p/ José María García Rodríguez

O señor Costantino de Lareta vivía na Axesta. Moi pertiño da capela de Santa Ana. Era un home outo e grandeiro ao que lle pasaron moitas cousas na vida. E a pior de todas foi que morréu. Aparecéu no leito. A véspera de San Roque, que é nImagen1o mes de Santa María e aquil ano cadróu ser terza feira.

O señor Costantino da Lareta non tiña quen por il chorase e chorárono as viciñas. Facíanlle un pranto moi bó. As de máis caridade percuraron un hábito de San Francisco, que llo tuveron que pidir ao P. Macías do convento de Louro. Era tamén home grandeiro e cáseque xigantesco.

Puxéronllo ao señor Costantino. E un rosario e un Cristo nas mans e os ollos pechados. Non houbera necesidade de amarrarlle con un paniño o queixo e a cabeza, porque non abreú a boca. Morrera sin piar. A xente maior entraba e saía, os rapaciños tamén. Don Francisco o «Papuseiro» véu a botarlle un responsiño pola ialmao Luis Puga e Paspallás non se apartaban do cadaleito.

Había trazas de que o velorio sería bon. Caña e café pra mozos e vellos. Pras mulleres chiculate ou leiteo Iñano a velar i enterrar coma tén que ser. A iso das nove da noite, tiraron dalí a tódolos muciños e nantramentras os homes falaban e contaban contos, as mulleres pregaban pola ialma do señor Costantino e polas ialmas todas do Purgadoiro de xente da Vila. Inda máis, botaban os padrenosos individualizados: pola ialma da señora Manoela Louro, que lle decían Manoela de Goberno e fói moi boa muller… Pola ialma do señor Zafacoquiña, que tiña unha tenda na Praza do Cristo… Pola ialma de Isidro do Chocho, de Mirafrores, que era tiradentes… Padrenoso con sete avemarías, pola ialma dos sete que se afogaron cando viróu a lancha de Maceiras…Outras sete avemarías polas sete almas solas do Purgadoiro que non teñen quen pregue por elas… I estaban nistas, cando facendo un esforzo que semellaba cousa do demo nun morto, erguéuse o señor Costantino da Caixa,Imagen2 miróu a dereita e a esquerda, e berróu: —IAcudídeme viciños, quérenme enterrar vivo!

E ao ver aquela pantasma erguerse, co hábito francisco posto e un Cristo nas mans, perderon o sentido moitas mulleres e moitos dos mozos puxeron a boca no mundo: –;Resuscitóu o señor Costantino da Lareta! E fórono correndo pola vila inteira: —Pasoulle coma Cristo, i resuscitóu

E no intre, dos homes e mulleres que fuxiron escaleiras embaixo da casa, un partéuse unha perna, outro un cadrís, a unha dona déronlle co cóbado no calleiro, con tanta forza que perdéu o alento; outros escorreron e deron coa cachola nas laxes da rúa, e dahí pra diante… A botica de don Carlos Iglesias chegaron ao mesmo tempo os feridos e os que pregoaban a resurreción do señor Costantino. E nun descansiño, saleu don Carlos a porta, feito un fierabrás: —Calade, bestas: resuscitóu porque non morréu. Ou qué pensábades?

Pro había quen lle dicía con femenza e insistenza:

—Resuscitóu, resuscitóu, boticario do carallo…

Houbo que agarralos pra que non se fosen as piñas. Eiquí non ficou a cousa.

O señor Costantino da Lareta, grado a Deus que eisí o probara, facéndoo morrer sin morrer, oferecéuse a Santa Rita de Moraña, e levou a radeira de sí meia Vila. Un feixe dos pescadores máis forzudos, cargaron o mesmo cadaleito no que il estivera, e co mesmo hábito francisco do P. Macías, que non llo devolvera, levárono na procesión, antre os «ofrecidos», mortiño, eisí Deus me salve, do ben que o representaba. E dimpóis fartos coas empanadas dos cabases, coas botellas de viño de Ribeiro déronlle todos a pinga, que, dos que estiveran na América, uns falaban ingrés: Yes, mister. Pirinding it is fandang, que me espricaron que quer dicir que iste mundo é un fandango. loutros dábanlle ao arxentino: ¿ Che, no más, y la pucha? que non sabíamos si nos perguntaban pola pucha da cabeza ou pola xuvenca que tíñamos na corte… Ao seguente día, o señor Costantino da Lareta presentóuse na praza, na casa de don Francisquiño o «Papuseiro» e díxolle: —Vín as Xans…

O crego dóuse ben conta do que lle falaban. Non é que non soubera qué dicir, é que non quixo dicir ren. Calóu.

—————-xxxxx————–

Todos sabedes o que són as Xans. A Santa Compaña, Hoste ou Estadea e a procesión das almas dos mortos. Almas que non teñen pouso, por cousos que non coñecemos. As «Xans» son as almas dos vivos, en compaña, camiño da morte. Levan candeas na mantacesas. Os meniños e os que van a tardar moito en morrer, grandes velas e fachas. Os que chegaron as beiras da morte, pequeniñas e trementes. Non son moitas as persoas que as ven e tamén hai cadelos que as sinten. Destoncias seu oubear e moi tristeiro e fáno a porta da casa dos aguniantes.

O señor Costantino da Lareta escomenzóu a ver as Xans. Pro non era ousado de dicirlles aos amigos que vía, o perigo que os axexaba. De xeito meirande, aos que iñan a morrer de repente e nino sospeitaban. As Xans se lle aparescían de día, de noite, na rúa, na estrada… Chegábanlle até a porta da casa. As Xans pasan e non falan, OImagen3 señor Constantino andaba asombrado e con medo. Coma o «Papuseiro» non lle dixera ren, foi a falar coa señora Maricola de Senande, que botaba as cartas y era pastequeira.

Vivía no barrio da Fontevella, perto do chafarís que deita a iauga máis freda e millor da Vila. Era muller alongada, de preto sempre vestida a pele e o cabelo branco e os ollos verdes. Botaba a boaventura mirando as raias da man. E adiviñaba o porvir póndo a serear un ovo nun vidro con auga nas noites de lúa chea. Espricóulle ao seu visitante que corría o risco de velas Xans toda a súa vida. E coma o señor Costantino quixese máis espricacións, engadíu que lle pasaba porque fora mal bateado. Cicáis, por erro, lle puxeran os óleos da Estrema; ou o padriño lle rezara mal o Credo.

—Iso teve que ser, dixo o señor Costantino da Lareta, porque meu padriño, don Rosendo Gonzálvez, era tatexo e zazo.

—Non teve que ser élle, confirmóu a pastequeira. Porque ¿a quén se lle ocurréu poñerlle de padrino de boutismo a un zazo? Ou é de novo bateado ou vái a ver as Xans toda a súa vida.

En certo modo, o señor Costantino véu o ceo aberto. Rubíu a costa que pasa por diante da capeliña de san Xosé e fói direitiño pra casa do cura, don Ramón o Currión, home gordecho e severo, e servo de Deus apaixoado. A beira da eirexa, de frente da Alameda, tiña un casa bonita con albres de lilas na porta. O dito señor abade recebéuno no seu despacho i escoitado o caso, botóuno a couces, coma quen dí: —iFora da miña casa, larpeiro! Lampantín, ¿tí non sábelo Credo? ¿Non oubiches dicir: credo in unum baptismum in remissione peccatorum? iNon che hái máis que un boutismo, un soliño, pra toda a vida ¡.

‘¿Toda a vida vendo as Xans, fói coma se véu o señor Costantino da Lareta! E baixóu polo Camiño Novo pra o Curro dos Touros, tristeiro e afrixido. Facía unha noite de luar. Dóu por acaso coa señora Maricola, a pastequeira, que lle dixo: —Percura ao señor Dictinio, o Evanxelisteiro de Louro. E fói na súa percura.

Louro non é lonxe. A carreiriña dun can, máis ou menos, dende Muros. Pásase por diante da capela do Espiritu Santo, que estaba traballado en pedra iera un santo rexo, que non séi por qué, meu tío Xequin dos Pitos mandóu que o pintasen de branco. Logo unha camiñada, alá embaixo fica a praia da Vouga, onde veñen as toniñas e os arroases a pasala noite, dimpóis chégase ao convento e logo a aldea.

Nunha das pirmeiras casas, ao pe da estrada, vivía o señor Dictinio. Coma evanxelisteiro era moi miseiro e gostaba de -facer oficio de sancristán. Visitaba enfermos, aconsellaba xente e disque en segredo misaba. Pro isto poidera ser mintira. O señor Costantino da Lareta petóu a porta da casa e o señor Dictinio mandóuno pasar. Era neto do Evanxelisteiro que aparesce no Poema dos Mártires Galegos e fói enterrado ao pe da súa hermida. Cada ano froréeenlle na campa, lirios azúes e brancos e cecenas na boca. Enteiróuse do caso por miudo e seu neto díxolle ao señor Costantino: —De certo, vostede está mal bateado e hái que boutizalo de novo. Pro eu faréino. Pode boutizar calquer home ou muller que teña uso de razón.

Amén diso, iste ano, o día de San Xuán cái en domingo e na véspera, as doce da noite, tódolos ríos, fontes e regatos de Galiza levan a mesma auga do río Xordán, na que fói bateado Noso Señor Xesucristo… E persinóuse o señor Dictinio ao pernunciar tan santo nome. Logo engadiú: —Isa auga, santa e miragreira, deixa aos homes ceibes dos seus pecados e creba tódalas cadeas que amarren súa ialma, con mouros, encantos e ánimas da outra vida…

Chegada a víspera da San Xuán, xuntáronse nunha fonte de auga moi limpa, que se chama Fonte das Preñadas, iestá no Campo de Cortes, máis arriba da capela de San Roquiño das Campanilliñas, o señor Costantino, o evanxelisteiro, máis os padriños apropiados. Ben revisados os óleos de batear, rezado o Credo de Nicea, en latín, moi amodiño, ispido o catecúmeno de meio corpo enriba, escurréulle as doce en puntiño da noite, aquela iauga que era a do río Xordán, pola cabeza, ao tempo que o señor Dictinio dicíalle: —Priscilio, estóuche bateando no nome do Padre, e do Fillo e do Santo Esprito… Dimpóis cantaron un hino fermoso, monótono e solene, de groria a Deus.

Pensaredes o que queirades. O señor Costantino da Lareta non cambeóu de nome. Tampouco se enteiróu moita xente da segunda veceira en que fora bateado. Nin endexamáis voltóu a ver as Xans. Pro iso sí, cando sentía oubear aos cadelos, distinguía moito ben aos que as vían dos que nón. E si aquiles oubeaban a porta de calquer doente ou agoniante, de antemán, botáballe un padrenoso pola ialma. Iñalle a todos ao enterro. Chegóu a moi vello. Morréu de doenza e Deus dóulle agarimo no seu seo e téno no ceo, pra sempre, cos seus louros anxos.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

En principio, este nome pouco dirá aos muradáns, pero si dicimos que no ano 1839 foi o primeiro alcalde constitucional de Muros, xa aportamos un dato descoñecido para moitos.Imagen2

Nado na vila de Corcubión, no ano 1807, de 1839 a 1840, aos 32 años, foi alcalde de Muros, cargo do que foi separado por haber posto en prisión sendo alcalde, a un xuíz de 1ª instancia.

Da súa ampla biografía publicada no Diccionario de Catedráticos Españoles de Dereito por Dona Carmen Losa Contreras, entresacamos estes datos:

Datos biográficos

Nació en Corcubión, La Coruña, el 19-03-1807. No tenemos datos de su familia, parece que su origen fue muy humilde, pues sabemos que pudo efectuar los estudios de la licenciatura de Derecho gracias a su expediente académico. Se le concedió, según el art. 303 del Plan de Estudios Carlomarde, 1824, la exención de costo en el grado de licenciado, por ser uno de los 10 estudiantes “pobres, más sobresalientes en doctrina y conducta”.

No tenemos datos de su familia, aunque, en Imagen3numerosos escritos, pone de manifiesto “su escasez de medios para sostener a su familia”. Jubilado en 1892, no sabemos con exactitud la fecha de su fallecimiento, si bien, por los datos de su expediente, lo situamos hacia 1895.

Formación

Bachiller en filosofía en el Colegio San Gerónimo, Santiago de Compostela, en 23-06-1821 y en leyes el 11-06-1824.

Licenciado en leyes, “nemine discrepante” a merito (art.303, Plan Estudios de 1824), en Santiago de Compostela el 10-11-1832.

Por dispensa ministerial (O.M. 02-12-1871), se le expidió el grado de doctor. Fecha de expedición del título, por haber retrasado el pago de los derechos, en 29-09-1886.

Carrera académica

José Mª de la Barrera inició su carrera profesional como Abogado de los Reales Consejos en 1833, ocupando cargos políticImagen4os en Muros. Hemos de decir que su actividad fue esencialmente docente, y su labor investigadora prácticamente nula. La dilatada trayectoria académica de Barrera, se vio marcada por la difícil integración de las Escuelas de Notariado en el ámbito de la enseñanza superior, a lo que, en su caso, la falta de formación académica no ayudó. Por otro lado, las dificultades crecieron por “su carácter duro y en extremo susceptible y díscolo no le permitía subordinar sus opiniones y juicio al de otros”, lo que le reportó numerosos sinsabores y la enemistad de muchos de sus compañeros de Claustro, en las numerosas Universidades donde desarrolló su labor docente.

A pesar de todo ello, aventuramos que debió tener excelentes relaciones con algunos de los miembros del Consejo de Instrucción Pública, pues el expediente que se le incoó por falta grave se resolvió de un modo satisfactorio para él. E, incluso, se vieron atendidas muchas de sus peticiones, quizás para que “no se hiciera notar” más.

Tras ejercer como alcalde en Muros, debió trasladarse a La Coruña en 1840 “por consecuencia de una causa que se le formó en el año 1839 o 1840 por haber puesto en prisión siendo Alcalde, a un Juez de 1ª instancia y que también tenía entendido se le había amonestado por el Tribunal por falta de prudencia al informar en sus estrados”.

En La Coruña, ejerciendo como abogado, dio comienzo su carrera académica. Por R.D. de 13-04-1844, se habían creado las Escuelas de Notariado, en cada capital de Audiencia; habiendo quedado libre una cátedra en dicha escuela por fallecimiento de su titular, Barrera fue nombrado, por recomendación del Presidente de la Audiencia, Catedrático titular del Notariado en 18-07-1849, Imagen5encargándose de la asignatura “Redacción de instrumentos públicos y Nociones de Derecho civil”, con un sueldo de 2500 pts. anuales, y absoluta compatibilidad con el ejercicio del foro.

Los años de docencia en la Audiencia de la Coruña se vieron mediatizados por la conversión de las cátedras de escribanos en estudios universitarios de Notariado. Éstos debían impartirse en las Facultades de Derecho de los mismos lugares (R.D. 20-08-1851), con la excepción de la existente en La Coruña que pasaría a Santiago, como efectivamente ocurrió por la aplicación de la R.O. de 18 de agosto de 1853. Con este motivo a fecha 1 de octubre de 1851 se le incorporó en el escalafón de catedráticos de las universidades del reino.

Coincidiendo con estos años de mudanza, en 1852 se le incoó un expediente disciplinario, pues, en los exámenes ordinarios de 1852, tras una disputa donde se puso en tela de juicio su opinión sobre determinados conocimiento en la calificación de un alumno, el Catedrático y el Director de la Escuela de Notariado, llegaron a las manos tras ofenderse de palabra y obra. El Rector de Santiago (doc. 264-4º-52), comenzó la instrucción, pidiendo a Barrera que no abandonase La Coruña, para recabar su testimonio. Ante su desobediencia, se marchó a la Corte a gestionar su caso, se le abrió expediente por falta de licencia y se le privó de sus ingresos en los meses de mayo y junio. El Rector de Santiago informaba: “… Considero por lo tanto responsable al catedrático Barrera de todo lo ocurrido en los días del examen, y a esto debe añadirse la falta siempre grave de haberse marchado a Madrid sin mi autorización, pero mucho más grave en las circunstancias en que lo hizo sustrayéndose de concurrir ante la autoridad competente, y hasta tratando de engañarla diciendo que acerca de la licencia que se requiere le daría el conocimiento debido, siendo así que el mismo día o el siguiente salía para Madrid con un pasaporte expedido para ‘Santiago u otros puntos’, en cuyos actos se da a conocer que su carácter se presta de mala gana a la subordinación, es poco noble, y suspicaz en demasía”.

Tomó posesión como catedrático de la Escuela de Notariado de Oviedo (CANELLA, p. 202) para impartir la asignatura “Nociones de Derecho civil, mercantil y penal”, el 23-10-1858, con un sueldo de 300 pts. anuales. Fue ascendido al nº 24 del escalafón de profesores de enseñanza superior, por R.O. 30-04-1861, con un salario anual de 500 pts. En 1862, además de su asignatura, con muy pocos alumnos, se hizo cargo, entre enero y marzo, de la Cátedra de Derecho civil común y foral, por licencia, de su titular, Ramón Lorente y Mora.

Ante el poco éxito de sus gestiones, consiguió añadir, en 1867, a su cátedra de primer año la de “Teoría y práctica en la redacción de instrumentos y actuaciones judiciales” como sustituto, en 2º curso (Orden de la Dirección General de Instrucción Pública, 1-05-1867), con una gratificación de 300 ducados anuales, hasta 1871. En virtud de tal sustitución, y, al amparo de la libertad en el régimen de la enseñanza universitaria que trajo el sexenio revolucionario (Decreto de 21-10-1868), de la Barrera intentó de nuevo acceder a una cátedra de número, al solicitar en Instancia de 21-06-1871, su traslado como catedrático numerario de Facultad a la cátedra “Teoría de procedimientos y práctica forense”, solicitud que fue denegada.

Otras actividades y méritos

Real Cédula de Abogado de los Reales Consejos, expedida el 13-08-1833. En 1835, El Arzobispo de Santiago le autorizó a adquirir, leer y retener libros prohibidos.

1838, nombrado, por el Comandante de la Marina de la Coruña, asesor interino en Muros.

1839, Alcalde Primero Constitucional en Muros. El ayuntamiento le comisionó en 1840 para visitar las escuelas del Partido de Muros; y la Comisión General de Instrucción Pública de la provincia le autorizó para hacerlo por sí o por persona de su confianza.

1841-1853. Se incorpora al Colegio de Abogados de la Audiencia de la Coruña. En 1845, es miembro de la comisión encargada de revisar el Reglamento interior. Desempeñó por turnos la defensa de pobres. En 1849 es nombrado, por el Ayuntamiento de la Coruña, vocal de la asociación de Cárceles. 1849-1851, es elegido como uno de los letrados sustitutos en caso de recusación o impedimento al abogado propietario del Tribunal de Comercio de la Coruña.

  1. Miembro del Colegio de Abogados de Santiago. Encargado de la Abogacía de Pobres en 1855 y 1858.
  2. Miembro del Colegio de Abogados de Oviedo; la Junta de Gobierno le nombró abogado de pobres.

En los años 1865, 1868, 1871 y 1872 fue vocal de los Tribunales de oposiciones: A cátedra supernumeraria de Practica Forense, Filosofía del Derecho, Dº internacional y Legislación comparada en la Universidad Central; de latín y castellano en los institutos de Oviedo y Gijón; de redacción de instrumentos públicos en la Escuela del Notariado de la Central, y procedimientos judiciales y practica forense en Oviedo.

Principales obras

Nociones de Dº civil, mercantil y penal. Valladolid, 1881. 653 págs. Con la adenda “El examen filosófico-jurídico de la libertad del interés convencional y la irresponsabilidad penal de la usura”. Esta obra, manual de la asignatura aparece como consecuencia de la libertad de uso de libros de texto que se consagró en el último tercio de siglo (MARTINEZ NEIRA, 2001, págs., 29-33). Bien esta Adenda, por su fecha, o bien una “Exposición en favor de la Unificación legislativa” podrían ser el ejercicio de exposición para el grado de doctor que se realizaba en el siglo XIX (de MIGUEL, págs., 197-122).

Se mencionan en su expediente un opúsculo que no sabemos si llegó a publicarse, ni la fecha de su elaboración: “Proyecto sobre regreso a las Universidades de los estudios teológicos”.

Publicado el por themurostimes | 2 comentarios

PINTURA PLÁSTICA

p/Alianza Uhía Patiño

Pintura Plástica nace no seo da Escola Municipal de Música de Muros, baixo a tutela do mestre de música naquel momento, Xota, que reúne a varios dos seus alumnos para formar un combo e empezar a facer temas que soen ben e que enganchen.

Todos os membros son da parroquia de Esteiro, e ao ser cada un, alumno/a dun instrumento difenrente a idea pareceulles estupenda e puxéronse a elo. Unha anécdota simpática foi como se lles ocorreu o nome. Un día, cando empezaban a ensaiar, falaron de ter que porlle un nome ao grupo, e un deles, albanel de profesión, dixo que non tiña a cabeza para pensar, que estaba moi cansado e que só lle viña a cabeza a pintura plástica. Despois dunhas boas risotadas, quedou ese nome.

Debutaron nun festival de fin de curso da Escola de Música, e sentíndose ben xuntos enriba dun esceario, decidiron seguir máis alá das portas da Esmu, quedando polo camiño Pablo (un dos guitarras) por non querer seguirImagen1 a andaina moito máis alá do centro educativo.

Estreáronse como grupo por libre en 2013, no pub Areas de Esteiro, onde os colegas e os veciños os recibiron coma auténticos héroes. Foi un éxito rotundo. E dende aí, esto sigue crencendo con baixas como a de Lisa (baixista nun principio, e compositora dunhas cantas letras) por motivos laborais pero con novas incorporacións.

Fan versións de Nirvana, Dover, AC DC etc, pero tamén teñen moitas composicións propias, que fixeran cando estaba Lisa, ex membro que non deixan de lembrar e agradecer.

Os seus compoñentes, hoxe en día, todos pais e nais de familia, son:

Otero (bateria) de Esteiro

Uxio (guitarra) de Esteiro

Catuxa (teclado e voz)de Esteiro

Perre(Guitarra)de Esteiro

Xota (guitarra) de Abelleira

Canario(baixo)de Serres

As súas pretensións son seguir gozando coa música, e seguir transmitíndolle ao público as súas gañas e o seu bo facer.

Queren agradecer primeiramente ás súas familias a “libertade” que lle dan para poder ensaiar todos os domingos polas tardes e que se queden cos seus pequenos/as, á tía de Otero, que lles deixa a casa no Portiño para poder ensaiar, e ao bar Areas por darlles sempre a oportunidade de tocar alí.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

O 21 de agosto no salón de plenos do Concello de Muros tuvo lugar a presentación da novela do escritor muradán José Manuel Bermúdez, “A REVOLTA Imagen6 Imagen8DOS GORRIONS”. O acto, que foi presidido pola Alcaldesa de Muros Dona María Xosé Alfonso Torres, tamén contou coa presenza do muradán Domingo Guerra París que en nome da Revista Dixital Muradana “The Muros Times” fixo unha semblanza biográfica do autor, ao que desexou o maior dos éxitos nos seus andares literarios.

Sinopsis da novela:

Na segunda metade do século XV, as clases baixas e medias de Galicia estaban a sufrir unha situación de inestabilidade e carencias que alimentaron, durante anos, o descontento xeral e os desexos de xustiza dos menos favorecidos. Aos períodos de malas colleitas por mor da falta de choivas, sumábanselle os abusos da aristocracia, e a inseguridade que supoñían os salteadores e criminais que actuaban baixo o amparo dos nobres Imagen7e do alto clero. O descontento do pobo estoupou finalmente, na primavera de 1.467, nunha gran revolta popular coñecida como “A Gran Revolta Irmandiña”. Naquel contexto social, un labrego chamado Valente Bolaño, coñecido como “Valente de Covas”, alistouse no numeroso exército popular en busca de liberdade e vinganza. Ao longo de varios anos Valente había ser protagonista, tanto dos satisfactorios logros acadados na guerra, como de desoladoras perdas persoais. Acadada a vitoria, pouco durou aquel tempo de paz e xustiza, xa que unha contra revolta dos nobres, ansiosos por recuperaren o poder e os seus territorios, desencadeou un novo enfrontamento.

Valente retomou unha vez máis as armas para defender a liberdade conquistada e ultimar, de paso, o seu inconcluso desquite.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Jorge Lago de Pexejo

Levo máis de corenta anos asentado no municipio de Southampton, comarca situada na parte oriental da illa de Long Island, NY e case trinta residindo Imagen2en Shinnecok Hills, terra ancestral dos primeiros poboadores desta comarca. Todos os anos por estas datas e coincidindo co fin de semana de Labor Day, non deixa de pasar desapercibido o incesante soar de tambores dos nativos celebrando o seu anual Pow Wow .

O PowWow é unha cerimonia, un acto social, unha xuntanza onde os nativos renovan lazos con vellos amigos e establecen novas amizades.

Non se sabe exactamente os comezos desta tradición, aínda que algúns cren que se orixinou como unha danza de guerra practicadaImagen5 polas tribus do Oeste Americano e logo foise extendendo como festival ceremonial converténdose así no que é hoxe. Co tempo os estilos e contido cambiaron pero o significado está presente aínda sendo xa parte doutra atracción turística máis.

O Pow Wow empeza coa Gran Entrada, un desfile onde se portan as bandeiras tanto dos Estados Unidos como as da tribo festejante e outras tribos convidadas. Séguenlle os membros convidados, os xefes, princesas, anciáns da tribo e organizadores, tras eles os danzantes e así empeza o festival ao son dos cantos e tambores.

O municipio de Southampton cumpre este ano de Imagen42015 o seu 375 aniversario. 1640 foi o ano en que un pequeno grupo de colonos composto por oito homes, unha muller e un adolescente provenientes de Lynn, Masschusetts, vararon nestas beiras facendo do lugar o primeiro asentamento inglés do estado de NY.

A historia documentada cóntanos que este reducido grupo de colonos foi ben acollido pola tribo Shinnecok posibilitando que despois de tan só tres anos o asentamento puidese soster a 43 familias.

Antes da aparición dos europeos, os shinnecok eran parte do pobo amerindio chamados algonquinos e estaban vinculados a outras tribos locais que se facían nomear pola situación xeográfica do lugar que habitaban: Pequot, Narragansett, Montoukett, etc.

A ciencia arqueolóxica estima que chegaron aquí bImagen3uscando caza cando Long Island estaba aínda baixo o manto do xeo glacial. Pero a súa historia, transmitida oralmente de xeración a xeración dilles que eles están dende un principio e que estas terras, ricas e fértiles foron creadas para a sua xente por unha deusa que descendeu do ceo facendo crecer a terra baixo os seus pés dende as costas da Gran Tartaruga.

A chegada dos novos colonos non puido ser sorpresiva dado que as tribos locais mantiñan contacto as tribos de ambas as beiras do brazo de mar que separa a Long Island de Nova Inglaterra.

Pódese deducir acertadamente que a xenerosidade mostrada polos locais aos novos colonos foi motivada en parte polo concepto comunitario con que desenvolvían a súa orde social. Se a terra con todas as súas riquezas foilles regalada polos seus deuses para ser administrada a favor do ben común, era de esperar que a carencia do concepto de propiedade privada os incentivase a repartir territorio e guiar na explotación adecuada dos seus recursos.

Non existe documentación de confrontación sanguenta ou violencia entre os nativos e os primeiros colonos, pero a historia mostra que en pouco tempo as cartas tornáronse en contra dos nativos. As epidemias das que non tiñan deImagen3fensas, a usurpación ilegal de terreos, a falta de cumprimento de acordos arrendatarios, foron minando inexorablemente a integridade do territorio a favor dos foráneos e relegándoos a vivir en reservas onde precariamente tratan de recuperar unha cultura moribunda así como unha lingua casi desparecida pola imposición de leis discriminatorias que prohibían o seu uso tanto nas escolas como fóra dos poboados.

Oxe a reserva india dos Shinnecocks non alcanza a ter 9 Km cadrados e unha poboación reducida a 620 individuos dedicados moitos deles a venta de tabaco, souvenirs e postos de comida. Tanto os negocios como as vivendas contidas dentro da reserva non pagan impostos de propiedade ao estado nin ao gobernó local pois considéranse unha nación soberana con gobernó propio pero non soberanas. Son “Nacións Dependientes Domésticas” según as leis federales. As normativas e o seu acatamento tamén varían de estado a estado complicando así unha situación que leva a un perpectuo ofuscamento e limbo legal.

Os 375 anos de vida desta comunidade son un capítulo histórico case totalmente desvinculado á súa historia posterior. A guerra de independencia tampouco lles debeu causar moitos problemas ás familias locais. O número de persoas que participaron é descoñecido pero suponse que reducido talvez pola distancia de centros máis urbanos sendo esta localidade maioritariamente agrícola ou por que aínda había certas lealdades á coroa como para aportar voluntarios por parte das familias colonas que eran exclusivamente de orixen inglés. Cabe engadir que a pesar do illamento propio das comunidades agrícolas afastadas das grandes urbes, no caso de Southampton e a súa comarca non era total. A industria baleeira tubo un enorme auxe na súa época dando lugar a un intercambio comercial de gran importancia abastecendo así aos locais de produtos exóticos e de consumo que outras comunidades carecían.

Un novo capítulo xorde cando en 1872 o ferrocarril esténdese ata estes lugares permitindo aos adiñeirados newyorkinos abandonar unha cidade cada vez máis sufocante e que buscando a prístina beleza destas paraxes, transformaron radicalmente o que se coñece hoxe por The Hamptons; un enclave de mansións e palacetes amurallados por altos sebes de aligustre.

O municipio de Southampton ten unha área de 765.6 quilómetros cadrados e unha poboación de 56.700 habitantes. Componse de sete vilas incorporadas (con concello propio) e dezaseis administradas polo municipio comarcal. O goberno municipal é xestionado por un supervisor e cinco concelleiros, un secretario, un recadador de impostos e un corpo de policía. Os concellos incorporados están suxeitos ao goberno da municipalidade pero xestiónanse de forma autonómica tendo os seus propios alcaldes, policía municipal, concejeros e recadador de impostos.

O municipio conta con once distritos escolares, sen contar as escolas privadas, 47 cemiterios públicos sen contar a sede do Shinnecock Golf Club reclamado polos nativos como lugar de enterramento ancestral. Conta cun bo hospital, varios museos históricos e de arte, cinco bibliotecas públicas, un campus universitario, nove campos de golf privados e dous públicos e dúas salas de cinema ademais de varios centros cívicos onde se imparten concertos e outros eventos culturais así como o Avram Theater no Southampton College e sede do famoso Piano Fest of the Hamptons. Tamén é de destacar o famosísimo Festival de Música de Cámara de Bridgehampton con sede estival na igrexa presbiteriana desa localidade.

A pesar da inxente cantidade de turistas que invaden esta zona todos os veráns, Southampton carece de grandes complexos hostaleiros. A política urbanística disuade tal tipo de edificacións potenciando máis a vivenda privada. A Xunta de Zonificación é de carácter independente politicamente e a pesar de que permite todo tipo de deseño arquitectónico, a tendencia é construír deseños tradicionais de influencia colonial de Nova Inglaterra, esta zona formou parte da colonia de Connecticut antes de ser parte do estado de Nova York.

Co tempo, as grandes plantacións agrícolas foron cedendo sitio para transformarse en viñedos de certo renome e granxas ecuestres. A agricultura propiamente dita e da que os Hamptons eran famosos, oxe é unha mínima expresión do que foi antaño. Temos unha modesta industria pesqueira aínda suficiente para abastecer a zona de peixe fresco e mariscos varios.

A principal industria neste momento é a que prové o turismo con residencia temporal. Construción, mantemento e servizos derivados. O ingreso familiar promedio é de unos 60,000 dólares anuales .

Así é a historia deste pobo que en 1872 deixou o seu illamento grazas a unha vía férrea que permitiu redescubrir este lugar tantos anos despois de que uns poucos emigrantes vindos de Lynn oísen os ritmos e cadencias de percusión daqueles que lles deron tan boa acollida.

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario