Na procura de sinerxías

(p/ ESMU—Carnota)

A educación musical está a recibir o recoñecemento que se merece ademais de que hoxe en día contamos en Galicia cunha rede de conservatorios profesionais e de escolas de música, con dous conservatorios superiores e está presente nas facultades de educación das tres universidades galegas, impensable noutros tempos.Imagen3

A consolidación da música no ensino superior debe procurar sinerxías entre os Conservatorios Superiores de Música de Vigo e A Coruña coas tres universidades galegas. Trátase simplemente de botar man do principio de eficiencia e eficacia, buscando puntos de contacto e colaboración que sexan beneficiosos para as dúas institucións. Para os docentes o mundo anglosaxón é a referencia, onde a formación superior de música está totalmente ensamblada no mundo universitario. O obxectivo en Galicia é a creación a medio prazo dun mestrado interuniversitario en investigación e educación musical, unha proposta pioneira que xa está aprobada e en vías de desenvolvemento e que virá a encher un espazo baleiro. Este mestrado será un exemplo de cooperación pois mentres que a universidade se responsabilizaría da compoñente académico-teórica da que goza maior tradición, os conservatorios achegarían a parte práctica,Imagen4 a instrumental. Trátase de sacar o máximo rendemento á transferencia de coñecemento, cunha modalidade moi adaptada a Boloña e á formación en competencias porque á música lle vén de seu ademais de posibilitar que o alumnado de ensinanzas artísticas poida facer unha tese de doutoramento cunha temática musical.

En Galicia en xeral (e na nosa zona en particular, Muros-Carnota) temos moito camiño andado, posto que de 20 anos para aquí temos opción de estudar música a moi poucos kilómetros das nosas casas, dos nosos centros escolares sen ter que renunciar a ningún outro tipo de actividades. Así mesmo, podemos seguir estudando música ao trasladarnos ás cidades universitarias, posto que todas contan con conservatorios e escolas … pero aínda nos queda moito por percorrer para chegar a ser, musicalmente falando, coma o resto dos europeos. Entre todos e o noso esforzo, habémolo lograr.

Publicado en Música | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción – Outubro-2013

Un mes mais e seguimos adiante ¡¡¡. A gran aceptación que está tendo a revista danos pulos para seguir traballando con mais ganas. As estadísticas que nos da a páxina de TMT, amais a de issuu.com, son moi reveladoras: crecemos en lectores, o que nos enche de ledicia a todos.Imagen2

No andar da revista, cos meses vamos adaptando os contidos os gustos dos lectores sin renunciar a por en valor o esencial da revista: a historia, arte, cultura, tradicions, etc, das terras muradanas. Tamén os colaboradores van indo a mais, pero lentamente. Necesitamos contar con mais persoas que aporten o seu saber e facer, e para eso non fai falta estar cargado de títulos. Son moitos os que poden colaborar e deben facelo, pois coa súa aportación contribuen a espallar os seus coñecementos.

Sin querer ser pesados, (a verdade e que o somos), temos pendente de escribir sobre cento e unha cousas. A nosa historia da moito de sí, en todo-los eidos, e poucos concellos poden presumir deso; pois presumamos os que podemos ¡¡¡.

Para a revista de Novembro hai xa preparados un lote de artículos que de seguro van a ser do gusto de todos pola súa novidade: “Os Castros de Muros”; “A exclaustración dos frades do Convento de Louro”; ¿Cómo e cando se fundou a capela de San Xosé?, etc, e tamén se vai a contar cunha sección nova que se vai titular: “Muros: fai cen anos ou mais”, e na que daremos a coñecer pequeñas historias de feitos acontecidos na bisbarra. Nesta sección, moitos van recoñecer como protagonistas os seus avós e bisavós con detalles de todo tipo: a súa boda, os testigos, o nacementos dos fillos, viaxes, estudos, aperturas de locais comerciales, a marcha á emigración, etc.

Xa por último, queremos manifestar o a gradecemento de TMT o queredor muradán Alfonso Pouso, quen, a partires deste número, e debido a cuestions particulares, deixará de aportar colaboracions á revista. TMT queda orfa dunha notable pluma, que tanto en prosa como en verso fixonos vibrar de emoción.

P.L. : Ahí vai o gráfico das estadísticas da páxina de TMT:

Imagen1

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado | Deja un comentario

O Bergatín Fantasma da Bouxa

By Manolo de Lajo

… Alá por os mediados do século XVI, cando España estaba inmersa na colonización americana, moitos barcos piratas ingleses e franceses dedicábanse a saquear as vilas galegas. Un deses tantos, do cal non coñecemos o nome afundeu na Bouxa de Fora, un baixo que se atopa na enseada de San Francisco coñecido vulgarmente como o petón da Bouxa. Este é un baixo que non ofrece ningún problema para as embarcacións de baixura que Muros posúe, pero sí as de gran tonelaxe.Carabela
Parece ser que a vendavalada reinante nesa noite e o descoñecemento da costa abateunos a babor, sacando a nave da derrota marcada. Dando como resultado o naufraxio do dito bergantín xunto co seu cargamento de moedas de ouro. O capitán e a tripulación afundiron co barco, maldicindo o día e a hora. Polo cargamento que levaba os vellos do lugar coñecen o sítio como a «Furna dos Pesos».
Aquel barco, con toda a súa tripulación, emerxe do mar nas noites de temporal; desplegan velas, berran, pelexan como intentando salvarse do afundimento. Permanecen así durante a maior parte do tempo ata que Monte Louro saca a touca (Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca) facendo amainar a borrasca, desaparecendo entón como por encanto. A xente pensa que estas historias, lendas ou contos non son verdá, pero veñen sendo contadas de boca en boca por os nosos devanceiros e non foron esquecidas no tempo. Entón algo de certo terá.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Trastorno por déficit de atención e hiperactividad (1)

¿ Quienes de las personas que nos dedicamos a la enseñanza no nos hemos encontrado con padres preocupados, incluso angustiados, porque » mi hijo/a está siempre en las nubes «, » se distrae con cualquier cosa y parece que no atiendo cuando le hablamos «, » ¡ no está quiet@ ni un minuto ! «, «¡ cómo tiene los cuadernos, un desastre, con borratajos y sin hacer los deberes ! » ?. Todas esas preocupaciones de los padres con sus hij@s aumentan al no saber a qué son debidos, no saber darle una respuesta ni cómo actuar, generándoles inquietud, ansiedad…que, normalmente, se aminoran cuando a esas dudas se les pone un nombre y se les dan pautas de actuación. Esos comportamientos, no esporádicos, de niños y adolescentes, tienen un nombre: neno de mariséTrastorno por déficit de atención con hiperactividad (TDHA ), en el cual puede predominarla hiperactividad e impulsividad o bien el déficit de atención sin hiperactividad. Este trastorno conlleva problemas en su rendimiento escolar, siendo éste, quizás, el que más preocupa a los padres. No voy a escribirles sobre este trastorno desde el punto de vista médico, pero no se puede obviar su origen, síntomas y población a la que afecta. Su origen es neurobiológico, con alto contenido genético. hasta el 80% de los casos presenta un familiar con las mismas características. Está presente entre un 3% y un 7% de la población infantil ( DSM.IV-R ). Hay tres síntomas que son clave para definirlo :- El déficit de atención.- La hiperactividad.- La impulsividad, tanto a nivel cognitivo como conductual. ( ¡ OJO ! no confundir con niños inquietos, movidos, vivarachos ). Tanto el entorno familiar como escolar tienen una gran influencia en la evolución y mejora de los problemas que van apareciendo, la formación y conocimiento sobre el trastorno que los padres tengan, va a influir en la evolución de su hij@. En el ámbito familiar ( padres ) se dan distintas etapas :- ¿ Qué le pasa a mi hij@ ?. Ahí entra la búsqueda de información en los colegios, consultas al psicólog@ y psiquiatra quienes le van a ayudar a : conocer, entender y ACEPTAR el diagnóstico. Quizás esto último, ACEPTAR, sea el que mas les cuesta ya que les lleva a otras muchas preguntas, ¿ por qué a mi hij@ ?, ¿ qué hicimos mal ?, ¿ no estamos sabiendo educarlo ?. ¿ Qué podemos hacer ?. La respuesta a lo anterior es :- Ayudarles a valorar todos los aspectos positivos que su hij@ tiene.- Enseñarles estrategias que ellos puedan usar. Descubrir que lo que les pasa a sus hij@s tiene un nombre y que les pueden ayudar, supone para los padres un gran alivio que les lleva a un cambio de actitud ante el niñ@ y el problema. Primeros consejos a los padres :- Cada niño y su entorno familiar son únicos. No haga comparaciones.- Escuchar a su hij@, conocerl@, (TIEMPO PARA DEDICARLE) y aceptarl@ son los primeros pasos que hay que dar para ayudarles.
Marisé Luces Tajes.-

Publicado en Educación | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción – Abril 2013

Limiar:
Ben, aquí está xa o segundo número da revista
The Muros Times.
Aproveitando a aparición de este novo número, imos facer a presentación en sociedade desta iniciativa,portada TMT que terá lugar o vindeiro día vinte de abril ás oito do serán, na aula de informática da Casa da Cultura de Muros. Empresa que é participada por un grupo hetereoxeneo de mulleres e homes de Muros, e de algún máis, que a pesares de non ser nado no noso concello, síntese muradán de corazón. Porque para ser un bo “queredor de Muros” non é “Conditio sine qua non” ter vido a este mundo entre a punta de Uhía e a punta das Lens; senón, amar tamén a este bendito e privileiado anaco de terra. E iso pódese sentir, sendo nado aquí ou na Cochinchina.
Agardamos que sexa do voso agrado esta nova edición e contamos con que nos arrouparedes coa vosa presenza o día da súa presentación pública.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario