Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 55 suscriptores
abril 2026 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Arquivos
Estatísticas do blog
- 229.344 visitas
Comunidade
Son da Virxe (I)
P/ Joaquín Vilar Gómez
son pesco muradán,
a beira do Cuncheiro
perto de Carcamán.
Nasín co seseo,
mamei da gheada,
dijo:arroas, samburiña,
arghaso,ghamela
e gholpe de mar.
Tamén: boliche, xeito,
estrobo, salabardo,
lembransas de feito
do meu tío Bernardo (da papeira).
Se vou non bou, vou… e senón
víndeme a buscar!
ou nun bote a remar.
Xa vin o Monte Louro,
pasei o Neixón,
rompía a Boughiña
«non quero quiñón».
Collín uns peixiños,
tirei do trasmallo,
rompeume o risón
«róncalle o carallo».
Chicote, proa, cope
patela , nasa, norai
batea, poutada, morto:
na praia de Ghodai.
Ghalipó…chapapote…
ghabeta…bote.
Pozo do Cachón – A Ponte dos Muíños
Ignacio Pérez Bazarra era natural de Muros, emigrou a América e ao seu regreso solicita construír “unos molinos harineros de maréa”, información recollida
nunha copia de 1830 do plano do proxecto de construción cuxo orixinal (hoxe desaparecido) data do 15 de setembro de 1815.
O “Gremio del Mar de Muros» regalou ao Sr. Bazarra os terreos para que construíse o muíño. Con todo, houbo unha serie de problemas cun forasteiro, desterrado político que se apropiou destes terreos, pero finalmente a construción do muíño foi posible grazas ao interese do Gremio en que se levara adiante o proxecto.
Na década dos 30, crese que o muíño xa estaba abandonado e que foi comprado por Abelardo Dubert Siaba, fillo dun francés afincado en Muros. Outras fontes sitúan a compra cara ao ano 1890, polo que a data non é segura. Dubert encargouse de restauralo anexionándolle unha casa de baños.
En total o muíño tivo nove propietarios, sendo hoxe en día propiedade municipal. No ano 1990 iniciáronse as obras de restauración que foron rematadas en 2005. Hoxe acolle o Centro de Interpretación da Ruta dos Muíños da Costa da Morte.
Trátase dun conxunto de muíños de marés reunidos nunha única edificación, sendo un dos muíños da súa tipoloxía máis grandes de España.
É de planta rectangular alcanzando un gran desenvolvemento lonxitudinal, feito na parte inferior só con perpiaño e na superior combinado con cachote. Ten dúas portas de acceso e tres fiestras no muro onde ten as portas, catro no muro oposto e no lado estreito e extremo ten dúas superpostas.
Consta de dúas plantas, na baixa atopábanse as entradas da auga e na primeira situábanse as pedras de moer e unha lareira. A cuberta era a dúas augas, sotida por trabes
de madeira. Hai que diferenciar a zona dos muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última, funcionaron a principios do século XX, por iniciativa de D. Alberto Dubert, os baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños tépedos de algas e auga mariña.
Referencias Bibliográficas: Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Levar o burro a Serres
p/ Antón Lameiro
Cada pobo herda e mantén as súas crenzas e tradicións pasándoas de xeración en xeración sen que, na maioría dos casos, nos preguntemos nunca nin de onde veñen nin para onde van, algunhas calando tan fondo na xente de ben que convértense misteriosamente en firme relixión e outras, case sempre as máis afíns a pasalo ben,
rematan por ser vítimas das modas ou simplemente desaparecen. O noso Entroido é un bo exemplo disto último.
Ata ben entrado o século XX era totalmente aceptada a orixe romana do Carnaval (Carne-levare) que significa «abandonarse á carne», pero hoxe en día son xa moitos os autores que vinculan esta festividade coa deusa celta Carna, patroa da fartura e da abundancia. Contábanos a miña bisavóa Nocha que cando ela era moza, e aínda que se comían orellas e filloas segundo os ovos que houbera, o Antroido era máis unha festa belicosa -«sitotera» decía ela- do que farturenta ou luxuriosa. Os mozos que se disfrazaban, normalmente de branco, corrian detrás da xente con látegos feitos de vexiga de porco, con corres de bimbio ou mesmo con fumeiros, e ún tiña que facer mil «gharatusas» para escapar deles sinon quería que lle «soscasen». Eu ainda me acordo de ter levado de rapáz algún que outro rescoldo de tan ancestral costume. Os mozos do lugar de Baño acostumaban a levar o burro a Serres no Martes de Carnaval, unha práctica que consistía en procurar entrar no lugar d’Abaixo cun burro feito ca esfollada do millo e que cargaban ás costas coma se dun ídolo guerreiro se tratase. Excúsovos decir que aquelo viraba unha auténtica batalla campal donde todo «se valía» menos, supóñome, darlle a un cun sacho detrás do pescozo. O climax do drama chegaba pouco despois de pasar o que hoxe vén sendo a rotonda que nos desvía para o «aeroporto de Ventín», alí agardávanlle os «Nasoreanos» (1) apostados en pelotón a ambo-los lados do camiño e tan pronto como o «Burro» cruzaba a linea limítrofe desatábanse os ánimos e empezaba a contenda. O camiño quedaba totalmente cortado mentras un dos dous bandos non chamara a desplegarse e si algunha vella subía para ir a novena tiña que foderse e botarse a «eito» polos terreos ou dar a volta pola Agra si non quería ser abatida. Meu pai que combateu por moitos anos nas filas dos «do Carmen» (2) cóntame que en realidade, e a pesar de que en Baño aos de Serres se os coñece por «Os do Burro», o animaliño nunca entrou no lugar, nin no d’arriba nin no d’abaixo, pero eu, que son fillo do meu pai e supoño que tamén un mal perdedor, deime a licenza de imaxinar un final algo mais esperanzador para os nosos, e dibuxar os «Antonáns» (3) de Badernado mandando un batallón de reforzos na nosa axuda en lugar de manterse neutrales como sempre o fixeron.
Por desgracia as modas van e veñen e a cultura moderna que herdamos non solo nos civilizou a nós sinon tamén as nosas tradicións, e hoxe en día, ca excepción d’alguhas partes de Ourense, o noso Entroido no é nin unha mera alusión ao que xa foi. Que ninguén me leve a mal, non quero decir con esto que outras costumes mais…¿vistosas? sean menos acertadas, o fin de contas tamén nos gusta «maghear» os santos para sacalos en precesión, a pesar de que o rigor sea aquí a presmisa; en uotras palabras, o que eu quero decir é que ainda que con estes toques dogmáticos dos que somos tan amigos non se lle fai mal a nunguén, sería bo que como pobo nos preguntásemos si ¿verdadeiramente son estos os nosos valores reales?, para axiña respondernos que en ese aspecto os galegos non somos precisamente a nazón Nipona. Dase por feito que un ten que ir acorde co tempo que lle tocou vivir, e hoxe por hoxe hai un bo lote de estilos que se inpoñen por enriba dos demais: levar a cintura do pantalón abaixo nas «brillas» mola moito e salir de comparsa gaditana luce un montón pero, por que temos que deixar morrer tradicións tan nosas e tan pescas como o «enterro do Facundo» ou » a subida do burro a Serres» para logo deixarnos seducir por ritos supostamente mais «civilizados» como pode ser unha corrida de touros. A máxima aquí sería xa chejar a pensar que todo o que é español e sale na televión é algo vital para entender o noso propio entorno, ideales, por outro lado, necesarios para todo o que esté interesado en descubrir de donde ven e para donde vai.
(1) O patrón, San Xoan, sempre foi dos de Serres, (2) o Carmen mariñeiro dos de Baño e Boavista e (3) San Antonio, co seu porquiño, dos de Badernado.
Lenda da Cova de Sisilia
By: Manolo de Lajo
O pobo de Muros encontrase protexido por dous montes sitos de tal maneira que sí tiramos unha liña recta entre eles, a vila queda exactamente nela. Estes montes son Cruz de Pelos o NE é o Oroso o SW, ámbolos marcados dende tempos ancestrais por dous pedestáis coas súas respectivas cruces. A do Rumial no Oroso e Cruz
de Pelos no monte do mesmo nome.
Conta a lenda que a de Cruz de Pelos foi destruida durante a Edade Media por unha meiga que peiteaba os longos cabelos o pe dela, quedando soio o pedestal que hai hoxe en día. Dita muller foi axusticiada na fogueira por herexe, ainda que como decía meu bisavo cando nos contaba a lenda: «herexe non é o que arde na fogueira, sinon o que a prende».
O NE de Cruz de Pelos baixando para Porcomorto, no coñecido como Chan da Lagoa, encontrase a Cova de Sisilia, antiga morada da meiga e dos tres últimos republicanos da bisbarra. Estes tres sindicalistas da CNT botaron un bo tempo nela durante a guerra civil e aproveitando a noite baixaban as cortes de Felipe a buscar a comida que súas donas e os veciños alí lles deixaban. Nas ditas cortes moraba Mikis, o gato do pai de Felipe, ainde que eles o chamaban de Durruti, como o seu líder.
Sabedores de que cada vez o cerco da garda civil estaba máis perto é co conocemento de que estaban chegando reforzos desde Santiago para dar a batida definitiva, decidiron planexar a fuga a Francia. Entón un deles mandoulle recado a seu cuñado para que os esperara co barco de Carraspello (barco no que era contramestre) cheo de fuel fondeado en Esteiro e poder darse a fuga aproveitando a sombra da noite de lúa nova.
Eles sabían que os camiños dende Cruz de Pelos hasta calquer punto da ribeira estaban vixiados, pero tamén estaban o tanto de que a cova era máis longa do que exploraran. Así que decidiron coller a Durruti e tiralo por un furado con pendente que facía o final da cova conocida. Cal sería a sorpresa que miña tía Concha do Campo de Abaixo encontrouno bagando por a praia de Bornalle cando andaba o arneirón para a campa de súa nai, esta foi a maneira de saber que a cova tiña outra entrada cerca da dita praia.
Cando tiñan todo preparado para salir, déronse de conta de que faltaba Carmona, o home parece que se foi despedir da muller, con tan mala sorte que a casa estaba vixiada é capturárono. Uns días despois trás un xuicio sumarísimo, foi pasado a garrote vil en Santiago. Os dous restantes acojonados, decidiron adentrarse na cova tapando o lugar estreito dende o interior e seguiron o mesmo camiño que antes fixera o gato, hasta chegar a uns profundos que quedan cerca da praia de Bornalle e soio se ven con mareas vivas. Molláronse un pouco e continuaron a andaina por a ribeira hasta chegar a Esteiro. Alí estaba fondeado Santiago rodeado dunha espesa borraxeira, nadaron en silencio, embarcaron e sín saber moito de mar e cas luces de navegación apagadas botáronse a un andar de 8 nos rumbo a libertade, que naquel tempo non era outra que a terra donde naceu a Marsellesa despois dun levantamento do pobo. Amparados na noite e na borraxeira chegaron o porto de Arcachón con combustible xusto e mortos de fame, sendo recollidos por os franceses e recluidos nún campo de concentración na Praia.




