguén sabia canto quedaba para chegar a porto.
A mesta néboa que cubría as augas dende facía varias horas impedía que os mariñeiros puidesen ver algo mais aló da súa proa , e a encalmada facía da vela un colgaracho inerme e inútil que pendurada morta do mastro.
Picture1.png RemeirosO patrón cunha man termaba do leme e coa outra sostiña unha pequena caixa de madeira na que gardaba unha vella agulla de marear.
Da súa gorxa fuxía a cada pouco un aturuxo de ánimo para acompasar a voga dos mariñeiros. Voga que ía perdendo intensidade e forza co paso do tempo.
– Ánimo meus homes! Que xa debemos estar na altura de Meixide. Se seguimos vogando así, pronto teremos que ver xa a liña da costa.
Hermindo da Crega agarraba o seu remo con forza, pechaba as súas mans sobre el e tiraba cara o peito , peito do que xurdía un berro de animo e de rabia con cada golpe de remo; a súa queixada trincada daba a súa faciana unha expesión dura de esforzo , e nas súas vidallas marcábanse unhas profundas engurras que o facían parecer un vello, a pesar de non acadar aínda os trinta anos.
Non tiña trinta anos Hermindo da Crega , mais xa levaba dende os nove cun remo entre as mans , de tal xeito que o aparello semellaba unha extensión mesma dos seus brazos.
……..
– Por babor escoitase lavar nas pedras!- Dixo un dos mariñeiros.
– Ceade de babor e moderade a voga- foi a resposta do patrón.
Pouco a pouco foron xurdindo de ente a néboa unhas pedras que non puideron identifican no intre. Cando chegaron ao pé delas, Lelo, que era un dos rapaces máis novos de a bordo , agatuñou pola rocha para tratar de recoñecela.
-Patrón, a min paréceme que isto é Miñarzo- berrou o rapaz dende enriba das pedras.
– Embarca entón Lelo, que si é Miñarzo ao SSE, como a unha hora temos que topar o Meixón…
Hermindo da Crega aferrou outra vez a queixada e dispúxose de novo a tirar polo remo.

Publicado en Contos e Lendas, Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da redacción Agosto-Setembro—2013

Nº 5 – AGOSTO-SETEMBRO—2013

Picture1Aquí está con todos vós o novo número de “THE MUROS TIMES” Un número que ven cargado de historias, de reportaxes, entrevistas, lendas e relatos relacionados co noso concello.

Un número un chisco especial, pois engloba os meses de agosto e setembro. E non é por falta de colaboradores/as nin de material, o motivo deste número especial, senón por falta material de tempo do que dispuxemos os editores nestes meses de canícula para manter a periodicidade. Coidamos que logo deste número a revista volva ser mensual.
Gustamos de comprobar a gran acollida que ten entre todos vós este proxecto e tamén nos gabamos da cantidade de colaboradores que se van engadindo mes a mes as nosas ringleiras. Pouco a pouco imos gañando en variedade e calidade; iso si, sempre sen descoidar o noso obxectivo inicial que é dar a coñecer as cousas de Muros e á xente que ten algo que contar. Tamén é grande a afluencia de visitas e  de novas incorporacións a nosa páxina no “Facebook”, que xa ten máis de seiscentos seareiros!.  Todo isto danos pulos para seguir adiante con este ilusiónante proxecto que é “THE MUROS TIMES”.

Son moitos os seguidores que nos din que desexarían contar coa revista impresa. De momento non pode ser, ainda que, quen queira imprimir a revista so ten que baixala en PDF da páxina do soporte dixital  (ww.issuu.com) e imprimila o seu gusto.  Con todo, agardamos que vos agrade esta nova entrega e  ata o vindeiro mes.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado | Deja un comentario

O beato de Arias de Presno e a Campa Santa

p/ Manuel Lago Álvarez

Alí en Louro, na igrexa do Convento dos Franciscanos, diante do altar maior, hai unha pequena lápida de mármore branco que ten gravada a seguinte incripción: “BEATI ARIAE DE FRESNO / OSSA ET CINERES / HIC IACENT (Aquí xacen osos e cinzas do Beato Arias de Fresno). Para moitos igual resulta descoñecida a historia deste Home de Deus, que foi soterrado na conventual de Louro, despois de ser declarado “Beato” (Benaventurado) pola Igrexa, anos despois do seu pasamento.
Picture47O noso home, naceu en Santa Eulalia de Presno, municipio de Castropol (Asturias), e ingresou no convento franciscano de Ribadeo (Lugo). Co tempo, e xa ordenado, pasou a formar parte da Comunidade Franciscana de Louro.
No ano 1579, a terrible epidemia de peste que asolou España, chegou as terras de Muros, afectando tamén ós frades do convento. Un deles, moi enfermo, non foi trasladado ó Hospitalillo da Trinidade de Muros. Os frades optaron por coidalo eles, e dispuxeron, para evitar calquera tipo de contaxio, que fora albergado nunha das chozas do bosque. O frade encargado de coidalo chamábase Frei Diego de la Cruz. O pouco, despois de cumprir varios compromisos de predicación chegou o convento Frei Arias de Presno, quen enterado da enfermidade do outro frade quixo ser él quen o coidase. De nada valeron os coidados de Frei Arias. O frade enfermo morreu, e con él, os poucos días (contaxiado tamén pola peste), Frei Arias de Presno, que foi soterrado no cemiterio do Convento.
Moitas visitas tiña a súa campa, que acabou converténdose en lugar de peregrinación. Os fieis de Louro e de toda a comarca e de mais alá, empezaron a veneralo como Santo e a pedirlle os mais diversos favores. Algún dos “pedidos” dos fieis debeu alcanzarse, polo que o frade santo, foi beatificado polo Papa, e a súa sepultura trasladada diante do altar maior da igrexa do convento, pero aínda cambiada de lugar seguiu repetíndose un estrano ritual, que aínda hoxe se segue repetindo.
E non é que o conten… e que pasou e pasa… que cando un neno ou nena, nos seus primeiros anos non crece adecuadamente, ou come pouco, ou tarda en falar, ou se ve cativo, moitos pais o levan a campa, o poñen sobre ela, e si o neno ou nena e pequerrecho, deixase que durma… rézase, implórase o Beato polo cativo, e feito iso, espértase, sacánselle as roupas e cámbianse por outras. As roupas vellas quéimanse ou se deixan colgadas nos arbores cércanos. Así deste xeito procurábase a curación dun “mal aire”. Aínda este ritual se segue practicando a día de hoxe. Coñezo xente que foi “pasada” pola campa santa e mo contaron con detalle, como así llo contaron os seus pais. Sexa como sexa o “ritual”, o importante e rezarlle o Beato. A persoa que chega a Beato e porque a Igrexa lle teña recoñecido algún milagre, e os milagres nunca veñen sós… non son únicos e exclusivos.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Entre las monjas y el sacristán

p/ Marisé Luces Tajes  

Nos situamos a finales de abril del año 1966, en plena fiebre de la adolescencia y los primeros “mal de amores“.

Las alumnas de bachillerato del colegio “de las monjas“ teníamos los sábados por la tarde clase de “labores“, unas muestras de bordado y de corte y confección que teníamos que presentar al irnos a examinar a Santiago.

Nosotras estábamos en 4º de bachillerato, ¡éramos las mayores ¡ y en plena primavera las hormonas funcionando a tope… jajaja.

Había también un sacristán muy guapo que traía de calle  a más de una, pero él solo tenía ojos para la más guapa, Carmen, y ella para él.

Todos los días, después de tocar las campanas a las 3 de la tarde, se acercaba hasta la puerta del colegio y nos traía unos caramelitos de Nata que compraba en Las Picas ( era rico, tenía propinas de bautizos, bodas…) y nosotras encantadas (adoraba al santo por la peana), para estar con Carmen tenía que estar las amigas.Picture46

Pero… ¡llegó el día fatal¡.:

Una tarde de sábado primaveral, estando ya en clase, Jorge tuvo la osadía de ponerse bajo el quicio de la puerta de entrada a la clase, ¡ qué contentas estábamos de conversación con él ¡, cuando más entretenida era la charla aparece… SOR EUCARISTÍA . ¡ Ay, Dios mío, la que se preparó ¡. Jorge escapó corriendo, no lo atraparían aunque fueran tras él, pero a nosotras…pellizcos, alguna torta, cachetes en la cabeza con los nudillos… Por su boca salían palabras que ya ni recuerdo, pero una de las frases nos llegó al alma (bueno, no sé a dónde, pero nos llegó) : OS VAIS CON UN PALO VESTIDO DE HOMBRE .

Ya más calmada la cosa llegó el castigo: sin recreos, quedar todos los días hasta las 2, y tres domingos, mañana y tarde, en el colegio. Sí, sí, leéis bien, los domingos de 10 a 2 y de 3 a 9. y lo que aún era peor, contárselo a nuestros padres.

Llegó el mes de mayo, mes de María, y diariamente venían D. Casimiro y su ayudante para el rosario y la misa y allí estábamos nosotras más serias y tiesas que las beatas oficiales.

Lo que no se nos había olvidado era la famosa frasecita, la teníamos clavada. Fue por ello que a Manuela,- ¿a quién si no?, ella siempre tenía las “ mejores “ soluciones “- se le ocurrió que podíamos hacer algo. La hermosa huerta nos dio la solución, allí delante de nuestras narices, apareció una gran rama que, por su forma, parecía estar diciéndonos: aquí me tenéis, cogedme. Y claro que la cogimos.

Vestimos a la rama con unos bombachos de gimnasia y una camisa, ¡ qué bien nos quedó ¡ ¡ YA TENÍAMOS AL PALO VESTIDO DE HOMBRE ¡. Terminadas las clases allá nos fuimos a la capilla, Manuela, Carmen y yo, muy formales, nos llevamos la rama y la pusimos en el banco con nosotras.

Durante los rezos nadie nos dijo nada, pero al salir…¡ ay, al salir ¡ todo lo que os pueda contar es poco. Sor Eucaristía parecía haberse vuelto loca, nos decía de todo y un poco más, llama a la Superiora, hablan entre ellas, nosotras ni abríamos la boca y de repente parece que se calman. ¡ llegaba lo que no queríamos¡ nos dan la receta :  Todos los domingos de mayo y junio castigadas., ir a misa con ellas a la capilla, nada de ir a la parroquia que veíamos al sacristán, diariamente solo media hora para ir a comer y los recreos ni olerlos. Y, además, el castigo de los padres por ser tan maleducadas.

¿Os imagináis esto en un colegio de hoy?

¡Y TODO ESTO POR LOS AMORES DEL SACRISTÁN ¡

P/D  ¿Os habéis imaginado quién era el sacristán ¿ Sí, ese mismo en el que estáis pensando el Sr. Jorge Lago de Pexejo.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A ponte do Engano

p/ Mª Luz Pérez Quintela
Dende sempre, os límites do partido de Muros, estiveron marcados polos ríos Ezaro e Tambre. Polo camino de Fisterra, a Ponte de Ézaro, que tardou anos e anos en rematarse, e polo camino de Santiago, a ponte de Don Afonso, que agora ten unha anteponte, a que chaman a do “Engano”. Falarei delas e das súas descoñecidas hestorias. Agora vai a historia dhus amores que aconteceron nas ribeiras que lle deron nome a ponte do Engano.
A casa de Xestoso, na parroquia do Cruceiro de Róo, pertencente ó Concello de Serra de Outes, era unha casa de labradores fortes,xente boa e moi traballadora, e tiñan gran influencia entre a vecindade. Cando se fixeron as obras de millora na carretera de Muros- Picture45Noia, co fin de atallar para chegar máis pronto a Santiago, collendo polo corredor, ós de Xestoso invadíanlles algúns terreos que a Xunta de Galicia estaba disposta a expropiarlles, pero Xosé, que así se chamaba o cabeza de familia, cedeu de bo grado os terreos en cuestión para que as obras se fixeran o millor posible.
Eran moi bos vecinos. Axudaban á xente, e donde había un problema, ou motivos de tristura, alí estaban eles para axudar a devolverlles a ledicia ós vecinos. Nestes menesteres a máis disposta a facer ben era a filla pequena, Mariquiña, a que seu pai adouraba e regalaba canto ela desexaba.
Mariquiña namorouse dun garrido mozo de Tàllara, perto de Noia, e sábados pola tarde, Domingos dispois da Misa e tamén polas tardes, moceaban e paseaban entre as dúas parroquias-Cada un collía o seu coche e encontrábanse na entrada da Ponte Nova que se fixo sobor da Ria nas obras xa mencionadas. O que primeiro chegaba esperaba polo outro despois de aparcar nunha área de descanso próxima a dita ponte. Dispois, entre risas, bicos e arrumacos cruzaban a Ponte de lado a lado.
Pero un día, sin saber o porqué, Antón, que asi se chamaba o mozo, non acudiu á cita. Volveuse Mariquiña para a casa pensativa e cabizbaixa, sen saber cal sería o motivo desta ausencia. Pero esta situación repetiuse outras dúas veces máis, e Mariquiña triste, sen noticias de Antón, e un tanto desconfiada, decidiu que iría soamente un día máis a unha cita que que non se celebraría. E así fixo , cando deixou o coche no aparcadoiro e saleu cara á Ponte, alí atopou á seu Antón bicando e abrazando a Xulia a de Remedios. Alí, dónde ela fora tan feliz con Antón, e dónde lle prometerá un eterno amor.
Mariquiña tornou para a súa casa triste coma noite e deixando a súa alma presa entre a pedras da Ponte que ela deu en chamar a PONTE DO ENGANO, e cuio nome a xente acolleu e así se chama. Mariquiña enfermou de tristura ,e pouco a pouco consumiuse en silencio ata morrer.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado | Deja un comentario